Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Informática Aplicada Código 631G01501
Titulación
Grao en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Electrónica e Sistemas
Coordinación
Vidal Paz, Jose
Correo electrónico
jose.vidal.paz@udc.es
Profesorado
Vidal Paz, Jose
Correo electrónico
jose.vidal.paz@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A8 Modelizar situacións e resolver problemas con técnicas ou ferramentas físico-matemáticas.
A9 Avaliación cualitativa e cuantitativa de datos e resultados, así como representación e interpretación matemática de resultados obtidos experimentalmente.
A22 Cargar, manipular e estibar do xeito axeitado as diferentes mercadorías transportables nun buque.
A24 Manter a navegabilidade do buque.
A31 Transporte de cargas perigosas.
A32 Controlar o asento, a estabilidade e os esforzos.
A38 Ser capaz de identificar, analizar e aplicar os coñecementos adquiridos nas distintas materias do Grao, a unha situación determinada formulando a solución técnica máis axeitada dende o punto de vista económico, ambiental e de seguridade.
B2 Resolver problemas de xeito efectivo.
B4 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
B5 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B6 Traballar de forma colaboradora.
B8 Aprender en ámbitos de teleformación.
B9 Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito marítimo, mediante fundamentos físico-matemáticos.
B10 Versatilidade.
B11 Capacidade de adaptación a novas situacións.
B12 Uso das novas tecnoloxías TIC, e de Internet como medio de comunicación e como fonte de información.
B14 Capacidade de análise e síntese.
B15 Capacidade para adquirir e aplicar coñecementos.
B16 Organizar, planificar e resolver problemas.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Ser capaz de publicar información nun blog B4
B6
B8
B12
C3
Ser capaz de compartir información cos compañeiros facendo uso do almacenamento virtual na rede B4
B5
B12
C3
Ser capaz de establecer unha rede de contactos profesionais B4
B6
B12
C3
Coñecer as utilidades e as posibilidades de programación avanzadas das follas de cálculo B8
B12
B14
C3
Ser capaz de desenrolar unha aplicación para o cálculo da carga, calados, estabilidade e resistencia estructural do buque A8
A9
A22
A24
A31
A32
A38
B2
B5
B8
B9
B10
B11
B12
B15
B16
C3
C6
Ser capaz de programar complementos relacionados co mundo marítimo para unha folla de cálculo A8
A9
A38
B2
B5
B6
B8
B9
B10
B11
B12
B15
B16
C3
C6
Saber deseñar correctamente as táboas dunha Base de Datos B6
B8
B12
B14
C3
Ser capaz de integrar a información dunha Base de Datos nunha folla de cálculo B2
B5
B6
B8
B10
B11
B12
C3

Contidos
Temas Subtemas
1. FORMULARIOS, CONTROIS E OBXETOS DE DEBUXO 1.1. INTRODUCCION
1.2. FORMULARIOS
1.3. CONTROIS
1.4. ENGADINDO INTERACTIVIDADE
1.5. OBXETOS DE DEBUXO
2. MACROS 2.1. INTRODUCCION
2.2. ENGADIR A SOLAPA DE DESENROLO
2.3. HABILITAR AS MACROS
2.4. INICIAR O GRABADOR DE MACROS
2.5. OPCIONS DO GRABADOR DE MACROS
2.6. GRABAR UNHA MACRO
2.7. EXECUTAR UNHA MACRO
2.8. EDITAR UNHA MACRO
3. VBA BASICO 3.1. A LINGUAXE
3.2. EDITOR VBA
3.3. OBXETOS DE EXCEL VBA
3.4. VARIABLES
3.5. CONSTANTES
3.6. CADROS DE DIALOGO
4. PROGRAMACION 4.1. O CODIGO
4.2. CONTROLANDO A EXECUCION DO CODIGO
4.3. MANIPULANDO OBXETOS E COLECCIONS
4.4. PROPIEDADES DE APLICACION UTILES
4.5. OBXETOS RANGO
5. PROCEDEMENTOS 5.1. PROCEDEMENTOS SUB
5.2. PROCEDEMENTOS FUNCTION
5.3. ARGUMENTOS DOS PROCEDEMENTOS
6. FORMULARIOS DE USUARIO 6.1. ALTERNATIVAS
6.2. CREAR UN FORMULARIO DE USUARIO
7. INTEGRACION DUNHA FOLLA DE CALCULO CUN BANCO DE DATOS 7.1. INTRODUCCION
7.2. ADO
7.3. DESDE ACCESS A EXCEL
7.4. DESDE EXCEL A ACCESS
7.5. SQL
7.6. OBXETO RECORDSET
8. PERSONALIZACION 8.1. BARRA DE BOTONS
8.2. COMPLEMENTOS
9. BLOGS 9.1 INTRODUCCION
9.2. PUBLICACION
9.3. BLOG MARINA MERCANTE
9.4. WORDPRESS
10. REDES SOCIAIS 10.1 INTRODUCCION
10.2. LINKEDIN

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas 8 16 24
Proba obxectiva 2 10 12
Traballos tutelados 26 52 78
Aprendizaxe colaborativa 4 8 12
Sesión maxistral 10 10 20
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas As clases maxistrais combinaranse coa resolución de problemas por parte do alumno. Esta será a metodoloxía mais potenciada durante o curso, e usarase tanto no aula coa presenza do profesor como no traballo non presencial do alumno.
Os problemas propostos estarán relacionados coa clase maxistral anterior. Os exercicios que o alumno resolva no aula deberá entregalos a través da plataforma virtual antes de que remate o prazo de entrega. Os que resolva fora do aula poderá entregalos tamén a través da plataforma virtual pero con un prazo moito más longo, que rematará preto do final do curso.
Proba obxectiva Os alumnos que non acaden unha nota mínima dun 5 cos problemas e traballos propostos ao longo do curso terán dereito a realizar unha proba obxectiva, que consistirá na resolución de problemas semellantes aos propostos ao longo do curso.
Traballos tutelados Proporase aos alumnos o desenvolvemento dunha aplicación de carga para un barco que poderán ir desenrolando ao longo do curso, incorporando nela o aprendido nas clases.
Aprendizaxe colaborativa Os alumnos usarán o almacenamento na nube para compartir materiais da clase, e terán que crear un perfil nunha rede social que lles poida facilitar a busqueda de traballo e contactos profesionais, e terán que contribuir nun blog con algunha aportación propia.
Sesión maxistral A semana anterior á exposición dun tema, o profesor colgará os contidos na plataforma virtual da universidade. proporcionándoselle ao alumno ou ben materiais ou ben indicacións de como consultar fontes adicionais para profundizar no estudo do tema.
Despois da exposición do tema, os conceptos básicos serán traballados individualmente en ordenador polo alumno no aula contando coa asistencia do profesor.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
TRABALLOS TUTELADOS
A atención personalizada realizarase tanto no aula coma no despacho do profesor, tratando de aportar solucións aos problemas e dúbidas que vaian surxindo ao longo do desenrolo da aplicación de carga.

APRENDIZAXE COLABORATIVA
A atención personalizada realizarase tanto no aula, coma no despacho ou a través das TIC orientando ao alumno no uso destas tecnoloxías.

SOLUCION DE PROBLEMAS
A atención personalizada realizarase no despacho para orientar ao alumno na resolución dos problemas que lle crearon máis dificultades.

TUTORIAS
Realizarase no despacho do profesor nos horarios de titorías establecido a comezo de curso e posto en coñecemento do alumno polos medios apropiados no centro e na plataforma de teleaprendizaxe da universidade.

Ademais o profesor resolverá as dúbidas recibidas por medios electrónicos como correo electrónico ou foros creados a tal efecto na plataforma de teleaprendizaxe da universidade.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Solución de problemas A resolución de problemas por ordenador relacionados cos contidos das clases maxistrais valorarase ata un máximo de 30 puntos.
Os exercicios entregados fora de prazo valoraránse ao 50%.
30
Traballos tutelados O desenvolvemento dunha aplicación de carga valorarase ata un máximo de 50 puntos. 50
Aprendizaxe colaborativa A participación activa nunha rede social profesional valorarase ata un máximo de 10 puntos.
A participación nun blog da materia valorarase ata un máximo de 10 puntos
20
 
Observacións avaliación

O alumno ten dúas posibilidades de avaliación:


1. A avaliación continua. Mediante esta via, o alumno ten a posibilidade de superar a asignatura por curso mediante a presentación dunha aplicación de carga, a resolución de problemas, a participación nunha rede social e nun blog. No caso de acadar máis de 50 puntos, non terá que facer a proba final da convocatoria de Xuño.

2. A avaliación mediante proba obxectiva final. Esta via se aplicará cando o alumno non acade un mínimo de 50 puntos ao longo do curso. Neste caso o alumno examinarase do temario completo, e o 100% da nota virá de esta proba obxectiva.

Fontes de información
Bibliografía básica Teaching Soft Group (2011). Access 2010: curso práctico. Paracuellos de Jarama, Madrid: Ra-Ma
Walkengach, John (2007). Excel 2007 power programming with VBA. Hoboken, N.J.: Wiley
McFedries, Paul (2010). Excel 2010: fórmulas y funciones. Madrid: Anaya Multimedia
Carbonell, Lorenzo (1997). Introducción práctica a las bases de datos. Alicante: Universidad de Alicante
Martin iglesias, Joaquín P. (2011). Manual imprescindible de servicios Google como herramienta educativa. Madrid: Anaya Multimedia
Jeschke, Egbert (2011). Microsoft Excel 2010, Formulas & Functions Inside Out. Hoboken, N.J,: Microsoft Press
Derrett, D.R. (2006). Ship Stability for Masters and Mates. Oxford: Butterworth-Heinemann
Sanchez, Yoani (2011). Wordpress: un blog para hablar al mundo. Madrid: Anaya Multimedia

Manuais en formato PDF que veñen incorporados coas aplicacións Eseacon específicas para carga de buques.


Apuntes e transparencias elaboradas polo profesor.
Bibliografía complementaria Alexander, Michael (2007). Microsoft Excel & Access integration with Office 2007. Indianapolis: Wiley
Monk, Ellen F (2012). Problem solving cases in Microsoft Access & Excel. Boston, MA: Course Technology
Bovey, Rob (2009). Professional Excel development: the definitive guide to developing applications using Microsoft Excel, VBA and .NET. Upper Saddle River (New Jersey): Addison-Wesley
Bottfried, Byron S. (1998). Spreadsheet tools for engineers. Boston: McGraw-Hill


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Teoría do Buque II/631G01404

Materias que continúan o temario
Construcción Naval/631G01105
Informática/631G01110
Teoría do Buque I/631G01208
Estiba/631G01301

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías