Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A25 |
Capacidade para desenvolver, manter e avaliar servizos e sistemas sóftware que satisfagan todos os requisitos do usuario e se comporten de forma fiable e eficiente, sexan accesibles de desenvolver e manter, e cumpran normas de calidade, aplicando as teorías, principios, métodos e prácticas da enxeñaría do sóftware. |
A27 |
Capacidade de dar solución a problemas de integración en función das estratexias, estándares e tecnoloxías dispoñibles. |
A28 |
Capacidade de identificar e analizar problemas, e deseñar, desenvolver, implementar, verificar e documentar solucións sóftware sobre a base dun coñecemento adecuado das teorías, modelos e técnicas actuais. |
B1 |
Capacidade de resolución de problemas |
B2 |
Traballo en equipo |
B3 |
Capacidade de análise e síntese |
B4 |
Capacidade para organizar e planificar |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecer os conceptos e técnicas propios da Enxeñaría do Software. |
A25 A28
|
|
|
Interpretar os problemas típicos da definición de arquitecturas software e as situacións nas que se presentan. |
A25 A27 A28
|
B2 B3
|
C2 C4 C6 C7 C8
|
Definir e documentar especificacións, modelos e compoñentes da arquitectura dunha aplicación, atendendo aos seus requisitos, de xeito que se favoreza o seu mantemento e extensibilidade. |
A27
|
B1 B2 B3 B4
|
|
Aplicar con axilidade linguaxes de modelado. |
A28
|
|
|
Manexar ferramentas de definición e construción de aplicacións. |
|
|
C3
|
Validar a arquitectura dun sistema contra o seus requisitos. |
A25
|
|
|
Sintetizar os casos de éxito. |
A25
|
B3
|
C2 C4 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Concepto de arquitectura software |
Definición de arquitectura software
Estruturas e vistas
- Notación
-- UML
-- Estándar IEEE 1471
- Ferramentas
Ciclo de vida e negocio da arquitectura software |
Modelos e arquitecturas de referencia |
Parámetros de calidade en arquitectura software
Tipos de arquitecturas
- Arquitectura en capas
- Arquitectura de repositorio
- Arquitectura cliente/servidor (orientada a servizos)
- Arquitectura 'pipe and filter' (basada en compoñentes)
- Arquitecturas distribuídas
-- Arquitecturas mestre/escravo
-- Arquitecturas cliente/servidor multicapa
-- Arquitecturas P2P
- Outras arquitecturas
-- Sistemas embebidos
-- Sistemas orientados a aspectos |
Deseño e integración de compoñentes. Patróns arquitecturais. |
Estratexias de deseño
Patróns de arquitectura
- Patróns de acceso e configuración de servizos
- Patróns de xestión de eventos
- Patróns de sincronización
- Patróns de distribución
- Patróns de concorrencia
Reutilización
- Sistemas COTS e legacy
- Estilos de integración
-- Transferencia de ficheiros
-- Compartición de fontes de datos
-- Invocación de procedemientos remotos
-- Paso de mensaxes
Reconstrucción / re-enxeñaría de sistemas |
Trazabilidade e probas de integración |
Proceso de integración
Verificación e probas de integración
- Probas funcionais
- Probas non funcionais
Validación e usabilidade |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
21 |
21 |
42 |
Análise de fontes documentais |
0 |
7 |
7 |
Discusión dirixida |
7.5 |
15 |
22.5 |
Prácticas de laboratorio |
15 |
30 |
45 |
Traballos tutelados |
1.5 |
15 |
16.5 |
Proba obxectiva |
3 |
9 |
12 |
|
Atención personalizada |
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Clases maxistrais de exposición de nocións e conceptos teóricos empregando diferentes recursos: pizarra, proxección de material en formato electrónico, apuntes en formato electrónico e recursos facilitados pola docente da asignatura na plataforma virtual (Moodle). |
Análise de fontes documentais |
Lectura e comprensión por parte do estudante de diferentes recursos proporcionados, ben encamiñados a favorecer o seguemento das sesións maxistrais, a xerar debate durante as sesións de discusión dirixida, ou ben destinados a axudar na realización de prácticas e traballos tutelados. |
Discusión dirixida |
Debate construtivo, dirixido pola docente pero participado por todo o grupo, sobre diferentes cuestións presentadas nas clases maxistrais, de cara a profundizar na compresión e adquisición dos devanditos conceptos, e no desenvolvemento de capacidades críticas e analíticas. |
Prácticas de laboratorio |
Prácticas deseñadas pola docente da asignatura nas que os estudantes poidan poñer en práctica os coñecementos a medida que os van adquirindo, de cara ao reforzo dos mesmos. Estas prácticas levaranse a cabo en grupos de tamaño por determinar, en función do número de estudantes matriculados. |
Traballos tutelados |
Traballos propostos pola docente da asignatura e desenvolvidos polos estudantes, ben en grupo, ben individualmente. Estes traballos poderán ser avaliados ben nas titorías de grupos reducidos, ben nas sesións de titoría personalizada. Valorarase especialmente a utilización do idioma inglés na súa realización e exposición. |
Proba obxectiva |
Proba escrita mediante a que se valorarán os coñecementos adquiridos polo estudante. Agárdase que os estudantes amosen tanto o seus coñecementos a nivel teórico, mediante a resposta a preguntas similares ás prantexadas nas clases maxistrais e nas sesións de discusión dirixida, como os seus coñecementos aplicados, mediante a resolución de exercicios e problemas similares aos prantexados nas prácticas de laboratorio e traballos tutelados. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada ao estudantado comprende non só as clásicas titorías, presenciais ou virtuais, para a discusión de dúbidas, senón tamén as seguintes actuacións:
- Orientación e seguemento do labor realizado nos traballos e prácticas.
- Valoración da participación e implicación nas sesións de discusión dirixida.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
Avaliación das prácticas realizadas de forma continua ao longo do curso. Malia que as prácticas se realizarán en grupos, cabe diferenciar dous compoñentes na avaliación das prácticas dun estudante:
- Valoración do traballo en grupo, na que se califica o grao de coordinación, colaboración e compenetración entre os seus integrantes.
- Valoración persoal, na que se califica a aportación concreta do estudiante ao grupo.
Entre os aspectos a considerar á hora de valorar as prácticas, atópanse:
- Rigor na consecución dos obxectivos perseguidos usando as técnicas propostas.
- Asimilación dos conceptos presentados.
- Orixinalidade nas propostas.
- Responsabilidade na entrega das prácticas en tempo e forma, así coma no uso axeitado dos recursos habilitados ao efecto. |
40 |
Proba obxectiva |
Proba escrita dividida en dous bloques: cuestións teóricas e un problema de modelado. |
40 |
Traballos tutelados |
Valoraranse os seguintes aspectos:
- Dominio dos contidos dos traballos propostos.
- Dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Considerarase necesario que os estudantes demostren equilibrio no
seu rendemento na proba obxectiva e nas prácticas de laboratorio.
Así, esixirase que a calificación en ambas partes supere o 50% do seu peso relativo como condición imprescindible para a superación da asignatura. Na convocatoria de segunda oportunidade, a proba escrita irá acompañada dunha actividade de avaliación das prácticas para aquelas persoas que non chegasen ao 50% na primeira oportunidade.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Clements, Paul [et al.] (2003). Documenting software architectures : views and beyond. Addison-Wesley
Hohpe, Gregor (2004). Enterprise integration patterns designing, building and deploying messaging solutions. Addison-Wesley
Sommerville, Ian (2011). Ingeniería de software. Addison Wesley
Schmidt, Douglas [et al.] (2000). Pattern-oriented software architecture. John Wiley & Sons
Fowler, Martin (2003). Patterns of enterprise application architecture. Addison-Wesley
Bass, Len [et al.] (2003). Software architecture in practice. Addison-Wesley
Braude, Eric J. (2001). Software engineering an object-oriented perspective. John Wiley & Sons |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Marcos de Desenvolvemento/614G01052 | Validación y Verificación del Software/614G01053 | Ferramentas de Desenvolvemento/614G01054 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Enxeñaría de Requisitos/614G01027 | Aseguramento da Calidade/614G01028 |
|
Materias que continúan o temario |
Deseño Software/614G01015 | Proceso Software/614G01019 | Internet e sistemas distribuidos/614G01023 |
|
|