Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Idioma Moderno 4: Portugués Código 613G03060
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Portugués
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Sanmartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Profesorado
Sanmartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia fornece formación de carácter teórico-práctico na descrición e uso instrumental da lingua portuguesa nas súas modalidades oral e escrita. O alumnado debe consolidar todas as competencias de usuario independente, encadrado no nivel avanzado (B2), de acordo co "Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas".

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
A8
A10
A15
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C2
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Relatar ações passadas, presentes ou futuras. Expressar hipótese (condição irreal) 1.1. Imperfeito do Conjuntivo (I). Orações condicionais com "se"
1.2. Expressões idiomáticas que evidenciam aspetos associados à cultura portuguesa
2. Expressar sentimentos, ordem, dúvida etc. Fazer comparações reais, irreais e hipotéticas 2.1. Imperfeito do Conjuntivo (II). Orações dubitativas, completivas, conjuncionais e relativas de eventualidade. Orações exclamativas de desejo. Estruturas comparativas
2.2. Hábitos e modos de vida da juventude. Profissões inovadoras
3. Expressar ações eventuais no futuro. Exprimir hipótese (condição real)

3.1. Futuro do Conjuntivo (I). Orações condicionais com Imperfeito do Conjuntivo ou Futuro do Conjuntivo
3.2. Aspetos ligados ao trabalho em Portugal e na União Europeia
4. Expressar ideia de futuro. Exprimir condição total 4.1. Futuro do Conjuntivo (II). Orações temporais e concessivas. Conjugação pronominal mesoclítica
4.2. Turismo ecológico
5. Relatar fatos formais e informais. Enfatizar o discurso. 5.1. Infinitivo Pessoal Simples e Composto. Orações subordinadas adverbiais. Topicalização. Conjunções e locuções conjuncionais causais. Discurso direto e indireto
5.2. Aspetos ligados à realidade dos países de língua portuguesa

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas 1 5 6
Obradoiro 8 12 20
Prácticas a través de TIC 1 5 6
Presentación oral 1 3 4
Proba mixta 2 15 17
Sesión maxistral 10 10 20
Traballos tutelados 2 16 18
Discusión dirixida 8 10.5 18.5
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Considérase “lectura” calquera tipo de material (textos de manuais, xornais, revistas, foros de internet etc.) que o/a alumno/a terá que coñecer para a realización de certas actividades de maneira presencial ou non presencial.
Obradoiro Os obradoiros son aulas centradas no desenvolvemento de prácticas de comprensión lectora e de produción escrita (resolución de exercicios, corrección e elaboración de textos).
Prácticas a través de TIC O/a alumno/a deberá facer uso das novas tecnoloxías para preparar actividades propostas nas aulas.
Presentación oral A interacción oral será corrente nas sesións presenciais e poderán ser apresentados oralmente traballos ou atividades específicas.
A calidade da lingua utilizada, os recursos e estratexias expositivas empregados, así como a clareza e arrumazón dos contidos vehiculados constitúen os principais elementos a levar en conta polo alumnado neste tipo de actividade.
Proba mixta Consta fundamentalmente de unha proba escrita que permite avaliar coñecementos, capacidades, habilidades etc. en destrezas como a comprensión e a produción escritas. Pode combinar preguntas de resposta múltipla, de resposta breve, de ordenación, de asociación, de discriminación…
Sesión maxistral As sesións maxistrais consistirán en exposicións orais de carácter fundamentalmente teórico á volta dos contidos básicos da materia. Nestas aulas utilizaranse diversos textos seleccionados especificamente para a análise e a comprensión dos contidos; resolveranse as dúbidas a respecto dos temas propostos e facilitarase bibliografía específica. Nestas sesións guiarase o alumnado no proceso de aprendizaxe e mostraranse recursos que faciliten o desenvolvemento do traballo autónomo.
Traballos tutelados Baixo a coordinación do/da docente, os/as alumnos/as levarán a cabo diversas actividades, ben de maneira individual ben organizados en pequenos grupos, a fin de partillaren información, coñecementos e habilidades.
Discusión dirixida Actividades desenvolvidas polo alumnado en grupos pequenos, en que serán postos en práctica a expresión e a comprensión orais en lingua portuguesa. Serán apresentados e comentados diversos temas baixo a supervisión do/da docente. Nestas sesións prestarase unha especial atención á participación activa do estudantado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Para a realización dos traballos tutelados, é fundamental que o/a alumno/a informe periodicamente tanto dos seus progresos como das súas dificultades co obxectivo de atinxir unha orientación adecuada.
Alén diso, o/a estudante poderá realizar todo tipo de consultas a respecto de desenvolvemento dos traballos, quer no horario de atendemento quer por medio do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Discusión dirixida As intervencións, orais e escritas, do/da estudante durante as sesións presenciais serán obxecto de avaliación, levando en conta especialmente os recursos comunicativos de cada alumno/a e a sua capacidade para resolver os problemas colocados. 10
Obradoiro Serán realizadas atividades de diferente tipoloxía e con variados obxectivos (léxico, gramática, fonética, ...) destinadas a aumentar a capacidade comunicativa do estudantado. 20
Presentación oral Os/as alumnos/as terán que realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. 15
Proba mixta Cada estudante deberá realizar unha proba mixta de comprensión oral e escrita e de produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves), en que se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos grupos intermedios e pequenos. 40
Traballos tutelados Serán avaliadas a corrección lingüística, as estratexias e procedementos expositivos utilizados, a participación ao longo dos traballos realizados nas sesións presenciais destinadas ao efecto, os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe canto á consecución dos obxectivos procurados co "Traballo Tutelado".
Valorarase especialmente a aprendizaxe colaborativa.
15
 
Observacións avaliación

Todas
as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os
procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao
alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma moodle.

Para
superar a materia, a cualificación mínima da proba mixta deberá
atinxir no mínimo 40% do total atribuído neste guía a esta
metodoloxía.

O
estudantado a tempo parcial e con dispensa académica realizará ou
entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada
previamente co profesorado. Este alumnado deberá realizar e entregar
as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir
ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do
correo electrónico.

Se
houver criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas
propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesor
responsábel da materia na sala de
aulas ou a través do moodle. O docente fornecerá, igualmente, as
oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha
das actividades previstas.

As
persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación
continuada deberán entregar en xullo, nas datas marcadas aos efectos
de avaliación pola Facultade de Filoloxía, os traballos que foren
solicitados e superar tamén aquelas probas (orais e/ou escritas)
marcadas polo profesorado responsábel da materia.

Será
considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non se
presentar ás probas escritas ou que non realizar os traballos
tutelados.


Fontes de información
Bibliografía básica

Casteleiro, J. M. (coord.) (2001): Dicionário da Língua Portuguesa (Lisboa: Verbo).

Cintra, L. / Cunha, C. (1984): Nova Gramática do Português Contemporâneo (Lisboa: Sá da Costa).

Costal,J. A. / Melo, A. S. (2003): Dicionário da Língua Portuguesa (Porto: Porto Editora).

Monteiro, D. / Pessoa, B. (1993): Guia prático dos verbos portugueses (Lisboa: Lidel).

Reis, N. / Berström, M. (1997): Prontuário Ortográfico e Guia da Língua Portuguesa (Lisboa: Notícias).

S/A (2008): Acordo Ortográfico – Guia Prático (Porto: Porto Editora).

S/A (2008): Prontuário Ortográfico da Língua Portuguesa (Porto: Porto Editora).

Bibliografía complementaria

Carmo, Leonete (2004): Olá! Como está? – CD audio duplo (Lisboa: Lidel).

Carmo, Leonete (2004): Olá! Como está? – Livro de Textos (Lisboa: Lidel).

Carmo, Leonete (2004): Olá! Como está? – Livro de Actividades (Lisboa: Lidel).

Coimbra, O. M. / Coimbra, I. (2000): Gramática Ativa 2 -versão portuguesa- (Lisboa: Lidel)

Lemos, Helena (2003): Comunicar em Português (Lisboa: Lidel).

Lemos, Helena (2011): Praticar Português - Nível Intermédio Segundo o Novo Acordo Ortográfico (Lisboa: Lidel).

Malcata, Hermínia (2011): Guia Prático de Fonética - Acentuação e Pontuação  -livro segundo o novo Acordo Ortográfico- (Lisboa: Lidel).

Oliveira, C. (2007): Aprender Português 2. B1-B2 (Lisboa: Texto Editores)

Oliveira, C. , Coelho, L. (2007): Aprender Português 2. B1-B2 . Caderno de Exercícios ( Lisboa: Texto Editores).

Oliveira, C. , Coelho, L. (2007): Gramática Aplicada, Níveis Intermédio e Avançado. B2-C1 (Lisboa: Texto Editores).

Oliveira, C. , Coelho, L. (2008): Aprender Português 2. Compreensão Oral. B1-B2 ( Lisboa: Texto Editores).

Oliveira, C., Coelho, L. (2007). Aprender Português 3. B2 (Lisboa: Texto Editores).

Pinheiro, M. C. (2007): Português ao vivo. Textos e exercícios . Nível 2 (Lisboa: Lidel).

Ramos, E. (2006): Portugalizar. Português para galegofalantes (Vigo: Xerais).

Rosa, L. M. (2004): Vamos lá continuar! (Lisboa: Lide)

S/A (2009): Bom Português (Porto: Porto Editora).

Tavares, A. (2004): Português XXI - 3 (Lisboa: Lidel).

Vaz, Rui (2011): Falas português? (Porto: Porto Editora).

Vaz, Rui (2011): Falas português? Caderno de Atividades (Porto: Porto Editora).

RECURSOS WEB

Cursos

Linguas net: http://www.linguasnet.com/lessons/home_pt.html

Português para nós: http://www.portuguesparanos.com/

Dicionários e compêndios léxicos

Dicionário Priberam: http://www.priberam.pt/dlpo/dlpo.aspx

Dicionário Universal da Língua Portuguesa: http://www.universal.pt/

Dicionários da Porto Editora: http://www.infopedia.pt/

Moderno Dicionário Michaelis: http://www2.uol.com.br/michaelis/

Exercícios

Centro Virtual Camões: http://www.instituto-camoes.pt/cvc/aprender.html

Classe Virtual de português: http://www.clt.be/clavipo/clpo.htm

Escolovar (exercícios): http://web.educom.pt/escolovar/lp_exercicio.htm

Escolovar (vocabulário): http://web.rcts.pt/escolovar/lp_forca.htm

Português Língua Estrangeira: http://portugueslinguaestrangeiraespanha.blogspot.com/

Ferramentas de pronúncia

SitePal: http://www.oddcast.com/home/demos/tts/tts_example.php?sitepal

Ferramentas de tradução

Traducíndote:http://ieschandomonte.edu.es/traducindote/

Consulta

Ciberdúvidas:http://ciberduvidas.sapo.pt/


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Idioma Moderno 3: Portugués/613G03057

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Idioma Moderno 2: Portugués/613G03054

Materias que continúan o temario
Idioma Moderno: Portugués/613G03051

Observacións

Todas as cuestións non contempladas explicitamente nesta guía ou as eventuais dúbidas en relación co desenvolvemento da materia serán resolvidas polo profesorado no seu horario de atendemento, nas sesións presenciais ou no correo electrónico que figura no lugar correspondente.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías