Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Fisioloxía vexetal: Fisioloxía vexetal II Código 610G02028
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía Animal, Bioloxía Vexetal e Ecoloxía
Coordinación
Diaz Varela, Jose
Correo electrónico
jose.diaz.varela@udc.es
Profesorado
Bernal Pita da Veiga, angeles
Diaz Varela, Jose
García Ulloa, Alba
Pomar Barbeito, Federico
Silvar Pereiro, Cristina
Veloso Freire, Javier
Correo electrónico
angeles.bernal@udc.es
jose.diaz.varela@udc.es
alba.gulloa@udc.es
federico.pomar@udc.es
c.silvar@udc.es
javier.veloso@udc.es
Web
Descrición xeral Entre las disciplinas en las que el biólogo puede ejercer su profesión está la Fisiología Vegetal, la ciencia que estudia como funcionan las plantas. Esta asignatura pretende proporcionar conocimientos y habilidades relativos a esta ciencia, así como una actitud positiva ante ella.
The job of Biologist requires knowledge in several subjects. One of such topics is Plant Physiology, the science about how plants work. The present course is intended to provide theoretical and practical knowledge in Plant Physiology to the student, as well as a positive attitude to this science.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A8 Illar, analizar e identificar biomoléculas.
A18 Levar a cabo estudos de produción e mellora animal e vexetal.
A26 Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados.
A29 Impartir coñecementos de Bioloxía.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar en colaboración.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B8 Sintetizar a información.
B9 Formarse unha opinión propia.
B10 Exercer a crítica científica.
B11 Debater en público.
B12 Adaptarse a novas situacións.
B13 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Ser capaz de elaborar e expoñer un tema no eido da Fisioloxía Vexetal A8
A18
A29
B1
B8
C1
Ter un coñecemento actualizado dos mecanismos do funcionamento dos vexetais e a súa regulación. A8
A18
A29
Ser capaz de realizar experimentación básica no eido da Fisioloxía Vexetal. A8
A26
A30
A31
B2
B4
Ter unha actitude crítica e constructiva sobre a Fisioloxía Vexetal. B3
B9
B10
B11
B12
B13
C6
Ser capaz de traballar en grupo para resolver cuestións relativas á Fisioloxía Vexetal B1
B2
B5
B7
C1

Contidos
Temas Subtemas
DESENVOLVEMENTO DAS PLANTAS Tema 1. - A PAREDE VEXETAL.
Tema 2. - INTRODUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO VEXETAL.
Tema 3. - AUXINAS.
Tema 4. - XIBERELINAS.
Tema 5. - CITOQUININAS.
Tema 6. - ETILENO.
Tema 7. - ACIDO ABSCÍSICO.
Tema 8. - OUTRAS FITOHORMONAS.
Tema 9. - SISTEMA FITOCROMO E OUTROS FOTORRECEPTORES.
Tema 10. - CICLO VITAL DA PLANTA E DESENVOLVEMENTO VEXETATIVO.
Tema 11. - MOVEMENTOS DAS PLANTAS.
Tema 12. - FLORACIÓN.
Tema 13. - FISIOLOXÍA DA REPRODUCIÓN.
Tema 14. - FORMACIÓN E MADURACIÓN DE FROITOS.
Tema 15. - FISIOLOXÍA DA DURMICIÓN E DA XERMINACIÓN.
Tema 16. - ENVELLECEMENTO, ABSCISION E MORTE DAS PLANTAS.
Programa de prácticas Práctica 1.- Desenvolvemento e senescencia foliar.
Práctica 2.- Actividade peroxidasa ao longo do talo.
Práctica 3.- Indución da actividade das alfa-amilasas por giberelinas en sementes de cebada.
Práctica 4.-Efecto dunha auxina sobre o crecemento do coleoptilo de avea.
Práctica 5.- Método de medida da respiración durante a xerminación.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 28 70 98
Prácticas de laboratorio 15 15 30
Seminario 4 10 14
Proba de resposta múltiple 1 0 1
Proba mixta 4 0 4
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral do tema complementada con presentacións en Power Point, vídeos e/ou esquemas de pizarra. Durante o desenvolvemento do tema se intercalan preguntas ao alumno para que reflexione sobre elas e as resposte oralmente, previamente á súa explicación polo profesor.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo interactivo dun ou varios temas. Realizarase en grupos moi reducidos de aproximadamente 10 alumnos.
Proba de resposta múltiple Ao longo do curso realizarase unha proba de resposta múltiple, co fin de que os alumnos leven a materia ao día.
Proba mixta Constará de dúas partes, nas cales se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto teóricos como prácticos. A proba mixta poderá incluír preguntas a desenvolver, tipo test ou problemas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Descrición
Os alumnos, en grupos de aproximadamente 10, reuniranse co profesor para a elaboración do traballo de seminario. Ademais, en horario de tutorías, cada alumno poderá comentar co profesor a marcha do traballo, así como todas as dúbidas que se lle presenten.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Seminario As actividades desenvolvidas durante os seminarios serán avaliadas de maneira contínua polo profesor. Avaliaranse as competencias A21,A26 10
Proba de resposta múltiple Proba tipo test. Avaliaranse as competencias A18 e A29. 15
Proba mixta Exame dos coñecementos teóricos e prácticos. 55% teórico 20% práctico. Avaliaranse as competencias seguintes:
Exame teórico: A18, A29
Exame práctico: A8, A26, A30, A31
75
 
Observacións avaliación

A avaliación constará de dúas partes:

1) Parte teórica que inclúe os seminarios, a proba de resposta múltiple e parte da proba mixta

2) Parte práctica, incluída na proba mixta.

En cada unha delas hase de alcanzar un mínimo de 4 puntos sobre 10. Ademais, será imprescindible obter un mínimo de 4 puntos en cada unha das dúas partes, teórica e práctica, da proba mixta final. A media de todas as actividades avaliables ha de alcanzar un mínimo de 5 puntos. Se a media resultase ser de 5 ou máis puntos, pero obtivéronse menos de 4 puntos nunha das partes da proba mixta (ou nunha das partes da avaliación), a nota final será de 4,9 (suspenso). Na segunda oportunidade (Xullo), realizarase unicamente a proba mixta, as cualificacións obtidas en seminarios e proba de resposta múltiple mantéñense da primeira oportunidade.

A asistencia ás prácticas considérase obrigatoria. Serán considerado como NON PRESENTADOS aqueles alumnos que non concorran ás probas mixtas.


Fontes de información
Bibliografía básica BARCELÓ J, NICOLÁS G, SABATER B, SÁNCHEZ R (2001). Fisiología Vegetal. Ed. Pirámide, España
TAIZ, L, Zeiger, E (2007). Fisiología Vegetal. (Traducción de la 3ª edición). Universitat Jaume I, España
AZCÓN-BIETO J, TALÓN M. (2008). Fundamentos de Fisiología Vegetal. McGraw Hill/ Interamericana, España.
SMITH, A.M. et al. (2010). Plant Biology. Garland Science, EE. UU.
TAIZ, L. & ZEIGER, E. (2010). Plant Physiology. Sinauer Associates, Massachusets
JONES, R. et al. (2013). The molecular life of plants. Wiley-Blackwell – ASPB

 

Bibliografía complementaria SCOTT, P. (2008). Physiology and Behaviour of Plants.. John Wiley & Sons Ltd England
HELDT, H.W. (1997). Plant Biochemistry and Molecular Biology.. Oxford University Press. Oxford (UK).
MOHR, H., SCHOPFER, P. (1995). Plant Physiology. . Ed. Springer, Berlín.
SITTE, P., WEILER, E.W., KADEREIT, J.W., BRESINSKY, A., KÖRNER, C. (2004). Strasburger Tratado de Botánica. Ed. Omega, Barcelona.
BUCHANAN, B.B., GRUISSEM, W., JONES, R.L (2000). Biochemistry and molecular biology of plants. . ASPP, Rockville Maryland.
SALISBURY FB, ROSS CW. (2000). Fisiología delas plantas. Paraninfo, Madrid
AZCÓN-BIETO J, TALÓN M. (1993). Fisiología y Bioquímica Vegetal. . Interamericana. McGraw Hill. España
HOPKINS W.G., HÜNER, N.P.A (2009). Introduction to Plant Physiology.. John Wiley & Sons, INC, New York.
CASAL J. (2006). Las plantas entre el suelo y el cielo. Editorial Eudeba
BOWSHER, C., STEER, M., TOBIN, A. (2008). Plant Biochemistry. GS Garland Science, New York
ALBERSHEIM et al. (2010). Plant Cell Walls from Chemistry to Biology. Garland Science, EE.UU.
RIDGE, I. (2002). Plants. Oxford University Press. Oxford (UK).
ÖPIK, H, ROLFE, SA, WILLIS, AJ. (2005). The physiology of flowering plants.. Cambridge University Press (UK).


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fisioloxía vexetal aplicada/610G02029
Resposta das plantas en condicións adversas/610G02030

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Organografía microscópica/610G02009
Xenética/610G02019

Materias que continúan o temario
Química/610G02001
Física/610G02002
Citoloxía/610G02007
Histoloxía/610G02008
Bioquímica: Bioquímica I/610G02011
Bioquímica: Bioquímica II/610G02012
Iniciación á Botánica: Botánica xeral/610G02023
Fisioloxía vexetal: Fisioloxía vexetal I/610G02027

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías