Seminario |
Discutiranse exercicios máis complexos, expostos previamente aos alumnos e preguntarase sobre distintos aspectos da resolución dos mesmos |
Proba obxectiva |
Trátase dun exame escrito que se realizará nas datas determinadas pola Xunta de Facultade para esta materia. A proba oriéntase fundamentalmente á resolución de problemas |
Sesión maxistral |
Na sesión maxistral o profesor exporá os contidos teórico-prácticos. Primeiro motivaranse os contidos mediante problemas reais, a continuación desenvolveranse os conceptos e métodos, intercalando exemplos de aplicación e exercicios resoltos |