Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Os estudiantes saberán aplicar os modelos, técnicas e instrumentos de avaliación empregados na avaliación da linguaxe oral.. |
A2 |
Os estudiantes poderán levar a cabo a avaliación de trastornos específicos da linguaxe oral, tales como as disartrias, alteracións da linguaxe no envellecemento e trastornos dexenerativos, as alteracións da linguaxe en enfermedades mentais, trastornos do espectro autista, etc. |
B3 |
Os estudiantes poderán comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
B4 |
Os estudiantes serán capaces de tomar decisións con autonomía e responsabilidade. |
C1 |
Os alumnos/as saberán utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da sua profesión e para o aprendizaxe ó longo da súa vida. |
C3 |
Os estudiantes valorarán a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
XERAIS DA MATERIA Poden describir coherentemente as bases biolóxicas, anatómicas e neuropsicolóxicas dos problemas da linguaxe e a comunicación.Poden informar sobre a clasificación, a terminoloxía e a descrición dos trastornos da linguaxe e a comunicación.Son capaces de recoñecer e discriminar entre a variedade das alteracións: os trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe, trastorno específico da linguaxe, atrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociadas a déficit auditivas e visuais, o déficit de atención, os trastornos do espectro autista, os trastornos específicos da linguaxe escrita; as dificultades de lectura; os trastornos da fluidez do fala; as disartrias; as disfonías; as alteracións da linguaxe no envellecemento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo selectivo e as inhibicións da linguaxe.Poden describir as funcións da Intervención na área da linguaxe e a comunicación: prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento. |
AP1 AP2
|
BP3 BP4
|
CP1 CP3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Prof. José Manuel Gorospe Arocena |
|
1.- Introdución. Obxectivos da avaliación na práctica clínica. |
|
2.- Avaliación audiológica no neno e no adulto. Probas subxectivas e obxectivas. Audiometría verbal. Escalas funcionais. |
|
3.- Valoración da minusvalidez nos trastornos da linguaxe, fala, voz e audición. Aplicación da Clasificación internacional do funcionamento e a minusvalidez da OMS (CIF). |
|
Prof. Conrado Vicente y profra. Mª Angeles Mayor |
|
4.- A avaliación cognitiva. Necesidade da avaliación cognitiva nos trastornos da linguaxe e a audición. Características xerais da avaliación cognitiva en alumnos de educación. |
|
5.- Avaliación do fala e da linguaxe. Características xerais da avaliación lingüística en alumnos con problemas da linguaxe e a audición. Procedementos de avaliación. |
|
6.- O informe de avaliación. |
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
3 |
5 |
8 |
Lecturas |
2 |
4 |
6 |
Discusión dirixida |
3 |
0 |
3 |
Obradoiro |
4 |
7 |
11 |
Portafolios do alumno |
0 |
3 |
3 |
Traballos tutelados |
1 |
1 |
2 |
Proba obxectiva |
1 |
3 |
4 |
|
Atención personalizada |
0.5 |
0 |
0.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Esquema xeral dunha sesión de tres horas tipo:
Sección teórica (hora e media): 1.- Presentación de 30 mins. por parte do profesor/a, 2. - Lectura comentada dun texto seleccionado (30 mins), 3. - Contestación individual a un cuestionario.
Sección práctica (hora e media): 1.- Presentación de 30 mins. a cargo do profesor/a, 2. - Cuestionario en grupo sobre a presentación (30 minutos), 3. - Exposición e discusión sobre as respostas de cada grupo.
No caso da sesión maxistral o profesorado presentará os contidos do tema apoiándose nunha presentación power point. A sesión maxistral utilizarase tanto para a introdución teórica do tema coma para a presentación dos casos ou as prácticas que estean planificadas. Cada materia desenvólvese en sesións de tres horas, polo que a sesión maxistral pode abranguer ao redor dunha hora por sesión: media hora para a introdución teórica e media hora para a presentación das prácticas. O profesorado poderá variar esta distribución compensándoa sempre co resto das metodoloxías para non aumentar a carga ECTS da materia |
Lecturas |
Cada sesión de clase de tres horas contén un tempo dedicado á lectura comentada dun texto relacionado coa exposición do profesor. A duración prevista será duns 30 minutos por sesión de tres horas |
Discusión dirixida |
A discusión dirixida forma parte da sección práctica de cada sesión de tres horas. Logo de que os estudantes contestasen por grupos ás preguntas do cuestionario que acompaña á presentación do profesor, cada grupo expoñerá as súas respostas ao conxunto da clase, abríéndose unha quenda de intervencións ao respecto. A discusión pecharase coas conclusións do profesor/a |
Obradoiro |
A materia considera a realización de prácticas na aula. Estas realizaranse en formato de taller. |
Portafolios do alumno |
En cada sesión de clase o estudante deberá contestar a un cuestionario individual sobre a lectura realizada e un en grupo relacionado cos casos analizados ou as prácticas realizadas. Estes cuestionarios, ademais das presentacións power point corresondientes a cada clase deberá ser incluído no seu portafolios. Nel recollerán igualmente cantos comentarios, reflexións ou actividades realícense durante o curso |
Traballos tutelados |
Os estudantes non realizarán por cuadrimestre máis dun traballo tutelado. Este computará en todas as materias nas que estea matriculado posto que deberá contemplar as diferentes dimensións tratadas nelas. Todos os profesores/ás implicados actuarán como titores, se ben será o coordinador da titulación quen lle asigne un titor responsable. A relación de estudantes e titores responsables comunicarase a todo o profesorado. Finalizado o traballo todos os titores farán unha valoración (previamente protocolizada para simplificala) que remitirán ao titor responsable quen cualificará o traballo. Dado que en segundo cuadrimestre se acumulan materias, practicum e traballo fin de máster, os estudantes, coa orientación do seu titor e o acordo dos seus profesores poderán abordar un mesmo tema con tres perspectivas. Unha académica para responder á adquisición das competencias fixadas nas materias do plan de estudos. Outra profesional, para responder aos obxectivos do practicum. Unha última investigadora, onde a través da presentación dun proxecto de investigación poderán cumprir os obxectivos do traballo fin de máster. Pódese considerar, polo tanto, como un traballo único con tres partes e tres titores diferentes. Cada un recibirá o traballo completo, se ben cualificará a súa parte dando lugar a tres cualificacións independentes. O traballo deberá estar formalmente divido en tres partes independentes, posto que a parte académica debe ser valorada tamén polo profesorado do segundo cuadrimestre |
Proba obxectiva |
Ao finalizar cada cuadrimestre os estudantes realizarán unha proba de avaliación única. Esta proba terá o formato de proba obxectiva e nela avaliaranse conxuntamente todas as materias. Para configurar a proba e dispor dun arsenal potencial, o profesorado remitirá 5 preguntas por crédito impartido nunha materia. Aos estudantes entregaráselles un cuestionario onde figurarán identificadas as materias coas preguntas que lles corresponden e contestarán só a aquelas nas que estean matriculados. A cualificación obtida en cada materia será remitida ao profesor/a correspondente para que a inclúa na avaliación do estudante. Quen suspendan unha materia recibirán indicacións do seu profesor/a para a súa recuperación.
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
|
10 |
Lecturas |
|
10 |
Discusión dirixida |
|
10 |
Portafolios do alumno |
|
40 |
Proba obxectiva |
|
20 |
Traballos tutelados |
|
10 |
|
Observacións avaliación |
A
avaliación realizarase de forma individualizada en cada unha das materias do máster. A
avaliación será continua e incluirá unha valoración cuantitativa do rendemento
de cada estudante en cada actividade realizada (incluídas as probas de exame
que se poidan programar). Estas actividades serán recollidas polos estudantes
nun portafolios por materia. Nel os estudantes recollerán todos os esquemas,
presentacións, traballos realizados, lecturas, prácticas, cuestionarios
contestados, etc. Este portafolios estará dispoñible sempre que o profesorado
queira supervisalo e, en todo caso, será entregado ao finalizar as clases
presenciais da materia para a súa supervisión e cualificación. Cada profesor
avaliará as actividades realizadas, segundo as metodoloxías docentes
empregadas, en os créditos que teñen asignados. A cualificación na materia será
o resultado da media das cualificacións dos profesores que a impartan. A
cualificación de cada profesor será ponderada segundo o número de créditos que
imparte. No caso de utilizar probas puntuais de exame (proba obxectiva,
preguntas tipo tema, etc.) a súa cualificación considerarase como parte do
portafolios da materia, sen que o seu peso poida superar o 50% da nota total
asignada ao portafolios. O resto da cualificación virá determinada polos
criterios seguintes: Asistencia a clase (por enriba do 80%): 10% Realización de
lecturas e traballos tutelados: 30% Nivel de rendemento madureza demostrada en
actividades prácticas e tutorías:10%
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
MILLER, J. F. (1986). Evaluación de la conducta lingüística en los
niños. En : Schiefelbusch, R.L. : “Bases de la intervención en el
lenguaje”. Madrid. Alhambra Universidad. MAYOR, M. A. (1994) Evaluación del lenguaje oral. En : Verdugo, M. A. (Dir) :
“Evaluación curricular, una guía para la intervención psicopedagógica”. Madrid.
Siglo XXI de España Editores. VALMASEDA, M. (1995). La evaluación y tratamiento en las deficiencias auditivas. En
Verdugo, M.A. (Dir) : “Personas con discapacidad”. Madrid. Siglo Veintiuno
de España Editores. VALMASEDA, M. (1997). La evaluación cognitiva de los niños y jóvenes sordos. Rev.
FIAPAS, nº 54. Enero-Febrero. Madrid PUYUELO, M. (1995). Revisión sobre los procedimientos de evaluación del lenguaje, historia
y actualidad de los métodos de evaluación.
Rev. Logop. Fon. Audiol., vol. XV, 2, pgs. 76-93 PUYUELO, M. y COLS (2000). Evaluación del lenguaje. Barcelona.
Masson TRIADO, C. ; FORNS, M. (1989). La evaluación del lenguaje. Una aproximación
evolutiva. Barcelona. Anthropos. PUYUELO, M. y OTROS (2002) Intervención
del lenguaje. Metodología y recursos educativos. Aplicaciones específicas a la
deficiencia auditiva. Barcelona. Masson TORRES, S. ; RODRIGUEZ, J. M. ;
SANTANA, R. ; GONZALEZ, M. A. (1995). Deficiencia
auditiva, aspectos psicoevolutivos y
educativos. Málaga, Aljibe SILVESTRE BENACH, N.
(1998). “Desarrollo
cognitivo en el alumnado sordo”. En Silvestre Benach, N. (Coord.) (1998). Sordera. Comunicación y aprendizaje.
Masson, S.A. Barcelona
WECHSLER, D.
(2005). Escala de Inteligencia de Wechsler para niños (WISC-IV)
Adaptación española. TEA Ediciones,
S. A. Madrid
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|