Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Orientación profesional Código 652511217
Titulación
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 4.5
Idioma
Prerrequisitos
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Coordinación
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Profesorado
Arza Arza, Neves
Garcia-Fuentes de la Fuente, Carmen
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
carmen.garcia-fuentes@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Ser capaz de asesorar centros, profesionais, familias e institucións co fin de axudar a resolver problemas educativos e promover a innovación
A3 Planificar programas, proxectos e servizos de intervención para a mellora dos membros da comunidade educativa, aplicables a diferentes contextos e grupo destinatario.
A6 Dominar o marco lexislativo que regula o funcionamento das diversas institucións e adoptar un marco teórico de referencia que ampare os criterios de selección dos diferentes instrumentos e estratexias de diagnóstico, intervención e avaliación.
A7 Potenciar a xustiza curricular mediante o uso de estratexias didácticas respectuosas coa diversidade social, cultural e ambiental, analizando criticamente a experiencia histórica de exclusión educativa, e elaborando as adaptacións do currículo que garantan unha perspectiva inclusiva da educación
A12 Comprender a necesidade de incorporar o enfoque de xénero e deseñar propostas de orientación profesional que integren esta dimensión
A13 Ser capaz de deseñar, desenvolver e avaliar procesos de investigación educativa, utilizando os métodos máis apropiados á natureza do problema, á finalidade da investigación e os criterios científicos máis adecuados, con especial énfase nos procesos de investigación na aula
B4 Capacidade de aplicar coñecementos na práctica psicopedagóxica
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Analizar as bases teóricas, conceptuais e legais da orientación profesional e valorar as súas implicacións para a intervención. AP6
Caracterizar o desenvolvemento institucional da orientación profesional e analizar a súa situación actual AP6
Analizar as funcións sociopolíticas da orientación profesional e reflexionar sobre as posibilidades e características dunha orientación profesional para o cambio que incida nunha práctica non discriminatoria AP7
Planificar e avaliar intervencións aplicables a diferentes contextos e destinatarios AP1
AP3
BM4
Coñecer os distintos ámbitos de aplicación das TICs na orientación profesional e saber utilizalas CM3
CM6
Comprender a necesidade de incorporar o enfoque de xénero e deseñar propostas de orientación profesional que integren a dimensión de xénero. AP7
AP12
Adquirir unha actitude crítica e transformadora ante as problemáticas da orientación profesional CM4
Identificar as principais liñas de investigación en orientación profesional e deseñar unha pesquisa neste ámbito AP13
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Tema. 1. Delimitación conceptual e bases teóricas da Orientación Profesional 1.1 Procesos contextos, persoas destinatarias e denominacións
1.2. Principios de intervención e ideas forza
1.3. Modelos de intervención
1.4. Áreas de intervención
Tema 2. Orientación profesional con enfoque de xénero: finalidades y pautas para su integración. 2.1. A influenza do xénero na toma de decisións académicas e profesionais
2.2. Radiografía das desigualdades de xénero no sistema educativo e no mercado laboral
2.3. Normativa legal e enfoque de xénero na OP: evolución e situación actual.
2.4. Finalidades, obxectivos e contidos da OP con enfoque de xénero.
2.5.Análise e deseño de programas e actividades de OP que incorporan a perspectiva de xénero.

Tema 3. A orientación profesional no sistema educativo
3.1. Desenvolvemento insitucional e situación actual
3.2. Orientación para a transición da escola ó traballo
3.2. Análise e deseño de programas e servizos de orientación profesional

Tema 4. A orientación profesional con persoas desempregadas
4.1. Principais fitos e tendencias no desenvolvemento institucional da da OP no ámbito laboral.
4.2. Colectivos con especiais dificultades de inserción laboral
4.3. Itinerarios personalizados de inserción como metodoloxía de intervencion
4..4 A OP no proceso de acreditación de competencias


Tema 5. TIC e Orientación Profesional
5.1. Ámbitos de utilización de Internet e da web 2.0

4.2. Posibilidades de utilización dalgunhas ferramentas da web 2.0

4.3. As competencias dixitais dos profesionais da orientación profesional.

Tema 6. A investigación en Orientación Profesional 6.1.Desenvolvemento institucional e liñas de investigación
6.2. Principais liñas de investigación

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados 4 40 44
Análise de fontes documentais 8 8 16
Sesión maxistral 14 0 14
Aprendizaxe colaborativa 3 20 23
Portafolios do alumno 0 15 15
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Consiste no deseño dunha proposta de intervención no ámbito da orientación profesional. Actividade grupal.
Análise de fontes documentais A análise de fontes documentais abrangue distintas temáticas:
- Cuestións teóricas sobre a orientación profesional e integración do enfoque de xénero.
- Programas de orientación profesional non sexistas.
- Investigacións no ámbito da orientación profesional
Sesión maxistral A súa utilización limítase a presentación dos distintos temas da materia
Aprendizaxe colaborativa Principio que orienta as actividades grupais.
Portafolios do alumno Documento no que o alumnado ha de dar conta das aprendizaxes adquiridas

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
É obrigatoria a asistencia a dúas titorías grupais

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Portafolios do alumno Documento de elaboración individual no que se recolle e reflexiona sobre as aprendizaxes adquiridas e sobre o proceso mesmo de aprendizaxe 50
Traballos tutelados Deseño dunha proposta de orientación profesional que integre o enfoque de xénero
Bosquexo dunha pesquisa nunha das liñas de investigación
50
 
Observacións avaliación

Para cualificar as actividades grupais tense en conta a
autoavaliación e coavaliación realizada entre e polas persoas do grupo de traballo.  O procedemento e criterios para estas modalidades de avaliación seran
fixados en colaboración co alumnado.

Aquelas persoas que, por razóns debidamente
acreditadas non podan ter unha asistencia regular
, poden
acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para optar a mesma cómpre establecer coa docente as actividades de avaliación
e o  proceso de supervisión e seguimento.


Fontes de información
Bibliografía básica Cobos, A; Gutiérrez_Crespo,E e Planas, A. (2012). La orientación profesional y la búsqueda de emplo. Experiencias innovadoras y técnicas de intervención que facilitan la inserción laboral.. Barcelona: Editorial Grao
Izquierdo Rus,T. (Coord.) (2012). Los nuevos retos del mercado laboral: Una perspectiva desde la orientación profesional. Úbeda: Editorial Amarantos
Echeverría, Benito (coord) (2008). Orientación profesional. Barcelona: Editorial UOC
Sobrado, L. e Cortés, A (2011). Orientación profesional: nuevos escenarios y perspectivas. Madrid: Biblioteca Nueva
Manzanares, A e Sanz C. (2012). Situación actual y desafios de la orientación: repensando la orientación en el ámbito educativo. Madrid: Walters Kluwer Educacion

Para cada tema proporcionarase bibliografía e webgrafía específica.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías