Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Técnicas de Tradución Código 613G03018
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Filoloxía Inglesa
Coordinación
Barros Grela, Eduardo
Correo electrónico
eduardo.barros@udc.es
Profesorado
Barros Grela, Eduardo
Cordoba Rodriguez, Felix
Eirin García, Leticia
Correo electrónico
eduardo.barros@udc.es
felix.cordoba@udc.es
leticia.eirin@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Estudo e práctica da tradución de textos diversos (español-inglés, inglés-español, galego-inglés, inglés-galego).

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A12 Coñecer os principios teóricos básicos da tradución directa e inversa e ser capaz de poñelos en práctica.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Recoñecer as características particulares de textos de tipo diverso e resolver as dificultades de tradución que son pertinentes en cada caso. A4
A5
A6
A9
A10
A12
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C1
C2
C3
C4
C6
C7
Ser capaz de situar a traducción (entendida como disciplina e tamén como práctica) dentro dun contexto cultural. A4
A5
A6
A12
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C1
C2
C3
C4
C6
C8
Ser capaz de realizar traduccións directas e inversas en español, galego e inglés. A4
A5
A6
A9
A12
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B9
B10
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Coñecer as peculiaridades traductolóxicas das linguas inglesa, galeg e española A1
A3
A4
A5
A6
B2
B8
B9
B10
C1
C2
C3
Realizar as tarefas de maneira eficiente e nos prazos esixidos A1
B3
C1
Participar activamente na clase A4
A5
A6
A15
B4
B8
B10
C1
C2
C4
Ser capaz de apreciar, respetar e disfrutar da diversidades lingüística e cultural manifesta na nosa titulación A7
A10
A11
B5
B6
C4
C8

Contidos
Temas Subtemas
I. Tradución no ámbito dos Estudos Ingleses I.1. Introdución: Que é a linguaxe? Que é a cultura? Que é a tradución?

I.2. Tradución como proceso, como produto e como función

I.3. Métodos de tradución:
I.3.1. Normas básicas para o "bo" tradutor e para a "boa" tradución.
I.3.2. Breve historia dos métodos de tradución no ámbito do inglés.

I.4. O polémico concepto de equivalencia

I.5. Tipos de textos, tipos de traducións: literatura, música, textos dos mass-media, publicidad audiovisual, etc.

I.6. Tradución e cultura: a perspectiva funcional

I.7. Tradución e textos audiovisuais: dobraxe e subtitulación

I.8. Tradución e interpretación

I.9. Evaluación e crítica de textos traducidos.
II. A tradución no ámbito do galego II.1. A tradución literaria
II.1.1 Cuestións preliminares e conceptos básicos
II.1.2. Trazos constitutivos dunha tradución literaria
II.1.3. A autotradución literaria
II.1.4. Tradución, versión, apropiación creativa

II.2. A tradución de textos poéticos
II.2.1. Cuestións xerais e metodolóxicas
II.2.2. Aspectos formais: ritmo e rima, o simbolismo fónico etc.

II.3. A tradución ao galego

II.4. Valoración e crítica da tradución literaria
III. A tradución no ámbito do español III.1. A tradución especializada
III.1.1. Introdución. As linguas de especialidade. Terminoloxía
III.1.2. Dicionarios e repertorios. Bases de datos terminolóxicas
III.2. Tradución con apoio informático
III.2.1. A tradución automática e a tradución asistida por ordenador
III.2.2. Ferramentas informáticas. Memorias de tradución. Corpus paralelos
III.3. A tradución ao español
III.3.1. Documentación para a tradución ao español
III.3.2. Métodos de tradución do inglés ao español

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro 22 33 55
Proba mixta 3 12 15
Sesión maxistral 16 16 32
Traballos tutelados 1 8 9
Actividades iniciais 0.5 0 0.5
Recensión bilbiográfica 2 12 14
Presentación oral 0.5 2 2.5
Lecturas 0 17 17
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Nos grupos medianos e pequenos o alumnado realizará actividades diversas (prácticas guiadas e libres de tradución, individuais e en grupo, exposicións, debates, solución de problemas etc.) baixo a supervisión do profesorado.
Proba mixta Haberá unha proba final na data oficial en xuño. Nela avaliarase a competencia de cada estudante na tradución.
Sesión maxistral Comezarase cada tema cunha exposición oral dos conceptos teóricos máis relevantes e as súas posibilidades de aplicación á práctica.
Traballos tutelados Exercicios relacionados coa tradución, supervisados polo profesorado, individuais ou en grupo, realizados nas aulas e/ou fóra delas.
Actividades iniciais Na primeira sesión realizaranse varias actividades relacionadas coas linguas e coa tradución. Estas probas axudarán ao profesorado a determinar a competencia e os intereses dos estudantes en relación coa materia.
Recensión bilbiográfica A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación á súa propia experiencia.
Presentación oral Proba oral na que o alumnado amose as súas habilidades comunicativas.
Lecturas Lecturas relacionadas coa tradución.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Traballos tutelados
Descrición
Ademais da supervisión directa do traballo do alumnado nas aulas nos grupos medianos e pequenos, o profesorado conta con titorías semanais e animan ao alumnado a facer uso delas.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Este 50% completarase entre as tres partes da asignatura (English: 25%, galego: 12.5% e español 12.5%).

O 25% correspondente a inglés consistirá en:

1. Unha tradución individual do inglés ao español (10%)
2. Unha tradución en grupo (de 4 a 6 persoas) do español ao inglés (10%)
3. Este traballo en grupo terá que ser exposto oralmente na aula (5%)

O 12.5% correspondente á tradución no ámbito do galego consistirá en:

1. Unha recensión. A profesora ofrecerá nas aulas as indicacións necesarias para a súa realización.

O 12.5% correspondente a español consistirá en:

1. Traducións e exercicios que se realizarán nas aulas.

_________________________________


Cada profesor informará debidamente deste apartado da avaliación ao inicio da súa parte da asignatura.
50
Proba mixta O exame consistirá nuhna parte de tradución ao inglés (25%), unha de tradución ao galego (12,5%), e unha de tradución ao español (12,5%). Deberase acadar unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en cada unha destas partes para aprobar o exame. 50
 
Observacións avaliación

-Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma.

-Calquera falta á honorabilidade académica (e.g. plaxio, copia) suporá a descalificación automática das actividades.

-Tanto a asistencia como a participación significativa na aula será valorada polo profesorado. 

-Na oportunidade de xullo realizarase a proba mixta, correspondente ao 50% da cualificación. Tamén se deberán entregar os traballos tutelados correspondentes (50%).

- Na oportunidade de xullo
recuperaranse as traducións e exercicios da parte de español non superadas
mediante actividades equivalentes que se ofertarán a través da plataforma
Moodle.

-Os/As alumnos/as que non se presenten á proba mixta de xuño ou xullo acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% das actividades durante o curso.

-Os/as estudantes matriculados/as a tempo parcial que teñan concedida a dispensa académica deberán poñerse en contacto cos profesores o antes posible para determinar as formas de avaliación en cada parte. 

-O alumnado con discapacidade poderá pedir asesoramento ao profesorado e á Unidade de Atención á Diversidade (ADI): www.udc.es/cufie/uadi (ext. 5622; email: adi@udc.es).  

Fontes de información
Bibliografía básica Xosé Manuel fernández Castro e Luciano Rodríguez (Eds.) (2008). Cadernos de Mariñán 3. V Encontro de Escritores Galegos. Ámbitos da Tradución. A Coruña. Deputación Provincial
Brian Mott y Marta Mateo (2009). Diccionario-guía de traducción español-inglés, inglés-español. Barcelona: Universitat de Barcelona
Antoine Berman (2003). La prueba de lo ajeno. Cultura y traducción en la Alemania romántica. Las Palmas. Universidad de Las Palmas de Gran Canaria. Servicio de Publicaciones
Yves Boonefoy (2002). La traducción de Poesía. Valencia. Pre-Textos
Paolo Valesio e Rafael-Jose Díaz (Eds.) (1996). Literatura y traducción. Santa Cruz de Tenerife. U.I.M.P.
Consuelo Gonzalo García y Valentín García Yebra (eds.) (2004). Manual de documentación y terminología para la traducción especializada. Madrid: Arco Libros
Javier Gómez-Montero (Ed.) (2008). Nuevas pautas de traducción literaria. Madrid. Visor Libros
Jordi Doce (ed.) (2007). Poesía en Traducción. Madrid. Círculo de Bellas Artes
Paul Ricoeur (2005). Sobre la traducción. Barcelona. Paidós
Joaquín García Palacios y M.ª Teresa Fuentes Morán (eds.) (2002). Texto, terminología y traducción. Salamanca: Almar
María del Carmen África Vidal Claramonte (1995). Traducción, manipulación, descontrucción. Salamanca. Colegio de España
Susan Bassnet & André Lefevere (Eds.) (1995). Translation, History and Culture. London. Cassell

Outras fontes de información:

Ávila, Alejandro. La censura del doblaje cinematográfico en España. Barcelona: CIMS, 1998.

Bernal Merino, Miguel Ángel. La traducción audiovisual: análisis práctico de la traducción para los medios audiovisuales e introducción a la teoría de la traducción filológica. Alicante: Universidad de Alicante, 2002.

Marset Mabel, Richard. La alegría de transformar: teorías de la traducción y teoría del doblaje audiovisual. Valencia: Tirant Lo Blanch, 2009.

Martí Ferriol, José Luis y Ana Muñoz Miguel. Estudios de traducción e interpretación. Entornos de especialidad. Vol II. Valencia: universidad Jaume I, 2012.

Merino, Raquel et al, eds. Trasvases culturales: literatura, cine, traducción. Pajares: Universidad del País Vasco, 2005.

VV.AA. Traducción para el doblaje y la subtitulación. Madrid: Cátedra, 2001.

Ao longo do curso utilizarase a plataforma Moodle para distribuir materiais diversos. 

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías