Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A6 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A17 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades anglófonas. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Os alumnos apreciarán a importancia da historia e cultura no desenvolvemento da literatura, lingua e sociedade en países de fala inglesa.
Examinarán fontes primarias e secundarias, aprendendo a comparar, contrastar e analizar criticamente.
Coñecerán as causas detrás das diferenzas, o comportamento e a mentalidade culturais.
Saberán relacionar os seus coñecementos nesta materia con outras materias do Grao en Inglés. |
A2 A6 A11 A15 A17
|
B1 B3 B5 B6 B7 B8
|
C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución e comentario do programa |
1.1. Consellos e normas |
2. Resumo da historia das Illas Británicas |
2.1. Romanos, anglosaxons e viquingos |
|
2.2. A conquista normanda de 1066 e as súas consecuencias culturais |
|
2.3. Gales e o dominio da coroa inglesa |
|
2.4. A independencia de Escocia; Bannockburn 1314 |
|
2.5. A dinastía Tudor; a Armada Invencible |
|
2.6. O xuízo de Carlos I; a República; o retorno da monarquía |
|
2.7. Irlanda e Cromwell |
|
2.8. A Revolución Industrial; a época vitoriana; o imperio |
|
2.9. A Primeira Guerra Mundial; a Segunda Guerra Mundial |
3. Resumo da historia dos Estados Unidos |
3.1. Os primeiros tempos |
|
3.2. A época colonial |
|
3.3. Cara á independencia |
|
3.4. Os primeiros presidentes |
|
3.5. A escravitude, e os dereitos da muller |
|
3.6. Guerra, prosperidade e depresión |
|
3.7. O concepto de "New Deal" e o conflito mundial |
|
3.8. A posguerra |
|
3.9. Cara ao século XXI |
4. A Xeografía humana e física das Illas Británicas |
4.1. Clima |
|
4.2. Trazos xeográficos; a mentalidade de unas islas |
|
4.3. Poboación |
|
4.4. Actividade económica |
|
4.5. Estrutura social |
5. A Xeografía humana e física dos Estados Unidos |
5.1. Clima |
|
5.2. Trazos xeográficos |
|
5.3. Poboación |
|
5.4. Actividade económica |
|
5.5. Estrutura social |
6. A constitución do Reino Unido |
6.1. Goberno |
|
6.2. Elección de representantes; o papel da monarquía |
7. La constitución dos Estados Unidos |
7.1. Goberno |
|
7.2. Elección de representantes; o papel do presidente |
8. O Reino Unido e as relacións exteriores |
8.1. O seu papel nos organismos internacionais |
9. Os EE.UU e as relacións exteriores |
9.1. O seu papel nos organismos internacionais |
10. Pintores británicos dos séculos XVIII e XIX |
10.1. Fontes de inspiración cultural. |
11. Pintores norteamericanos |
11.1. A arte norteamericana do s. XX e a súa relación coa sociedade. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
2 |
0 |
2 |
Análise de fontes documentais |
2 |
10 |
12 |
Lecturas |
5 |
20 |
25 |
Presentación oral |
1 |
8 |
9 |
Proba mixta |
2 |
10 |
12 |
Resumo |
2 |
10 |
12 |
Sesión maxistral |
18 |
18 |
36 |
Prácticas a través de TIC |
10 |
18 |
28 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
2 |
2 |
4 |
|
Atención personalizada |
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Comentario do programa; datas de traballos; normas; expectativas |
Análise de fontes documentais |
Análise dunha gran variedade de fontes primarias e secundarias |
Lecturas |
Textos variados como apoio ao coñecemento. Fontes informáticas. |
Presentación oral |
Presentación oral por parellas dun tema relacionado co programa |
Proba mixta |
Proba escrita: respostas breves; redacción de pequenos comentarios; identificación de elementos significativos |
Resumo |
Resumos de materiais escritos e de fontes informáticos para demostrar a comprensión e saber relacionar temas |
Sesión maxistral |
Explicacións, orientacións, recomendacións para o estudo individual; foméntase a participación do alumnado |
Prácticas a través de TIC |
Acceso a materiais e fontes a través de Internet. Estudo e avaliación crítica |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia e participación nas charlas-coloquio organizadas na Facultade Pode implicar a redacción de informes breves. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
|
Descrición |
Os alumnos consultarán acerca do mellor xeito de abordar a realización deste tipo de tarefa. Ofreceranse consellos prácticos, e fontes de información.
Tanto a profesora como o/a lector/a están dispoñibles durante as horas de titoría semanais para resolver problemas ou ofrecer suxestións. Fóra destas horas tamén poden contactar connosco por correo electrónico.
Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de email adi@udc.es. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
Por parellas os alumnos realizarán un traballo de investigación, que se gravará e entregará en DVD, xunto cunha versión imprimida. A temática poderase elixir de entre un listado de temas relacionados co programa. Débense incluír datos completos de fontes bibliográficas e electrónicas consultadas. O plaxio (que inclúe copiar e pegar) implicará un suspenso nesta parte da avaliación. Data de entrega: 18 de decembro 2014.
Formatos admitidos (absterse de entregar outros): -avi -mp4, -wmv
Nomes de alumnos como nome do ficheiro. |
30 |
Proba mixta |
Proba escrita: respostas breves; redacción de pequenos comentarios; identificación de elementos significativos, obxectos, documentos históricos e culturais, cadros, trazos xeográficos. |
50 |
Prácticas a través de TIC |
Acceso a materiais e fontes a través de Internet e/ou fotocopias. Estudo e avaliación crítica de materiais. Algunhas tarefas realizadas entregaranse para a súa cualificación. |
20 |
|
Observacións avaliación |
- Para aprobar a materia é necesario conseguir un 5 sobre 10 en cada apartado da avaliación.
- A segunda oportunidade de xullo basearase na repetición de la(s) parte(s) da avaliación que non se superaron, conservando as mesmas porcentaxes.
- A oportunidade de xullo non é para mellorar nota nas partes da avaliación xa aprobadas; soamente é para recuperar as partes non aprobadas.
- Proba mixta: data aprobada por Xunta de Facultade para o curso 2013-14 (primeira oportunidade ao finalizar o cuadrimestre). Esta data non é negociable. Polo tanto, os alumnos deben asegurarse de que estean presentes, sobre todo se viaxan fora nas vacacións de Nadal.
- As datas para a entrega de
tarefas e a presentación deben respectarse; calquera incidencia que
impide cumprir cos requisitos debe xustificarse documentalmente. - Obterá unha cualificación de
"non presentado" aquel/a estudante que non se presente á proba escrita
(a mixta) e que tampouco entregase tarefas ou prácticas equivalentes ou superiores ao 50%.
- Os alumnos que suspenden na primeira oportunidade e non se presentan á segunda oportunidade de xullo terán a nota de suspenso.
Aqueles alumnos que oficialmente teñan sido matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo. - Trátase dunha materia obrigatoria do 3er
curso do grao, e polo tanto, o seu horario de clases e as esixencias en
canto a tarefas teñen preferencia fronte a calquera materia de cuarto
curso na que o/a estudante estea matriculado/a. Obviamente, a primeira obriga
dun/dunha alumno/a de terceiro curso debería ser asistir ás materias de
terceiro e cumprir as tarefas esixidas.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Lingua Inglesa 1/613G03003 | Lingua Inglesa 2/613G03008 | Lingua Inglesa 3/613G03015 | Lingua Inglesa 4/613G03019 |
|
Observacións |
A asistencia habitual é
fundamental para o estudo desta materia. Dado que algunhas tarefas se
entregarán durante as clases prácticas, non asistir implica renunciar a
estas cualificacións. |
|