Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Literatura Inglesa (Séculos XX e XXI) Código 613G03040
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Inglesa
Coordinación
Toro Santos, Antonio Raul de
Correo electrónico
antonio.toro.santos@udc.es
Profesorado
Alonso Giraldez, Jose Miguel
Toro Santos, Antonio Raul de
Correo electrónico
miguel.giraldez@udc.es
antonio.toro.santos@udc.es
Web
Descrición xeral Ampliación del estudio histórico de las principales etapas, movimientos, obras y autores de la literatura inglesa en el siglo XX y XXI.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A12 Coñecer os principios teóricos básicos da tradución directa e inversa e ser capaz de poñelos en práctica.
A16 Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua inglesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecemento xeral da historia da literatura inglesa. Coñecemento dos principais movementos literarios. Coñecemento da influencia entre Inglaterra e Irlanda e viceversa. Coñecementos dos autores principales. Coñecemento das obras máis importantes. Coñecemento conxunto e razoado da importancia e das características fundamentais da literatura inglesa dos séculos XX e XXI. Estratexias de análise na clase e pola conta do alumno. Exposición de traballos relacionados cos temas. Comentarios e estudos sobre obras e autores: estudo das técnicas de análise. Desenvolver instrumentos para o estudo literario, histórico, etc. Desenvolver técnicas de lectura e interpretación. Desenvolver habitos de lectura como parte fundamental da construción integral do individuo. A1
A2
A6
A10
A12
A16
B1
B2
B3
B5
B7
B8
C2
C3
C5
C6
- Desenvolvemento dos hábitos de lectura, e de lectura crítica e analítica.Fomentar el interés por la literatura. - Valoración duha obra literaria e da importancia dun autor nun contexto espacio-temporal. - Desenvolvemento do traballo en equipa, colaboración e investigación. - Desenvolvemento do traballo online e con novas tecnoloxias. - Subliñara importancia das consultas e as titorías co profesor. A1
A2
A3
A6
A8
A16
B1
B2
B3
B5
C2
C3
C5

Contidos
Temas Subtemas
Programa teórico e lecturas para analizar. Programa e lecturas propostas:
1.- Transición ao século XX
2.- O modernismo como movemento literario: poesía y novela. T.S. Eliot. James Joyce, etc.
3.- Virginia Woolf e o Grupo de Bloomsbury
4.- Literatura inglesa contemporánea anterior a 1945: poesía, teatro, novela
5.- Literatura inglesa contemporánea posterior a 1945.

LECTURAS OBLIGATORIAS QUE OS ALUMNOS DEBEN FACER POLA SÚA CONTA, E QUE DEBEN TER PREPARADAS PARA AS CLASES CANDO O SOLICITE O PROFESOR
Poesía:
T.S. Eliot, The Waste Land (1922) (Texto completo)
Facilitarase unha escolla de poemas de W.B. Yeats, Rupert Brook, W.H. Auden, Dylan Thomas, P. Larkin, Ted Hughes, Seamus Heaney e outros autores, ao comenzo do curso.

Novela:
James Joyce, "The Dead" (Dubliners) (1914)
James Joyce, Ulysses (primeiro capítulo) (1922)
Virginia Woolf, To the Lighthouse (lectura completa) (1927)

NOVELAS CONTEMPORANEAS COMPLETAS PARA PRACTICAR NOS GRUPOS PEQUENOS

(Deben leerse completas)

George Orwell, 1984.
William Golding: The Lord of the Flies
Kazuo Ishiguro, The Remains of the Day
John Banville. The Sea.

Breves fragmentos seleccionados das seguintes novelas:

Aldoux Huxley: Brave New World
Kingsley Amis, Lucky Jim
John Fowles: The French Lieutenant's Woman
Salman Rushdie: Midnight's Children
Doris Lessing, The Golden Notebook.
Julian Barnes, Flaubert's Parrot.
Zadie Smith: White Teeth
Monica Ali: Brick Lane.
Hanif Kureshei: The Buddha of Suburbia.

Teatro: (Texto completo)
Harold Pinter, The Caretaker (1960)
Samuel Beckett: Waiting for Godot.

Teatro: (fragmentos seleccionados)

Osborne, Look back in Anger.
Tom Stoppard: Rosencrantz and Guildenstern are dead.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta 2 0 2
Sesión maxistral 28 0 28
Análise de fontes documentais 6 20 26
Lecturas 0 43 43
Traballos tutelados 0 30 30
Discusión dirixida 10 10 20
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Exame final cun valor do 50 por cento da materia, no que se combinará unha parte teórica de preguntas curtas con outra práctica de ensaio longo e análise de texto, con referencia aos autores vistos en clase.
Sesión maxistral Sesións teóricas de literatura.
Análise de fontes documentais Exercicio que deben realizar os alumnos en grupos de actividade cooperativa sobre un aspecto da materia non visto especificamente na aula. Analise de ensaio ou paper especializado.
Lecturas Leituras que deben realizar os alumnos pola súa conta durante el curso.
Traballos tutelados Traballos recollidos na aula cada semana máis un traballo final de carácter estritamente individual. O plaxio anulará o traballo e computarase, neste 30 por cento, como 0,00.
Discusión dirixida A participación e contribución aos debates prácticos na aula suporá un 20 por cento da nota final.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Los profesores orientarán a los alumnos durante la realización de este trabajo.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Discusión dirixida Debates e participación dos alumnos na aula. A non participación dun xeito continuado ou a resposta incorrecta tamén dun xeito continuado ás posibles cuestións, serán interpretadas como negativas nun 20 por cento da nota. Deste xeito, un alumno que non acade ningún punto nesta parte non poderá superar a nota de 8. 20
Proba mixta Examen final teórico (modelo test) y con una parte práctica. 50
Traballos tutelados Traballos diversos nos grupos de práctica de carácter semanal. O profesor recollerá cada semana uns dez traballos dun xeito aleatorio. Os traballo serán realizados sempre na aula, non na casa, agás un posible traballo final mais longo. 30
 
Observacións avaliación
OBSERVACIÓNS MOI IMPORTANTES
Norma previa. Con carácter xeral, é necesario alcanzar un 4 en calquera das probas para que sexa tida en conta e sume co resto. Salvo a participación en clase, a proba que non alcance a nota especificada en xuño recuperarase en xullo, polo que a nota media da materia que apareza en xuño non poderá superar en ningún caso os 4,9 puntos, ata que esa parte da materia sexa recuperada. O resto das cualificacións obtidas serán conservadas até xullo. Os alumnos que non acudan á proba obxectiva, coñecida aquí como "proba mixta" (test, máis pregunta longa final, na que o test computa o 60 por cento e a pregunta longa o 40 por cento), en calquera das dúas oportunidades, e/ou aqueles alumnos/as cuxo traballo de curso (traballos e participación) represente unha porcentaxe inferior ao 50 %, recibirán a calificación de Non presentado (NP). Os/as alumnos/as que si realizasen a proba mixta e non a superaran, recibirán a nota numérica correspondente, e a cualificación de Suspenso. A oportunidade de xullo, ou segunda oportunidade, constará tamén dunha proba escrita, mixta, como a anterior, con contidos teóricos e prácticos da materia. Esta proba computará como máximo o 50 por cento da nota final. O outro 50 % da oportunidade de xullo obterase a tavés dos traballos puntuais que se especificarán no seu momento e que ha de entregar o examinando o mesmo día da celebración da proba mixta ou obxectiva á que faciamos referencia. Os alumnos matriculados a tempo parcial, que obtivesen unha 'Dispensa académica', deberán contactar cos profesores da materia sempre ao empezar o curso, en ningún caso mediado o ano, e, baixo ningún concepto ao final do mesmo. Non se variarán as condicións de avaliación a aqueles alumnos que, con carácter xeral, non certificasen previamente a imposibilidade de asistir regularmente ás clases ou os que, no seu caso, optasen por solicitar dispénsaa académica. Os profesores planificarán en todos eses casos a adaptación curricular para eses alumnos, con referencia tanto ás probas obxectivas como aos traballos que han de entregar ou actividades evaluativas que haxan de levar a cabo. Igualmente estableceranse normas para substituír as porcentaxes daquelas actividades que se deriven da asistencia regular a clase, e que, nestes casos, non poderían realizarse. Os alumnos que sigan a materia sen dispensa académica ou sen xustificacións documentais concretas que aconsellen a súa menor asistencia ás clases deberán cumprir, polo menos, un 90% das sesións presenciais da materia. O profesor poderá arbitrar a non posibilidade de examinar na primeira oportunidade a un alumno sen dispensa que non alcanzase o 90 por cento de asistencia a clase. Os ensaios, traballos ou actividades, incluíndo os que se realicen durante o curso e/ou en clase, nos que se comprobe e demostre por parte do profesor a existencia de plaxio (copia), de fontes calquera, total ou parcialmente, serán cualificados invariablemente coa cualificación de 0.0 puntos, sen posibilidade de que dita cualificación sexa modificada pola realización dunha proba idéntica en substitución da proba obxecto do plaxio.
A avaliación dos traballos escritos de calquera tipo entenderase de acordo ao seguinte baremo. Un ensaio correctamente escrito, pero sen profundidade de análise, contextualización e que demostre un adecuado e maduro coñecemento literario non poderá ser considerado aprobado.

a) Profundidade da análise, madurez e coherencia... 4 puntos
b) Compresión literaria e contextualización......... 3 puntos
c) Estilo, orixinalidade e creatividade............. 2 puntos
d) Corrección gramatical.............................1 punto

A lectura das obras non é computable na nota, senón que resulta conditio sine qua non para ser avaliado/a.

As probas orais desta materia redúcense á participación en clase e aos debates, no seu caso, que supoñen como máximo un 20 por cento da nota final. Non se realizará ningunha proba oral nin presentación oral nesta materia nin durante as clases nin ao final, nin individual nin colectiva. As probas fundamentais serán sempre escritas.

Fontes de información
Bibliografía básica Doris Lessing (). The Golden Notebook. London: Harper Collins
William Golding (). The Lord of the Flies. London: Picador
Kazuo Ishiguro (1991). The Remains of the Day. London: Vintage International
John Banville (2006). The Sea. London: Vintage International

Michael Alexander, A History of English Literature (2000)

Anthony Burgess, English Literature (repr. 1993)

The Oxford Companion to Twentieth-Century Literature in English (1996)

Paul Poplawski (Gen. Edit.), English Literature in Context (2008)

Lecturas obligatorias: (muy importante)

Poesía: T.S. Eliot, The Waste Land (1922) Se facilitará una selección de poemas de W.B. Yeats, Rupert Brook, W.H. Auden, Dylan Thomas, P. Larkin, Ted Hughes, Seamus Heaney y otros, al comienzo del curso. 

Novela: James Joyce, "The Dead" (Dubliners) (1914) James Joyce, Ulysses (primer capítulo) (1922) Virginia Woolf, To the Lighthouse (1927) Kazuo Ishiguro, The Remains of the Day ,
Teatro: Harold Pinter, The Caretaker (1960) Samuel Beckett, Waiting for Godot.
, ETC.
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

La lectura de las obras, que debe ser previa a las clases, es fundamental para esta asignatura. Recomendase a aprendizaxe autónoma, pois os alumnos deberán preparar pola súa conta os textos das actividades prácticas para traballar despois na clase.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías