Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Contacto de linguas e as súas consecuencias Código 613836093
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Fernandez Rodriguez, Mauro Andres
Correo electrónico
mauro.fernandez@udc.es
Profesorado
Fernandez Rodriguez, Mauro Andres
Correo electrónico
mauro.fernandez@udc.es
Web
Descrición xeral Este é un curso de introducción ao estudo do contacto de linguas e as súas consecuencias, así como dos factores sociais e lingüísticos que regulan os cambios motivados polo contacto lingüístico. Abordaranse diversos fenómenos de contacto desde unha perspectiva lingüística e sociolingüística, con especial atención aos procesos xerais que entran en funcionamento nas diversas situacións de contacto de linguas.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecemento dos principios básicos, as técnicas fundamentais e algúns resultados destacados da investigación actual en lingüística.
A2 Capacidade para comprender a diversidade teórica e metodolóxica das escolas lingüísticas.
A3 Capacidade para distinguir e aplicar axeitadamente os distintos métodos de investigación en lingüística.
A5 Capacidade para a selección axeitada de datos lingüísticos en función do método de investigación elixido.
A8 Obtención dun nivel de formación teórica que permita comprender e xulgar criticamente a bibliografía lingüística especializada.
A9 Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.)
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
B9 Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais
C1 Expresión correcta, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C8 Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Comprender que as linguas non viven nun baleiro social. AI1
AI2
AI3
AI5
AI8
AI9
BI1
BI2
BI4
BI5
BI6
BI9
CM1
CM8
Gañar respecto polos resultados do contacto lingüístico. AI1
AI2
AI3
AI5
AI8
AI9
BI1
BI2
BI4
BI5
BI6
BI9
CM1
CM8
Entenderas tensións subxacentes nos discursos sobre as consecuencias do contacto de linguas. AI1
AI2
AI3
AI5
AI8
AI9
BI1
BI2
BI4
BI5
BI6
BI9
CM1
CM8
Familiarizarse con diversos métodos de investigación en lingüística. AI1
AI2
AI3
AI5
AI8
AI9
BI1
BI2
BI4
BI5
BI6
BI9
CM1
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1) Tipoloxía das situaciòns de contacto de linguas.
- O contacto de linguas como campo de estudo.

- Visión panorámica das situacións nas que as linguas entran en contacto:

- Situacións de mantemento das linguas.
- Situacións de sustitución lingüística.
- Situacións que levan á creación de novas linguas

Os contextos sociais do contacto.
2) Fenómenos derivados do contacto de linguas. Bilingüismo, multilingüismo e hiperdiversidade. O cambio inducido polo contacto de linguas. A paradigma da interferencia lingüística. A alternancia e o cambio de códigos. Mantemento, substitución e extinción lingüísticas. Outras consecuencias do contacto lingüístico: converxencia, diverxencia e relexicalización.
3) A creación de novas linguas. Pidgins, crioulos e linguas mesturadas. O contacto de linguas e os procesos de pidginización e de crioulización. Propiedades formais de pidgins e crioulos. Situacións que favorecen a creación de pidgins e de crioulos. Xeografía e demografía de pidgins e crioulos. Algúns casos de linguas mesturadas.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 12 0 12
Lecturas 0 38 38
Recensión bilbiográfica 3 20 23
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explicacións do profesor.
Lecturas Lecturas organizadas en bloques temáticos, seleccionadas polo profesor (unhas 600 páxinas en total). Advírtese de que estarán case todas en inglés.
Recensión bilbiográfica Sobre cada lectura debe realizarse un breve informe, axustado ao formato que se explicará o primeiro día de curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Recensión bilbiográfica
Descrición
Asesoramento sobre temas, fontes e formato do traballo.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Darase un punto por asistencia ás sesións presenciais. Por cada ausencia descontarase 0,25, independentemente do motivo da mesma. 10
Recensión bilbiográfica A puntuación neste apartado consistirá na nota media dos informes de lectura, multiplicada por 90 e dividida por 100.
No caso dos estudantes a tempo parcial con autorización para non asistir ás aulas, o apartado terá un valor do 100%.
90
 
Observacións avaliación

Segunda oportunidade:

Quen non acade a cualificación mínima de 5 puntos ao final do período lectivo, deberá entregar, antes da data de xullo que se indique, os traballos non entregados no seu momento ou ben repetir os avaliados negativamente, segundo o caso. A asistencia ás sesións de clase non é recuperable nesta segunda oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica Winford, Donald (2003). An Introduction to contact linguistics. . Oxford: Blackwell.
Matras, Yaron (2009). Language contact. . Cambridge: Cambridge University Press.
Thomason, Sarah G. (2001). Language contact: An introduction. . Edimburgo: Edinburgh University Press.

Unha selección de lecturas obrigatorias (artigos e capítulos de libros) preparada polo  profesor (arredor de 200 páxinas).

Observacións. As lecturas requiridas serán fundamentalmente en inglés. Quen no poida ler con fluidez textos sobre lingüística en inglés necesitará máis tempo de traballo, dependendo do grao de dificultade que teña.

Bibliografía complementaria Coetsem, Frans van (2000). A general and unified theory of the transmission process in language contact.. Heidelberg: Winter.
Fagyal Zsuzsanna (2010). Accents de banlieu: aspects prosodiques du français populaire en contact avec les langues de l’immigration. . Paris: L’Harmattan.
Winford, Donald (2003). An Introduction to contact linguistics. . Oxford: Blackwell.
Bullock, Barbara y Toribio, Jacqueline (eds.) (2009). Cambridge handbook of code-switching. . Cambridge: Cambridge University Press.
Gardner-Chloros, Penelope (2009). Code-switching.. Cambridge: Cambridge University Press.
Thomason, Sarah G. (1997). Contact languages: A wider perspective. . Amsterdam / Filadelfia: John Benjamins.
Rampton, Ben (1995). Crossing language and ethnicity among adolescents. . Londres / Nueva York: Longman.
Trudgill, Peter (1986). Dialects in contact. . Oxford: Blackwell.
Clyne, Michael (2003). Dynamics of language contact: English and immigrant languages. . Cambridge: Cambridge University Press.
Klee, Carol A. y Lynch, Andrews (2009). El español en contacto con otras lenguas.. Washington DC: Georgetown University Press.
Durban, Robin (1996). Grooming, Gossip and the Evolution of Language. Londres: Faber and Faber.
Heine, Bernd y Kuteva, Tania (2005). Language contact and grammatical change. . Cambridge: Cambridge University Press.
Thomason, Sarah G. & Terence Kaufman (1988). Language Contact, Creolization and Genetic Linguistics.. Language Contact, Creolization and Genetic Linguistics.
Thomason, Sarah G (2001). Language contact: An introduction. Edimburgo: Edinburgh University Press.
Mufwene, Salikoko (2008). Language evolution: Contact, competition and change. . Londres: Continuum.
Weinreich, Uriel (1953). Languages in contact: Findings and problems. . La Haya: Mouton.
Lehiste, Isle (1983). Lectures on language contact. . Cambridge (Mass.) MIT Press.
Eckert, Penelope (2000). Linguistic Variation as Social Practice. Oxford: Blackwell.
Bakker, P. & M. Maarten (eds.) (1994). Mixed Languages. Amsterdam: IFOTT.
Schneider, Edgar (2007). Postcolonial English: Varieties around the world. . Cambridge: Cambridge University Press.
Myers-Scotton, Carol (1993). Social motivations for code-switching: Evidence from Africa. . Oxford: Clarendon Press.
Silva Corvalán, Carmen (ed.) (1997). Spanish in four continents: Studies in language contact and bilingualism. . Washington, D.C.: Georgetown University Press.
Hickey, Raymond (ed.) (2010). The handbook of language contact. . Oxford: Blackwell.
Clements, Clancy (1993). The linguistic legacy of Spanish and Portuguese: colonial expansion and language change. . Cambridge: Cambridge University Press.
Hoffmann, Thomas & Lucia Siebers (eds.) (2009). World Englishes: problems, properties, prospects. . Amsterdam / Filadelfia: John Benjamins.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

As lecturas requiridas serán fundamentalmente en inglés. Quen non poida ler con fluidez textos sobre lingüística en inglés necesitará máis tempo de traballo, dependendo do grao de dificultade que teña.

Para un resultado satisfactorio é imprescindible  traballar de xeito continuado ao longo de todo o curso. É de todo punto imposible aprobar o curso concentrándose nel só nas últimas semanas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías