Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Bases de Datos Avanzadas Código 614G01029
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Rodriguez Penabad, Miguel
Correo electrónico
miguel.penabad@udc.es
Profesorado
Rodriguez Penabad, Miguel
Correo electrónico
miguel.penabad@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia profundiza nos conceptos de bases de datos, especialmente as bases de datos relacionais.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Profundizar no deseño lóxico das bases datos relacionais e os elementos que estas ofrecen. A13
A18
A19
A29
B3
B4
C6
C8
Conocer e aplicar técnicas avanzadas de bases de datos, incluíndo o manexo de transaccións, así como descubrir aplicacións de bases de datos en dominios particulares. A18
A19
B1
B2
B3
B4
C2
C3
C4
C6
C7
C8
Manexar con rigurosidade e eficacia as linguaxes de bases de datos, de forma interactiva ou incrustada noutras linguaxes de programación. A13
A18
A19
Desenvolver as capacidades de aprendizaxe autónomo, adaptación a novos escenarios e traballo colaborativo, formando parte de equipos presenciais e non presenciais. B1
B2
B3
B4
C2
C3
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Elementos das bases de datos relacionais Catálogo
Vistas
Integridade
Seguridade
Actividade (disparadores)
Proceso transaccional: recuperación e concurrencia Recuperación
Concurrencia

Procesamento de consultas e Optimización


Outros modelos e novas tendencias en bases de datos

SQL avanzado Repaso e ampliación de SQL
SQL avanzado
SQL no entorno aplicativo

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 42 63
Prácticas de laboratorio 14 21 35
Solución de problemas 7 14 21
Lecturas 0 14 14
Traballos tutelados 0 14 14
Proba mixta 3 0 3
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas de aula. Nelas expoñeranse os contidos fundamentais da asignatura. Constan de exposición de obxectivos, motivación, desenvolvemento conceptual, utilidade e resume.
Prácticas de laboratorio O obxectivo fundamental das prácticas de laboratorio é desenvolver as competencias procedimentais.

Por unha parte, realizaranse exercicios que permitan madurar e asentar os coñecementos explicados nas clases teóricas. Por outra, explicaranse novos conceptos e apoiaranse tamén coa realización de exercicios prácticos.
Solución de problemas En grupos reducidos, plantexaránse problemas e discutiranse as solucións, fomentando a participación e interacción entre o alumnado.
Lecturas O profesorado indicará unha serie de lecturas específicas (normalmente capítulos ou seccións da bibliografía básica ou complementaria) para cada tema. É recomendable que o alumnado as lea antes das sesións maxistrais dese tema.
Traballos tutelados Proporanse traballos que o alumnado terá que levar a cabo.
Os prazos e as normas de entrega estableceranse durante o curso e quedarán publicados na páxina web da materia.
Proba mixta Exame da asignatura, que combina tanto conceptos teóricos como aspectos prácticos e problemas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Descrición
Nas prácticas de laboratorio haberá unha atención (semi)personalizada ó estar traballando en pequenos grupos, directamente sobre unha aplicación concreta, en cada ordenador. O profesor atenderá dudas puntuales a cada estudiante ou grupo.

Nas clases de solucións de problemas os grupos son reducidos, o que permitirá unha maior interacción e posibilitará un seguimento detallado do avance dos estudiantes.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Avaliarase a calidade final dos traballos, en canto á aplicación dos contidos aprendidos nas aulas e ao coñecemento adquirido a través do traballo persoal.

A data de entrega marcarase durante o curso e non será aplazable.

A nota máxima son 2 puntos. Non se esixe un mínimo para esta parte, pero non será recuperable na segunda oportunidade.
20
Prácticas de laboratorio Para a primeira oportunidade, realizarase durante o curso un seguimento do alumnado e con probas ou entregas de exercicios periódicos. A nota máxima para esta parte serán 3 puntos.

Para superar esta parte, deberá conseguirse 1 punto. En caso de non conseguirse, a asignatura estará suspensa, cunha nota numérica nunca superior ó 4,5.

Na segunda oportunidade poderán recuperarse os 3 puntos mediante a realización dun exame escrito.
30
Proba mixta O exame da asignatura evaluará os seguentes aspectos:

Conceptos da materia: Dominio dos conocementos teóricos e operativos.
Asimilación práctica da materia: Asimilación e comprensión dos conocementos operativos e habilidades procedimentais enfatizados na asignatura.

A nota máxima son 5 puntos. Para superar esta parte deben obterse 1,5 puntos.
De non conseguilo, a asignatura estará suspensa, e recibirá unha nota numérica non superior ó 4,5.

As condicións da proba mixta son idénticas para a primeira e a segunda oportunidade.
50
 
Observacións avaliación
NON PRESENTADO
  • Na primeira oportunidade consideraranse non presentados os estudiantes que non realicen a proba escrita.
  • Na segunda oporturnidade consideraranse non presentados os estudiantes que non acudan a recuperar ningunha das 2 partes recuperables.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Só aqueles estudiantes que non superen a materia poderán recuperar as prácticas, a proba mixta, ou ambas. 

Poderán presentarse a calquera das 2 partes, incluso anque estean "liberadas" (superan o 1,5 nas prácticas ou o 1,2 na proba mixta). Neste caso, a nota da segunda oportunidade sustituirá a da primeira, sexa maior ou menor.

DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles
estudantes  con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles
exima da asistencia ás clases deberán contactar co profesor para buscar unha alternativa á avaliación das prácticas de laboratorio, por exemplo mediante a realización dunha proba escrita na primeira oportunidade ou a entrega de traballos pola súa conta.

OPORTUNIDADE ADIANTADA

A avaliación na oportunidade adiantada  consistirá unicamente nunha proba escrita que computará o 100% da cualificación.


Fontes de información
Bibliografía básica A. Silberschatz; H. Korth; S. Sudarshan (2006). Database System Concepts, 5ª edición . McGraw-Hill
R.A. Elmasri; S.B. Navathe (2007). Fundamentals of database systems, 5a edición. Addison-Wesley
T. Connolly; C. Begg (2005). Sistemas de bases de datos, 4ª edición . Addison-Wesley

Bibliografía complementaria Inmon, W. H. (2002). Building the Data Warehouse (3rd edition). John Wiley & Sons
(). Catálogo de SQL Server 2000: http://193.144.51.190/~lgares/sqlserver.chm.
García-Molina, H.; Ullman, J.; Widom, J. (2002). Database System. The complete book. Prentice Hall
(). Documentación online de Oracle: http://www.oracle.com/pls/db102/homepage.
Ramakrishnan, R.; Gehrke, J. (2007). Sistemas de Gestión de Bases de Datos (3a edición). McGraw-Hill
Groff, J.; Weinberg, P. N. (2002). SQL: The Complete Reference (2nd edition). McGraw-Hill
(). SQL:1999 A tutorial, de Jim Melton: http://www.ncb.ernet.in/education/modules/dbms/SQL99/sql1999_c4.pdf.
(). Web del libro de Silberschatz, Korth y Sudarshan: http://www.cse.iitb.ac.in/~sudarsha/db-book/.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Bases de Datos/614G01013

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías