Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Inserción e orientación laboral Código 652606612
Titulación
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Coordinación
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Profesorado
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Identificar as atribucións docentes e as funcións do profesorado da especialidade de FOL no campo da orientación profesional e compreder a importancia e necesidade de formación neste campo AP4
CM7
Analizar o currículo das materias e módulos da especialidade de FOL tendo como criterios as características conceptuais da orientación profesional, as áreas e modelos de intervención. AP1
AP2
Analizar o desenvolvemento teórico da orientación, coñecer as características conceptuais, as áreas, os principios e os modelos de intervención da orientación profesional e reflexionar sobre as súas implicacións para a práctica. AP3
AP5
CM5
Utilizar axeitadamente a terminoloxía do campo da orientación e inserción profesional. CM1
• Analizar las funciones sociopolíticas de la orientación profesional y reflexionar sobre las posibilidades y características de una orientación profesional para el cambio que incida en una práctica no discriminatoria AP3
AP5
Identifica-los factores que interveñen na inserción laboral e analiza-la súa relación coas áreas de intervención. AP5
Analizar a influenza do xénero na toma de decisións académicas e profesionais e na inserción laboral e identificar os indicadores da desigualdade de xénero no sistema educativo e no mercado laboral. AP1
AP3
AP13
CM4
Analizar e deseñar programas e materiais de orientación profesional para o ensino secundario, para os programas de cualificación profesional inicial e para os ciclos formativos. AP4
AP6
AP7
AP12
Comprender a necesidad de incorporar o enfoque de xénero na orientación profesional e deseñar propostas didácticas nas que se integre. AP6
AP7
AP13
Coñecer as posibilidades de utilización de Internet e da web 2.0 na OP e concretalas na programación das materias da especialidade AP6
AP11
CM3
CM6
Coñecer a evolución e situación actual da orientación profesional no sistema educativo e no ámbito labora, principalmente, no que fai ós aspectos organizativos e funcionais. AP3
AP4

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A orientación profesional:campo de intervención do profesorado de FOL



1.1. A orientación profesional/laboral no currículo dos módulos e áreas que imparte o profesorado de FOL
1.2. A orientación profesional/laboral como función: as atribucións do profesorado de FOL nos departamentos de orientación e nos departamentos de información e orientación profesional.
1.3. A orientación profesional no temario de acceso á especialidade

Tema 2. Orientación profesional e orientación laboral
2.1 Delimitación, caracterización conceptual da orientación profesional e da orientación laboral e relacións entre ambas.
2.2. Inserción laboral, profesional, sociolaboral e transición da escola a vida activa. Factores de inserción laboral.
2.3. Áreas de intervención
2.4. Modelos de intervención
2.5. A orientación na avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias
Tema 3. Xénero e orientación profesional
3.1. O xénero como factor condicionante da toma de decisións académicas e profesionais.
3.2. Radiografía das desigualdades de xénero do sistema educativo e do mercado laboral
3.3. A OP para a igualdade de oportunidades na normativa legal: evolución e situación actual.
3.4. Finalidades, obxectivos e contidos da OP para a igualdade de oportunidades.
5.5.Análise e deseño de programas e actividades de OP non sexista
Tema 4. A utilización de internet e da web 2.0 en orientación profesional 4.1. Ámbitos de utilización de Internet

4.2. As aplicacións da web 2.0

4.3. As competencias dixitais do profesorado de FOL
Tema 5. Desenvolvemento e situación actual da orientación profesional e laboral no sistema educativo e no ámbito laboral
2.1. Principais fitos e tendencias no desenvolvemento da OP.
2.2. Organización e funcións da OP no sistema educativo.
2.3. Organización e funcións da OL no ámbito laboral
2.4. A orientación profesional nas políticas de formación e emprego da UE.


Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 1 0 1
Análise de fontes documentais 3 16 19
Sesión maxistral 11 0 11
Aprendizaxe colaborativa 4 8 12
Presentación oral 1 1 2
Portafolios do alumno 0 13 13
Estudo de casos 7 27 34
Proba mixta 1 3 4
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades de coñecementos previos que se realizarán ao inicio de cada tema.
Análise de fontes documentais As actividades de análise documental abordan distintas temáticas da materia:
a) Análise do currículo das materias da especialidade e de dous libros de texto (actividade grupal)
b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista (actividade grupal)
c) Análise de documentos que permiten profundizar nalgún dos contidos da materia e que dos que se dará conta no portafolios (actividade individual)
d)Análise dos sesgos sexistas nun libro de texto das materias da especialidade (actividade grupal)
Sesión maxistral O método expositivo vai ser utilizado para presentar, explicar e sintetizar os contidos dos temas que integran o programa da materia.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa é o principio que ha de rexir nas actividades grupais de análíse de fontes documentais e nas de estudo de casos.
Presentación oral Presentación grupal dun dos estudos de caso e da análise dos sesgos sexistas nos libros das materias da especialidade
Portafolios do alumno Consiste nun informe no que o alumnado da conta das aprendizaxes adquiridas, da súa aplicación no TFM e no período de prácticas e da relación existente co resto das materias do mestrado. No portafolios hai que incluír un mapa conceptual dos contidos da materia.
Estudo de casos a) Deseño un programa de orientación profesional s que inclúa a perspectiva de xénero para un grupo de alumnado dun Programa de Cualificación Profesional Inicial.

b) Deseño de obxectivos, contidos e actividades que incorporen algún dos ámbitos de utilización de Internet e da web 2.0.
Proba mixta Está orientada á avaliación das aprendizaxes tanto teóricas como prácticas. Combina preguntas curtas e de síntese dalgúns dos contidos abordados na materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Descrición
A titoría vai ser grupal e individual. Ten como finalidade o apoio no proceso de aprendizaxe , o seguimento e supervisión dos estudos de caso que, como se indica na planificación, esixen de apoio personalizado.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Preguntas curtas nas que se valoran as capacidades de análise, reflexión e relación.
20
Estudo de casos
O alumnado ha de escoller dous estudos de casos dunha proposta de catro. Abarcan distintas situacións problemáticas relacionadas coa utilización das TIC, coa metodoloxía de aprendizaxe basada en proxectos, coa integración do enfoque de xénero en orientación profesional e coa curación de materiais e recursos didácticas que están ó dispor na rede.

35
Portafolios do alumno Consiste nun informe no que o alumnado descrebe o proceso de aprendizaxe e as aprendizaxes adquiridas, a súa aplicación no TFM e no período de prácticas e a relación co resto das materias do mestrado. 35
Análise de fontes documentais As actividades de análise documental abordan distintas temáticas da materia:
a) Análise do currículo das materias da especialidade e de dous libros de texto (actividade grupal)
b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista (actividade grupal)
c) Análise de documentos que permiten profundizar nalgún dos contidos da materia e da que hase dar conta no portafolios (actividade individual)
d)Análise dos sesgos sexistas nun libro de texto das materias da especialidade (actividade grupal)
As actividades grupais deste apartado desénvolvense no marco da aprendizaxe colaborativa
10
 
Observacións avaliación

A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas tres actividades de avaliación:

  • Cartafol individual (3,5 puntos)
  • Actividades grupais (4,5 puntos)
  • Proba mixta (2 puntos)
  •   Para superar a materia cómpre sacar a metade da cualificación que se asigna a cada unha das tres actividades.O portafolios do alumnado é unha actividade individual e ha de ;conter os seguintes apartados:

  • Aprendizaxes adquiridas (que sabía /que aprendín, utilizando como criterios os resultados de aprendizaxe da materia)
  • Marcador social
  • Reflexión sobre o proceso de aprendizaxe (forma de afrontar o estudo, dúbidas, dificultades e superación das mesmas, cuestións nas que profundizar.....
  • Relación/vinculación coas materias do módulo xenérico e especialmente coas materias do itinerario de FOL.
  • Aplicación na elaboración do TFM
  • Aportacións  para  a observación e análise  durante o Practicum
  • Elaboración dun mapa conceptual dos contidos da materia e relación co resto das materias do módulo específico
  • Ó rematar a materia e na data que se fixe, cada grupo presentará un dossier no que se  teñen que incluir as  actividades realizadas en grupo. Ademáis das fichas de avaliación e autovaliación do traballo en grupo, hai que incorporar unha descrición e reflexión sobre o funcionamento do grupo (distribución de tarefas, número e obxectivos  das reunións  realizadas, cambios introducidos  para a mellora do funcionamento do grupo, balance sobre o funcionamento do traballo grupal (fortalezas e debilidades que habería que mellorar).

    Para cualificar as actividades grupais tense en conta a
    autoavaliación e coavaliación realizada entre e polos membros do
    grupo. O procedemento e criterios para estas modalidades de avaliación seran
    fixados en colaboración co alumnado.

    Aquelas persoas que, por razóns debidamente
    acreditadas non podan ter unha asistencia regular
    , poden
    acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para optar esta
    modalidade cómpre  establecer coa docente as actividades de avaliación
    e o  proceso de supervisión e seguimento.


    Fontes de información
    Bibliografía básica

    Para cada tema    indícase a   bibliografía e webgrafia específica, diferenciando a de lectura obrigatoria e a de profundización. 


    Bibliografía complementaria


    Recomendacións
    Materias que se recomenda ter cursado previamente

    Materias que se recomenda cursar simultaneamente

    Materias que continúan o temario

    Observacións
    <div> O profesorado da especialidade de FOL asume funcións no campo da  orientación profesional.  Algúns dos contidos dos módulos e das áreas da súa competencia docente, xunto coas funcións que a normativa lle atribúe, como membro do departamento de orientación dos IES e dos departametos de  orientación e información dos centros integrados de formación profesional, remarcan  a necesaria especialización do profesorado de FOL no campo da orientación profesional. </div><div><br /></div><div> Por outra parte, a heteroxoneidade na formación inicial do alumnado que cursa a especialidade de FOL, que, fóra dalgunha excepción, non ten cursado materias relacionadas coa OP, unida á necesidade de formación específica neste campo  xustifican a incorporación da materia de Orientación e Inserción Laboral  no  itinerario de Formación e Orientación Laboral. </div><p> Orientación e Inserción Laboral signifícase na dimensión profesionalizadora. A súa finalidade é contiribuir    a adquisición das competencias que permiten comprender o alcance da orientación profesional e o exercicio satisfactorio das funcións orientadoras propias da especialidade. </p>


    (*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías