Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Redes Móbiles e Sen Fíos Código 614G01061
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Electrónica e Sistemas
Coordinación
Castro Castro, Paula Maria
Correo electrónico
paula.castro@udc.es
Profesorado
Bregains Rodriguez, Julio Claudio
Castro Castro, Paula Maria
Escudero Cascon, Carlos Jose
Correo electrónico
julio.bregains@udc.es
paula.castro@udc.es
carlos.jose.escudero.cascon@udc.es
Web http://moodle.udc.es/
Descrición xeral Perspectiva global. Conceptos fundamentais. Transmisión nas redes sen fíos. Antenas e hardware de radiofrecuencia. Estándares e protocolos. Despregamento e instalación dunha rede sen fíos.


Competencias do título
Código Competencias da titulación
A17 Coñecemento e aplicación das características, funcionalidades e estrutura dos sistemas distribuídos, as redes de computadores e internet, e deseñar e implementar aplicacións baseadas nelas.
A38 Capacidade para deseñar, despregar, administrar e xestionar redes de computadores.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer os fenómenos básicos da propagación das ondas de radio. A17
A38
B1
B3
C2
C3
C4
C6
C7
C8
Coñecer os principios básicos da transmisión da información en redes sen fíos. A17
A38
B1
B3
C2
C3
C4
C6
C7
C8
Coñecer os equipos hardware máis comúns dunha rede sen fíos. A17
A38
B1
B3
C2
C3
C4
C6
C7
C8
Entender e estimar a área de cobertura dunha rede sen fíos. A17
A38
B1
B3
C2
C3
C4
C6
C7
C8
Planificar o despregamento dunha rede sen fíos. A17
A38
B1
B3
C2
C3
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Introdución. Perspectiva global 1.1. Orixe das comunicacións sen fíos
1.2. Redes de telefonía móbil
1.3. Redes de datos
1.4. Redes satelitais
Tema 2: Conceptos fundamentais 2.1 Revisión da terminoloxía
2.1.1. Frecuencia e lonxitude de onda
2.1.2. Ganancia e atenuación. Decibelios
2.1.3. Relación sinal a ruido
2.1.4. Multitraxecto e fading. Diversidade
2.1.5. Modulación e tipos
2.1.6. Multiplexación e tipos
2.1.7. Polarización e tipos

2.2. Radiofrecuencia. Espectro radioeléctrico
Tema 3: Transmisión nas redes sen fíos 3.1 Conceptos básicos de propagación do sinal
3.1.1. Atenuación en espacio libre
3.1.2. LOS e NLOS
3.1.3. Modelos básicos de propagación
3.1.4. Fading e efecto Doppler

3.2. Cálculo de radioenlaces

3.3. Redes celulares
3.3.1. Concepto e arquitectura dunha rede celular
3.3.2. Xeometría da célula
3.3.3. Factor de reuso
3.3.4. Capacidade do sistema
3.3.5. Handover horizontal e vertical
3.3.6. Asignación de canais
Tema 4: Antenas e hardware de radiofrecuencia 4.1 Compoñentes dunha rede sen fíos
4.1.1 Puntos de acceso sen fíos
4.2.2. Routers sen fíos
4.2.3. Bridges sen fíos
4.2.4. Repetidores sen fíos
4.2.5 Switches sen fíos
4.2.6. Gateways sen fíos

4.2. Antenas
4.2.1. Fundamentos de radiación
4.2.2. Parámetros das antenas
4.2.3. Clasificación das antenas e diagramas de radiación
4.2.4. Tipos de antenas
4.2.5. Agrupacións de antenas
4.2.6. Estruturas e materiais
4.2.7. Cableado e conectores

4.3 Dispositivos sen fíos cliente
Tema 5: Estándares e protocolos 5.1. Capa física e alternativas de acceso ao medio

5.2. Estándares de redes sen fíos
5.2.1. Redes sen fíos MAN: WiMAX
5.2.2. Redes sen fíos LAN: WiFi
5.2.3. Redes sen fíos PAN: Bluetooth e Zigbee
5.2.4. Sistemas celulares: Introdución e revisión histórica (GSM, UMTS) e fundamentos de LTE e LTE-Advanced
5.2.5. Técnicas e tecnoloxías emerxentes en redes sen fíos: redes ad-hoc, redes de sensores, redes vehiculares, RFID...

5.3. Planificación e instalación de redes sen fíos
Práctica 1 Simulación e estimación dun modelo de propagación
Práctica 2 Simulación de diagramas de radiación de antenas
Práctica 3 Planificación de redes. Análise de cobertura dunha rede sen fíos

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC 7.5 20.55 28.05
Solución de problemas 3 22.5 25.5
Proba mixta 3 0 3
Seminario 5.5 0 5.5
Traballos tutelados 0 18.7 18.7
Sesión maxistral 21 47.25 68.25
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Prácticas mediante simulacións por ordenador.

As prácticas non serán necesariamente presenciais, facilitando así a súa realización para aqueles alumnos que non poidan asistir ás sesións presenciais ou o fagan de xeito parcial mediante a modalidade de matriculación a tempo parcial. A entrega e defensa das mesmas será flexible ás necesidades deste alumnado.

Esta metodoloxía permite adquirir as competencias específicas A17 e A38, as nucleares da UDC C2, C3, C4, C6, C7 e C8, e as transversais B1 e B3.
Solución de problemas Resolución de problemas, cuestións e casos prácticos coa participación, presentación e/ou discusión en grupos reducidos de estudantes.

Esta metodoloxía permite adquirir as competencias específicas A17 e A38, as nucleares da UDC C4, C6, C7 e C8, e as transversais B1 e B3.
Proba mixta Proba escrita con preguntas de teoría e de solución de problemas dacordo cos contidos da asignatura.

Esta metodoloxía permite adquirir as competencias específicas A17 e A38, as nucleares da UDC C4, C6, C7 e C8, e as transversais B1 e B3.
Seminario Presentación e explicación de ferramentas de simulación a empregar nas prácticas a través de TIC.

Esta metodoloxía permite adquirir as competencias específicas A17 e A38 e as nucleares da UDC C2, C3, C4, C6, C7 e C8.
Traballos tutelados Realización por parte do alumno de traballos propostos polo profesor nos que debe aplicar os coñecementos adquiridos tanto nas sesións teóricas como prácticas, demostrando a adquisición das competencias específicas A17 e A38, as nucleares da UDC C2, C3, C4, C6, C7 e C8, e as transversais B1 e B3.
Sesión maxistral Exposición dos contidos teóricos da asignatura dacordo co temario da mesma.

Esta metodoloxía permite adquirir as competencias específicas A17 e A38, as nucleares da UDC C3, C4, C6, C7 e C8, e as transversais B1 e B3.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Solución de problemas
Proba mixta
Seminario
Traballos tutelados
Descrición
Resolver dudas do alumnado plantexadas tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de solución de problemas e de prácticas.

Seguimento da aprendizaxe evolutiva do alumno e da súa participación activa na dinámica da aula.

O horario de titorías presencial poderá adaptarse segundo as necesidades do alumnado na modalidade de matriculación a tempo parcial.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A avaliación realizarase mediante o seguimento continuado do traballo do alumno nas sesión, a entrega das mesmas e unha proba obxetiva das prácticas realizadas, que será flexible ás necesidades do alumnado matriculado a tempo parcial.

Avalianse as competencias específicas A17 e A38, as nucleares da UDC C2, C3, C4, C6, C7 e C8, e as transversais B1 e B3.
35
Solución de problemas A avaliación continuada do traballo do alumno realizarase tendo en conta a participación e a capacidade do alumno para a solución de problemas plantexados polo profesor nas clases de titorías en grupos reducidos.

Avalianse as competencias específicas A17 e A38, as nucleares da UDC C4, C6, C7 e C8, e as transversais B1 e B3.
10
Proba mixta Os conceptos teóricos expostos nas clases maxistrais e a capacidade do alumno para a solución de problemas vanse a avaliar na proba mixta final.

Avalianse as competencias específicas A17 e A38, as nucleares da UDC C4, C6, C7 e C8, e as transversais B1 e B3.
30
Traballos tutelados Traballos propostos polo profesor nos que se valorarán os seguintes aspectos: a estrutura e contido da memoria, a claridade e redacción da mesma, a amplitude, corrección e orixinalidade das solucións propostas, e a adecuada resposta ás preguntas formuladas polo profesor. A entrega será flexible ás necesidades do alumnado matriculado a tempo parcial.

Avalianse as competencias específicas A17 e A38, as nucleares da UDC C2, C3, C4, C6, C7 e C8, e as transversais B1 e B3.
25
 
Observacións avaliación

Esixirase unha nota mínima de 1 punto sobre 3 na proba mixta final.

No caso de non acadar dita nota, a cualificación final do alumno vaise a calcular como a suma da nota obtida nesta proba e o resultado de dividir por dous a suma da nota obtida nas prácticas a través de TIC, nos traballos tutelados e nas sesións de titorías en grupo coa avaliación continua do traballo do alumno.

Na segunda oportunidade avaliaranse soamente os contidos teóricos e de solución de problemas na proba mixta. A nota de prácticas, traballos tutelados e solución de problemas nas clases de titorías en grupo será a que
os estudantes acadaran na primeira oportunidade dacordo coa avaliación
continua descrita na guía.


Fontes de información
Bibliografía básica Carl J. Weisman (2002). The Essential Guide to RF and Wireless. Prentice Hall
Erik Dahlman, Stefan Parkvall, Johan Skold, Per Beming (2010). 3G Evolution: HSPA and LTE for Mobile Broadband. Academic Press
A. Cardama, L. Jofre, J.M. Rius, J. Romeu, S. Blanch, M. Ferrando (2002). Antenas. Edicions UPC
Constantine A. Balanis (2005). Antenna Theory: Analysis and Design. Caps. 1, 2 y 6. John Wiley & Sons
Z. N. Chen, K.M. Luk (2009). Antennas for Base Stations in Wireless Communications, Caps. 1 y 7. McGraw-Hill Professional
Robert Morrow (2002). Bluetooth: Operation and Use. McGraw-Hill
Robert Faludi (2011). Building Wireless Sensor Networks. O’Reilly.
Jeffrey G. Andrews, Arunabha Ghosh, Rias Muhamed (2007). Fundamentals of WiMAX: Understanding Broadband Wireless Networking . Pearson Education
Cisco Systems, José M. Díaz, Bruce E. Alexander, Jim Geier, Burce McMurdo (2006). Fundamentos de redes inalámbricas. Cisco Press
Paula M. Castro, Carlos Escudero, Julio C. Brégains (2014). https://moodle.udc.es/. Aula virtual
Dharma Prakash Agrawal, Qing-An Zeng (2010). Introduction to Wireless and Mobile Systems. Cengage Learning
Stefania Sesia (2011). LTE - The UMTS Long Term Evolution: From Theory to Practice. Wiley
Klaus Finkenzeller (2003). RFID Handbook. John Wiley & Sons
Andrea Goldsmith (2005). Wireless Communications . Cambridge University Press
William Stallings (2005). Wireless communications and networks. Pearson Prentice Hall
Drew Gislason (2008). Zigbee Wireless Networking. Newnes

Bibliografía complementaria Ramón Agusti, Francisco Bernardo, Fernando Casadevall, Ramon Ferrús, Jordi Pérez-Romero, Oriol Sa (2010). LTE: Nuevas tendencias en comunicaciones móviles. Fundación Vodafone España
C. Siva Ram Murthy, B.S. Manoj (2004). Ad Hoc Wireless Networks: Architectures and Protocols. Pearson Education
Jochen H. Schiller (2003). Mobile Communications. Pearson Education
Chris Hurley, Russ Rogers, Frank Thornton, Brian Baker (2007). WarDriving and Wireless Penetration Testing. Syngress


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Administración de Redes/614G01048
Administración de Infraestruturas /614G01093

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enxeñaría de Infraestructuras Informáticas/614G01059
Deseño de Redes/614G01082

Materias que continúan o temario
Redes/614G01017
Xestión de Infraestruturas/614G01025
Software de Comunicacións/614G01034
Procesamento Dixital da Información/614G01035

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías