Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A4 |
Os estudiantes coñecerán as características diferenciales da intervención na linguaxe e na comunicación nos ámbitos familiar, escolar, clínico e asistencial. |
A5 |
Os alumnos/as saberán realizar unha intervención nos trastornos específicos da linguaxe oral, tales como as disartrias, alteracións da linguaxe no envellecemento e trastornos dexenerativos, as alteracións da linguaxe en enfermedades mentais, trastornos do espectro autista, etc. |
B2 |
Serán capaces de comportarse con ética e responsabilidade social como ciudadáns e como profesionais. |
C1 |
Os alumnos/as saberán utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da sua profesión e para o aprendizaxe ó longo da súa vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
XERAIS DA MATERIA
Poden describir coherentemente as bases biolóxicas, anatómicas e neuropsicolóxicas dos problemas da linguaxe e a comunicación.
Poden informar sobre a clasificación, a terminoloxía e a descrición dos trastornos da linguaxe e a comunicación.
Son capaces de recoñecer e discriminar entre a variedade das alteracións: os trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe, trastorno específico da linguaxe, atrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociadas a déficit auditivas e visuais, o déficit de atención, os trastornos do espectro autista, os trastornos específicos da linguaxe escrita; as dificultades de lectura; os trastornos da fluidez do fala; as disartrias; as disfonías; as alteracións da linguaxe no envellecemento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo selectivo e as inhibicións da linguaxe.
Poden describir as funcións da Intervención na área da linguaxe e a comunicación: prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento.
|
AP4 AP5
|
BP2
|
CP1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1: Interacción entre neuroloxía e logopedia. Introdución á neuroloxía do fala e da linguaxe. Contribucións máis recentes ao campo dos trastornos neurolóxicos da comunicación. Raíces históricas e desenvolvemento da ciencia neurolóxica do fala e da linguaxe. Orientación anatómica. |
|
Tema 2: O mecanismo central da linguaxe e as súas alteracións. O modelo do mecanismo da linguaxe e os seus trastornos (afasias). Alteracións centrais asociadas (agnosias, apraxias, alexias, dislexias, agrafias). Demencias. Estados de confusión aguda. Traumatismos cerebrais. Lesións no hemisferio dereito. Neglixencia espacial, distracción e negación. Prosopagnosia. Agrafagnosia. Defectos visuais de percepción e de lectura. Defectos na construción espacial. Trastornos de percepción visual-espacial na linguaxe. Deficiencias prosódicas e paralingüísticas. Tratamento farmacolóxico da afasia. |
|
Tema 3: Síndromes clínicas do fala nos sistemas motores. As disartrias. |
|
Tema 4: As alteracións da linguaxe na infancia. Trastornos específicos da linguaxe. TDAH. Diagnóstico diferencial dos trastornos da linguaxe na infancia. |
|
Tema 5: Recursos e novas tecnoloxías aplicadas á rehabilitación logopédica e cognitiva da patoloxía neurolóxica. Relación de distintos materiais dos que dispón o logopeda para a rehabilitación cognitiva e da comunicación. Programas informáticos aplicados á logopedia e a rehabilitación cognitiva. |
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
12 |
8 |
20 |
Lecturas |
0 |
4 |
4 |
Portafolios do alumno |
1 |
9 |
10 |
Traballos tutelados |
1 |
6 |
7 |
Proba obxectiva |
1 |
4 |
5 |
Discusión dirixida |
3 |
0 |
3 |
|
Atención personalizada |
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Esquema xeral dunha sesión de tres horas tipo:
Sección teórica (hora e media): 1.- Presentación de 30 mins. por parte do profesor/a, 2. - Lectura comentada dun texto seleccionado (30 mins), 3. - Contestación individual a un cuestionario.
Sección práctica (hora e media): 1.- Presentación de 30 mins. a cargo do profesor/a, 2. - Cuestionario en grupo sobre a presentación (30 minutos), 3. - Exposición e discusión sobre as respostas de cada grupo.
No caso da sesión maxistral o profesorado presentará os contidos do tema apoiándose nunha presentación power point. A sesión maxistral utilizarase tanto para a introdución teórica do tema coma para a presentación dos casos ou as prácticas que estean planificadas. Cada materia desenvólvese en sesións de tres horas, polo que a sesión maxistral pode abranguer ao redor dunha hora por sesión: media hora para a introdución teórica e media hora para a presentación das prácticas. O profesorado poderá variar esta distribución compensándoa sempre co resto das metodoloxías para non aumentar a carga ECTS da materia |
Lecturas |
Cada sesión de clase de tres horas contén un tempo dedicado á lectura comentada dun texto relacionado coa exposición do profesor. A duración prevista será duns 30 minutos por sesión de tres horas. |
Portafolios do alumno |
En cada sesión de clase o estudante deberá contestar a un cuestionario individual sobre a lectura realizada e un en grupo relacionado cos casos analizados ou as prácticas realizadas. Estes cuestionarios, ademais das presentacións power point corresondientes a cada clase deberá ser incluído no seu portafolios. Nel recollerán igualmente cantos comentarios, reflexións ou actividades realícense durante o curso. |
Traballos tutelados |
Os estudantes non realizarán por cuadrimestre máis dun traballo tutelado. Este computará en todas as materias nas que estea matriculado posto que deberá contemplar as diferentes dimensións tratadas nelas. Todos os profesores/ás implicados actuarán como titores, se ben será o coordinador da titulación quen lle asigne un titor responsable. A relación de estudantes e titores responsables comunicarase a todo o profesorado. Finalizado o traballo todos os titores farán unha valoración (previamente protocolizada para simplificala) que remitirán ao titor responsable quen cualificará o traballo.
Dado que en segundo cuadrimestre se acumulan materias, practicum e traballo fin de máster, os estudantes, coa orientación do seu titor e o acordo dos seus profesores poderán abordar un mesmo tema con tres perspectivas. Unha académica para responder á adquisición das competencias fixadas nas materias do plan de estudos. Outra profesional, para responder aos obxectivos do practicum. Unha última investigadora, onde a través da presentación dun proxecto de investigación poderán cumprir os obxectivos do traballo fin de máster. Pódese considerar, polo tanto, como un traballo único con tres partes e tres titores diferentes. Cada un recibirá o traballo completo, se ben cualificará a súa parte dando lugar a tres cualificacións independentes. O traballo deberá estar formalmente divido en tres partes independentes, posto que a parte académica debe ser valorada tamén polo profesorado do segundo cuadrimestre |
Proba obxectiva |
Ao finalizar cada cuadrimestre os estudantes realizarán unha proba de avaliación única. Esta proba terá o formato de proba obxectiva e nela avaliaranse conxuntamente todas as materias. Para configurar a proba e dispor dun arsenal potencial, o profesorado remitirá 5 preguntas por crédito impartido nunha materia. Aos estudantes entregaráselles un cuestionario onde figurarán identificadas as materias coas preguntas que lles corresponden e contestarán só a aquelas nas que estean matriculados. A cualificación obtida en cada materia será remitida ao profesor/a correspondente para que a inclúa na avaliación do estudante. Quen suspendan unha materia recibirán indicacións do seu profesor/a para a súa recuperación. |
Discusión dirixida |
A discusión dirixida forma parte da sección práctica de cada sesión de tres horas. Logo de que os estudantes contestasen por grupos ás preguntas do cuestionario que acompaña á presentación do profesor, cada grupo expoñerá as súas respostas ao conxunto da clase, abríéndose unha quenda de intervencións ao respecto. A discusión pecharase coas conclusións do profesor/a |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
|
10 |
Lecturas |
|
10 |
Portafolios do alumno |
|
40 |
Traballos tutelados |
|
20 |
Proba obxectiva |
|
20 |
|
Observacións avaliación |
A avaliación realizarase de forma individualizada
en cada unha das materias do máster. A avaliación será continua e incluirá unha
valoración cuantitativa do rendemento de cada estudante en cada actividade
realizada (incluídas as probas de exame que se poidan programar). Estas
actividades serán recollidas polos estudantes nun portafolios por materia. Nel
os estudantes recollerán todos os esquemas, presentacións, traballos
realizados, lecturas, prácticas, cuestionarios contestados, etc. Este
portafolios estará dispoñible sempre que o profesorado queira supervisalo e, en
todo caso, será entregado ao finalizar as clases presenciais da materia para a
súa supervisión e cualificación. Cada profesor avaliará as actividades
realizadas, segundo as metodoloxías docentes empregadas, en os créditos que
teñen asignados. A cualificación na materia será o resultado da media das
cualificacións dos profesores que a impartan. A cualificación de cada profesor
será ponderada segundo o número de créditos que imparte. No caso de utilizar
probas puntuais de exame (proba obxectiva, preguntas tipo tema, etc.) a súa
cualificación considerarase como parte do portafolios da materia, sen que o seu
peso poida superar o 50% da nota total asignada ao portafolios. O resto da
cualificación virá determinada polos criterios seguintes: Asistencia a clase
(por enriba do 80%): 10% Realización de lecturas e traballos tutelados: 30%
Nivel de rendemento madureza demostrada en actividades prácticas e tutorías:10%
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
BIBLIOGRAFIA Adams, R.;Victor, M. (2003). “Manual de Neurología” . McGraw-Hill Interamericana: Madrid Love,R J.; Webb, WG. (1998). “Neurologíapara los Especialistas del Habla y del Lenguaje”. Editorial MédicaPanamericana: Madrid Vilariño Vilariño I. (2008). Alteraciones de la comunicación y deglución en laenfermedad de Parkinson. Intervención logopédica. En reeeducación funcional enla enfermedad de Parkinson: Una introducción a las terapisa de apoyo. Ed.Elsevier – Masson. Barcelona Vilariño Vilariño I.(2006). Dificultades del lenguaje: afasiainfantil en: enciclopedia temática de logopedia. Ed. Aljibe,Málaga. Vol. II, 45-60. Webb, WG, Adler RK.(2010), Neurología para el Logopeda, 5ª ed. Elsevier SL,Barcelona. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|