Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Proceso Software Código 614G01019
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
Coordinación
Rodriguez Yañez, Santiago
Correo electrónico
santiago.rodriguez@udc.es
Profesorado
Ares Casal, Juan Manuel
Garcia Vazquez, Rafael Carlos
Hernandez Almaraz, Joaquin
Rodriguez Yañez, Santiago
Correo electrónico
juan.ares@udc.es
rafael.garcia@udc.es
joaquin.hernandeza@udc.es
santiago.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia destaca a importancia de seguir un proceso de desenvolvemento software de calidade, diferenciando o proceso de desenvolvemento artesán do enxeñeiro. Concretamente, a materia centrase nas tarefas incluídas nas distintas etapas do ciclo de vida do proceso software: planificación, análise, deseño, codificación, verificación e validación. Finalmente, preséntase ao alumno os conceptos básicos da calidade do software.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A7 Capacidade para deseñar, desenvolver, seleccionar e avaliar aplicacións e sistemas informáticos que aseguren a súa fiabilidade, seguranza e calidade, conforme a principios éticos e á lexislación e normativa vixente.
A14 Capacidade para analizar, deseñar, construír e manter aplicacións de forma robusta, segura e eficiente, elixindo o paradigma e as linguaxes de programación máis adecuados.
A22 Coñecemento e aplicación dos principios, metodoloxías e ciclos de vida da enxeñaría do sóftware.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B2 Traballo en equipo
B3 Capacidade de análise e síntese
B4 Capacidade para organizar e planificar
B7 Preocupación pola calidade
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Capacidade para comprender a importancia do Proceso Software A7
A14
A22
B3
B7
C7
Capacidade para comprender a necesidade de xestionar e controlar o Proceso Software B4
B7
C7
Capacidade para aprender de forma autónoma C7
Capacidade para traballar en equipo B1
B2
B3
B4
C6
Capacidade para adaptarse a novas situacións e contextos C6

Contidos
Temas Subtemas
Introducción a Enxeñería do Software Antecedentes históricos
Definicións e importancia da Enxeñería do Software
Ciclos de Vida Definicións
Ciclo de Vida Vs Ciclo de Desenvolvemento
Características dos principais Ciclos de Vida
Desenvolvemento Software (núcleo da materia) Requisitos
Análise
Deseño
Codificación e Probas
Introducción á planificación de proxetos Definicions
Calendarización do proxeto
Introducción as metodoloxías de desenvolvemento Definicións e importancia
Características desexables
Principais metodoloxías de desenvolvemento
Introducción á calidade do software Calidade do Software
Control de calidade
Aseguramento da calidade

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 30 30 60
Prácticas de laboratorio 25 25 50
Proba obxectiva 2 33 35
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases nas que se presentan os conceptos básicos da asignatura e nas que se mostran exemplos da súa aplicación.
Prácticas de laboratorio Traballos nos que se aplican os coñecementos adquiridos ao longo do curso a casos prácticos.
Proba obxectiva Exame escrito para valorar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos durante o curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
Un aspecto importante da materia é saber aplicar os conceptos teóricos presentados nesta. Para iso realizaranse un conxunto de prácticas ao longo do curso. Dentro destas prácticas destacan as supervisadas, formuladas coa intención de detectar posibles desviacións dentro do proceso de aprendizaxe e, deste modo, aplicar as medidas correctivas necesarias para emendalas.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Exame escrito individual sobre os coñecementos teóricos e prácticos da materia. Do peso asignado a esta proba (60% da cualificación final), o 50% correspóndese coa parte teórica e o 10% coa parte práctica. 60
Prácticas de laboratorio Ao longo do curso formularanse diferentes tipos de prácticas: supervisadas (que representan o 30% da nota final) e de traballo autónomo (computando o 10%). 40
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN:

A avaliación da materia articúlase sobre a base dos seguintes mecanismos:

1. Prácticas supervisadas (30% da nota final).Estas prácticas caracterízanse por unha supervisión constante do traballo realizado polos alumnos co obxecto de realizar unha avaliación continua de cada alumno. Para iso terase en conta os seguintes aspectos: asistencia, participación e aplicación dos coñecementos adquiridos na materia.

2. Prácticas de traballo autónomo (10% da nota final). Nestas prácticas os alumnos terán que resolver, de xeito autónomo, o traballo proposto polo profesor. Posteriormente, terán que defendelo no horario establecido polo profesor.

3. Exame final (60% da nota final). O exame final componse de dúas partes: unha teórica, cun peso do 50% sobre a nota final, e outra práctica, cun peso do 10%. É importante remarcar que en ambas as dúas partes poderá preguntarse calquera aspecto visto na materia.

REQUISITOS:

Para aprobar a materia é necesario cumprir cos seguintes requisitos:

1. Obter unha cualificación final mínima de 5 puntos sobre 10 entre todas as probas segundo a ponderación establecida.

2. Obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 no exame final; é dicir, 3 puntos sobre os 6 asignados a esta parte. No caso de que non se cumprise este requisito, a nota final da materia será a do
exame final.

RECUPERACIÓN:

Os alumnos que non superen a materia terán que demostrar a correcta adquisición das competencias fundamentais da materia mediante a realización dun novo exame final (teórico e práctico).

Téñase en conta que, dado o carácter de avaliación continua do traballo en grupo, esta parte non poderá recuperarse.


Fontes de información
Bibliografía básica

- Pressman, Roger S. Ingeniería del Software. Un Enfoque Práctico. McGraw Hill. 6 Edición. 2005.

- Sommerville, Ian. Software Engineering. Addison-Wesley. 7ª edición. 2005.

Bibliografía complementaria

- "Calidad del producto y proceso software". Coral Calero, Mª Ángeles Moraga, Mario G. Piattini. Ra-Ma.

- "Desarrollo y gestión de proyectos informáticos". Steve McConnell. McGraw-Hill.

- "Writing Effective Use Cases". Alistair Cockburn. Addison-Wesley.

- "Applying UML and Patterns". Craig Larman. Prentice-Hall.

- http://administracionelectronica.gob.es/?_nfpb=true&_pageLabel=P60085901274201580632&langPae=es

- http://www.inteco.es/calidad_TIC/descargas/guias/


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xestión de Proxectos/614G01021
Aseguramento da Calidade/614G01028
Analise e Desenvolvemento dos Sistemas de Información/614G01041
Metodologías de Desarrollo/614G01051
Enxeñaría de Requisitos/614G01222

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Programación I/614G01001
Informática Básica/614G01002
Programación II/614G01006
Bases de Datos/614G01013
Paradigmas de Programación/614G01014
Deseño Software/614G01015

Observacións

A materia pretende dar unha visión xeral do Proceso Software, de maneira que o alumno comprenda a importancia da aplicación rigurosa de dito proceso tanto para a satisfación das necesidades do usuario/cliente como do posterior mantemento do producto obtido. Por este motivo, durante o curso introduciranse numerosos conceptos que requerirán un posterior afrondamento en función da especialidade elixida polo alumno.

Os profesores facilitarán, na medida do posible e dentro dos horarios establecidos para a materia, a asistencia aos grupos de teoría, práctica e TGR que mellor se axusten ás necesidades dos alumnos que teñen a matrícula a tempo parcial.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías