Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Capacidade para a realización de inspeccións, medicións, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, planos de labores e certificacións nas instalacións do ámbito da súa especialidade. |
A3 |
Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento. |
A4 |
Capacidade de analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas, así como a prevención de riscos laborais no ámbito da súa especialidade. |
A7 |
Capacidade para a operación e posta en marcha de novas instalacións ou que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, instalación, montaxe ou explotación, realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, e outros traballos análogos de instalacións enerxéticas e industriais mariñas, nos seus respectivos casos, tanto con carácter principal como accesorio, sempre que quede comprendido pola súa natureza e característica na técnica propia da titulación, dentro do ámbito da súa especialidade, é dicir, operación e explotación. |
A9 |
Realizar informes técnicos de incidentes con incendios, no ámbito da súa especialidade. |
A10 |
Observar os procedementos de emerxencia, no ámbito da súa especialidade. |
A11 |
Observar prácticas de seguridade no traballo, no ámbito da súa especialidade. |
A14 |
Avaliación cualitativa e cuantitativa de datos e resultados, así como a representación e interpretación matemáticas de resultados obtidos experimentalmente. |
A17 |
Modelizar situacións e resolver problemas con técnicas ou ferramentas físico-matemáticas. |
A18 |
Redacción e interpretación de documentación técnica. |
A19 |
Coñecer as características e limitacións dos materiais utilizados para a reparación de buques e equipos. |
A20 |
Ser capaz de identificar, analizar e aplicar os coñecementos adquiridos nas distintas materias do Grao, a unha situación determinada formulando a solución técnica máis axeitada dende o punto de vista económico, ambiental e de seguridade. |
A21 |
Capacidade para exercer como Oficial de Máquinas da Mariña Mercante, unha vez superados os requisitos esixidos pola Administración Marítima. |
A30 |
Operar, reparar, manter, reformar, optimizar a nivel operacional as instalacións industriais relacionadas coa enxeñaría mariña, como motores alternativos de combustión interna e subsistemas; turbinas de vapor, caldeiras e subsistemas asociados; ciclos combinados; propulsión eléctrica e propulsión con turbinas de gas; equipos eléctricos, electrónicos, e de regulación e control do buque; as instalacións auxiliares do buque, tales como instalacións frigoríficas, sistemas de goberno, instalacións de aire acondicionado, plantas potabilizadoras, separadores de sentinas, grupos electróxenos, etc. |
A31 |
Operar, reparar, manter e optimizar as instalacións auxiliares dos buques que transportan cargas especiais, tales como quimiqueiros, LPG, LNG, petroleiros, cementeiros, Ro-Ro, Pasaxe, botes rápidos, etc. |
A32 |
Coñecer o balance enerxético xeral, que inclúe o balance termo-eléctrico do buque, ou sistema de mantemento da carga, así como a xestión eficiente da enerxía respectando o medio. |
A33 |
Saber especificar os parámetros de operación dos sistemas de seguridade a bordo e os relacionados coa protección ambiental. |
A34 |
Asegurar o cumprimento das prescricións sobre prevención da contaminación. |
A35 |
Emprego do inglés escrito e falado. |
A43 |
Prevención, control e loita contra incendios a bordo. |
A52 |
Aplicar os protocolos de seguridade ante calquera tipo de incidencia. |
A54 |
Operar, reparar, manter e optimizar a nivel operacional as instalacións industriais relacionadas coa enxeñaría mariña, como motores alternativos de combustión interna e subsistemas; turbinas de vapor e de gas, caldeiras e subsistemas asociados; ciclos combinados; equipos eléctricos, electrónicos, e de regulación e control; as instalacións auxiliares, tales como instalacións frigoríficas, instalacións de aire acondicionado, plantas potabilizadoras, grupos electróxenos, etc. |
A55 |
Coñecer o balance enerxético xeral, incluíndo o balance termo-eléctrico, así como a xestión eficiente da enerxía respectando o medio. |
A56 |
Saber especificar os parámetros de operación dos sistemas de seguridade e os relacionados coa protección ambiental. |
A58 |
Observar o cumprimento da lexislación vixente neste ámbito. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaboradora. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito marítimo, mediante fundamentos físico-matemáticos. |
B8 |
Versatilidade. |
B9 |
Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que lle doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións. |
B10 |
Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica. |
B11 |
Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecer e aplicar os feitos, conceptos e principios esenciais de la Química con especial incidencia na relación da estructura química da materia co seu comportamento físico-químico e aplica-la estequiometría das reaccións, a termodinámica química, os equilibrios materiais, as disolucións, os equilibrios en disolución, a cinética química e a electroquímica a actividades relacionadas co transporte de produtos químicos. |
A4 A7 A17 A18 A20 A21 A33
|
B1 B7 B9 B10
|
C1 C2 C3 C7 C8
|
Coñecer de forma xeral as propiedades fisicoquímicas das sustancias, así como avaliar a reactividade dos distintos produtos químicos tanto utilizados como transportados polos buques. |
A4 A9 A10 A11 A17 A18 A19 A20 A31 A33 A35
|
B1 B2 B7 B9 B10
|
C1 C2 C3 C6 C7 C8
|
Identifica-las implicacións medioambientais relacionadas co transporte marítimo, ben por accidentes ben por aspectos operacionais. |
A3 A4 A18 A21 A34 A35 A56 A58
|
B3 B4 B5 B6
|
C1 C2 C3 C4 C6 C8
|
Ser capaz de prantexar, resolver e interpretar problemas numéricos en Química, así como de transmitir oralmente ou por escrito os resultados dos mismos. |
A4 A14 A17 A18 A20 A21 A32 A35 A55
|
B1 B2 B3 B4 B8 B9 B10 B11
|
C1 C2 C3 C6 C7 C8
|
Coñecer e aplicar os aspectos básicos e aplicados da Química que lle serán de utilidade no desenrolo da súa actividade profesional, o que inclue aqueles coñecementos, competencias, habilidades e aptitudes implicados nos distintos cursos de especialidade requiridos pola lexislación nacional e internacional vixente. |
A1 A3 A4 A9 A10 A11 A14 A17 A18 A20 A21 A30 A32 A35 A43 A52 A55
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11
|
C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8
|
Coñecer e manexar eficazmente o material, a instrumentación e as técnicas de laboratorio relevantes para a actividade profesional. |
A1 A3 A10 A11 A18 A21 A30 A54
|
B1 B3 B4 B5 B8
|
C1 C2 C3 C6 C8
|
Ser capaz de realizar ensaios para a determinación de parámetros físico-químicos necesarios a bordo, así como de avaliar críticamente os resultados de ditos ensaios, e transmitirlos oralmente ou por escrito. |
A3 A11 A14 A18 A21 A33 A35 A58
|
B3 B4 B11
|
C1 C2 C3 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Química e transporte marítimo. |
Definición de Química. Materia e Enerxía. Clasificación da materia: elementos, compostos e mixturas. Propiedades fisicoquímicas da materia: propiedades extensivas e intensivas; propiedades físicas e químicas. Sistema internacional de unidades. A química e o transporte marítimo: tipos de buques. |
Masa e enerxía en Química. |
Tipos de reaccións químicas: reversibles e irreversibles. Estequiometría: reactivo limitante e rendimento. Enerxía interna e entalpía. Calores de reacción: reaccións endo e exotérmicas. Ecuacións termoquímicas. Calorimetría. Capacidades caloríficas. Lei de Hess. |
Productos químicos e transporte marítimo. |
Nomenclatura de compostos químicos. Estructura atómica e molecular e a súa relación coas propiedades macroscópicas. Propiedades físicoquímicas de compostos químicos habituais no transporte marítimo. |
Reactividade física e química. |
Cinética química e equilibrio químico. Reactividade física, química e transporte marítimo. Exemplos de reaccións importantes no transporte marítimo (hidratación, oxidacións, polimerización…). Reactividade química e contaminación. |
Gases e transporte marítimo. |
Gases. Leis dos gases ideais. Lei de Avogadro. Condicións normais e estándar. Mixturas de gases: lei de Dalton. Gases reais, desviación do comportamento ideal: factor de compresibilidade.
Gases en buques.
|
Líquidos e transporte marítimo. |
Líquidos. Densidade: relativa e aparente. Efecto da P e a T sobre a densidade. Disco Plimsoll. Medida da densidade. Tensión superficial: capilaridade. Variación da tensión superficial coa temperatura.
Equilibrio líquido-vapor: presión de vapor dun líquido (presión de vapor de saturación). Dependencia da presión de vapor coa T e a P. Ebullición. Calor latente de vaporización. Variación do punto de ebullición coa P. Humidade relativa e punto de rocío. Diagramas de fases: punto triple e punto crítico. Gases licuados: propiedades. Transporte marítimo de gases licuados. |
Disolucións e transporte marítimo. |
Tipos de disolucións. Proceso de disolución. Unidades de concentración. Solubilidade de sólidos e gases en líquidos. Cambios da solubilidade coa T e a P: lei de Henry. Propiedades coligativas. Lei de Raoult. Aplicacións da disminución da presión de vapor e da lei de Henry o transporte marítimo. Aumento ebulloscópico e descenso crioscópico: aplicacións no transporte marítimo. Presión osmótica: aplicación en depuración de augas. Disolucións electrolíticas. |
Sólidos y transporte marítimo. |
Tipos de sólidos. Sólidos metálicos: enlace metálico e conducción de electricidade. Semiconductores: unión P-N. Materiais cerámicos. Polímeros. Composites. Hidratos. |
Combustión e transporte marítimo. |
Combustión. Calores de combustión. Triángulo e tetraedro do lume: consecuencias. Punto de inflamación, ignición e autoinflamación: limites de inflamabilidade. Gas inerte. Tipos de combustión. Clasificación dos incendios: causas. Mecanismos de extinción: axentes extintores. Tipos de combustibles e as súas propiedades máis importantes (poderes caloríficos). Estequiometría das reacciones de combustión: ar real e ar estequiométrico. Gases da combustión: problemas e análisis. |
Electroquímica, corrosión e transporte marítimo. |
Procesos electroquímicos. Enerxía química. Células electroquímicas. Termodinámica dos procesos redox: ecuación de Nernst e aplicacións. Baterias e pilas. Procesos electrolíticos. Lei de Faraday. Aplicacións da electrólisis.
Corrosión. Tipos de corrosión. Corrosión do ferro e corrosión mariña. Procesos de oxidación en chemineas dos buques. Factores que influen nos procesos de oxidación. Protección frente á corrosión. |
Augua nos buques. |
Reaccións acuosas de interese no transporte marítimo. Circuitos de augua nos buques. Parámetros indicadores da calidade do auga. Tratamentos de auga para caldeiras. Principais problemas que orixina a composición química do auga nunha caldeira: incrustacións e corrosión. Calidade do auga requerida para caldeiras. Tratamentos para eliminación de materiais en suspensión: clarificación. Tratamentos para eliminar sólidos disoltos: físicos, químicos e físico-químicos. Tratamentos para a eliminación de gases. Limpieza de caldeiras e mantemento de caldeiras sen uso. Ensaios para controlar o auga de caldeiras: en auga de alimentación, en caldeira, e en condensado. Produción de auga potable. Tratamentos para circuitos de refrixeración. Limpeza de circuitos. Utilización de anticonxelante. Prevención de incrustación de organismos mariños. |
Aceites lubricantes e pinturas en buques tanque. |
Viscosidade: relativa, cinemática e absoluta. Unidades de viscosidade e a súa medida. Variación da viscosidade coa presión e a temperatura. Características e propiedades de aceites lubricantes e graxas. Ensaios máis importantes para controlar a súa calidade. Pinturas: tipos e características principais. |
Productos químicos transportados en buques tanque e convenios internacionais. |
Tipos de cru no ámbito do transporte marítimo. Densidade API. Factor de corrección do volumen (VCF). Pour point. Adhesión. Características fisicoquímicas.
Convenios internacionais: convenios SOLAS e MARPOL. Reactividade e inflamabilidade. Riscos da reactividade asociados os productos transportados a granel: compatibilidade de sustancias. Toxicidade e riscos. Clasificación de mercancías perigosas: código IMDG. Etiquetado de mercancías. Fichas de seguridade (FDS). |
Contaminación debida o transporte marítimo. |
Contaminación atmosférica: choiva ácida, efecto invernadoiro. Composición físicoquímica do medio marino. Principais contaminantes mariños: orixe, transporte, dispersión e impacto ecolóxico. Aspectos prácticos dos convenios da OMI sobre a contaminación medioambiental. Mareas negras: prevención e resposta. Derrames accidentais doutros produtos químicos. |
Prácticas de laboratorio. |
O traballo no laboratorio: normas, seguridade e cálculo de errores.
Coñecemento e manexo do material básico do laboratorio.
Operacións básicas.
Determinación de magnitudes fisicoquímicas de gases, líquidos puros , mixturas e disolucións:especialmente do cru e/ou dos seus derivados.
Reactividade de produtos químicos dende o punto de vista do transporte dos mismos nos buques.
Propiedades fisicoquímicas da auga e de disolucións acuosas.
Propiedades fisico-quimicas de combustibles e lubricantes. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
27 |
40.5 |
67.5 |
Prácticas de laboratorio |
9 |
9 |
18 |
Seminario |
16 |
24 |
40 |
Simulación |
2 |
2 |
4 |
Proba mixta |
2 |
9 |
11 |
Proba de resposta múltiple |
0 |
8 |
8 |
|
Atención personalizada |
1.5 |
0 |
1.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
• Duración de aproximadamente unha hora e se impartirán no horario aprobado pola xunta do centro.
• As clases serán do tipo lección maxistral nas que o/a profesor/a presentará os temas de la asignatura co apoio dos medios audiovisuales necesarios, indicando os/as alumnos/as o máis importante a ter en conta á hora do estudio e recomendándoles capítulos dos libros máis adecuados para a súa maior compresión.
• Incentivarase a participación do/a estudante nas clases, non obstante, nas clases de seminario e titorías, o/a alumno/a ten máis oportunidade para resolver todas aquelas dúbidas que lle tiveran xurdido durante o seu estudio.
• O/a profesor/a facilitará o acceso dos/as estudantes a todo o material audiovisual utilizado nas clases, así como outro tipo de material complementario, para que lles sirva na súa aprendizase. O acceso os devanditos materiais será ben a través da Plataforma virtual da Universidade ou ben a través do servicio de reprografía do centro. |
Prácticas de laboratorio |
• Asistencia obrigatoria.
• Realizaranse no laboratorio de Química nos días e horas que establece o correspondente calendario, en grupos preferentemente de 10 estudantes.
• O remate das mesmas, e nas datas establecidas, deberá entregarse a libreta de laboratorio coas actividades que se indiquen para a súa avaliación.
• A non asistencia ás prácticas de laboratorio supón o suspenso da asignatura. En casos xustificados pódese suplir a asistencia mediante a realización dun exame práctico relacionado coas prácticas á que non se asistiu.
|
Seminario |
• Permiten o/a profesor/a coñecer o grao e os erros de aprendizaxe, as carencias e limitacións no uso das ferramentas de traballo.
• Impartiranse o remate de cada bloque teórico do programa.
* Plantearanse casos prácticos ou ben resolveranse dúbidas. Existe a posibilidade de realizar probas tipo test. |
Simulación |
Realizaranse simulacións por ordenador dos temas que así o requiran. Para elo convocarase os/as estudantes con antelación para acudir a un aula que dispoña dos medios informátocps precisos. |
Proba mixta |
• Examen final de ata 3 horas de duración que terá preguntas curtas e problemas. Entre as preguntas haberá unha relativa á prácticas de laboratorio.
• Existe a posibilidade de realizar dous parciais, sempre e cando se faga a petición o profesor e ésta sexa respaldada alomenos polo 50% dos/as estudantes. |
Proba de resposta múltiple |
O longo do curso realizaranse, empregando a plataforma de teleformación MOODLE, unha serie de probas para avaliar a aprendizaxe dos conceptos, destrezas, competencias e habilidades asociados á asignatura. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Seminario |
Simulación |
|
Descrición |
Resolveranse as dúbidas que poida ter o/a estudante en canto á teoría impartida nas leccións maxistrales, en resolución de problemas e en temas do laboratorio.
Igualmente orientarase o estudante, de xeito persoalizado, na estratexia de estudo da asignatura. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
• Esta valoración será un 20% da nota final: 10% realización e asistencia á prácticas e 10 % confección da libreta de laboratorio.
• A non asistencia á prácticas de laboratorio supón o suspenso na asignatura. En casos moi xustificados pódese suplir a asistencia mediante a realización dun exame práctico relacionado coas prácticas non realizadas.
Competencias que se avalían:
A1, A3, A4, A7, A9, A10, A11, A14, A18, A19, A20, A21, A30, A31, A33, A34, A35, A43, A52, A54, A56, A58, B1, B2, B3, B4, B5, B6, B7, B8, B10, B11, C1, C2, C6.
|
20 |
Seminario |
• A asistencia á clases é voluntaria, pero terase en conta a asistencia as mesmas, sobre todo ás clases de seminario. Aquel@s estudiantes que asistan e participen en más de un 50% de estas clases se lles terá en conta na nota final (5% da nota final). Como asistencia non se entende somentes estar no aula, senon participar resolvendo problemas, prantexando dúbidas, e respostando cuestións que indique o/a profesor/a. así como entrega-los exercicios propostos.
Competencias que se avalían:
A3, A4, A9, A14, A17, A18, A20, A21, A32, A33, A35, A55, B1, B2, B3, B4, B5, B6, B7, B8, B9, B10, B11, C1, C2, C4, C6, C7, C8. |
5 |
Proba mixta |
• A cualificación do exame equivaldrá o 60% da nota do curso (25% teoría-25% problemas-10% preguntas laboratorio).
• Unha nota inferior a 4 en teoría ou en problemas suporá o suspenso da asignatura. Aquelas notas comprendidas entre un 4-5 poderán compensarse coas puntuacións das outras actividades avaliables. Senon é así, manterase a nota da parte compensable ata a segunda oportunidade dentro do mesmo curso académico• No caso de realizarense dous exames parciais, para aproba-la asignatura debe obterse en ambos unha nota superior a 4. Pode compensarse a nota suspendida, entre 4 e 5, coas puntuaciónes das outras actividades avaliables, e de non ser así, terase en conta a nota compensable ata o exame final (primera e/ou segunda oportunidade) dentro do mesmo curso académico.
Competencias que se avalían:
A3, A4, A14, A17, A18, A19, A20, A21, A32, A33, A35, A55, B2, B6, B7, B8, B9, B10, B11, C1, C2, C4, C6. |
60 |
Simulación |
• A valoración desta parte da asignatura contará un 5% da cualificación total. O/a alumno/a deberá obter resultados con programas de simulación e saber interpretarlos.
Competencias que se avalían:
A3, A4, A9, A14, A17, A18, A20, A21, A33, A35, B1, B2, B3, B4, B6, B7, B8, B9, B10, B11, C1, C2, C3, C6, C7, C8. |
5 |
Proba de resposta múltiple |
Este conxunto de probas, exclusivamente ON-LINE, computará un máximo dun 10% sempre e cando se realicen nos prazos sinalados.
Competencias que se avalían:
A14, A17, A18, A19, A20, A21, A32, A33, A35, A55, B1, B2, B3, B4, B6, B7, B8, B9, B10, B11, C1, C2, C3, C6. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a asignatura será sempre preciso obter, tanto na proba obxetiva como na simulación e nas prácticas de laboratorio, unha nota non inferior a 4.0 sobre 10, e, acadar unha nota global mínima de 5.0 sobre 10 (a contribución de cada actividade avaliable á cualificación global é a indicada nesta guía docente).
Dacordo cos profesores, os/as estudantes que no aprobaren na primera oportunidade -según se indica no apartado anterior- poden conservar, para a segunda oportunidade, as cualificaciones obtidas nas outras actividades avaliables con cualificación igual ou superior a 4.0 sobre 10. O igual que antes, o aprobado implica acadar unha nota global mínima de 5.0 sobre 10 (a contribución de cada actividade avaliable á calificación global é a indicada nesta guía docente).
En ambas oportunidades de non acadar a nota mínima de 4 sobre 10, esixida nas actividades para as que previamente así se ten establecido, e, nembargantes, a media ponderada é igual ou superior a 5 sobre 10, a asignatura figurará suspensa coa cualificación de 4.5 sobre 10.
Cualquier estudiante que realice actividades avaliables considerase como presentado sempre e cando as mesmas representen máis do cuarenta por cento da nota global.
Por lo que atinxe a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e, polo tanto, tódaslas actividades deben de volver a realizarse coa novo curso.
Serán aplicados os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-II/1, A-II/2, A-III/1 e A-III/2 do Código STCW, e as súas enmendas, relacionados con esta materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
(). Accidentes marítimos. http://www.incidentnews.gov/incidents/history.htm
Slowinski, E.J., Wolsey, E.C., Masterton, W. L. (2001). Chemical principles in the laboratory (7ª ed.) . Forth Worth Saunders College Publishing
Kenworthy, L. (1978). Chemicals in Ships. The Institute of Marine Engineers
M.D. Reboiras (2010). Cuestiones de opción multiple de química general. Abecedario
Peris Tortejada, M. (1992). Cuestiones de química general. Universidad Politécnica de Valencia
(). Cuestiones medioambientales. http://www.environmental-expert.com/
(). Derrames de crudo. http://www.oilspillcleanup.com/
(). Derrames de crudo (otro). http://www.etc-cte.ec.gc.ca/databases/TankerSpills/Default.aspx
Boehnke D.N., Delumyea, R. (2000). Laboratory Experiments in Environmental Chemistry. Prentice Hall
Moreno, A. (1983). Lavado con crudo y empleo de gas inerte en los petroleros. Escuela Superior de la Marina Civil de Cádiz
Benlloch J, (1990). Los lubricantes características, propiedades y aplicaciones. CEAC
Rodríguez, E. (2004). Los refrigerantes en instalaciones frigoríficas. Internacional Thomson
Morán Fernández, J.A., Casanueva Muñoz, R. (1994). Manual para buques de productos químicos. Colegio Oficial de la Marina Mercante Española
Bishop, P. L. (1983). Marine Pollution And Its Control. McGraw-Hill
Thrower, P. A. (1992). Materials in Today’s World. McGraw-Hill
(). National Oceanic and Atmospheric Administration (USA) (programas de simulación)- . http://response.restoration.noaa.gov/index.php
(). Organización Marítima Internacional. http://www.imo.org
McGuire and White (1990). Principios de manejo de gas licuado en barcos y terminales. SIGTTO
López Cancio, J.A. (2000). Problemas de química. Prentice Hall
N. González D., C. Orozco B., A. Pérez S. (2011). Problemas Resueltos de Química Aplicada. Paraninfo S.A.
J. Vale P., C. Fernández P., M. A.R. Piñero, M. Alcalde M., R. Villegas S., L. Vilches A., B. Navarr (2004). Problemas Resueltos de Química para Ingeniería. THOMSON
M. D. Reboiras (2007). Problemas resueltos de química. La ciencia básica. thomson
Chang, R. (2010). Química (10ª Ed.). McGraw Hill
Baird, C. (2001). Química ambiental. Reverté S.A.
Bentley, J,, Turner, G.P.A. (1999). Química y tecnología de pinturas y revestimientos. Vicente Ediciones
Brown, Lemay, Bursten, Murphy (2009). Química. La ciencia central (10ª edición) . Prentice Hall
(1987). Reaccion ante derrames de hidrocarburo en el mar. The International Tanker Owners Pollution Federation, Ltd.
Renfrew, M. M. (1981). Safety in the chemical laboratory. ACS
(). Web Prof. Felipe Antelo (ETSNM - UDC) Muy recomendable visitarla. http://ingenieriamaritima.spaces.live.com/
Petrucci, R.H; Harwood, W.S.; Herring, F.G. (2011). “Química general (11ª Edición) . Prentice Hall |
|
Bibliografía complementaria
|
|
Temas 1 a 10
· American Chemical Society, “Química. Un poyecto de la ACS”, Editorial Reveré, (2005)
· Reboiras, M. D., “Química, la ciencia básica”, Editorial Thomson España, (2005)
· Owens, P.; Costella, R. G.; Harris, W. F.; Harrison, S. G.; Eshelman, J. R. (eds), “Modern Applications of Chemistry”, Editorial Prentice-Hall (1994)
· Rusell, J. B.; Larena, A., “Química”, Editorial McGraw-Hill (1993)
· Willis, C. J., “Resolución de Problemas de Química General”, Editorial Reverté (1991).
· Vale Parapar, José y colaboradores, “Problemas resueltos de química para ingeniería”, Thomson, Madrid, (2004).
Tema 12
· Alloway, B. J.; Ayres, D. C., “Chemical Principles of Environmental Pollution”, Blackie Academic & Professional (1993).
· Clark, R. B., “Marine Pollution” (2ª. Ed ), Editorial Oxford Science Publications 1989).
Temas 13 e 14
· Portier, R.M., Orszulik, S.T.(editores) “Chemistry and Technology of Lubricants” Chapman and Hall, Salisbury, (1997)
· Miller, R.W., “Lubricants and their applications”, Mc Graw Hill, EEUU, 1993.
Laboratorio
· Miguel, S.; Evole, N.; González, M. J.; Herrero, V. J.; Martínez, M., “Prácticas de Química”, Editorial Alhambra (1988).
· Renfrew, M. M., “Safety in the chemical laboratory”, Editorial ACS (1981)
· Szafran Z., Pike R. M., Foster J.C., “Microscale General Chemistry Laboratory”, Editorial John Wiley & Sons, New York (1993)
Enlaces de Internet (interesantes):
Premios Nobel - http://www.nobel.se/chemistry/laureates/2002/press.html
Asociación alumnos ETSNM - UDC http://www.aamarineda.com
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Seguridade Marítima e Contaminación/631G02209 | Transportes Especiais e Mercadurías Perigosas/631G02308 | Mecánica e resistencia de Materiais/631G02201 | Termodinámica e Termotecnia/631G02204 | Ciencia e Enxeñaria de Materiais/631G02206 | Mecánica de Fluidos/631G02208 | Motores de Combustión Interna/631G02301 | Turbinas de Vapor e Gas/631G02302 | Transferencia de Calor e Xeradores de Vapor/631G02303 | [631G02312] Refrixeración e Climatización/631G02312 | Máquinas Térmicas/631G02315 | Técnicas Enerxéticas aplicadas ao Buque/631G02403 | Combustibeis e lubricantes/631G02505 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Matemáticas 1/631G02101 | Física I/631G02103 | Inglés/631G02105 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Recoméndase o/a estudiante repasa-los conceptos teóricos introducidos nas clases de teoría mediante a resolución de cuestións e exercicios propostos que figuran o final de cada tema nos libros recomendados.
Desaconséllase estudiar ÚNICAMENTE polos apuntes de clase que NUNCA deben substituir á consulta de cualquera dos libros recomendados.
Pode resultar moi ÚTIL empregar as horas de titoría para clarexar as dúbidas e profundizar nos coñecementos asociados á asignatura.
|
|