Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Navegación Avanzada Código 631510203
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e da Terra
Coordinación
Lopez Varela, Pablo
Correo electrónico
pablo.lopez@udc.es
Profesorado
Lopez Varela, Pablo
Salgado Don, Alsira
Correo electrónico
pablo.lopez@udc.es
alsira.salgado@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Capacidade para planificar unha viaxe e dirixir a navegación.
A2 Capacidade para determinar por calquera medio a situación e exactitude do punto resultante.
A3 Capacidade para determinar e compensar os erros do compás.
A5 Capacidade para establecer os sistemas e procedementos do servizo de garda.
A6 Capacidade para manter a seguridade da navegación utilizando información do equipo e os sistemas de navegación para facilitar a toma de decisións.
A7 Capacidade para manter a seguridade da navegación utilizando o SIVCE e os sistemas de navegación conexos para facilitar a toma de decisións.
A19 Capacidade para a utilización das cualidades de liderado e xestión.
B4 Capacidade para comunicarse de forma efectiva nunha contorna de traballo.
B9 Capacidade de análise e síntese.
B13 Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B14 Capacidade para integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
C3 Capacidade para utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C6 Capacidade para valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecemento e manexo avanzado de sistemas e equipos de navegación. Utilización da información obtida destes para a planificación e execución da navegación. Capacidade para planificar a viaxe e dirixir a navegación con seguridade. Capacidade para determinar e compensar os desvíos da agulla. Capacidade para establecer os sistemas e procedementos do servizo de garda. AP1
AP2
AP3
AP5
AP6
AP7
AP19
BM4
BM9
BM13
BM14
CM3
CM6
Coñecemento e emprego de metodoloxías particulares e de liñas de posición de orixe astronómica e/ou terrestre para determinar a posición. AP2
AP6
BM9
BM13
BM14
CM6
Coñecemento e emprego de metodoloxías avanzadas de cinemática naval e a súa aplicación na toma de decisións. AP1
AP5
AP6
AP19
BM9
BM13
BM14
CM6

Contidos
Temas Subtemas
1- "Voyage planning" avanzado.
.
2- Cinemática naval avanzada. .
3- Metodoloxía avanzada para a determinación da posición e execución da navegación mediante observacións celestes, terrestres e o uso de axudas electrónicas á navegación. .

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 35 50 85
Lecturas 0 6 6
Simulación 4 0 4
Prácticas de laboratorio 13 25 38
Proba obxectiva 4 9 13
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral da materia complementada co uso de presentacións audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Dentro desta dinámica a intervención dos alumnos estará aberta para a realización de preguntas ou comentarios, que poderían dar lugar a debates abertos.
Os textos e/ou presentacións audiovisuais empregados poranse a disposición do alumnado coa antelación suficiente como para que poidan lela de forma previa.
Lecturas Documentación facilitada aos alumnos onde se profunda sobre os contidos a desenvolver na materia.
Simulación Exercicios realizados no simulador de manobra e navegación nos cales se colocará ao alumnado ante condicións hipotéticas que simularán situacións que se poderían producir nun contexto real, coa finalidade de utilizalos como experiencias de aprendizaxe e procedemento de avaliación. Nestas simulacións o alumnado demostrará a súa destreza ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade para a toma de decisións.
Prácticas de laboratorio Realización de exercicios de carácter práctico relacionados cos conceptos teóricos explicados nas sesións maxistrais.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, etc.
A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de resposta breve, e/ou de desenvolvemento. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Simulación
Prácticas de laboratorio
Descrición
O seguimento do traballo realizado polos alumnos, tanto nas clases teóricas como prácticas, realizarase de forma continua na aula e, no caso de que se detecten necesidades específicas, estableceranse titorías adicionais de carácter individual ou en grupo moi reducido de apoio e para resolución de dúbidas.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Para os alumnos cunha asistencia regular a clase (polo menos o 80%) realizaranse, ao longo do curso, un mínimo de dous exames parciais. Aqueles que superen todos os parciais cunha nota media igual ou superior a 5 non terán que presentarse ao exame final, a non ser que desexen subir a nota do curso. A nota mínima para poder compensar por media aritmética cada un dos parciais á hora de obter a nota do curso será dun 3,5. En caso de obter nalgún dos parciais unha nota inferior a un 3,5, a nota do curso será a media xeométrica ponderado dos parciais (dando maior peso á menor nota obtida). En caso de non presentarse a algún dos parciais considerarase que o alumno non está a seguir o sistema de avaliación continua descrito e será cualificado por curso como non presentado.

Aqueles alumnos que non sigan o sistema de avaliación descrito ou suspendan a materia por curso, deberán presentarse ao exame final da convocatoria oficial, no cal entrará a totalidade da materia. Os exames parciais non librarán materia para o final.

Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias A1, A2, A3, A5, A6, A7, A19, B9, B13, B14, C6.
95
Simulación Os exercicios de simulación serán de obrigatoria asistencia para a superación da materia e serán avaliados sen cualificación numérica (apto ou non apto).
Aqueles alumnos que non asistan ao 80% das clases de simulación serán cualificados como non aptos.

Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias A1, A2, A5, A6, A7, A19, B13, B14, C6.
0
Prácticas de laboratorio No caso de que un alumno suspendese a materia cunha nota igual ou maior de 4,5, poderá aprobar a materia a condición de que realizase ao longo do curso o 100% das prácticas propostas en clase.

Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias A1, A2, A3, A6, A7, B13, B14, C6.
5
 
Observacións avaliación

Será necesario unha asistencia mínima do 80%
dos exercicios de simulación.



Aqueles alumnos cualificados como non aptos na metodoloxía de simulación
non poden superar a materia. Neste caso aínda superando a proba obxectiva e as
prácticas de laboratorio o alumno será cualificado cun 4.


Fontes de información
Bibliografía básica

INTEGRATED BRIDGE SYSTEMS VOL 1: RADAR AND AIS - The Nautical Institute

INTEGRATED BRIDGE SYSTEMS VOL 2: ECDIS AND POSITIONING - The Nautical Institute

NAVIGAZIONE VOL. I Y II. Ideale Capasso, Sergio Fede

NAVEGACIÓN Nº 1, 2 Y 3. Moreu Curbera

ELECTRONIC SURVEYING AND NAVIGATION – Simo H. Laurila

RADAR NAVIGATION AND MANEUVERING BOARD MANUAL – National Imagery And Mapping Agency (http://msi.nga.mil/NGAPortal/MSI.portal?_nfpb=true&_pageLabel=msi_portal_page_62&pubCode=0008)

CINEMATICA ANTICOLISIÓN – Jesús Uribe-Echebarria

PILOTING WITH ELECTRONICS – Luke Melton

RADAR AND ARPA MANUAL – A. G. Bole & W.O. Dineley

DUTTONS NAVIGATION & PILOTING – Maloney

AMERICAN PRACTICAL NAVIGATION – Bowditch (http://msi.nga.mil/NGAPortal/MSI.portal?_nfpb=true&_pageLabel=msi_portal_page_62&pubCode=0002)

BRIDGE TEAM MANAGEMENT. A PRACTICAL GUIDE – Capt. A.J. Swift – The Nautical Institute

THE ELECTRONIC CHART DISPLAY AND INFORMATION SYSTEM (ECDIS): AN OPERATIONAL HANDBOOK - Adam Weintrit

CONVENIO INTERNACIONAL PARA LA SEGURIDAD DE LA VIDA HUMANA EN EL MAR (SOLAS)

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías