Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Formación profesional e mercado laboral Código 652606611
Titulación
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Coordinación
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Profesorado
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Web
Descrición xeral A finalidade desta materia é o estudo da evolución e características do mercado laboral e do deseño e organización da formación profesional.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer as modalidades da formación profesional no que fai ó seu deseño, vinculación entre as mesmas, organización curricula, sistemas de acceso e saídas profesionais AP2
AP15
CM3
Analizar as razóns e obxectivos do enfoque de xénero na formación profesional e integralo nas programacións das materias e no conxunto das funcións do profesorado de FOL. AP3
AP11
CM4
Valorar e identificar os contidos dos módulos da especialidade de FOL relacionados con esta materia e que poden contribuir a formación dunha cidadaniía crítica capaz de analizar os cambios que se están a producir no mercado laboral e na normativa que o regula e de comprender o seu alcance social. AP1
CM4
Coñecer a evolución, as caracteristicas do ML e as reformas que se están a levar a cabo e analizar críticamente as súas repercusións na precarización laboral e na perda de dereitos. AP15
CM4
CM7
Utilizar as TICs para obter e elaborar información sobre o mercado laboral e sobre formación profesional CM3
CM6

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Mercado laboral e políticas de emprego - Conceptos básicos de referencia
- Mercado laboral: concepto e compoñentes
- Tendencias na evolución do mercado laboral
- Trazos actuais do Mercado Laboral e crise de emprego
- Fontes de información sobre o Mercado Laboral
- As políticas activas de emprego
- As reformas laborais e das pensións: obxectivos, propostas e consecuencias nas condicións e nos dereitos laborais
Tema 2. Formación ó longo da vida e formación profesional
- Formación profesional inicial e formación profesional para o emprego
- Recoñemento, avaliación e acreditación das cualificacións
- A formación profesional no marco das políticas educativas e de emprego.
- Institucións e entidades galegas, estatais e europeas do ámbito da formación profesional
- A integración do enfoque de xénero na formación profesional: obxectivos e implicacións para a praxe

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais 3 24 27
Portafolios do alumno 0 5 5
Estudo de casos 3 0 3
Sesión maxistral 17 0 17
Proba de ensaio 0 2 2
Glosario 0 3 3
Presentación oral 5 0 5
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais As fontes documentais bibliográficas e webgráficas van servir para a profundización nas temáticas expostas nas sesións maxístrais e para a realización dos estudos de casos e do glosario. As webs instititucionais son unha parte importante das fontes documentais que se van utilizar.
Portafolios do alumno Consiste nun informe sobre as aprendizaxes adquiridas e a súa vinculación coa función docente e orientadora do profesorado da especialidade de FOL.
Estudo de casos Vanse realizar dous estudos de caso. Un consiste na elaboración de un itinerario formativo. O outro na integración da pesrspectiva de xenero na formación profesional.
Sesión maxistral Na sesión maxistral expóñense dunha maneira sintética e con distinto nivel de profundidade os contidos que se abordan na materia.
Proba de ensaio Consiste nunha análise e reflexión sobre as aportacións da materia para a adquisición das competencias docentes e orientadoras do profesorado de FOL.
Glosario Recompilación e explicación da terminoloxía específica relativa á Formación Profesional e ó Mercado laboral
Presentación oral Proba para desenvolver a competencia de falar en público e a capacidade de organización e síntese da información.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Descrición
A atención personalizada está vinculada, principalmente, ós estudos de casos. A súa finalidade e facer un seguimento do traballo do alumnado e proporcionar as orientacións necesarias para a súa realización, poñendo en xogo unha avaliación procesual e formativa.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Estudo de casos - Elaboración de itinerarios formativos para persoas con distintos niveis de formación e experiencia labora.
- Proposta para incorporar o enfoque de xénero na formación profesional
30
Proba de ensaio Análise e reflexión sobre as aportacións da materia para a adquisición das competencias docentes e orientadoras do profesorado de FOL 20
Portafolios do alumno Entendido como un informe de autoavalicación no que se ha de dar conta das aprendizades adquiridas. 15
Análise de fontes documentais O alumnado terá que consultar distintas fontes documentais sobre o mercado laboral ( evolución e características, reforma laboral, reforma das pensións, etc.) e a partir da información obtida organizar e presentar un panel de expertos ou unha mesa redonda 15
Presentación oral Dos estudo de casos. 10
Glosario No que se recolla a terminoloxía específica relativa a formación profesional e o mercado laboral. 10
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica
BIBLIOGRAFÍA

Homs, O. (2008). La formación profesional en España. Hacia la sociedad del conocimiento. Barcelona: Fundación La Caixa

Echeverría Samanes, B. (2008). Orientación profesional. Barcelona: UOC

Marcos, S. y Salgado, J.F. (2000). Análisis del puesto y ocupaciones: Métodos y técnicas. En Sobrado, L. Orientación profesional: diagnóstico e inserción sociolaboral

 (105-118). Barcelona: Estel.

WEBGRAFIA

CEDEFOP: www.cedefop.europa.eu

Consellería de Traballo e Benestar: traballoebenestar.xunta.es

Consellería de Educación. Formación Profesional: www.edu.xunta.es/fp/
Rede Eures P http://ec.europa.eu/eures/home.jsp?lang=es
Eurydice: http://eacea.ec.europa.eu/education/eurydice/index_en.php

Fundación Tripartita para la Formación en el Empleo: http://www.fundaciontripartita.org/

Instituto Galego das Cualificacións: http://emprego.xunta.es/cualificacions/
Instituto Nacional de las Cualificaciones: https://www.educacion.gob.es/iceextranet/

Observatorio ocupacional: http://traballo.xunta.es/observatorio-ocupacional
Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos: http://www.oapee.es/oapee/intro.html
Rede Eures P http://ec.europa.eu/eures/home.jsp?lang=es

Servicio Público de Empleo Estatal: http://www.sepe.es/

Servizo Público de Emprego de Galicia: emprego.xunta.es

TodoFP:  http://todofp.es/todofp/novedades-en-formacion-profesional.html

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías