Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Estructura de Computadores Código 614G01202
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Curso de Adaptación Enxeñeiros Téc. en Informática Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Electrónica e Sistemas
Coordinación
Fraguela Rodriguez, Basilio Bernardo
Correo electrónico
basilio.fraguela@udc.es
Profesorado
Fraguela Rodriguez, Basilio Bernardo
Sanjurjo Amado, Jose Rodrigo
Correo electrónico
basilio.fraguela@udc.es
jose.sanjurjo@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da arquitectura, organización, función e deseño dun computador. Presentación das principais métricas do rendimento dun computador. Avaliación e optimización do rendimento dos bloques funcionais básicos do computador. Introdución aos sistemas paralelos e sistemas de almacenamento.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A15 Capacidade de coñecer, comprender e avaliar a estrutura e a arquitectura dos computadores, así como os compoñentes básicos que os conforman.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Capacidade de coñecer, comprender e avaliar a estrutura e a arquitectura dos computadores, así como os compoñentes básicos que os conforman. A15
B1
B3
C2
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Estrutura, Organización e Funcionamiento de Bloques Funcionais Básicos 1. Unidade de procesamento
2. Unidade de control
3. Sistema de entrada/saída
Mellora da CPU e paralelismo 1. Avaliación de prestacións
2. Procesadores segmentados
3. Procesadores superescalares
4. Introdución ao paralelismo a nivel de tarefa
Sistema de memoria 1. Conceptos básicos
2. Cachés
3. Memoria virtual
4. Memoria principal

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 42 63
Prácticas de laboratorio 14 28 42
Solución de problemas 7 17.5 24.5
Proba obxectiva 2.5 7.5 10
Traballos tutelados 1 7 8
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de fases de debate cos estudantes. Todo elo coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Realizaranse sesións maxistrais sobre gran parte dos contenidos do temario, normalmente como punto de partida para o resto de actividades previstas para cada apartado. Estes contidos, centrados na competencia A15, están apoiados por bibliografía en castelán, pero maioritariamente en inglés, contribuíndo a consecución da competencia C2. As sesións enfocaranse de xeito que se promova a adquisición das competencias transversais e nucleares da materia.
Prácticas de laboratorio Actividade que permite aos estudantes aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos mediante a realización de sesións prácticas en computadores. Permitirán aos alumnos familiarizarse cos aspectos prácticos da materia. Esta metodoloxía permite exercitar e avaliar particularmente as competencias B1 e B3 en relación á competencia A15. O mesmo ocorre con C2 ao empregar alguna ferramenta con manuais dispoñibles só en inglés e basearse as prácticas nos conceptos apoiados pola bibliografía en inglés xa comentada. De xeito similar C4 é de aplicación xeral en todas as metodoloxías da asignatura.
Solución de problemas Clases nas que se resolverán un número dado de problemas que permitirá afianzar os conceptos plantexados nas clases maxistrais. Esta metodoloxía permite exercitar particularmente a competencia B3 e sobre todo a B1 en relación á competencia A15, así como indirectamente C2 en virtude da bibliografía xa comentada e C4 en función dos valores e actitudes transmitidos.
Proba obxectiva Actividade realizada para a avaliación do coñecemento e as capacidades adquiridas polos alumnos con esta materia. Consiste nunha proba escrita con preguntas para a avaliación individual obxectiva de cada alumno. A proba fará particular énfase nas competencias A15, B1 e B3, e indirectamente C2 por mor da bibliografía, e C4 en función dos valores e actitudes transmitidos.
Traballos tutelados Os alumnos desenvolverán un traballo sobre un aspecto da materia recabando información en fontes diversas e elaborando un documento resumido. O traballo requerirá o uso de fontes en inglés, permitindo exercitar e avaliar a competencia C2. A súa temática desenvolverá as competencias B3, C6, C7 e C8 no campo de coñecemento da compentencia A15, permitindo avalialas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Solución de problemas
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada é imprescindible para dirixir aos alumnos na realización dos problemas propostos, nas prácticas de laboratorio e nos traballos tutelados. Ademais, esta atención servirá para validar e avaliar o traballo que vai sendo realizado polos alumnos. Por outra banda, recomendarase aos alumnos a asistencia a titorías como método de axuda.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Encargarase aos alumnos a realización dun traballo que elaborarán sobre información recopilada a través de distintas fontes. Valoraranse a completitude e a profundidade dos contidos, así como as aptitudes de expresión mostradas en dito traballo. Esta metodoloxía avalia parcialmente as competencias A15, B3, C2 e C4; así como as C6, C7 e C8.
10
Prácticas de laboratorio Valoraranse as prácticas realizadas polos alumnos durante as sesións de laboratorio. Para elo recolleranse evidencias tales como follas de prácticas con preguntas sobre elas ou resultados das prácticas, como por exemplo códigos escritos polo alumno. Esta metodoloxía avalia parcialmente as competencias A15, B1, B3, C2 e C4. 40
Proba obxectiva Ao final do cuadrimestre realizarase un exame escrito sobre os contidos da materia que non corresponden á parte práctica, senon á docencia expositiva e a solución de problemas. Esta metodoloxía avalia parcialmente as competencias A15, B1, B3. C2 e C4.
50
 
Observacións avaliación

A avaliación das prácticas (un 40% da nota) será mediante un cuestionario e/ou código(s) desenvolvido(s) polos alumnos que deberán entregarse ao final de cada sesión correspondente de laboratorio.

Na avaliación da segunda oportunidade só poderá reavaliarse a proba obxectiva da materia.

O horario da materia, a última hora da tarde, unido ao non requerimento da presenza do alumno, excepto nas sesións con prácticas avaliables e no exame, así como á dispoñibilidade na plataforma web de docencia do título de todos os materiais da materia, favorece o estudo e a avaliación dos alumnos que traballan e en xeral do alumnado con matrícula a tempo parcial.


Fontes de información
Bibliografía básica Hennessy, J.L. y Patterson, D.A. (2011). Computer architecture: A quantitative approach. Morgan Kaufmann Publishers
David A. Patterson, John L. Hennessy (2009). Computer organization and design : the hardware/software interface. Morgan Kaufmann Publishers

Bibliografía complementaria Stallings, W. (2009). Computer Organization and Architecture: Designing for Performance. . Prentice Hall
Kernighan, R. (1991). El lenguaje de programación C. Prentice Hall
F. García Carballeira, J. Carretero, J.D. García Sánchez y D. Expósito Singh (2009). Problemas resueltos de estructura de computadores. Paraninfo


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías