Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Administración de Infraestruturas e Sistemas Informáticos Código 614G01216
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Curso de Adaptación Enxeñeiros Téc. en Informática Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Electrónica e Sistemas
Coordinación
Vazquez Araujo, Francisco Javier
Correo electrónico
francisco.vazquez@udc.es
Profesorado
López Taboada, Guillermo
Rey Expósito, Roberto
Vazquez Araujo, Francisco Javier
Correo electrónico
guillermo.lopez.taboada@udc.es
roberto.rey.exposito@udc.es
francisco.vazquez@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Administración de infraestruturas servidor, clúster e cloud, facendo uso de tecnoloxías de rede e virtualización para o acceso a servizos de almacenamento e cómputo.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A52 Capacidade para comprender o contorno dunha organización e as súas necesidades no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións.
A53 Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar, avaliar, construír, xestionar, explotar e manter as tecnoloxías de hárdware, sóftware e redes dentro dos parámetros de custo e calidade adecuados.
A55 Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar e xestionar redes e infraestruturas de comunicacións nunha organización.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer a importancia do contorno da organización e as suas necesidades no ámbito das tecnoloxías da información. A52
B3
C2
C3
C4
C6
C7
C8
Coñecer os sistemas software e hardware que permiten a implantación de solucións tolerantes a fallos. A53
A55
B1
B3
C2
C3
C4
C6
C7
C8
Coñecer aspectos relativos ao deseño, administración e xestión de equipos informáticos en rede, así como a súa implicación na posta en marcha de sistemas e servicios de rede. A53
A55
B1
B3
C2
C3
C4
C6
C7
C8
Saber e coñecer o funcionamiento das técnicas de monitorización e administración de infraestruturas informáticas. A53
A55
B1
B3
C2
C3
C4
C6
C7
C8
Coñecer os fundamentos básicos de administración e xestión de equipos informáticos en rede. A53
A55
B1
B3
C2
C3
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Virtualización 1.1. Introdución. Niveis de virtualización.

1.2. Virtualización a nivel HAL. KVM.

1.3. Virtualización a nivel SO. LXC.
2. Clusters 2.1. Introducción. Configuración de clusters. Elementos dun cluster.

2.2. Administración de clusters. Ferramentas de administración. Xestión de recursos distribuidos.
3. Cloud Computing
3.1 Introdución á arquitectura cloud.

3.2. Modelos de servizo. Despregamento.

3.3. IaaS. Amazon Web Services.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio 15 37.5 52.5
Seminario 6 24 30
Proba mixta 3 0 3
Sesión maxistral 21 42 63
 
Atención personalizada 1.5 0 1.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Realización de prácticas de ordenador sobre os conceptos traballados en clase de teoría. Competencias A(53,55), B(1) e C(2-4,6-8).
Seminario Exposición e discusión sobre temas de interese no ámbito da materia. Competencias A(52,53,55), B(1,3) e C(2-4,6-8).
Proba mixta Proba con cuestións de avaliación da comprensión dos conceptos teóricos e da súa aplicación á práctica. Competencias A(52,53,55), B(3) e C(2-4,6-8).
Sesión maxistral Exposición oral sobre os temas da materia coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe e asimilación dos conceptos discutidos. Competencias A(52,53,55), B(3) e C(2-4,6-8).

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
Resolución de dúbidas que teña cada alumno na realización das prácticas de laboratorio.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Proba escrita sobre os conceptos presentados na docencia expositiva. Competencias A(52,53,55), B(3) e C(2-4,6-8). 50
Prácticas de laboratorio Avaliación da realización das prácticas de laboratorio. Competencias A(53,55), B(1) e C(2-4,6-8). 50
 
Observacións avaliación

Para aprobar na primeira oportunidade (xuño) é condición necesaria (pero non suficiente) obter un mínimo
dun 40% da nota de prácticas e da nota da proba escrita. No caso de non
cumprir este requisito pero obter unha ponderación de notas superior a 4
a nota final será 4 (Suspenso). Por exemplo, un 8 en prácticas de
laboratorio e un 3 na proba escrita resultará nunha nota ponderada de
5.5 pero en actas figurará 4 (Suspenso).

A recuperación (segunda
oportunidade, xullo) consiste exclusivamente na repetición da proba
escrita, manténdose a nota de prácticas de laboratorio. Neste caso non se
esixirá superar o 40% da nota de prácticas.

A entrega de prácticas será flexible para os alumnos matriculados a tempo parcial.


Fontes de información
Bibliografía básica

* Material docente en Moodle.

Bibliografía complementaria

* A. Frish. Essential System administration. O'Reilly.

* Kai H. et al. "Distributed and Cloud Computing. From Parallel Processing to the Internet of Things". Morgan Kaufmann

* Buyya, R. et al. "Cloud computing and emerging IT platforms: Vision, hype, and reality for delivering computing as the 5th utility". Future Generation Computing Systems


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Sistemas Operativos/614G01016
Redes/614G01017

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías