Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Contactos Lingüísticos e Literarios na Tradición Románica Código 613G01044
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Vallin Blanco, Gema
Correo electrónico
g.vallin@udc.es
Profesorado
Sanchez Palomino, Maria Dolores
Vallin Blanco, Gema
Correo electrónico
maria.dolores.sanchez.palomino@udc.es
g.vallin@udc.es
Web http://https://guiadocente.udc.es
Descrición xeral Estudo do contacto das linguas románicas entre si e con outras linguas non románicas,
así como das influencias literarias dentro da tradición románica e entre esta e outras
tradicións literarias no período medieval.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A22 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua española.
A23 Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer a importancia do contacto lingüístico, literario e cultural dentro do espazo románico e a súa influencia na diferenciación das distintas linguas e tradicións literarias. A7
A22
A23
Ser capaz de distinguir e analizar os elementos que proceden do contacto lingüístico nas linguas románicas. A14
A15
B5
B7
B9
C8
Valorar a importancia da diversidade cultural e das relacións interculturais. B5
B8
C4
Coñecer e valorar a importancia do espazo lingüístico e literario románico en relación con outras tradicións lingüísticas e literarias, en particular coa da lingua obxecto de estudo do grao. A14
B5
B7
B8
Coñecer e ser capaz de utilizar os principais recursos e aplicacións existentes para o estudo dos contactos lingüísticos e literarios en relación coas linguas románicas. A14
B1
B2
B3
B5
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. O contacto entre o latín e outras linguas como factor de formación e diferenciación das linguas románicas. 1.1. Marco histórico e cultural.
1.2. O latín e as linguas prerromanas.
1.3. O latín e as linguas de superestrato (linguas xermánicas, árabe, eslavo, húngaro, turco e outras).
1.4. O latín e o grego como lingua de adstrato.


2. O contacto lingüístico tras a formación das linguas románicas ata a época actual. 2.1. Marco histórico e cultural.
2.2.O contacto entre as linguas románicas, o holandés y o alemán.
2.3. As linguas románicas e as linguas eslavas.
2.4. As linguas románicas e o inglés.
2.5. Contactos entre as linguas románicas.
2.6. As linguas románicas e as linguas indíxenas de ultramar.
2.7. A desaparición do dalmático.
2.8. O recurso ao latín e ao grego na actualidade.
3. Situacións de bilingüismo e/ou diglosia na Romania actual. 3.1. A situación lingüística en Francia.
3.2. A situación lingüística en España.
3.3. O español en contacto co inglés nos Estados Unidos.
3.4. O español e o portugués en contacto coas linguas amerindias e outras linguas indíxenas.
3.5. A situación lingüística en Suiza e Bélxica.
3.6. A situación lingüística en Italia.
3.7. A situación lingüística en Romanía e Moldavia.
4. A lenda de Tristán e a súa difusión noutras tradicións literarias. 4.1. Tristán de Béroul e Tristán de Thomas.
4.2. Os relatos breves: Lai de Chevrefeuille e Folies Tristan.
4.3. As versións alemás: Eilhart d'Oberg e Gottfried de Strasbourg.
4.4. A Tristams Saga norueguesa.
4.5. As transformacións en prosa.
5. Tradicións literarias e xéneros na Idade Media románica: o seu percorrido por distintas linguas. 5.1. A alegoría: do "Roman de la Rose" á "Commedia" de Dante. Fontes latinas e tradicións europeas.
5.2. O conto: do "exemplum" á "novella".
5.3. Petrarca e o petrarquismo.
6. Máis alá da Idade Media: letras romances e humanismo. 6.1. Os "grands réthoriqueurs".
6.2. A "Hypterotomachia Poliphili".
6.3. "La Celestina".
6.4. Poliziano e a poesía italiana.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas 0 17 17
Traballos tutelados 0 20 20
Proba mixta 2 24 26
Sesión maxistral 14 0 14
Análise de fontes documentais 16 16 32
 
Atención personalizada 3.5 0 3.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Lectura de fontes primarias e/ou secundarias necesarias para adquirir os coñecementos e destrezas relacionados coa materia.
Traballos tutelados Realización dun traballo guiado polas profesoras sobre unha das seccións do programa da materia (lingüística ou literaria).
Proba mixta Proba de carácter teórico-práctico que avaliará os coñecementos e destrezas adquiridos e que terá lugar ao final do curso.
Sesión maxistral Explicación por parte das profesoras dos contidos do programa, que inclúe a formulación de preguntas por parte dos alumnos.
Análise de fontes documentais Estudo de textos e outras fontes que conduzan ao mellor coñecemento e dominio da materia do programa e a adquirir de forma máis eficaz as destrezas asociadas ao mesmo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Traballos tutelados
Descrición
Estas metodoloxías comportan un seguimento particularizado das profesoras, dentro e fóra da aula, segundo un calendario que se indicará ao principio do curso.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Terase en conta o grao de asistencia ás sesións de clase e a participación activa nas mesmas. 10
Traballos tutelados Valorarase a asistencia ás titorías correspondentes, a corrección no contido e na expresión, de modo que se deducirá puntuación por faltas de ortografía e, en xeral, por unha expresión deficiente. Os alumnos Erasmus serán obxecto dunha consideración diferenciada en canto ás faltas de expresión, aínda que é esixible un mínimo de corrección lingüística. 45
Proba mixta Realización dunha proba escrita sobre o contido da materia. Aplicaranse os mesmos criterios de corrección lingüística ca na actividade anterior. 45
 
Observacións avaliación

El sistema de avaliación será adaptado aos alumnos con dispensa académica. En virtude da diversidade de situacións posibles, no seu momento, de darse o caso, indicarase o sentido desta adaptación, de modo que aquelas sesións, probas etc. en que non poidan participar sexan compensadas con outras. Para a proba mixta cómpre acadar unha media de 5 para poder ser aprobado.

Se o alumno realiza o 50% das actividades propostas, aínda que non se presente ao exame, será avaliado (a súa cualificación non será, pois, NP). Na segunda oportunidade, o alumno deberá completar as actividades que se solicitan.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
(). .
Munteanu Colán, Dan (2000). "La génesis de las lenguas románicas, resultado del contacto lingüístico", en Actes du XXIIè. Congrès Interanational de Linguistique et de Philologie Romanes (Bruxelles, juillet 1998), . Tübingen: Niemeyer
Munteanu Colán, Dan (2002). "Vectores en el contacto lingüístico: dominio hispánico", Revista de filología española.
Munteanu Colán, Dan (1996). El papiamento, lengua criolla hispánica. Madrid: Gredos
Bruyne, E. (1946). Etudes d´esthétique médiévale. Brujas: De Tempel
Russell, Peter E. (1991). Fernando de Rojas, La Celestina. Comedia o tragicomedia de Calisto y Melibea. Castalia: Madrid
Barolini, T. (1993). Il miglior fabbro. Dante e i poeti della Commedia. Tirín: Bollati Boringhieri
Corti, M. (1995). La Commedia di Dante e l´oltretoma eslamico. Belfagor, L, III.
Varvaro, Alberto (2001). Linguistica romanza. Corso d'introduzione. Napoli: Liguori (hay también versión francesa)
Curtius, Ernst Robert (1955). Literatura Europea y Edad Media Latina. México-Madrid-Buenos Aires: F.C.E.
Gargallo, José Enrique y Mª Reina Bastardas (2007). Manual de lingüística románica. Barcelona: Ariel
Tagliavini, Carlo (1973). Orígenes de las lenguas neolatinas. México: Fondo de Cultura Económica
Ariani, M. (1999). Petrarca. Roma: Salerno Editrice
Benson, R. L. (1977). Protohumanism and Narrative Technique in Early Thirteenth-Century Italian Ars Dictaminis. Ravenna: Longo

Proporcionarase bibliografía específica para cada tema dentro da aula.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías