Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Lingua Galega e Usos Código 613G03045
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
López Viñas, Xoán
Correo electrónico
xoan.lopezv@udc.es
Profesorado
López Viñas, Xoán
Correo electrónico
xoan.lopezv@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo das relacións entre norma e usos da lingua galega, con especial atención á problemática sociolingüística.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. A3
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. A4
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega. A9
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. A11
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B5
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
Apreciar a diversidade. B8
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. B10
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6

Contidos
Temas Subtemas
1. Lingua, estándar e variación 1.1. O proceso de estandarización da lingua galega.
1.2. A variación lingüística: histórica, xeográfica, social e situacional.
2. Norma e calidade lingüística 2.1. Aspectos ortográficos e ortolóxicos
2.2. Aspectos morfosintácticos
2.3. Aspectos léxico-semánticos
2.4. Aspectos pragmático-textuais
3. Usos lingüísticos e situación sociolingüística galega 3.1. Usos lingüísticos e ámbitos de uso: familia, amizades, traballo, comercio local, finanzas, escola, administración, saúde, medios de comunicación; oral/escrito; popular/culto; urbano/tradicional
3.2. A lingua galega na actualidade

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 12 18 30
Obradoiro 15 21 36
Lecturas 0 3.5 3.5
Solución de problemas 0 30 30
Proba mixta 0 10 10
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Obradoiro Nestas sesións, o alumnado realizará ACTIVIDADES PRÁCTICAS de diferente tipoloxía (exercicios de completar, corrección de textos, análise e elaboración de textos, lectura e entoación de textos, exposicións, debates etc.) destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Lecturas Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesor.
Solución de problemas Como complemento ás sesións maxistrais e ás actividades prácticas presenciais, o alumnado deberá realizar (fóra da aula) unha serie de ACTIVIDADES PRÁCTICAS sobre os contidos traballados nas aulas presenciais que deberá entregar ao profesor nas datas marcadas.
Proba mixta Exame práctico escrito en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Solución de problemas
Descrición
Para alén do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización das prácticas presenciais e non presenciais.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Realización de actividades prácticas presenciais derivadas das sesións maxistrais. Nestas actividades valorarase a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica, a capacidade de análise, a claridade e corrección na expresión oral e escrita, así como o traballo individual e en grupo. 20
Solución de problemas As ACTIVIDADES PRÁCTICAS non presenciais suporán un 30% sobre a cualificación final. Nestas prácticas de ampliación avaliarase o correcto desenvolvemento das instrucións indicadas, a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica, a corrección na análise e na expresión escrita. Entregaranse en papel nos prazos marcados. 30
Proba mixta Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expositivo e a calidade expresiva. 50
 
Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS PARA A 1.ª OPORTUNIDADE (xaneiro):

1.1.
Para superar a materia, o alumnado deberá aprobar (con 5 puntos sobre
10) cada unha das metodoloxías avaliábeis: OBRADOIRO, SOLUCIÓN DE PROBLEMAS e PROBA MIXTA. En caso contrario, poderá recuperar
parcial ou totalmente estas metodoloxías na 2.ª oportunidade (xullo),
segundo as normas que se detallan na epígrafe 2.

1.2. O
alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.
Asemade, todo tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias
mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia
sintáctica,ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro
formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán
ser penalizadas na cualificación.

1.3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica recoñecida
deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o
restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse encontacto co
profesor a través do correo electrónico.

2. CUALIFICACIÓN FINAL NA 2.ª OPORTUNIDADE (xullo):

2.1.
Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos
criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior,
excepto o "Obradoiro", cuxa cualificación -ao ser presencial-
integrarase en "Solución de problemas" (que, deste xeito, equivalerá ao 40% da
cualificación).

2.2. As metodoloxías que non foren
aprobadas na 1.ª oportunidade deberán elaborarse para seren avaliadas
nesta 2.ª oportunidade. Igual que na oportunidade anterior, para superar
a materia o alumnado deberá aprobar (con 5 puntos sobre 10) cada unha
das metodoloxías.

3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO (NP):

3.1.
A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a
non asistir ao exame (proba mixta) e, alén disto, cando o número de
actividades for inferior ao 50%.


Fontes de información
Bibliografía básica Moure, T. (2011). Ecolingüística. Entre a ciencia e a ética. A Coruña: UDC
Freixeiro Mato, X. R. (1998-2004). Gramática da Lingua Galega (4 vols.). Vigo: A Nosa Terra
López Viñas, X. / Lourenço Módia, C. / Moreda Leirado, M. (2011). Gramática práctica da lingua galega. A Coruña: Baía
Ninyoles, R. (2005). Idioma e poder social. Santiago de Compostela: Laiovento
Freixeiro Mato, X. R. (2010). Lingua de calidade. Vigo: Xerais
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2010). Lingua e futuro. Santiago de Compostela: Laiovento
Sánchez Rei, X. M. (2011). Lingua galega e variación dialectal. Santiago de Compostela: Laiovento
Freixeiro Mato, X. R. (2002). Lingua galega: normalidade e conflito. Santiago de Compostela: Laiovento
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2009). Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. Vigo: Xerais
García Negro, M. P. (coord.) (2009). Sobre o racismo lingüístico. Santiago de Compostela: Laiovento

Bibliografía complementaria

Entregarase unha bibliografía complementaria e específica por temas.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías