Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A6 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A19 |
Coñecer a situación sociolingüística da lingua inglesa. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
O alumno terá desenvolvido unhas estratexias para a consolidación dos coñecementos adquiridos en ambas as dúas partes de Lingua Inglesa e os seus Usos (1/2).
O alumno saberá manexar os significados metafóricos axeitadamente, tanto a nivel comprensivo coma na expresión.
O seu dominio dun vocabulario xeral terase enriquecido coa adquisición de vocabulario máis especializado.
O estudo individual autónomo e a autocrítica son esenciais neste nivel, e o alumno debe recordar o seu papel e responsabilidade no proceso de aprendizaxe/ensino do cal forma parte.
Ao finalizar esta materia, o alumno debe ser competente nas catro destrezas lingüísticas, ademais de posuír os coñecementos teóricos necesarios para saber explicar os usos da lingua inglesa, cun nivel mínimo de C1, achegándose a C2. |
A6 A10 A11 A15 A19
|
B3 B4 B5 B6 B7 B8
|
C2
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Metáforas relacionadas coas prantas e árbores; o medio ambiente.
(ver libro de texto indicado na Sección 8 "Fontes de Información").
|
As partes das prantas en usos metafóricos; verbos relacionados co crecemento. Colocacións.
|
2. As autoridades--a aduana e a policía.
A historia.
|
Vocabulario relacionado coas aduanas, a inmigración, a policía de tráfico, etc.
Vocabulario relevante para o estudo da historia.
|
3. A linguaxe da xustiza
A guerra e a paz.
1ª Guerra Mundial
|
Verbos, crimes, adxectivos con significados específicos no ámbito do dereito, de uso cotidiano.
As actitudes cara a guerra; metáforas dos enfrentamentos.
Cartas desde as trincheiras.
|
4. Os medios: a palabra escrita
|
Características dos titulares; vocabulario impactante; xogos de palabras. Seccións da prensa, tipos de publicacións; periodismo, a recollida de noticias. Os anuncios.
|
5. O deporte, a dieta, a saúde
Espazo e falta de espazo |
Vocabulario e metáforas do deporte, a dieta, a saúde.
Expresión de amplitude e estreiteza. |
6. O tempo.
O movemento.
O comportamento, xeito; ruído, son;
peso e densidade
Cor e intensidade
Velocidade
|
Secuencia e duración; expresións coloquiais; refráns relacionados co paso do tempo.
Matices da velocidade e o movemento; verbos/adxectivos; usos non literais.
Dende o silencio ao estrondo; frases coloquiais
Sinónimos de peso; usos metafóricos. Cores específicas, connotacións
|
7. Causa e efecto.
Comparar e contrastar.
Dificultades e dilemas.
Modalidade
|
Verbos que expresan unha causa e as súas colocacións.
Como expresar a similitude e a diferenza.
Substantivos e adxectivos relacionados coas dificultades de distinta envergadura.
Verbos modais para expresar feitos, opinións, desexos, probabilidade, consellos, obriga. |
8. As queixas e protestas,
desculpas, reconciliación, loanzas, promesas, apostas.
Formas de falar.
|
Queixa formal e informal. Colocacións. Desculpas formais/legais; facer as paces, prometer e xurar; apostar.
Formas de expresar o volume no fala. |
9. Expresións pouco precisas.
Tipos de frases idiomáticas.
|
Expresións numéricas aproximadas; usos coloquiais para quitar importancia.
Frases idiomáticas relacionadas coas persoas, anécdotas, informes, contos...
|
10. O inglés británico/de EE.UU
Linguaxe e xénero
A linguaxe da idade e de clase social |
Contrastes entre usos e implicacións/connotacións. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
21 |
26.25 |
47.25 |
Traballos tutelados |
14 |
17.5 |
31.5 |
Proba oral |
2 |
16 |
18 |
Discusión dirixida |
7 |
5.25 |
12.25 |
Proba mixta |
2 |
36 |
38 |
|
Atención personalizada |
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Nas sesións maxistrais, explicacións, exemplos e orientacións para o millor aproveitamento do material; uso do libro básico de texto, ademais de textos escritos e audiovisuais adicionais.
|
Traballos tutelados |
Tareas escritas sobre diversos temas relacionados co que se traballa na aula. Resumos e presentacións.
|
Proba oral |
Entrevista individual ou por parellas, ou ás veces en grupos de tres. Comprensión e expresión; os alumnos deben demostrar destrezas comunicativas, e interacción cos seus compañeiros e profesores. Non deben estar calados esperando que se lles pregunte, senón deben ofrecer ideas, opinións, información, etc..
|
Discusión dirixida |
Destrezas de argumentación oral; role-play; fluidez, traballo colaborativo.
|
Proba mixta |
Compretar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferencias de uso; transformar oracións. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Discusión dirixida |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Preparación e comentario dos traballos a presentar.
Interacción grupal e individual para mellorar o rendemento.
Tanto a profesora como o/a lector/a están dispoñibles durante as horas de titoría semanais para resolver problemas ou ofrecer suxestións. Fóra destas horas tamén poden contactar connosco por correo electrónico.
Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de email adi@udc.es |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Proba oral |
Entrevista individual ou por parellas (ou en grupos de tres); preguntas de comprensión; demostración de destrezas comunicativas, interacción cos compañeros; expresión de opinóns, vantaxes, preferencias, etc. |
25 |
Proba mixta |
Compretar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferencias de uso; transformar oracións. |
50 |
Traballos tutelados |
Tarefas escritas sobre temas diversos relacionados co que se traballa na aula. Resumos e presentacións. |
25 |
|
Observacións avaliación |
1. Entrega de traballos
tutelados (tarefas escritas): 23 de outubro, 20 de novembro e 18 de
decembro 2014. É necesario entregar todos os traballos especificados
polos profesores para poder optar a que se sumen o resto das notas.
Penalizaranse os traballos entregados tarde sen xustificación axeitada. 2.
Terás que asinar en cada sesión (grupo grande, interactiva e reducida).
A asistencia regular é un indicador do interese pola materia, á parte
de ser necesaria para poder progresar. 3. Proba mixta: data aprobada por Xunta de Facultade para o curso 2014-15 (primeira oportunidade ao finalizar o cuadrimestre). Esta data non é negociable. 4. A segunda oportunidade, en xullo, segundo o calendario aprobado por Xunta de Facultade,
consistirá en repetir la(s) parte(s) da avaliación non aprobada(s). Se o
alumno suspende a parte dos traballos tutelados, debe presentar TRES
novos traballos. As especificacións publicaranse en Moodle, con datas de entrega durante o segundo cuadrimestre, e antes do comezo do período de exames.5.
A oportunidade de xullo non é para mellorar nota nas partes da
avaliación xa aprobadas; soamente é para recuperar la(s) parte(s) non
aprobada(s). 6. Non se pode superar a
materia sen aprobar cada unha das partes descritas da avaliación cunha
cualificación mínima de 5 puntos sobre 10. 7. As datas para a entrega
de tarefas e para a realización do exame oral deben respectarse;
calquera incidencia que impide cumprir cos requisitos debe xustificarse
documentalmente.8. Obterá unha cualificación de "non presentado"
aquel/a estudante que non se presente a ningunha das dúas probas (a
proba mixta e a proba oral) e que tampouco realizase os traballos
tutelados. 9. Aqueles alumnos que oficialmente fosen matriculados a
tempo parcial, e que posúan unha dispensa académica, tal e como
establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados
en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a
segunda oportunidade de xullo. 10. Para máis detalles, véxanse --Recomendacións--.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
McCarthy, M. and F. O'Dell. (2002). English Vocabulary in Use. Advanced. ISBN. 978-0-521-67746-2. Cambridge: CUP |
Este libro é de uso obrigatorio nas aulas de Docencia Expositiva. Trátase do mesmo libro usado en Lingua Inglesa e os seus Usos-1. No presente curso utilizaranse novos capítulos deste libro (véxanse --Contidos--). |
Bibliografía complementaria
|
Cory, H. (1999). Advanced Writing with English in Use.. Oxford: OUP
Mansfield, F. & C. Nuttall (2007). Proficiency Practice Tests. With Key. London: Thomson ELT |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Lingua Inglesa e os seus Usos 1/613G03020 |
|
Observacións |
- Recoméndase a asistencia e participación na aula, para estar ao día no estudo, e a realización de tódalas tarefas asignadas dentro dos prazos indicados. A firma será necesaria como
proba de asistencia en cada clase. A asistencia controlada é un
indicador do nivel de interese e implicación do alumno.
- A asistencia á clase facilita unha millor comprensión da materia, adquisición das competencias grupais e individuais, aprendizaxe continuo, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente mais participativa. Cabe recordar que a UDC é unha universidade presencial, polo que a asistencia as clases é obrigatoria. Nos casos considerados na normativa da universidade, os alumnos poderán solicitar exención oficial da docencia.
- Usaremos unicamente o correo oficial da UDC para comunicarnos con alumnos individuais, así que se recomenda comprobalo a miúdo. Outros anuncios importantes aparecerán en Moodle.
- As datas para a realización das probas orais anunciaranse coa antelación suficiente, e serán expostas en Moodle. Recoméndase consultar os avisos nesta plataforma virtual con asiduidade.
- Non asistir á proba oral na data anunciada supón perder a primeira oportunidade para esta parte da avaliación. Polo tanto, o alumno só lle quedará a oportunidade de xullo para realizala. Calquera circunstancia que impida asistir a esta proba debe comunicarse á maior brevidade.
- Os alumnos Erasmus teñen que axustarse ao calendario académico da UDC, e non ao da súa propia universidade. Polo tanto, non se poden programar exames para coincidir coas peticións individuais.
|
|