Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A4 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. |
A5 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española. |
A9 |
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A20 |
Coñecer a situación sociolingüística da lingua española. |
A21 |
Coñecer a variación lingüística da lingua española. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecer o panorama histórico, teórico e metodolóxico da Sociolingüística |
A1 A2 A4 A5 A9 A20 A21
|
B1 B3 B5 B6 B7 B8
|
C1
|
Coñecer diversas situacións de contacto de linguas |
A1 A2 A4 A5 A9 A20 A21
|
B1 B3 B5 B6 B7 B8
|
C1
|
Coñecer a relación entre a diversidade lingüística e distintos factores sociais |
A1 A2 A4 A5 A9 A20 A21
|
B1 B3 B5 B6 B7 B8
|
C1
|
Coñecer como afectan diversos factores sociais ás actitudes e ás ideoloxías lingüísticas |
A1 A2 A4 A5 A9 A20 A21
|
B1 B3 B5 B6 B7 B8
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Algúns conceptos básicos |
Lingua, dialecto, sociolecto, rexistro, comunidade de fala, repertorio lingüístico, competencia comunicativa, etc. |
Delimitación teórica e histórica da Sociolingüística |
Ámbito da Sociolingüística. Diversidade de enfoques. Orixes. |
Distribución espacial e social da diversidade lingüística e diversas configuracións que adopta |
Solucións comunicativas nos espazos tradicionalmente multilingües.
A estandarización das linguas como técnica e como ideoloxía.
As linguas internacionais.
A constitución dun sistema lingüístico e comunicativo mundial.
As situaciones de diglosia.
As peculiaridades dos pidgins e crioulos, etc.
|
Estudo espécífico do bilingüismo nas súas dimensións individual e social |
Dimensións do bilingüismo. A conducta bilingüe |
Factores que inflúen no mantemento e na substitución das linguas |
Revisión crítica dos factores que hipoteticamente inciden no mantemento e substitución das linguas. Análise crítica do discurso acerca deste tema. |
A morte das linguas: revisión dos prognósticos efectuados para este século e análise dalgúns casos de revitalización |
Análise crítica do discurso sobre a "morte" das linguas. Estudo dalgúns casos de revitalización. |
Usos lingüísticos na comunidade plurilingúe |
Interferencias, alternancia de códigos, interlingua, fala estraneira, etc |
Actitudes e ideoloxías lingüísticas |
Que son, como se manifestan, como inflúen e como se investigan. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
18 |
18 |
36 |
Lecturas |
0 |
27.5 |
27.5 |
Recensión bilbiográfica |
0 |
33 |
33 |
Solución de problemas |
8 |
4 |
12 |
|
Atención personalizada |
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
O profesor exporá os contenidos xerais dos temas. |
Lecturas |
O primeiro día de clase entregarase a relación de lecturas obrigatorias (entre sete e 10, sumando en total entre 300 e 400 páxinas en total). As lecturas estarán disponibeis na plataforma MOODLE. Bastantes lecturas están escritas en inglés. |
Recensión bilbiográfica |
INFORMES DE LECTURA. Deberán axustarse ao formato que se especifique. Deberán entregarse nas datas que se indique o primeiro día de clase, que serán tamén anunciadas na plataforma MOODLE. Teñen un valor do 90 % da nota (o 100% no caso particular de quen teña ´solicitado e obtido a exención de asistencia a clase). |
Solución de problemas |
Discusión de cuestións suscitadas nos informes sobre as lecturas obrigatorias. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Recensión bilbiográfica |
|
Descrición |
Comentaranse en clase diversas cuestións relacionadas cos informes de lectura, e aclararanse as dúbidas que xurdan. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
Por asistencia as aulas poderase obter un 10% (un punto). Por cada día de inasistencia descontarase 0,20, independentemente do motivo que a orixine). |
10 |
Recensión bilbiográfica |
Son os informes sobre as lecturas. No caso xeral, teñen un valor do 90%. No caso particular de quen teña solicitado e obtido a exención de asistencia, terán un valor do 100%. |
90 |
|
Observacións avaliación |
Primeira oportunidade: bastará para aprobar a asignatura obter unha nota media de cinco puntos, contando informes (90%) e asistencia (10%). No caso dos estudantes a tempo parcial que teñan solicitado e obtido a dispensa de asistencia ás aulas, os informes terán un valor do 100%. Os informes nos que se detecte copia total ou parcial serán cualificados con cero puntos. Os entregados fóra de prazo terán como cualificación máxima cinco puntos. Segunda oportunidadePoderán repetirse os informes que obtiveran unha puntuación inferior a cinco, incluidos os non presentados no seu momento. Deberán entregarse na data oficial.Para aprobar deberá obterse unha nota media de cinco puntos no conxunto dos informes. A copia total ou parcial nesta fase implicará o suspenso da asignatura cunha cualificación de cero puntos. Non presentados: conforme ás directrices da Comisión Académica, só os que entreguen menos do 50% dos informes figurarán nas actas como "non presentados".
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Swann, Joan et al. (2004). A dictionary of Sociolinguistics.. Tuscaloosa: University of Alabama Press.
Appel, René y Peter Muysken (1996[1987]). Bilingüismo y contacto de lenguas.. Madrid: Ariel.
Romaine, Suzanne (1996[1994]). El lenguaje en la sociedad: Una introducción a la sociolingüística.. Madrid: Ariel.
Wardhaugh, Ronald (1992[1986]). Introducción á sociolingüística.. Universidade de Santiago de Compostela: Servicio de Publicacións.
Del Valle, José (ed.) (2007). La lengua ¿patria común? Ideas e ideologías del español.. Frankfurt / Madrid: Iberoamericana / Vervuert.
Fasold, Ralph (1996[1984]). La sociolingüística de la sociedad.. Madrid: Visor.
Halliday, M.A.K. (2009). Language and society.. Londres: Continuum.
Garrett, Peter (2010). Language attitudes.. Nova Iorque: Cambridge University Press.
Edwards, John (2010). Minority languages and group identity : Cases and categories.. Amsterdam / Filadelfia: John Benjamins.
Aronin, Larissa (2012). Multilingualism.. Amsterdam / Filadelfia: John Benjamins.
Calvet, Louis-Jean (2004[1999]). Por unha ecoloxía das linguas do mundo.. Ames: Laiovento (orixinal en francés, 1999).
Moreno Fernández, Francisco (2005). Principios de sociolingüística y sociología del lenguaje.. Madrid: Ariel (2ª edición).
Paulston, Christina Bratt y Tucker, G. Richard (). Sociolinguistics: The essential readings.. Londres: Blackwell
Coulmas, Florian (2005). Sociolinguistics: The study of speaker's choices.. Cambridge: Cambridge University Press.
Blas Arroyo, José Luis (2005). Sociolingüística del español: desarrollos y perspectivas en el estudio de la lengua española en contexto social.. Madrid: Cátedra.
Li Wei and Melissa G. Moyer (eds.) (2008). The Blackwell guide to research methods in bilingualism and multilingualism.. Malden: Blackwell.
Coupland, Nikolas (ed.) (2010). The handbook of language and globalization.. Malden (MA): Wilder-Blackwell.
Martin-Jones, Marilyn et al. (eds.) (2011). The Routledge handbook of multilingualism.. Nova Iorque: Routledge.
Blommaert, Jan (). The sociolinguistics of globalization.. Nova Iorque: Cambridge University Press.
Swaan, Abram de (2001). Words of the world: The global language system.. Cambridge: Polity Press. |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Advírtese de que parte das lecturas obrigatorias o moitas das opcionais están en inglés. |
|