Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A7 |
Capacidade para deseñar, desenvolver, seleccionar e avaliar aplicacións e sistemas informáticos que aseguren a súa fiabilidade, seguranza e calidade, conforme a principios éticos e á lexislación e normativa vixente. |
A13 |
Coñecemento, deseño e utilización de forma eficiente dos tipos e estruturas de datos máis adecuados á resolución dun problema. |
A14 |
Capacidade para analizar, deseñar, construír e manter aplicacións de forma robusta, segura e eficiente, elixindo o paradigma e as linguaxes de programación máis adecuados. |
A18 |
Coñecemento e aplicación das características, funcionalidades e estrutura das bases de datos, que permitan o seu adecuado uso, e o deseño e a análise e implementación de aplicacións baseadas nelas. |
A19 |
Coñecemento e aplicación das ferramentas necesarias para o almacenamento, procesamento e acceso aos sistemas de información, incluídos os baseados en web. |
A22 |
Coñecemento e aplicación dos principios, metodoloxías e ciclos de vida da enxeñaría do sóftware. |
A23 |
Capacidade para deseñar e avaliar interfaces persoa-computador que garantan a accesibilidade e usabilidade aos sistemas, servizos e aplicacións informáticas. |
A47 |
Capacidade para determinar os requisitos dos sistemas de información e comunicación dunha organización de acordo cos aspectos de seguridade e cumprimento da normativa e a lexislación vixente. |
A48 |
Capacidade para participar activamente na especificación, deseño, implementación e mantemento dos sistemas de información e comunicación. |
A49 |
Capacidade para comprender e aplicar os principios e as prácticas das organizacións, de forma que poidan exercer como enlace entre as comunidades técnica e de xestión dunha organización, e participar activamente na formación dos usuarios. |
B1 |
Capacidade de resolución de problemas |
B2 |
Traballo en equipo |
B3 |
Capacidade de análise e síntese |
B4 |
Capacidade para organizar e planificar |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Saber realizar o modelado conceptual de sistemas de información e a súa materialización nos soportes actuais de almacenamento da información. |
A7 A13 A14 A18 A19 A22 A23 A47 A48 A49
|
B1 B2 B3 B4
|
C2 C3 C4 C6 C7 C8
|
Coñecer modelos de información avanzada e saber modelar aplicacións que os usen |
A7 A13 A14 A18 A19 A22 A23 A47 A48 A49
|
B1 B2 B3 B4
|
C2 C3 C4 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Técnicas de modelado |
Modelo entidad-relación extendido
Exercicios de modelado conceptual |
Modelado avanzado de información |
Sistemas de información xeográfica
Sistemas de información documental
Bases de datos orientadas a obxectos
NoSQL
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
21 |
0 |
21 |
Traballos tutelados |
21 |
63 |
84 |
Proba mixta |
0 |
40 |
40 |
|
Atención personalizada |
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición, por parte dos docentes, de contidos nunha aula convencional, incluíndo demostracións do uso de ferramentas TIC |
Traballos tutelados |
Realización de traballos, individualmente ou en grupo, baixo a supervisión dos docentes |
Proba mixta |
Realización dunha proba escrita para demostrar os coñecementos e competencias adquiridos en relación á materia |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Resolución de dúbidas en horario de titorías. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
Avaliarase a participación nas aulas maxistrais e a entrega de exercicios curtos prantexados de una clase para a seguinte |
10 |
Traballos tutelados |
Avaliarase a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas, a resolución de problemas, fontes e bibliografía utilizada, e a entrega do traballo no prazo establecido.
Realizarase unha presentación oral do traballo que tamén se terá en conta na avaliación. |
40 |
Proba mixta |
Proba escrita na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos |
50 |
|
Observacións avaliación |
PRIMEIRA OPORTUNIDADE Para aprobar a materia é obligatorio: - Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) nos traballos tutelados.
- Unha NOTA MÍNIMA de 2,5 (sobre 5) na proba mixta.
De non obter a nota mínima nos traballos tutelados ou na proba mixta, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,9. Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta. SEGUNDA OPORTUNIDADE Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma: - Traballos tutelados (50% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
- Proba escrita teórica e práctica (50% da nota final): para recuperar a nota da proba mixta e das sesións maxistrais.
Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación dalgunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte. Os/as estudantes que non acaden a nota mínima nos traballos tutelados ou na proba mixta na primeira oportunidade deberán recuperalos obligatoriamente na segunda oportunidade para aprobar a materia. Para aprobar a materia na segunda oportunidade é obligatorio obter unha nota mínima de 2,5 sobre 5 no traballo tutelado, e de 2,5 sobre 5 na proba mixta. Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes. DISPENSA ACADÉMICA Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases poderán, en primeira oportunidade, demostrar o seu coñecemento da materia mediante un exame teórico e práctico que valerá o 50% da nota e entregar os traballos tutelados. Para a segunda oportunidade, as condicións son as mesmas que as do resto do alumnado.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Silberschatz, A.; Korth, H.; Sudarshan, S (2005). Database System Concepts. 6th ed.. McGraw-Hill.
Elmasri, R.; Navathe, S. B (2007). Fundamentos de Sistemas de Bases de Datos. Pearson
Worboys, M. (2004). GIS: A Computing Perspective. CRC Press |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Bases de Datos Avanzadas/614G01029 | Arquitectura dos sistemas de Información/614G01075 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|