Sesión maxistral |
Nas clases maxistrais expoñeranse os coñecementos necesarios sobre a simulación de sistemas dixitais, sobre o sistema LOG e sobre VHDL e o sistema ISE de Xilinx para a utilización dos paquetes informáticos nas prácticas de laboratorio. Para elo combinarase a exposición oral, coa utilización do encerado, proxeccións de computador e con material escrito (fotocopias de transparencias, apuntamentos, etc.). Tamén disporán dos horarios de titorías para facer calquer consulta sobre estas sesións no despacho do profesor. |
Prácticas de laboratorio |
As clases prácticas serán titorizadas, isto é, nelas os alumnos por parellas implementarán os circuitos que propoñan para o sistema LOG ou realizarán as prácticas de VHDL, e o profesor resolverá calquera dúbida que teñan sobre a utilización dos programas. Finalizada a práctica, o profesor avaliará o resultado final.
Para fomentar a iniciativa entre os alumnos e unha certa competividade, nas prácticas do sistema LOG darase liberdade aos alumnos para escoller un deseño dixital segundo uns requerimentos mínimos. |
Proba oral |
Será unha proba práctica individual sobre o sistema LOG, con defensa oral diante do profesor. |