Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Métodos e técnicas de recollida de información en psicoloxía aplicada Código 652438002
Titulación
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Risso Migues, Alicia Gloria
Correo electrónico
alicia.risso@udc.es
Profesorado
Risso Migues, Alicia Gloria
Correo electrónico
alicia.risso@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ofrece unha revisión de nivel avanzado sobre as metodoloxías e técnicas de investigación no ámbito da psicoloxía aplicada. Realízanse análises metodolóxicas dos métodos e técnicas de recollida de información empregados en traballos relevantes nese contexto e vincúlase cun proxecto de investigación.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A3 Ser capaz de elaborar un informe científico que implique definir un problema de investigación, as hipóteses e variables asociadas, así como definir o deseño, a mostra e o seu modo de selección, as ferramentas de recollida de datos e a súa consecuente análise e discusión.
A5 Ser capaz de realizar unha avaliación psicolóxica no contexto dunha investigación científica.
A8 Coñecer as bases para establecer hipóteses respecto dun caso concreto e, a partir das mesmas, saber deducir enunciados contrastables.
A9 Coñecer os métodos e técnicas cuantitativos e case-cuantitativos de recollida de información en psicoloxía aplicada.
A10 Ser capaz de deseñar instrumentos de recollida de información en programas de intervención psicolóxica.
A11 Coñecer as limitacións e restricións de todo tipo (persoais, sociais, económicas,éticas, etc.) que ten a investigación científica e técnica.
A13 Coñecer e ser capaz de utilizar os diferentes modelos, teorías, métodos e técnicas de avaliación e intervención que son específicos dos distintos ámbitos da investigación en Psicoloxía Aplicada e desenvolver unha actitude crítica propia do espírito científico.
A14 Ser capaz de analizar a documentación bibliográfica necesaria para un traballo de investigación.
A15 Ser capaz de analizar críticamente as publicacións científicas.
A17 Ser capaz de comunicar os resultados dunha investigación.
A19 Coñecer e axustarse ás obrigacións deontolóxicas da Psicoloxía Aplicada.
A20 Coñecer os distintos modelos de avaliación e intervención no ámbito da Psicoloxía Social Aplicada.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Capacidade de organización e planificación.
B6 Razoamento crítico.
B8 Aprendizaxe autónoma.
B10 Motivación pola calidade.
B12 Toma de decisións.
B13 Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica.
B16 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B18 Habilidade para traballar de forma autónoma.
C6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
AI8
AI9
AI11
AI19
AI20
BI1
BI2
BI6
CM6
CM8
AI3
AI5
AI10
AI13
AI14
AI15
AI17
BI8
BI12
BI16
BI18
CM7
BI10
BI13
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. Características dos instrumentos, técnicas e procedementos de recollida de información en programas de intervención psicolóxica
1. Metodoloxía experimental e cuasi-experimental
2. A observación como metodoloxía e como técnica
3. Enquisas e entrevistas
4. Metodoloxías cualitativas
2. Deseño, construción, avaliación e aplicación de instrumentos de recollida de información en psicoloxía aplicada 1. Deseño
2. Construción
3. Avaliación
4. Aplicación
5. Asignación e interpretación de puntuacións
3. Probas e escalas para os dominios cognitivo e non-cognitivo 1. Exemplos prácticos
2. Análise de investigacións representativas de Psicoloxía Aplicada nas que se empreguen probas e escalas para os dominios cognitiva e non-cognitivo
4. Enquisas e cuestionarios 1. Exemplos prácticos
2. Análise de investigacións representativas de Psicoloxía Aplicada nas que se empreguen probas e escalas para os dominios cognitiva e non-cognitivo
5. Aplicación das novas tecnoloxías á recollida de información en programas de intervención psicolóxica 1. A recollida de datos a través de internet: características, consideracións, vantaxes e inconvenientes
2. Programas informáticos e software de apoio
3. Aplicacións prácticas

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas 5 15 20
Obradoiro 5 10 15
Traballos tutelados 10 20 30
Presentación oral 0.5 5 5.5
 
Atención personalizada 4.5 0 4.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Selección de lecturas que se comentan posteriormente en clase e que serven para que serven para os traballos tutelados.
Responderase a un cuestionario online sobre elas, como control de lectura.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc.), a través da que o alumnado realiza tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, con apoio e supervisión do profesorado.
Traballos tutelados Análise metodolóxica de tres investigacións relevantes dentro do ámbito da psicoloxía aplicada, seguindo as directrices da Guía de Análise que se ofrece no curso.
Presentación oral Exposición dun dos traballos tutelados.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os traballos requiren dun seguimento individual ou en grupo pequeno do profesorado.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Realización de análise metodolóxica dos métodos e técnicas de recollida de información empregadas en publicacións relevantes en Psicoloxía Aplicada. Séguese a Guía de análise que ofrece a materia. 40
Lecturas Control de lectura. 20
Obradoiro Resolución das prácticas iniciadas en clase e rematadas de forma non-presencial. Un terzo dos puntos (10) asignaranse pola asistencia durante todo o cuadrimestre. 30
Presentación oral Exposición dun dos traballos tutelados. 10
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Texto básico da materia: Reporting Standards for Research in Psychology, APA.

MANUAL DE APOIO:

NAVAS ARA, M. J. (coord.)(2002). Métodos, diseños y técnicas de investigación psicológica. Madrid: UNED.

Libro pensado para o ensino non-presencial, que abrangue practicamente todos os temas relacionados coa metodoloxía de investigación, dende unha introdución sobre o método científico ás distintas metodoloxías e o seu emprego, pasando pola construción de instrumentos de medida.

OUTROS TEXTOS RECOMENDADOS:

LEÓN, O. y MONTERO, I. (2000). Diseño de investigaciones. Madrid: McGraw-Hill.

Libro de lectura doada e amena, con múltiples exemplos. Moi recomendable.

DELGADO, A. R. y PRIETO, G. (1997): Introducción a los métodos de investigación de la Psicología. Madrid: Pirámide.

Libro breve y sencillo que aborda una buena parte de los contenidos incluidos en el programa.

FONTES, S.; GARCÍA, C.; GARRIGA, A. J.; PÉREZ-LLANTADA, M. C. y SARRIÁ, E. (2001): Diseños de investigación en Psicología. Madrid: UNED.

Libro breve e sinxelo que aborda unha boa parte dos contidos incluídos no programa..

GARCÍA, C.; QUINTANILLA, L.; GARRIGA, A. J.; FONTES, S.; PÉREZLLANTADA, M. C. y SARRIÁ, E. (2003): Diseños de investigación en Psicología. Cuaderno de Prácticas. Madrid: UNED.

Trátase dun Caderno de Prácticas elaborado para esa materia da titulación de Psicoloxía que acompaña á obra do mesmo título realizada por Fontes e col. (2001). Nel ofrécense numerosos extractos de investigacións sobre as que se propoñen distintas actividades aos lectores.

GARCÍA, M.; IBÁÑEZ, J. y ALVIRA, F. (comp.) (1994): El análisis de la realidad social. Métodos y técnicas de investigación (2.a ed.). Madrid: Alianza.

Manual cunha perspectiva sociolóxica no que se aborda a análise da realidade social considerando os deseños e a forma de recoller e analizar posteriormente os datos. Examínanse as catro metodoloxías do programa, cun peso maior a cualitativa e as enquisas, cun capítulo para a metodoloxía observacional e algunha referencia (mínima) á metodoloxía experimental, pouco utilizada neste ámbito.

MELTZOFF, J. (2000): Crítica a la investigación. Psicología y campos afines. Madrid: Alianza.

Libro claro e didáctico organizado en dúas partes. Na primeira revísanse todas as fases implicadas na realización dunha investigación. Na segunda proponse un conxunto de 16 artigos ficticios creados polo autor e con erros que o lector debe detectar, se ben cada artigo vai seguido dun comentario do autor onde se sinalan unha boa parte deles.

MERINO, J. M.; MORENO, E.; PADILLA, M.; RODRIGUEZ-MIÑÓN, P. y VILLARINO, A. (2001): Análisis de datos en Psicología I. Madrid: UNED.

Libro concibido expresamente para o estudo a distancia da estatística descritiva, moi claro e didáctico, cheo de exemplos sinxelos e aclaracións, que resultará de grande utilidade para o alumno que se achega por vez primeira a eses conceptos estatísticos.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías