Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) ECOGRAFÍA EN FISIOTERAPIA Código 651G01031
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia
Coordinación
Senin Camargo, Francisco José
Correo electrónico
francisco.senin@udc.es
Profesorado
Senin Camargo, Francisco José
Correo electrónico
francisco.senin@udc.es
Web
Descrición xeral A Ecografía como técnica diagnóstica ocupa un amplo terreo en especialidades médicas como a traumatoloxía, medicina do deporte, medicina laboral ou anestesioloxía. Coa implantación dos avanzados equipos de ultrasonografía, estase a configurar unha nova rama da anatomía músculo-esquelética que é a anatomía ecográfica.

Nesta materia preténdese mostrar a Ecografía, non só como a ferramenta diagnóstica que todos coñecemos, senón como método de estudo dunha anatomía descritiva, topográfica e funcional do sistema músculo-esquelético.

Un coñecemento preciso da anatomía é esencial para o correcto exercicio de todo profesional sanitario. Grazas ás técnicas de imaxe, temos a posibilidade de estudala in vivo e de forma dinámica, especialmente a través da resonancia magnética e a ecografía, e no caso desta última, que se encontra en constante evolución grazas á mellora tecnolóxica, permitíndonos realizar estudos en tempo real.

A Ecografía abre un campo de actuación moi amplo, tanto no ámbito da docencia coma no da investigación, pois ofrece a posibilidade de validar cientificamente os nosos tratamentos, de observar de forma obxectiva a evolución das lesións e de realizar unha análise morfo-funcional do sistema músculo-esquelético.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Conocer y comprender la morfología, la fisiología, la patología y la conducta de las personas, tanto sanas como enfermas, en el medio natural y social.
A2 Conocer y comprender las ciencias, los modelos, las técnicas y los instrumentos sobre los que se fundamenta, articula y desarrolla la fisioterapia.
A5 Valorar el estado funcional del paciente, considerando los aspectos físicos, psicológicos y sociales.
A17 Comprender la importancia de actualizar los conocimientos, habilidades, destrezas y actitudes que integran las competencias profesionales del fisioterapeuta.
B9 Incorporar a investigación científica e a práctica baseada na evidencia como cultura profesional.
B11 Manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes.
B15 Manter unha actitude de aprendizaxe e mellora.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer as bases físicas e morfolóxicas que dan lugar ás imaxes ecográficas que se utilizan habitualmente en clínica A2
B11
C8
Coñecer o corpo humano dende outras perspectivas, identificando as diferentes estruturas anatómicas, aproveitándonos para iso dos avances obtidos na imaxe ecográfica A1
B11
Ser capaz de validar as diferentes técnicas terapéuticas, coa axuda dun medio inocuo, intimamente relacionado coa profesión como son os ultrasóns A17
B9
B15
C6
C7
C8
Adquirir ferramentas para valorar a evolución lesional, identificando os cambios experimentados polo tecido, o que permitirá planificar os tratamentos tanto físicos coma manuais, mellorando así o éxito profesional e sanitario A5

Contidos
Temas Subtemas
1. Bases físicas e morfolóxicas para a interpretación da imaxe ecográfica músculo-esquelética 1.1 Introdución
1.2 Evolución histórica
1.3 Nomenclatura ecográfica
1.4 Composición do ecógrafo
1.5 Tipos de imaxe
1.6 Técnica de exploración
1.7 Artefactos ecográficos
1.8 Vantaxes e inconvenientes
1.9 Perspectivas de futuro
1.10 Efecto Doppler
PRÁCTICA I
2. Ecografía normal do sistema músculo-esquelético ou do aparato locomotor 2.1 Anatomía ecográfica da pel
2.2 Anatomía ecográfica do tecido celular subcutáneo
2.3 Anatomía ecográfica do músculo
2.4 Anatomía ecográfica do tendón
2.5 Anatomía ecográfica do ligamento e cápsula articular
2.6 Anatomía ecográfica da bolsa sinovial
2.7 Anatomía ecográfica do óso
2.8 Anatomía ecográfica da cartilaxe
2.9 Anatomía ecográfica do nervio
2.10 Anatomía ecográfica vascular
PRÁCTICA II
3. Ecografía patolóxica do sistema músculo-esquelético ou do aparato locomotor 3.1 Imaxe patolóxica da pel
3.2 Imaxe patolóxica do tecido celular subcutáneo
3.3 Imaxe patolóxica do músculo
3.4 Imaxe patolóxica do tendón
3.5 Imaxe patolóxica do ligamento e cápsula articular
3.6 Imaxe patolóxica da bolsa sinovial
3.7 Imaxe patolóxica do óso
3.8 Imaxe patolóxica da cartilaxe
3.9 Imaxe patolóxica do nervio
3.10 Imaxe patolóxica vascular
PRÁCTICA III: CASOS CLÍNICOS
4. Estudo ecográfico da extremidade superior: Ecografía do complexo articular do ombro 4.1 Recordo anatómico e funcional
4.2 Exploración dos tendóns do manguito rotador
4.3 Exploración muscular
4.4 Exploración articular
4.5 Estudos dinámicos
PRÁCTICA IV
5. Estudo ecográfico da extremidade inferior: Ecografía do complexo articular da rodilla 5.1 Recordo anatómico e funcional
5.2 Exploración da rexión anterior
5.3 Exploración da rexión medial
5.4 Exploración da rexión lateral
5.5 Exploración da rexión posterior
PRÁCTICA V
6. Estudo ecográfico do tronco: Ecografía da musculatura anterolateral e posterior do abdome 6.1 Introdución ao RUSI (Rehabilitative ultrasound imaging)
6.2 Análise cualitativo
6.3 Análise cuantitativo
PRÁCTICA VI

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 13 16 29
Prácticas de laboratorio 26 26 52
Aprendizaxe colaborativa 18 18 36
Proba obxectiva 2 14 16
Proba oral 1 13 14
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos da materia, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Prácticas de laboratorio Asistencia, execución e análise das prácticas programadas.

Levaranse a cabo actividades prácticas en íntima relación cos contidos teóricos abordados. Realizaranse en pequenos grupos, esixindo certa preparación fóra do horario de clase.

Para a súa execución, o laboratorio está equipado cun equipo de ecografía portátil de última xeración.
Aprendizaxe colaborativa O total de alumnos/ás matriculados nesta materia dividiranse en grupos de 15-20 persoas que irán rotando consecutivamente ao longo das semanas nas denominadas "clases interactivas". Tras cada unha das sesións maxistrais seguirá unha clase interactiva onde se tratarán aspectos relacionados coa temática abordada, con maior profundidade. O obxectivo é reforzar o proceso de adquisición de coñecementos, así como completar aqueles aspectos que non puidesen ser tratados con suficiente detemento.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe que pode conter distintos tipos de preguntas, en concreto, na avaliación desta materia empregaranse algún dos seguintes: preguntas test, de resposta breve e/ou de completar.
Proba oral Efectuarase por parellas. A cada alumno/a faránselle 2 preguntas relacionadas cos contidos (fundamentalmente prácticos) da materia. O compañeiro/a actuará de receptor da técnica, método ou procedemento. É imprescindible un dominio do contido explicado durante as clases maxistrais e interactivas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Aprendizaxe colaborativa
Prácticas de laboratorio
Proba obxectiva
Proba oral
Descrición
Durante as sesións maxistrais recoméndase a formulación de cuestións por parte dos alumnos/ás (a "participación" é un elemento a ter en conta durante a avaliación continuada). A titoría presencial e/ou virtual estarán abertas para resolver cuestións puntuais e individuais durante o proceso de estudo de cada un dos módulos.

Nas prácticas de laboratorio onde se explorarán diferentes rexións anatómicas, é importante formular "in situ" aquelas preguntas ou dúbidas relacionadas con cada un dos apartados programados. Iso contribuirá a reforzar os aspectos técnicos e perceptivos por parte do interesado.

De cara á preparación da proba mixta e oral recoméndase formular de forma pública, as cuestións xurdidas durante o proceso de preparación destas, aproveitando o final das sesións maxistrais e/ou prácticas de laboratorio. Igualmente, abriranse diversos foros en moodle para tratar estas dúbidas ou cuestións e que todos os estudantes poidan beneficiarse das achegas dos seus compañeiros.

Polo tanto, a atención personalizada está orientada a axudar ao alumno na clarificación de conceptos interrelacionados, resolución de dúbidas e adquirir unha visión integrada deste corpo de coñecementos. Ademais, ten o obxectivo de orientar o estudante na busca e interpretación das fontes bibliográficas.

Para a tutorización desta metodoloxía docente establécense 4 horas de atención personalizada distribuídas regularmente ao longo do curso.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Os contidos tratados nestas sesións serán obxecto de avaliación mediante o exame final e polo tanto aparecen computados nesta guía dentro da proba obxectiva.

0
Aprendizaxe colaborativa Os contidos incluídos neste apartado serán avaliados mediante o exame final e polo tanto aparecen computados nesta guía dentro da proba obxectiva. 0
Prácticas de laboratorio Os contidos abordados nas prácticas serán obxecto de avaliación mediante o exame final práctico ademais de na proba obxectiva e polo tanto aparecen computados nesta guía dentro do apartado de proba oral e proba obxectiva.

Non obstante, valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude, participación razoada, resolución de prácticas e axuda aos compañeiros durante estas.
5
Proba obxectiva Exame final teórico de todos os contidos da materia, que inclúen os tratados nas sesións maxistrais, interactivas e prácticas. O tipo de exame será de exposición escrita podendo incluír preguntas tipo test, preguntas de resposta breve e/ou de completar. 70
Proba oral Esta metodoloxía utilizarase para a avaliación dos contidos abordados durante as prácticas de laboratorio. Será fundamental o dominio da temática abordada durante as sesións maxistrais e clases interactivas. 25
 
Observacións avaliación

 


Fontes de información
Bibliografía básica J.J. Martínez Payá (2008). Anatomía Ecográfica del hombro. Herramienta de prevención, diagnóstico, investigación y validación de técnicas terapéuticas. Madrid: Panamericana
Robert F. Dondelinger (1997). Atlas de ecografía musculoesquelética. Madrid: Marban
Matthias Hofer (2004). Curso básico de ecografía. Madrid: Panamericana
Jiménez Díaz, José Fernando (2007). Ecografía del Aparato Locomotor. Madrid: Marbán
J.L. Brasseur, M. Tardieu (2001). Ecografía del sistema locomotor. Barcelona: Masson
R. Balius Matas, M. Rius, A. Combalía (2004). Ecografía muscular de la extremidad inferior. Barcelona: Masson
R. Balius, X. Sala, G. Álvarez (2007). Ecografía musculoesquelética. Barcelona: Paidotribo
van Holsbeeck, Introcaso (2006). Ecografía musculoesquelética. Madrid: Marbán
A. Bueno Horcajadas, J.L. Del Cura Rodríguez (2011). Ecografía músculoesquelética esencial. Madrid Panamericana
G. Schmidt (2008). Ecografía. De la imagen al diagnóstico. Madrid Panamericana
Berthold Block (2004). Guía ecográfica. Pequeño atlas de diagnóstico ecográfico. Madrid: Panamericana
Ventura Ríos, Lucio (2010). Manual de ecografía musculoesquelética. Madrid: Panamericana
R. Balius Matas (2005). Patología muscular en el deporte. Barcelona: Masson

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
TRABALLO FINAL/651G01034
ESTANCIAS CLÍNICAS II/651G01036

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
ESTANCIAS CLÍNICAS II/651G01036

Materias que continúan o temario
ANATOMÍA I E HISTOLOXÍA/651G01001
ANATOMÍA II/651G01002
MARCO TEÓRICO DA FISIOTERAPIA E A REHABILITACIÓN FÍSICA/651G01006
VALORACIÓN FUNCIONAL E PSICOSOCIAL/651G01007
FISIOTERAPIA XERAL/651G01008

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías