Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A36 |
Capacidade para comprender, aplicar e xestionar a garantía e a seguridade dos sistemas informáticos. |
A58 |
Capacidade para comprender, aplicar e xestionar a garantía e seguranza dos sistemas informáticos. |
B1 |
Capacidade de resolución de problemas |
B3 |
Capacidade de análise e síntese |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Identificar os fundamentos dos criptosistemas e identificar os mecanismos de seguridade así como a súa integración nas organizacións |
A36 A58
|
B3
|
C2 C3 C4 C6 C7 C8
|
Definir os riscos e vulnerabilidades dun sistema de información e a súa aplicación en contornas reais. |
A36 A58
|
B1
|
C2 C3 C4 C6 C7 C8
|
Utilizar as ferramentas de seguridade. |
A36 A58
|
B1
|
C3
|
Organizar a seguridade dun sistema de información. |
A36 A58
|
B1
|
C3 C4 C6 C7 C8
|
Expresar de forma clara e efectiva a necesidade, implantación, vantaxes e desvantaxes das medidas de seguridade. |
A36 A58
|
B3
|
C3 C4 C6 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Criptografía |
Sistemas criptográficos clásicos
Sistemas criptográficos de clave secreta
Sistemas criptográficos de clave pública
Firma dixital
|
Normativa |
ISO 27001 |
Análise de Riscos e Medidas de Seguridade |
Análise de Riscos
Xestión do Risco
Medidas de Seguridade
|
Malware |
Virus
"Trojans"
"Rootkits"
"Exploits"
|
Análise Forense |
Fases da Análise Forense
Ferramentas HW e SW
|
Estudo de casos |
Estudo de casos reais de ataques a sistemas de información |
Prácticas |
Proba de distintas ferramentas de seguridade, relacionadas cos temas de teoría |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
16 |
32 |
48 |
Prácticas de laboratorio |
18 |
36 |
54 |
Traballos tutelados |
10 |
30 |
40 |
Proba obxectiva |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Clases expositivas de presentación dos coñecementos teóricos de cada un dos temas. Fomentarase a participación do alumnado.
O material utilizado nestas clases estará dispoñible na plataforma de formación da Universidade da Coruña.
|
Prácticas de laboratorio |
Sesións prácticas en computador, nas que se deben resolver unha serie de boletíns de exercicios prácticos propostos polo profesor. Os exercicios buscan consolidar os coñecementos presentados nas sesións maxistrais e tamén fomentar a aprendizaxe autónoma do alumno. Na resolución dos exercicios, utilizaranse distintas ferramentas de seguridade, co obxectivo de que o alumno as coñeza e adquira destreza no seu uso.
A maior parte dos exercicios teñen carácter individual, aínda que algúns serán realizados en grupo.
Unha vez completado o boletín de exercicios, o profesor avaliará o traballo realizado polo alumno mediante unha sesión de traballo en computador.
Os boletíns de exercicios publicaranse a través da plataforma de formación da Universidade da Coruña. Imporase unha data máxima de defensa para cada boletín, co obxectivo de fomentar o estudo continuo.
|
Traballos tutelados |
Traballos académicos relativos ao contido teórico da materia. O profesor proporá unha listaxe de temas, relacionados co temario da materia. Os alumnos deberán escoller unha temática e acordar a estrutura do traballo co profesor. Finalmente, os alumnos presentarán o traballo en clase. O obxectivo dos traballos é que o alumno profunde nun tema do seu interese. Os traballos realizaranse en grupo. Fomentarase a participación do alumnado. |
Proba obxectiva |
Proba escrita mediante a que se valorarán os coñecementos e capacidades adquiridos polo alumno. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
Resolución de dúbidas.
Supervisión dos traballos tutelados.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
Ao finalizar o cuadrimestre, realizarase unha proba escrita mediante a que se valorarán os coñecementos e capacidades adquiridos polo alumno.
É condición necesaria (pero non suficiente) obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 na proba obxectiva para poder superar a materia.
|
50 |
Traballos tutelados |
Realización do traballo tutelado e a súa presentación en clase.
Criterios avaliación: dificultade e contido do traballo, existencia de compoñente práctica, calidade da memoria e presentación. Tamén se valorará a participación activa en clase durante a presentación do resto de traballos.
É condición necesaria (pero non suficiente) obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 no traballo tutelado para poder superar a materia.
É obrigatorio asistir ás presentacións dos traballos tutelados. A ausencia non xustificada a máis do 20% dos traballos suporá a imposibilidade de superar a materia. |
20 |
Prácticas de laboratorio |
Realización e defensa das prácticas en computador, dentro das horas de prácticas e antes da data límite establecida.
É condición necesaria (pero non suficiente) obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nas prácticas para poder superar a materia. |
30 |
|
Observacións avaliación |
Alumnos a tempo parcial
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDIO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Art. 2.3; 3.b e 4.5)(29/5/2012)". Os alumnos que cursen a materia a tempo parcial deben realizar as mesmas probas de avaliación que os alumnos que as cursen a tempo completo, coas seguintes consideracións: - Quedan exentos da asistencia a clase.
- En canto á defensa das prácticas, se o alumno non puidese asistir á defensa no horario de prácticas, convirase con el un horario alternativo.
- En canto á realización do traballo tutelado, exímese ao alumno da necesidade de realizar o traballo en grupo, podendo realizalo individualmente, e, en caso de non poder presentar o traballo en clase por incompatibilidade no horario, o alumno poderá realizar a presentación ao profesor no horario convido por ambos.
O alumno deberá notificar ao coordinador da materia a súa condición de estudante a tempo parcial tan pronto como lle sexa recoñecida, de face a que o profesor poida realizar unha correcta planificación das actividades docentes. Segunda oportunidade e oportunidade adiantada de Decembro Aspectos a ter en conta: - En caso de non presentar (ou non superar) as prácticas de laboratorio en primeira oportunidade, o alumno deberá someterse a un (novo) exame de prácticas, con computador.
- En caso de non presentar (ou non superar) o traballo tutelado en primeira oportunidade, o alumno deberá acordar co coordinador da materia unha temática para a realización dun novo traballo.
- Tanto o exame de prácticas como a presentación do traballo tutelado realizaranse, salvo que o alumno acordase outra cousa co coordinador, con anterioridade ao día fixado oficialmente para o exame correspondente á convocatoria en cuestión (Xullo ou Decembro). Para iso, o alumno debe contactar co coordinador e convir con el unha data e hora para a realización do exame e/ou a presentación do traballo.
Condición de "Non Presentado" Consideraranse como "non presentados" aos alumnos que non realicen a proba obxectiva.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Jorge Ramió (1999). Aplicaciones Criptográficas. UPM
S. Harris (2010). CISSP All in one. 5ª Edición. Mc-Graw Hill
W. Stallings (2004). Fundamentos de Seguridad en Redes. Aplicaciones y Estándares. 2ª Edición. Pearson Educación
M. Mackrill, C. Nowell, K. Stopford, C. Trautwein (2011). Official ISC2 Guide to the SSCP CBK. 2ª Edición. Ed. Harold F. Tripton |
|
Bibliografía complementaria
|
Manuel J. Lucena (). Critpografía y seguridad en Computadores. http://wwwdi.ujaen.es/~mlucena
Simson Garfinkel, Gene Spafford, Alan Schwartz (2003). Practical UNIX and Internet Security, Third Edition. O'Reilly
Information Security Forum (). The Standard of good Practice for Information Security. http://www.isfsecuritystandard.com |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Lexislación e Seguridade Informática/614G01024 | Administración de Sistemas Operativos/614G01047 | Administración de Redes/614G01048 | Administración de Bases de Datos/614G01050 |
|
|