Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Tecnoloxía Electrónica Código 614G01005
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Electrónica e Sistemas
Coordinación
Lamas Seco, Jose Juan
Correo electrónico
jose.juan.lamas.seco@udc.es
Profesorado
Barreiro Alvarez, Manuel
Bregains Rodriguez, Julio Claudio
Castro Castro, Paula Maria
García Naya, José Antonio
González Coma, José Pablo
Gonzalez Lopez, Miguel
Lamas Seco, Jose Juan
Vazquez Araujo, Francisco Javier
Correo electrónico
manuel.barreiro@udc.es
julio.bregains@udc.es
paula.castro@udc.es
jose.garcia.naya@udc.es
jose.gcoma@udc.es
miguel.gonzalez.lopez@udc.es
jose.juan.lamas.seco@udc.es
francisco.vazquez@udc.es
Web http://moodle.udc.es/
Descrición xeral Principios físicos dos semicondutores e familias lóxicas. Dispositivos electrónicos e fotónicos. Circuítos electrónicos.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A2 Comprensión e dominio dos conceptos básicos de campos e ondas, e electromagnetismo, teoría de circuítos eléctricos, circuítos electrónicos, principio físico dos semicondutores e familias lóxicas, dispositivos electrónicos e fotónicos e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer os fundamentos físicos e electrónicos dos compoñentes dun sistema computador. A2
B1
B3
C2
C4
C6
C7
C8
Coñecer o funcionamento básico da instrumentación electrónica analóxica e dixital. A2
B1
B3
C2
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Circuitos eléctricos 1.1 Conceptos básicos de electricidade. Lei de Ohm.
1.2 Fontes de tensión e de corrente. Potencia.
1.3 Formas de onda. Valores fundamentais.
1.4 Circuitos eléctricos. Regras de Kirchhoff.
1.5 Teoremas de Circuitos.
Tema 2. Carga e descarga do condensador 2.1 Comportamento dos parámetros do condensador en función do tempo.
2.2 Circuito R-C no dominio do tempo.
2.3 Circuitos R-C integrador e diferenciador.
Tema 3. Diodos de unión p-n 3.1 Principios físicos dos dispositivos semicondutores.
3.2 Unión p-n en circuito aberto.
3.3 Unión p-n polarizada.
3.4 Característica V-I do diodo.
3.5 Diodos de avalancha.
3.6 Diodos LED. Fotodiodos.
3.7 Modelos lineais do diodo.
3.8 Aplicacións.
Tema 4. O transistor
4.1 O transistor unipolar MOSFET.
4.2 O MOSFET de acumulación canal n e canal p.
4.3 Características V-I en fonte común.
4.4 Rexións de funcionamento e modelos equivalentes lineais.
4.5 Análise gráfico do NMOS en fonte común.
4.6 O transistor MOSFET en conmutación.
4.7 O transistor bipolar BJT.
Tema 5. Familias lóxicas
5.1 Introdución. Características xerales dos circuitos dixitais.
5.2 Características do inversor CMOS.
5.3 Outras portas CMOS.
5.4 Familias CMOS.
5.5 Cableado lóxico en CMOS.
5.6 Características de CMOS.
5.7 Familias lóxicas TTL.
Tema 6. Amplificadores 6.1 Características dos amplificadores.
6.2 Amplificador operacional.
6.3 Aplicacións.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 30 42 72
Prácticas de laboratorio 20 30 50
Solución de problemas 10 14 24
Proba mixta 3 0 3
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición didáctica, usando diapositivas e o taboleiro, dos contidos teóricos da materia. Resolución de exemplos. Competencias: A2, B1, B3, C2, C4, C6, C7 e C8.
Prácticas de laboratorio Os alumnos desenvolverán prácticas no laboratorio de electrónica para a aprendizaxe do manexo da instrumentación electrónica básica e a análise de circuítos por ordenador usando software de simulación. Competencias: A2, B1, B3, C2, C4, C6, C7 e C8.

Os alumnos matriculados a tempo parcial desenvolverán as prácticas non necesariamente presenciais e faranse flexibles as datas de entrega e defensa das mesmas.
Solución de problemas Formulación e resolución de problemas e cuestións por parte do profesor coa participación, presentación e/ou discusión en grupos reducidos de estudantes. Competencias: A2, B1, B3, C2, C4, C6, C7 e C8.
Proba mixta Exame sobre os contidos da materia que combinará preguntas de teoría coa resolución de problemas. Competencias: A2, B1, B3, C2, C4, C6, C7 e C8.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Descrición
Sesión maxistral: Atender e resolver dúbidas do alumnado en relación á materia teórica exposta nas clases.

Prácticas de laboratorio: Atender e resolver dúbidas do alumnado en relación ás prácticas propostas ou realizadas no laboratorio.

Solución de problemas: Atender e resolver dúbidas do alumnado en relación aos problemas propostos ou resoltos en clase.

En todos os casos se usarán preferentemente horas de titoría de forma individualizada, correo electrónico, ou a través dos espazos de comunicación da ferramenta Moodle.

Para os alumnos matriculados a tempo parcial os horarios de titorías poderán adaptarse segundo as necesidades.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Avaliación do traballo realizado polo alumno nas prácticas de laboratorio mediante probas mixtas. Competencias: A2, B1, B3, C2, C4, C6, C7 e C8. 20
Solución de problemas Valorarase a resolución de problemas da materia mediante probas mixtas. Competencias: A2, B1, B3, C2, C4, C6, C7 e C8. 10
Proba mixta Avaliación final de coñecementos teóricos e resolución de problemas. Competencias: A2, B1, B3, C2, C4, C6, C7 e C8. 70
 
Observacións avaliación

A avaliación desta materia faise a partir de:

- exame final de teoría-problemas,

- exames durante o curso de prácticas de laboratorio de electrónica, e

- probas de test de resolución de problemas durante o curso nos seminarios de TGR.

A nota final calcúlase de: nota final= A + B + C, onde:

A= nota do exame final de teoría-problemas (0 a 7),

B= nota de prácticas (0 a 2), e

C= nota dos seminarios de TGR (0 a 1).

Para aprobar a materia hase de cumprir que: nota final maior ou igual que 5.

Na segunda oportunidade unicamente reavalíase o exame final de teoría-problemas (A). Para as notas de prácticas (B) e seminarios (C) mantéñense as que se obtivesen durante o curso.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
  1. Apuntamentos da materia. Profesores da materia.
  2. Circuitos eléctricos. Schaum. J.A.Edminister. Ed. McGraw Hill.
  3. Electrónica. Allan R. Hambley. Ed. Prentice Hall
  4. Electronics. Allan R. Hambley. Ed. Prentice Hall
Bibliografía complementaria
  1. Electricidad Básica. Problemas Resueltos. Julio C. Brégains y Paula M. Castro. Ed. Starbook, ISBN 978-84-15457-25-1, 2012.
  2. Electrónica Básica. Problemas Resueltos. Julio C. Brégains y Paula M. Castro. Ed. Starbook, 2012.
  3. Introducción al análisis de circuitos. Robert L. Boylestad. Ec. Prentice Hall
  4. Introducción al análisis de circuitos. Un enfoque sistémico. Donald E. Scott. Ed. McGraw Hill.
  5. Microelectrónica. Circuitos y sistemas analógicos y digitales. Jacob Millman. Ed. Hispano Europea.
  6. Circuitos microelectrónicos. Adel S. Sedra y Kenneth C. Smith. Ed. Oxford
  7. Principios de electrónica. A.P.Malvino. Ed. McGraw-Hill.
  8. Electrónica: teoría de circuitos y dispositivos electrónicos. Robert L. Boylestad y Louis Nashelsky. Ed. Prentice Hall.
  9. Circuitos electrónicos. Análisis, simulación y diseño. Norbert R. Malik. Ed. Prentice Hall.
  10. Circuitos microelectrónicos. Análisis y diseño. M. H. Rashid. Ed. Thomson.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fundamentos dos Computadores/614G01007
Estrutura de Computadores/614G01012
Redes/614G01017
Concorrencia e Paralelismo/614G01018
Xestión de Infraestruturas/614G01025
Dispositivos Hardware e Interfaces/614G01032

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Informática Básica/614G01002
Cálculo/614G01003

Materias que continúan o temario

Observacións

Os alumnos que acceden a esta materia deben dispoñer de coñecementos básicos de cálculo diferencial e integral e de electromagnetismo.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías