Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Cultura e Civilización dos Países de Fala Inglesa Código 613G03022
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Inglesa
Coordinación
Woodward Smith, Elizabeth Anne
Correo electrónico
elizabeth.woodward@udc.es
Profesorado
Woodward Smith, Elizabeth Anne
Correo electrónico
elizabeth.woodward@udc.es
Web
Descrición xeral "Aspectos geográficos, históricos, artísticos y culturales de los países de lengua inglesa."
The geography,and history, as well as artistic and cultural aspectos of English-speaking countries.
Aspectos xeográficos, históricos, artísticos e culturais dos paises de fala inglesa.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A17 Coñecer a historia e a cultura das comunidades anglófonas.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Os alumnos apreciarán a importancia da historia e cultura no desenvolvemento da literatura, lingua e sociedade en países de fala inglesa. Examinarán fontes primarias e secundarias, aprendendo a comparar, contrastar e analizar criticamente. Coñecerán as causas detrás das diferenzas, o comportamento e a mentalidade culturais. Saberán relacionar os seus coñecementos nesta materia con outras materias do Grao en Inglés. A2
A6
A11
A15
A17
B1
B3
B5
B6
B7
B8
C3

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución e comentario do programa 1.1. Consellos e normas
2. Resumo da historia das Illas Británicas 2.1. Romanos, anglosaxons e viquingos
2.2. A conquista normanda de 1066 e as súas consecuencias culturais
2.3. Gales e o dominio da coroa inglesa
2.4. A independencia de Escocia; Bannockburn 1314
2.5. A dinastía Tudor; a Armada Invencible
2.6. O xuízo de Carlos I; a República; o retorno da monarquía
2.7. Irlanda e Cromwell
2.8. A Revolución Industrial; a época vitoriana; o imperio
2.9. A Primeira Guerra Mundial; a Segunda Guerra Mundial
3. Resumo da historia dos Estados Unidos 3.1. Os primeiros tempos
3.2. A época colonial
3.3. Cara á independencia
3.4. Os primeiros presidentes
3.5. A escravitude, e os dereitos da muller
3.6. Guerra, prosperidade e depresión
3.7. O concepto de "New Deal" e o conflito mundial
3.8. A posguerra
3.9. Cara ao século XXI
4. A Xeografía humana e física das Illas Británicas 4.1. Clima
4.2. Trazos xeográficos; a mentalidade de unas islas
4.3. Poboación
4.4. Actividade económica
4.5. Estrutura social
5. A Xeografía humana e física dos Estados Unidos 5.1. Clima
5.2. Trazos xeográficos
5.3. Poboación
5.4. Actividade económica
5.5. Estrutura social
6. A constitución do Reino Unido 6.1. Goberno
6.2. Elección de representantes; o papel da monarquía
7. La constitución dos Estados Unidos 7.1. Goberno
7.2. Elección de representantes; o papel do presidente
8. O Reino Unido e as relacións exteriores 8.1. O seu papel nos organismos internacionais
9. Os EE.UU e as relacións exteriores 9.1. O seu papel nos organismos internacionais
10. Pintores británicos dos séculos XVIII e XIX 10.1. Fontes de inspiración cultural.
11. Pintores norteamericanos 11.1. A arte norteamericana do s. XX e a súa relación coa sociedade.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 2 0 2
Análise de fontes documentais 2 10 12
Lecturas 5 20 25
Presentación oral 1 8 9
Proba mixta 2 10 12
Resumo 2 10 12
Sesión maxistral 18 18 36
Prácticas a través de TIC 10 18 28
Eventos científicos e/ou divulgativos 2 2 4
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Comentario do programa; datas de traballos; normas; expectativas
Análise de fontes documentais Análise dunha gran variedade de fontes primarias e secundarias
Lecturas Textos variados como apoio ao coñecemento. Fontes informáticas.
Presentación oral Presentación oral por parellas dun tema relacionado co programa
Proba mixta Proba escrita: respostas breves; redacción de pequenos comentarios; identificación de elementos significativos
Resumo Resumos de materiais escritos e de fontes informáticos para demostrar a comprensión e saber relacionar temas
Sesión maxistral Explicacións, orientacións, recomendacións para o estudo individual; foméntase a participación do alumnado
Prácticas a través de TIC Acceso a materiais e fontes a través de Internet. Estudo e avaliación crítica
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e participación nas charlas-coloquio organizadas na Facultade Pode implicar a redacción de informes breves.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Descrición
Os alumnos consultarán acerca do mellor xeito de abordar a realización deste tipo de tarefa. Ofreceranse consellos prácticos, e fontes de información.
Tanto a profesora como o/a lector/a están dispoñibles durante as horas de titoría semanais para resolver problemas ou ofrecer suxestións. Fóra destas horas tamén poden contactar connosco por correo electrónico.

Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de email adi@udc.es.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Por parellas os alumnos realizarán un traballo de investigación, que se gravará e entregará en DVD, xunto cunha versión imprimida. A temática poderase elixir de entre un listado de temas relacionados co programa. Débense incluír datos completos de fontes bibliográficas e electrónicas consultadas. O plaxio (que inclúe copiar e pegar) implicará un suspenso nesta parte da avaliación. Data de entrega: 18 de decembro 2014.
Formatos admitidos (absterse de entregar outros): -avi -mp4, -wmv
Nomes de alumnos como nome do ficheiro.
30
Proba mixta Proba escrita: respostas breves; redacción de pequenos comentarios; identificación de elementos significativos, obxectos, documentos históricos e culturais, cadros, trazos xeográficos. 50
Prácticas a través de TIC Acceso a materiais e fontes a través de Internet e/ou fotocopias. Estudo e avaliación crítica de materiais. Algunhas tarefas realizadas entregaranse para a súa cualificación. 20
 
Observacións avaliación

 


  • Para aprobar a materia é necesario conseguir un 5 sobre 10 en cada apartado da avaliación.  
  • A segunda oportunidade de xullo basearase na repetición de la(s) parte(s) da avaliación que non se superaron, conservando as mesmas porcentaxes.
  • A oportunidade de xullo non é para mellorar nota nas partes da avaliación xa aprobadas; soamente é para recuperar as partes non aprobadas.
  • Proba mixta: data aprobada por Xunta de Facultade para o curso 2013-14 (primeira oportunidade ao finalizar o cuadrimestre). Esta data non é negociable. Polo tanto, os alumnos deben asegurarse de que estean presentes, sobre todo se viaxan fora nas vacacións de Nadal.
  • As datas para a entrega de
    tarefas e a presentación deben respectarse; calquera incidencia que
    impide cumprir cos requisitos debe xustificarse documentalmente.
  • Obterá unha cualificación de
    "non presentado" aquel/a estudante que non se presente á proba escrita
    (a mixta) e que tampouco entregase tarefas ou prácticas equivalentes ou superiores ao 50%.
  • Os alumnos que suspenden na primeira oportunidade e non se presentan á segunda oportunidade de xullo terán a nota de suspenso.

  • Aqueles alumnos que oficialmente teñan sido matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.

  • Trátase dunha materia obrigatoria do 3er
    curso do grao, e polo tanto, o seu horario de clases e as esixencias en
    canto a tarefas teñen preferencia fronte a calquera materia de cuarto
    curso na que o/a estudante estea matriculado/a.
    Obviamente, a primeira obriga
    dun/dunha alumno/a de terceiro curso debería ser asistir ás materias de
    terceiro e cumprir as tarefas esixidas.

Fontes de información
Bibliografía básica McDowall, David (1989). An Illustrated History of Britain. London: Longman
O'Driscoll, James (2009). Britain for Learners of English. Oxford: O.U.P.
Storry, Mike; & Peter Childs (1997). British Cultural Identities. London: Routledge
Crowther, J. (1999). Oxford Guide to British and American Culture. Oxford: O.U.P.
Egerton, Judy (1998). The British School. London: National Gallery Publications
CORBISHLEY, MIKE, et al. (1998). THE YOUNG OXFORD HISTORY OF BRITAIN AND IRELAND. OXFORD: O.U.P.

CIA. The World Factbook. https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/xx.html

United States History. http://countrystudies.us/united-states/

United States Geography. http://countrystudies.us/united-states/geography.htm

United States Economy. http://countrystudies.us/united-states/economy.htm

United States Government. http://countrystudies.us/united-states/government.htm

Bibliografía complementaria National Gallery, London (). http://www.nationalgallery.org.uk/ .


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Lingua Inglesa 1/613G03003
Lingua Inglesa 2/613G03008
Lingua Inglesa 3/613G03015
Lingua Inglesa 4/613G03019

Observacións

A asistencia habitual é fundamental para o estudo desta materia. Dado que algunhas tarefas se entregarán durante as clases prácticas, non asistir implica renunciar a estas cualificacións.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías