Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. |
A3
|
|
|
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. |
A4
|
|
|
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega. |
A9
|
|
|
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A11
|
|
|
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A15
|
|
|
Adquirir capacidade de autoformación. |
|
B3
|
|
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
|
B5
|
|
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
|
B7
|
|
Apreciar a diversidade. |
|
B8
|
|
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
|
B10
|
|
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
|
|
C4
|
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
|
|
C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Lingua, estándar e variación |
1.1. O proceso de estandarización da lingua galega.
1.2. A variación lingüística: histórica, xeográfica, social e situacional. |
2. Norma e calidade lingüística |
2.1. Aspectos ortográficos e ortolóxicos
2.2. Aspectos morfosintácticos
2.3. Aspectos léxico-semánticos
2.4. Aspectos pragmático-textuais |
3. Usos lingüísticos e situación sociolingüística galega |
3.1. Usos lingüísticos e ámbitos de uso: familia, amizades, traballo, comercio local, finanzas, escola, administración, saúde, medios de comunicación; oral/escrito; popular/culto; urbano/tradicional
3.2. A lingua galega na actualidade |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
12 |
18 |
30 |
Obradoiro |
15 |
21 |
36 |
Lecturas |
0 |
3.5 |
3.5 |
Solución de problemas |
0 |
30 |
30 |
Proba mixta |
0 |
10 |
10 |
|
Atención personalizada |
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Obradoiro |
Nestas sesións, o alumnado realizará ACTIVIDADES PRÁCTICAS de diferente tipoloxía (exercicios de completar, corrección de textos, análise e elaboración de textos, lectura e entoación de textos, exposicións, debates etc.) destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
|
Lecturas |
Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesor. |
Solución de problemas |
Como complemento ás sesións maxistrais e ás actividades prácticas presenciais, o alumnado deberá realizar (fóra da aula) unha serie de ACTIVIDADES PRÁCTICAS sobre os contidos traballados nas aulas presenciais que deberá entregar ao profesor nas datas marcadas. |
Proba mixta |
Exame práctico escrito en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Solución de problemas |
|
Descrición |
Para alén do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización das prácticas presenciais e non presenciais. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
Realización de actividades prácticas presenciais derivadas das sesións maxistrais. Nestas actividades valorarase a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica, a capacidade de análise, a claridade e corrección na expresión oral e escrita, así como o traballo individual e en grupo. |
20 |
Solución de problemas |
As ACTIVIDADES PRÁCTICAS non presenciais suporán un 30% sobre a cualificación final. Nestas prácticas de ampliación avaliarase o correcto desenvolvemento das instrucións indicadas, a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica, a corrección na análise e na expresión escrita. Entregaranse en papel nos prazos marcados. |
30 |
Proba mixta |
Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expositivo e a calidade expresiva. |
50 |
|
Observacións avaliación |
1. OBSERVACIÓNS XERAIS PARA A 1.ª OPORTUNIDADE (xaneiro): 1.1.
Para superar a materia, o alumnado deberá aprobar (con 5 puntos sobre
10) cada unha das metodoloxías avaliábeis: OBRADOIRO, SOLUCIÓN DE PROBLEMAS e PROBA MIXTA. En caso contrario, poderá recuperar
parcial ou totalmente estas metodoloxías na 2.ª oportunidade (xullo),
segundo as normas que se detallan na epígrafe 2. 1.2. O
alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.
Asemade, todo tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias
mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia
sintáctica,ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro
formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán
ser penalizadas na cualificación. 1.3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica recoñecida
deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o
restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse encontacto co
profesor a través do correo electrónico. 2. CUALIFICACIÓN FINAL NA 2.ª OPORTUNIDADE (xullo): 2.1.
Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos
criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior,
excepto o "Obradoiro", cuxa cualificación -ao ser presencial-
integrarase en "Solución de problemas" (que, deste xeito, equivalerá ao 40% da
cualificación). 2.2. As metodoloxías que non foren
aprobadas na 1.ª oportunidade deberán elaborarse para seren avaliadas
nesta 2.ª oportunidade. Igual que na oportunidade anterior, para superar
a materia o alumnado deberá aprobar (con 5 puntos sobre 10) cada unha
das metodoloxías. 3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO (NP): 3.1.
A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a
non asistir ao exame (proba mixta) e, alén disto, cando o número de
actividades for inferior ao 50%.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Moure, T. (2011). Ecolingüística. Entre a ciencia e a ética. A Coruña: UDC
Freixeiro Mato, X. R. (1998-2004). Gramática da Lingua Galega (4 vols.). Vigo: A Nosa Terra
López Viñas, X. / Lourenço Módia, C. / Moreda Leirado, M. (2011). Gramática práctica da lingua galega. A Coruña: Baía
Ninyoles, R. (2005). Idioma e poder social. Santiago de Compostela: Laiovento
Freixeiro Mato, X. R. (2010). Lingua de calidade. Vigo: Xerais
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2010). Lingua e futuro. Santiago de Compostela: Laiovento
Sánchez Rei, X. M. (2011). Lingua galega e variación dialectal. Santiago de Compostela: Laiovento
Freixeiro Mato, X. R. (2002). Lingua galega: normalidade e conflito. Santiago de Compostela: Laiovento
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2009). Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. Vigo: Xerais
García Negro, M. P. (coord.) (2009). Sobre o racismo lingüístico. Santiago de Compostela: Laiovento |
|
Bibliografía complementaria
|
|
Entregarase unha bibliografía complementaria e específica por temas. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|