Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Lingua Española 2 Código 613G01013
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Veleiro Perez, Ana Maria
Correo electrónico
ana.veleiro@udc.es
Profesorado
Acin Villa, Esperanza
Molkova , Svetlana
Veleiro Perez, Ana Maria
Correo electrónico
esperanza.acin@udc.es
svetlana.molkova@udc.es
ana.veleiro@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo normativo da lingua española. Introdución ao problema da corrección idiomática. Aplicación á lingua española a teor do establecido pola RAE.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Obtener un conocimiento detallado sobre la corrección idiomática y los principales aspectos normativos de la lengua española. A5
Conocer y aprender a manejar diversos recursos para resolver dudas sobre la norma del español. B1
B2
C1
C6
Saber localizar en textos reales errores idiomáticos y corregirlos razonadamente. A15
B6

Contidos
Temas Subtemas
1. A corrección idiomática. A lingua estándar. A Gramática normativa. 1.1. A teoría do falar de E. Coseriu.
1.2. A lingua estándar ou lingua exemplar.
1.3. A norma do español.
2. Ortografía e ortoloxía do español. 2.1. Ortografía.
2.2. Ortoloxía.
3. Cuestións normativas e clases de palabras. 3.1. Substantivo e adxectivo.
3.2. Determinantes e numerais.
3.3. Verbo.
3.4. Pronome.
3.5. Preposición.
3.6. Conxunción.
3.7. Adverbio.
4. Aspectos léxico-semánticos. 4.1. Erros no uso do léxico.
4.2. Préstamos e estranxeirismos.
5. Cuestións normativas na construción sintáctica.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 14 24 38
Lecturas 2 4 6
Obradoiro 24 34 58
Proba mixta 2 40 42
Eventos científicos e/ou divulgativos 4 0 4
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición teórico-práctica, por parte do profesor, dos contidos da materia.
Lecturas Lectura de artigos puntuais sobre aspectos concretos do temario.
Obradoiro Realización de prácticas sobre temas concretos do temario, nas que se inclúen busca de solución a determinados problemas, probas de discriminación, probas de completar, corrección de textos, aplicación de normas, análise crítica de determinadas lecturas, traballo en grupo.
Proba mixta Exame final no que se mostrarán os coñecementos e competencias adquiridos, tanto dende o punto de vista teórico como aplicado.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a conferencias e seminarios relacionados coa materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Proba mixta
Descrición
As profesoras estarán dispoñibles en horario de titorías co fin de resolver as dúbidas que poidan ir xurdindo.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Exercicios prácticos e probas sobre algún aspecto concreto do temario. 50
Proba mixta Examen final no que se mostrarán os coñecementos e competencias adquiridas, tanto dende o punto de vista teórico como aplicado. 50
 
Observacións avaliación

1. Para superar a materia a cualificación mínima da proba mixta deberá ser de 4 puntos sobre 10. 

2. Na realización das actividades avaliables ao longo do curso e na dos exames será imprescindible seguir as normas proporcionadas no seu momento. 
3. No caso dos exercicios e traballos, ademais, deben terse presentes as seguintes indicacións:
-o alumno deberá axustarse ao prazo de entrega fixado;
-evidentemente, o plaxio (é dicir, a utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a fonte de procedencia), mesmo parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, supoñerá o suspenso automático da actividade avaliada. 
4. Para aprobar a materia será imprescindible mostrar un correcto dominio do español (ortografía, acentuación, puntuación, expresión, etc.). Cada falta de ortografía ou
de puntuación descontará 0,5 puntos da nota do exame, traballo ou exercicio. En caso de faltas moi graves, 1 punto. 
5. Cualificarase como "non presentado", na primeira edición de actas (mes de xaneiro), a quen non se presente ao exame oficial. 
6. Na segunda edición de actas (mes de xullo) o alumno poderá recuperar todos os instrumentos de avaliación arriba descritos, coas mesmas porcentaxes que na edición anterior. En caso de que non realice ningunha proba, será cualificado como "non presentado". 
7. Os estudantes a tempo parcial con dispensa académica recoñecida realizarán actividades compensatorias dos talleres, logo de acordó co profesor. 
8. A materia poderá ser adaptada a estudantes con minusvalideces e aos que non teñan un nivel de español similar ao nativo.

Fontes de información
Bibliografía básica Coseriu, Eugenio ((1992)). Competencia lingüística. Gredos, Madrid
Real Academia Española ((2001)). Diccionario de la lengua española. Espasa-Calpe, Madrid, 22.ª ed. (avance de la 23.ª ed. en http://www.rae.es)
Martínez de Sousa, José ((2008)). Diccionario de usos y dudas del español actual DUDEA. Trea, Gijón, 4.ª ed.
Real Academia Española-Asociación de Academias de la Lengua Española ((2005)). Diccionario panhispánico de dudas. Santillana, Madrid. En línea en http://www.rae.es.
Real Academia Española-Asociación de Academias de la Lengua Española ((2013)). El buen uso del español. Espasa, Barcelona
Casado Velarde, Manuel ((2008)). El castellano actual. Usos y normas. EUNSA, Pamplona, 9.ª ed.
Gómez Torrego, Leonardo ((2011)). Hablar y escribir correctamente. Gramática normativa del español actual. Arco Libros, Madrid, 2 vols., 4.ª ed. (act.)
Montolío, Estrella (coord.) ((2008)). Manual práctico de escritura académica. Ariel, Barcelona, 3 vols., reimpr.
Real Academia Española-Asociación de Academias de la Lengua Española ((2011)). Nueva gramática básica de la lengua española. Espasa, Madrid
Real Academia Española-Asociación de Academias de la Lengua Española ((2010)). Nueva gramática de la lengua española. Manual. Espasa, Madrid
Real Academia Española-Asociación de Academias de la Lengua Española ((2010)). Ortografía de la lengua española. Espasa, Madrid
Martínez de Sousa, José ((2008)). Ortografía y ortotipografía del español actual. Trea, Gijón, 2.ª ed.

A bibliografía complementaria darase en cada tema. Documentación na plataforma Moodle da UDC.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Recoméndase a asistencia a todas as sesións e o traballo diario.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías