Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Fundamentos dos Computadores Código 614G01007
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Electrónica e Sistemas
Coordinación
Sanjurjo Amado, Jose Rodrigo
Correo electrónico
jose.sanjurjo@udc.es
Profesorado
Andión Fernández, José Manuel
Cores González, Iván
Martin Santamaria, Maria Jose
Pardo Martínez, Xoán Carlos
Rodríguez Álvarez, Gabriel
Rodriguez Osorio, Roberto
Sanjurjo Amado, Jose Rodrigo
Vazquez Regueiro, Carlos
Viñas Buceta, Moisés
Correo electrónico
jose.manuel.andion@udc.es
ivan.coresg@udc.es
maria.martin.santamaria@udc.es
xoan.pardo@udc.es
gabriel.rodriguez@udc.es
roberto.osorio@udc.es
jose.sanjurjo@udc.es
carlos.vazquez.regueiro@udc.es
moises.vinas@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral Esta materia inclúe conceptos básicos sobre os elementos compoñentes, a estrutura e o funcionamento dos computadores.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A5 Coñecemento da estrutura, organización, funcionamento e interconexión dos sistemas informáticos, os fundamentos da súa programación e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
A15 Capacidade de coñecer, comprender e avaliar a estrutura e a arquitectura dos computadores, así como os compoñentes básicos que os conforman.
A31 Capacidade de deseñar e construír sistemas dixitais, incluíndo computadores, sistemas baseados en microprocesador e sistemas de comunicacións.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
B7 Preocupación pola calidade
B9 Capacidade para xerar novas ideas (creatividade)
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer os elementos dixitais constitutivos básicos dos computadores e o seu funcionamento A5
A15
B1
B3
C2
C4
C6
C7
C8
Saber deseñar sistemas dixitais incluidos os computadores A15
A31
B1
B3
B7
B9
C4
C6

Contidos
Temas Subtemas
I. Sistemas Dixitais
- Sistemas Combinacionais
- Sistemas Secuenciais
II. Estrutura, Organización e Funcionamento de Bloques Funcionais Básicos - Unidade de Procesamento
- Unidade de Control
- Sistema de Entrada/Saída

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas 10 17 27
Prácticas de laboratorio 20 28 48
Sesión maxistral 30 30 60
Proba obxectiva 3 6 9
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Proporanse aos alumnos problemas como traballo persoal. Debatiranse as solucións nas clases de titorías de grupos reducidos. Faranse controis escritos ao longo do curso para avaliar o progreso dos estudantes. Esta metodoloxía permite exercitar e avaliar particularmente as competencias B1, B3, B7 e B9 en relación ás competencias A5, A15 e A31.
Prácticas de laboratorio Actividade que permite aos estudantes aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos mediante a realización de sesións prácticas no laboratorio. Esta metodoloxía permite exercitar e avaliar particularmente as competencias B1 e B3 en relación ás competencias A5, A15 e A31.
Sesión maxistral Realizaranse sesións maxistrais sobre os contidos do temario, normalmente como punto de partida para o resto de actividades previstas. Estes contidos, centrados nas competencias A5, A15 e A31, están apoiados por bibliografía en castelán e tamén en inglés para contribuír á consecución da competencia C2. As sesións enfocaranse de xeito que se promova a adquisición das competencias transversais e nucleares da materia.
Proba obxectiva Ao remate do cuadrimestre haberá un exame cunha duración total de 3 horas. A proba fará particular énfase nas competencias A5, A15, A31, B1 e B3.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada é imprescindible para dirixir aos alumnos na realización dos problemas propostos e para as prácticas de laboratorio. Ademais, esta atención servirá para validar e avaliar o traballo que vai sendo realizado polos alumnos. Por outra banda, recomendarase aos estudantes a asistencia a titorías como método de axuda.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Solución de problemas Proporanse problemas para traballo persoal e avaliarase a súa resolución a través de controis escritos durante o curso. Con estes controis preténdese avaliar as competencias B1, B3, B7 e B9 en relación ás competencias A5, A15 e A31. 20
Prácticas de laboratorio Avaliaranse as prácticas realizadas polos alumnos durante o desenvolvemento delas nas sesións de laboratorio. Cos resultados destas prácticas búscase avaliar as competencias B1 e B3 en relación ás competencias A5, A15 e A31. 20
Proba obxectiva Ao final do cuadrimestre realizarase un exame escrito sobre os contidos da materia. Con este exame avaliaranse principalmente as competencias A5, A15, A31, B1 e B3. 60
 
Observacións avaliación
  • Para poder aprobar a materia na primeira oportunidade será necesario obter como mínimo o 25% da nota máxima nas prácticas de laboratorio e, igualmente, o 25% da nota máxima final dos controis escritos, e ter unha nota global igual ou superior ao 50% da nota máxima.
  • Na segunda oportunidade soamente se poderá recuperar a nota do exame. As
    notas de prácticas e de problemas serán as obtidas durante o curso. Para os alumnos que utilicen a oportunidade adiantada de decembro utilizaranse as notas de prácticas e problemas que obtiveran no seu
    último curso.
  • Os alumnos con matrícula a tempo parcial poderán escoller os grupos de prácticas e de TGR que mellor se axusten aos seus horarios, permitíndolles mobilidade de grupo ao longo do curso.

Fontes de información
Bibliografía básica David A. Patterson, John L. Hennessy (2014). Computer organization and design : the hardware/software interface. Morgan Kaufmann Publishers
Thomas L. Floyd (2009). Digital Fundamentals (10th Edition). Pearson International Edition
Javier García Zubía (2003). Problemas resueltos de electrónica digital . Thomson
F. García Carballeira, J. Carretero, J.D. García Sánchez y D. Expósito Singh (2009). Problemas resueltos de estructura de computadores. Paraninfo

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estrutura de Computadores/614G01012

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Informática Básica/614G01002
Matemática Discreta/614G01004

Observacións

Recoméndase utilizar as horas de titorías dos profesores que correspondan aos grupos de TGR para consultas ou resolución de dúbidas sobre os problemas da materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías