Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Lingua Inglesa 4 Código 613G03019
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Inglesa
Coordinación
Nuñez Puente, Carolina
Correo electrónico
c.nunez@udc.es
Profesorado
Nuñez Puente, Carolina
Correo electrónico
c.nunez@udc.es
Web http://www.udc.es
Descrición xeral Esta materia amplía a formación básica na descrición da lingua inglesa e a teoría e práctica do inglés. O obxectivo xeral é chegar ao nivel C1 de CEF.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Competencia lectora: comprender unha variedade de textos auténticos procedentes da prensa, obras de ficción, documentos, materiais de promoción ou de publicidade.
Escritura: saber redactar un artigo, un ensaio, textos informativos, propostas, queixas, informes e recensións.
Comprensión auditiva: comprender distintos tipos de discurso auténtico; monólogos, avisos, programas de radio e televisión, relatorios, anécdotas, interaccións entre varios falantes á vez, entrevistas, debates
Competencias orais: saber desenvolverse oralmente con falantes nativos e non nativos; proporcionar información, expresar e xustificar opinións, realizar comentarios axeitados, expresar acordo e desacordo, comparar, describir e especular. En resumo, os alumnos deben ser capaces de levar a cabo a comunicación eficaz, e de responder plenamente aos estímulos orais.
Lingua e uso: posuír un vocabulario xeral amplo; coñecer frases e colocacións comúns, matices, verbos con partícula, modos de enlazar oracións; realizar transformacións gramaticais con soltura

Contidos
Temas Subtemas
-ESCRIBIR:
Como escribir tanto un ensaio argumentativo coma un ensaio de investigación en estilo MLA
Que é o estilo de escritura MLA? Estilo e rexistro; linguaxe formal e informal; connotación e denotación; post-estruturalismo e oposición binaria; puntuación; parágrafo; conectores; o ensaio (e.g. o argumentativo e o de investigación); título; introdución; (hipó)tesis vs. tema; corpo; conclusión; fontes de información (web e imprimidas); lista de obras citadas; as citas no corpo do texto; plaxio; notas ao pé e ao final
-LER: Como facer exercicios de comprensión lectora Que é o pensamento crítico? Diferentes niveis de comprensión dun texto; gramática; vocabulario; estrutura; figuras retóricas; historia e trama; temas; caracterización; inferencia; dedución; análise; alcance e repercusión; significado e interpretación; conclusións; etc.
-FALAR: Como falar en público; como facer unha presentación oral; como participar nun debate; como comportarse nunha entrevista de traballo

Tipos de discursos; consejoss para loitar contra o medo escénico; uso de pausas, entoación e ritmo na oralidade; linguaxe corporal; cohesión e coherencia; convencer e persuadir; etc.

Os debates de clase estarán relacionados con temas relevantes como: arte e literatura, sexismo, videoxogos, obsesión coa aparencia física, capitalismo, homosexualidade, etc. Se queda tempo, aceptarei suxestións dos/ás estudantes sobre outros temas.
-GRAMÁTICA: Repaso e consolidación de estruturas gramaticais importantes. Oracións condicionais; voz pasiva; pasado con significado de presente e/ou futuro; verbos modais; verbos con partículas; casos especiais de concordancia substantivo-verbo; etc.
-ESCOITAR: Gravacións audiovisuais en torno á gramática e as entrevistas de traballo
Os exercicios auditivos estarán relacionados coa gramática vista en clase. Os/ás estudantes tamén traballaredes con entrevistas de traballo e practicaredes para a proba auditiva e o exame oral.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 25 25 50
Seminario 12 5 17
Traballos tutelados 4 8 12
Presentación oral 0.5 12 12.5
Obradoiro 25 25 50
Proba mixta 2.5 4 6.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Esta sesión completarase con discusiones dirixidas.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema ou dunha lectura. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais).
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado expón traballos.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas prácticas.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Estou a disposición dos estudantes no meu despacho nas horas de titoría, como tamén a través do teléfono e o correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Seminario (GRUPOS MEDIANOS coa coordinadora): En parte destes grupos, faremos exercicios de comprensión lectora de RELATOS breves que estarán colgados en MOODLE. Os/ás estudantes deben LER estes textos breves por adiantado, como tamén preparar os EXERCICIOS deMoodle que serán corrixidos en clase. 10
Proba mixta As partes do exame organizaranse como segue:

-LECTURA (con coordinadora): Esta parte consiste nunha proba de comprensión lectora das LECTURAS OBRIGATORIAS LONGAS, que estarán en MOODLE, e que son distintas dos relatos breves tratados nos seminarios. As devanditas LECTURAS LONGAS serán explicadas na sesión de grupo grande o último día de clase. DATA DO EXAME: 28 de maio

-ESCRITURA (con coordinadora): Teredes que escribir un ensaio argumentativo sobre un tema relevante fixado pola profesora; o devandito ensaio poñerá a proba as vosas habilidades tanto coa gramática coma coa escritura tipo MLA. Así pois, o ensaio debe ter: título, introdución (hipó)tesis, corpo e conclusión. DATA DO EXAME: 28 de maio

-PROBA AUDITIVA (con lector): Test de elección múltiple sobre unha gravación dunha entrevista de traballo. DATA DO EXAME:
aprox. a principios de maio (anunciaranse os detalles no seu momento)

-EXAME ORAL (con lector): Entrevista de traballo. DATA DO EXAME: aprox. a principios de xuño (detalles por anunciar)
50
Sesión maxistral (GRUPOS GRANDES con coordinadora): As clases consistirán en leccións teóricas, debates de estudantes e práctica de estudantes sobre fala, escritura e gramática. Antes dos debates, os/ás estudantes terán que ler NOTICIAS (ou ver VÍDEOS) que colgarei en Moodle. Os/ás estudantes DEBATERÁN sobre estas noticias/vídeos; despois, organizaranse en grupos e ESCRIBIRÁN as súas opinións nun ensaio argumentativo. Para ser coherente coas vosas presentacións orais en grupo (ver abaixo), introducirei un DATO DIVERTIDO in cada clase. 10
Presentación oral Os/as estudantes deberían facer un PROXECTO entre 5 e 10 persoas; o proxecto consistirá en inventar un PRODUTO ou MÉTODO para incentivar o sentido do HUMOR e/ou o ENTUSIASMO das persoas. Mentres se fala, os/as estudantes terán prohibido ler de calquera tipo de notas. Teredes que gravar e subir o VÍDEO do proxecto e mandalo o GUIÓN (en formatos Word e PDF) á coordinadora por correo electrónico nunha data por fixar; o resto das directrices explicaranse en clase. 10
Traballos tutelados Teredes que facer dúas tarefas:

(1) un CV (para o lector) e
(2) unha lista de Obras Citadas en estilo MLA (para a coordinadora).

En clase darémosvos as pautas para escribir tanto o CV como a lista de Obras Citadas. En canto á última, debe ter un TEMA elixido polo/a estudante e proporcionar un listado estilo MLA de:

-un libro, un capítulo de libro, un artigo de JSTOR, unha páxina web e unha fonte electrónica extra (e.g. entrevista en YouTube) SOBRE O TEMA ELIXIDO
10
Obradoiro (GRUPOS MEDIANOS E PEQUENOS con lector): En parte dos grupos medianos e en todos os talleres, practicaredes as vosas habilidades para falar, escoitar e traballar coa gramática. Prestarase especial atención a como realizar CV e entrevistas de traballo. En ocasións, teredes que facer deberes baseados en material que estará en MOODLE. 10
 
Observacións avaliación

- Para poder superar a materia, hai que sacar polo menos un 4 (sobre 10) en dúas partes descritas no cadro de avaliación--que son TRABALLOS TUTELADOS e EXAMES--e polo menos un 5 (sobre 10) na NOTA FINAL.

-Os/as estudantes repetidores/as que queiran realizar as tarefas non obrigatorias (e.g. participación en clase) e non poidan asistir a clase por incompatibilidade horaria deberán poñerse en contacto comigo ao comezo do cuadrimestre. Entón, asignareilles outras actividades con que suplir as devanditas tarefas non obrigatorias.


- As datas de entrega dos traballos tutelados e do resto das actividades anunciarase a comezos do semestre en clase e na plataforma Moodle.

- Os traballos deben entregarse en tempo e forma. Só aceptaranse entregas con atraso única e exclusivamente se hai unha causa debidamente xustificada (p. ex. cun xustificante médico).

- Os traballos que mostren signos de plaxio serán cualificados cun 0.

- Valorarase o traballo voluntario extra dos/as alumnos/as, que pode ser de tres formas: (1) escribir un ou dous ENSAIOS ARGUMENTATIVOS de modo individual para a coordinadora (240/250 palabras), (2) escribir un único ENSAIO DE INVESTIGACIÓN de modo individual para a coordinadora (450/500 palabras), (3) participar en solitario ou en grupo nun ESPECTÁCULO que se celebrará no mes de maio coa coordinadora e/ou o lector (entre 1 e 10 minutos por persoa e/ou grupo)-los detalles serán anunciados máis adiante. O devandito traballo voluntario extra poderá valer ata un 10% que será engadido sobre a nota final.

- En caso de folga de profesores/ás en días de clase, se fose necesario, os/as docentes dotarán aos/ás estudantes de material didáctico a través de Moodle. En caso de folga de alumnos/as, os/as docentes poderían pedilos aos/ás estudantes a entrega de exercicios con que substituír o traballo dese/vos día/s.

- Xa sexa na primeira ou a segunda oportunidade, os/as estudantes que non vingan ao exame serán cualificados/ás como Non presentados/ás.

- Para a oportunidade de XULLO, ademais das partes do exame (50%) e os traballos tutelados (10%), os/as estudantes poderán facer as tarefas non obrigatorias da seguinte forma: (sesión maxistral: 10%) resumos do material ofrecido nas clases teóricas e redacción de ensaios fixados pola profesora; (seminario: 10%) exercicios de lectura similares aos realizados en clase; unha presentación oral individual (10%); e exercicios equivalentes aos efectuados no taller (10%). Chegado o momento, anunciarei os detalles en Moodle.

- Aqueles/ás alumnos/ás que se matriculasen oficialmente a tempo parcial e teñan concedida a DISPENSA académica, como establece a normativa desta Universidade, serán avaliados/as en xuño o xullo seguindo os mesmos criterios estipulados na oportunidade de xullo.    


Fontes de información
Bibliografía básica

BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA

Collins COBUILD Advanced Dictionary of English. London: Collins ELT, 2012. Print.

Collins COBUILD Students’ Dictionary plus Grammar (Book & CD). London: Collins ELT, 2005. Print.

Cunningham, Gillie, Jan Bell, and Theresa Clementson. Face2face Advanced. Student’s Book and DVD Rom. Cambridge: CUP, 2013. Print

Downes, Colm. Cambridge English for Job Hunting. Cambridge: CUP, 2008. Print.

Hewings, Martin. Advanced Grammar in Use: a Self-study Reference and Practice Book for Advanced Learners of English; with Answers and CD-ROM. Cambridge: CUP, 2013. Print.

---. Cambridge Grammar for CAE and Proficiency with Answers and Audio CDs. Cambridge: CUP, 2009.Print.

Hopkins, Diana, and Pauline Cullens. Cambridge Grammar for IELTS with Answers: a Self-study Grammar Reference and Practice. Cambridge: CUP, 2007. Print.

OED. Oxford English Dictionary. OUP. Web. 1 July 2014.

Swan, Michael. Practical English Usage. Oxford: OUP, 1996. Print.

The Purdue OWL Family of Sites. The Writing Lab and OWL at Purdue and Purdue U, 2008. Web. 1 July 2014.

Vince, Michael. Advanced Language Practice: English Grammar and Vocabulary. Oxford: Macmillan, 2009. Print.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías