Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Morfoloxía do Español Código 613G01021
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Acin Villa, Esperanza
Correo electrónico
esperanza.acin@udc.es
Profesorado
Acin Villa, Esperanza
Correo electrónico
esperanza.acin@udc.es
Web
Descrición xeral Descrición e estudo do nivel morfolóxico da lingua española.
O curso baséase no coñecemento dos diferentes procesos morfolóxicos de formación de palabras (morfoloxía léxica) e flexión (morfoloxía flexiva) do castelán: as unidades morfolóxicas, as clases de palabras, composición, derivación e outros procesos híbridos, as categorías gramaticais do castelán (xénero, número, tempo...). Os temas teóricos (sesións maxistrais), deseñados para que o almuno se familiarice coa terminoloxía e os conceptos básicos da materia, irán complementados con actividades de tipo práctico. Polo tanto, o curso é basicamente de natureza teórico-práctico e basearase dende o primeiro día na resolución de problemas e o correspondente debate dirixido en torno á súa resolución.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A17 Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua española.
A18 Coñecer a historia e a cultura das comunidades hispanofalantes.
A19 Dominar a gramática da lingua española.
A20 Coñecer a situación sociolingüística da lingua española.
A21 Coñecer a variación lingüística da lingua española.
A22 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua española.
A23 Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer os métodos e conceptos básicos na análise morfolóxica do castelán. A1
A3
A11
A19
A23
C6
Coñecer as correntes teóricas e metodolóxicas da lingüística e das súas técnicas e métodos de traballo. A1
A3
A11
A14
A23
B1
B5
B8
Adquirir e organizar novos coñecementos (que completen os xa adquiridos) sobre o funcionamento da lingua española (especialmente no nivel morfolóxico). A1
A3
A11
A15
A19
A20
A21
C6
Analizar a lingua castelá no seu nivel morfolóxico. A1
A3
A11
A14
A19
A20
A21
A22
A23
B1
B3
Saber utilizar métodos de análise lingüística na resolución de problemas formulados no nivel morfolóxico do español mediante o traballo individual e cooperativo. A1
A2
A9
A11
A19
A23
B1
B3
B5
B6
B7
C1
C3
C5
C8
Analizar e comentar no nivel morfolóxico textos españois de diferente natureza. A1
A2
A5
A9
A10
A17
A19
A20
A21
A22
A23
B1
B3
B4
B5
B8
C1
Achegarse sen prexuízos aos novos coñecementos sobre a análise lingüística (no nivel morfolóxico) e a diversidade lingüística do español. A2
A11
A18
A19
A20
A21
A22
B1
B8
C4
Coñecer os principais procedementos para a formación de palabras novas e o enriquecemento do léxico (en español). A1
A2
A3
A5
A9
A10
A19
A21
A22
A23
B1
B2
B4
B8
C1

Contidos
Temas Subtemas
1. A morfoloxía como disciplina lingüística. 1.1. A morfoloxía na historia da lingüística.
1.2. A morfoloxía léxica e a morfoloxía flexiva.
1.3. Relación entre a morfoloxía e outras disciplinas lingüísticas.
2. As unidades morfolóxicas (1). O morfema. 2.1. Definición de morfema.
2.2. Clasificación.
2.3. Fenómenos morfolóxicos e de identificación: morfema, morfo e alomorfo. Morfo cero, morfo baleiro, amalgama, sincretismo, morfo discontinuo.
3. As unidades morfolóxicas (2). A palabra. 3.1. Definición de palabra.
3.2. Estrutura morfolóxica da palabra.
3.3. Clases de palabras.
4. A morfoloxía flexiva. Categorías gramaticais do español: as categorías nominais. 4.1. Xénero.
4.2. Número.
4.3. Caso.
5. Categorías gramaticais do español: as categorías verbais. 5.1. Persoa e número.
5.2. Tempo, aspecto e modo.
6. A morfoloxía léxica ou derivativa. A formación de palabras en español. 6.1. Procedementos de formación de palabras. Propostas.
6.2. A derivación: sufixación, prefixación e parasíntese
6.3. A composición
6.4. Outros procedementos: acurtamento, acronimia e siglas.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 18 39
Solución de problemas 21 16 37
Proba mixta 2 22 24
Traballos tutelados 1 25 26
Lecturas 0 18 18
Eventos científicos e/ou divulgativos 4 0 4
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais desenvolveranse os contidos teóricos ou teórico-prácticos indicados na programación. Procurarase que sexa interactiva, en constante diálogo co alumnado, e acompañarase de material de diverso tipo (informático, fotocopias, etc.).
Solución de problemas Nas sesións interactivas e en grupo reducido presentaranse diferentes tipos de exercicios que poñan en práctica os coñecementos adquiridos ao longo do curso.
Proba mixta Realizarase na data aprobada pola Xunta de Facultade. Terá carácter teórico-práctico.
Traballos tutelados Dirixido polo profesor, consistirá na elaboración dun traballo de tipo teórico, teórico-práctico ou práctico sobre cuestións relacionadas co temario da materia.
Lecturas As lecturas son necesarias para completar e fundamentar os contidos da materia. A profesora indicará as que son obligatorias ou soamente recomendadas.
Eventos científicos e/ou divulgativos Los alumnos asistirán a los eventos científicos organizados en la facultad –conferencias, seminarios– cuyos temas estén relacionados con la materia y la profesora considere convenientes como complemento a su formación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Traballos tutelados
Lecturas
Descrición
Realizarase nas horas de titoría. Centrarase na preparación e desenvolvemento do traballo tutelado ou en todo aquilo para o que o alumno solicite información.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Terá carácter teórico-práctico en consonancia coa organización do curso. Ademais dos coñecementos e competencias adquiridas valorarase a corrección lingüística, como se sinala nas observacións. 50
Solución de problemas Valorarase tanto que a solución sexa a axeitada coma que tamén estea convenientemente xustificada.

Avaliaranse tres exercicios dos realizados na aula ou fora dela. Se avisará con antelación da data de corrección na aula ou de recollida, en formato papel e en man.
20
Traballos tutelados
Se detallará en clase o tema e as características. A través das titorías a profesora supervisará a realización do traballo: cada alumno presentará o esquema e manterá ao menos unha entrevista. Entregarase a través da plataforma Moodle en formato word antes do 5 de decembro.
Valorarase a habilidade no manexo de diferentes fontes documentais (tradicionais ou electrónicas), a capacidade de síntese, os resultados obtidos e a adecuación lingüística.
30
 
Observacións avaliación


Para superar a materia é necesario obter 4 (sobre 10) no examen, tanto na oportunidade de xaneiro como na de xullo. 

Terán a calificación "No presentado" os alumnos que no se presenten o examen.

Se a cualificación da primeira oportunidade é "suspenso" ou "non presentado", na segunda oportunidade (xullo) débe(n)se recuperar a(s) parte(s) pendiente(s). Para iso o profesor propoñerá actividades de carácter similar.

As probas e actividades escritas deben cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística. Penalizaránse as faltas de ortografía, de puntuación e a redacción deficiente. Se restará 0,5 puntos por cada error. A penalización será menor para os alumnos estranxeiros.

A entrega de traballos e exercicios mais tarde da data establecida penalizarase co 50% da nota.

Os alumnos que teñan condecida a dispensa académica concretarán coa profesora a adaptación dos mecanismos de avaliación a sua situación persoal. 


Fontes de información
Bibliografía básica

BOSQUE, I (1983): "La morfología" en F. Abad y A. García Be­rrio (eds.): Introducción a la lingüística, Madrid, Alhambra, 115-153.

BOSQUE, I. (1991): Las categorías gramaticales, Madrid, Síntesis.

BOSQUE, I. y V. Demonte (dirs.) (1999): Gramática descriptiva de la lengua española. vol. 3. Madrid, Espasa (2.ª parte: Morfología)

FÁBREGAS, A. (2013): La morfología. El análisis de la palabra compleja, Madrid, Síntesis.

LANG, M. F. (1992): Formación de palabras en español. Madrid, Cátedra.

LIEBER, Rochelle (2010): Introducing Morphology. Cambridge University Press.

MATTHEWS, P. H. (1974): Morphology: an introduction to the theory of word-structure, Cambridge, CUP. Traducción de R. Monroy: Morfología: Introducción a la teoría de la estructura de la palabra, Madrid, Paraninfo.

PENA, J. (1991): “La palabra : estructura y procesos morfológicos”, Verba 18, 69-128.

PENA, J. (1999): “Partes de la morfología. Las unidades del análisis morfológico”, en I. Bosque y V. Demonte (dirs.), Gramática descriptiva de la lengua española. vol. 3. Madrid, Espasa, 4305-4366.

REAL ACADEMIA ESPAÑOLA Y ASOCIACIÓN DE ACADEMIAS DE LA LENGUA ESPAÑOLA (2009): Nueva gramática de la lengua española. Madrid, Espasa.

VARELA, S. (2009): Morfología léxica: la formación de palabras, Madrid, Gredos.

RECURSOS NA REDE:

Grupo de estructuras de datos y lingüística computacional (U. de Las Palmas), “Relaciones Morfoléxicas”: http://gedlc.ulpgc.es/index.html

Instituto Cervantes, Banco de neologismos: http://cvc.cervantes.es/obref/banco_neologismos

Instituto Universitario de Lingüística Aplicada (IULA) de la Universitad Pompeu Fabra de Barcelona: http://www.iula.upf.edu/recurs04es.htm

Bibliografía complementaria

Almela Pérez, R. (1999): Procedimientos de formación de palabras en español, Barcelona, Ariel.

Ambadiang, T. (1994): La morfología flexiva. Madrid. Taurus.

Bargalló, Mª e Garriga, C. (eds.) (2000): 25 años de investigación en la lengua española. Tarragona. Universitat Rovira y Virgili.

Díaz Hormigo, Mª T. (2003): Morfología. Universidad de Cádiz, Servicio de publicaciones.

González Calvo, J. M. (1988): Estudios de morfología española, Cáceres, Universidad de Extremadura.

González Ollé, F. e M. Casado Velarde (1992): "Formación de palabras", en Holtus, G., M. Metzeltin y C. Schmitt (coords.): Lexikon der Romanis­tischen Lingüistik (LRL), VI,1. Tubinga, Max Niemeyer, 91-109.

Martín, J. C. (2002): El problema lingüístico de los interfijos españoles. Cáceres, Universidad de Extremadura.

Miranda, J. A. (1994): La formación de palabras en español. Salamanca, Ediciones Colegio de España.

Morera, M.(2005): La complementación morfológica en español. Frankfurt am Main. Peter Lang.

Rodríguez, Mª I. (2002): La prefijación apreciativa en español. Cáceres, Universidad de Extremadura.

Rojo, G. (1974): “La temporalidad verbal en español”, Verba 1, 69-149.

Serrano. D. (1995): Las formaciones parasintéticas en español. Madrid. Arco Libros.

Varela, S. (1990): Fundamentos de morfología, Madrid, Síntesis.

DICIONARIOS:

Alvar Ezquerra, Manuel (1994): Diccionario de voces de uso actual. Madrid, Arco-Libros.

Seco, M., O. Andrés y G. Ramos (1999): Diccionario del español actual. Madrid: Aguilar.

Corominas, J. e J. A. Pascual (1991-1997): Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico. Madrid: Editorial Gredos.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Lingua Española 1/613G01001
Lingua Española 2/613G01013

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías