Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Técnicas Computacionais Aplicadas á Enxeñaría Mariña Código 631480201
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Mariña
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Enerxía e Propulsión Mariña
Coordinación
Baaliña Insua, Alvaro
Correo electrónico
alvaro.baalina@udc.es
Profesorado
Baaliña Insua, Alvaro
Correo electrónico
alvaro.baalina@udc.es
Web
Descrición xeral A materia baséase no coñecemento e aplicación dos métodos computacionais en procesos de transferencia de calor e fluxo de fluídos, para o deseño e cálculo de equipos e sistemas
de instalacións mariñas.
Acadarase destreza suficiente para coñecer as limitacións do método e a precisión dos resultados obtidos, tendo en conta as hipóteses de partida.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A20 Capacidade para desenrolar tarefas de análise e síntese de problemas teórico-prácticos en base a conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito marítimo, mediante fundamentos físico-matemáticos.
A21 Operar, reparar, manter, reformar, deseñar e optimizar a nivel de xestión as instalacións industriais relacionadas coa enxeñaría mariña.
A22 Capacidade para desenrolar métodos e procedementos para gañar competitividade na industria marítima.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito marítimo, mediante fundamentos físico-matemáticos.
B10 Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica.
B11 Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Análise e síntese dos conceptos relativos aos métodos computacionales e á súa aplicación en casos prácticos nos que se combinen procesos de transferencia de calor e fluxo de fluídos. Capacidade para modelizar procesos a través dos métodos computacionales. AM20
AM21
AM22
Razoamento crítico acerca dos modelos físicos aplicables. Hábito de estudo, estructuración da información e manexo de software especializado. BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM10
BM11
CM1
CM2
CM4
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1.-Ecuacións que gobernan a Mecánica de Fluidos e a Transferencia de Calor 1.1 Ecuacións de conservación. Formas Integral e diferencial
1.2. Conducción, convección e radiación
2.-Ecuacións en derivadas parciais. 2.1. Clasificación
2.2. Comportamento
3.- Mallados 3.1. Transformación das ecuacións
3.2. Xeneración de mallas
4.- Técnicas de CFD 4.1. Lax-Wendroff
4.2. Maccormack's
5.- Aplicacións 5.1. Casos de fluxo de fluidos
5.2. Casos de transferencia de calor

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 14 14 28
Solución de problemas 7 14 21
Traballos tutelados 7 7 14
Proba obxectiva 2 6 8
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizarase a explicación detallada dos contidos da materia e que se distribúen en temas. O alumno contará en todo momento cunha copia mecanografiada do tema a tratar en cada sesión maxistral. Foméntase a participación en clase, a través de comentarios que relacionan os contidos teóricos con experiencias da vida real.
Solución de problemas Resolveranse exercicios propostos, permitindo a aplicación dos modelos matemáticos máis axeitados a cada caso, incluíndo manexo de software, aplicación das hipóteses máis axeitadas, relación cos contidos teóricos desenvolvidos nas sesións maxistrais e vinculación co exercicio profesional
Traballos tutelados Resolución de problemas de maiores esixencias que os resoltos en clase ou de temas de especial relevancia.
Proba obxectiva Valórase o grao de coñecemento adquirido sobre a materia en cuestión, tendo en consideración tanto a parte teórica como de problemas

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
Trátase de orientar ao alumno naquelas cuestións relativas á materia impartida e que resulten de especial dificultade para a súa comprensión. Tamén se inclúen as correspondentes revisións de exames. As canles de información e contacto serán a Facultade Virtual e as tutorías individualizadas que se desenvolven durante a semana.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Aasistencia ás sesións presenciais computará dentro da nota final.
Competencias avaliadas: B1, B2, B3, B4, B5, B6, B7, B10, B11, C1, C2, C4, C6, C7, C8
10
Solución de problemas Resolución de problemas, se é posible, con software.
Competencias avaliadas: A20; A21; A22; B2; B4; B5; B7; B11
10
Proba obxectiva Avaliación de coñecementos e comprensión dos contidos
básicos da materia, considerando as habilidades e destrezas do alumno, as súas estratexias e formulacións na resolución de problemas.
Valorarase expresamente o grao de evolución do alumno e a súa capacidade para analizar, axuizar e resolver problemas puntuais, requiríndose unha formación teóricopráctica
equilibrada.
Cada proba parcial (como mínimo dous parciais) achegará un 35% e a proba obxectiva global (nota media
de ambas) reportará un 70% do total da avaliación da materia
Competencias avaliadas: A20; A21; A22; B1; B2; B3; B4; B5; B6; B7; B10; B11; C1; C2; C4; C6; C7; C8
70
Traballos tutelados Presentación e defensa dos traballos realizados. Valorarase estrutura, pulcritude, método expositivo e orixinalidade.
Competencias avaliadas: A20; A21; A22; B2; B3; B4; B5; B6; B7; B10; B11; C1;C6
10
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Post, Scott (2011). Applied and computational fluid mechanics . Jones and Bartlett Publishers
John D. Anderson (1995). Computational Fluid Dynamics. McGrawHill
Patankar, Suhas V. (1980). Numerical heat transfer and fluid flow. Taylor & Francis

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías