Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Contidos complementarios para o ensino das literaturas galega e castelá Código 652608812
Titulación
6 Mestrado Universitario de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Correo electrónico
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
Profesorado
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Yagüe Lopez, Pilar
Correo electrónico
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
pilar.yague.lopez@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A2 Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A3 Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A7 Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A11 Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A13 Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer o valor formativo e cultural das literaturas galega e castelá AP1
Coñecer os contidos que se cursan en ensino secundario e bacharelato nas materias de lingua e literatura galega e lingua e literatura castelá. AP2
Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias lingua e literatura galega e lingua e literatura castelá, así como as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas. AP3
Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos. AP7
Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito das literaturas galega e castelá. AP11
Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das literaturas galega e castelá e expor alternativas e solucións. AP13
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. CM1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. CM3
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. CM6

Contidos
Temas Subtemas
1.- Revisión metodolóxica dos contidos relevantes no ensino da literatura

1.1. Cuestións contextuais: a periodización e os xéneros literarios
1.2. O canon
1.3. A necesidade de revisión da historiografía literaria
1.4. Revisión crítica de obras e autores.
2. Adaptación das literaturas galega e española ao marco curricular
2.1. A lectura comprensiva e crítica
2.2. O comentario de textos
2.3. Selección de lecturas representativas

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas 0 30 30
Obradoiro 12 15 27
Proba mixta 2 15 17
Sesión maxistral 12 12 24
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Formando parte do seu traballo autónomo, os/as estudantes deberán ler os textos proporcionados ao comezo do curso. Estas lecturas serán obxecto de análise tanto nas sesións de obradoiro coma na proba mixta.
Obradoiro Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación do estudantado será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, comentario de textos. Todas elas terán como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente polas profesoras.
Proba mixta Na última sesión do curso os estudantes deberán realizar unha proba mixta de carácter teórico-práctico.
Sesión maxistral A modo de introdución ou visións de conxunto, desenvolveranse as directrices xerais dos contidos que conforman a materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Lecturas
Descrición
Os(as) estudantes que non podan asistir no horario previsto para as Titorías, poderán concertar entrevistas por medio do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Nestas sesións o estudantado deberá participar activamente, así como demostrar que traballou previamente os materiais proporcionados polas profesoras.

30
Proba mixta Aplicaranse os seguintes criterios de avaliación:
- adecuación da resposta á pregunta formulada
- correcta estruturación do discurso
- corrección ortográfica, sintáctica e gramatical

Para superar a materia a calificación mínima desta proba deberá ser de 4 puntos sobre 10.
50
Lecturas As docentes valorarán a aplicación que o alumnado faga das lecturas recomendadas, e que se perciban nas distintas prácticas que realice ao longo do curso. 20
 
Observacións avaliación
A realización das lecturas é imprescindíbel para superar a materia, xa que sobre elas xiran os contidos teóricos, as sesións interactivas e as demais actividades que computan na avaliación.


Para superar a materia é imprescindíbel o uso correcto da lingua, tanto oral coma escrita: ortografía, puntuación, corrección sintáctica e gramatical.


O alumando que teña matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberá realizar os mesmos traballos e probas que os/as estudantes con matrícula ordinaria. A presentación oral do traballo realizarase nunha sesión de tutoría persoal. A data e hora realización destas sesións poderán ser concertadas a través do correo electrónico.

Fontes de información
Bibliografía básica Silva Valdivia, B. (coord.) (2005). A literatura na educación secundaria. Santiago: Instituto de Ciencia da Educación
Aller García, C. (1998). Animación a la lectura II: juegos y actividades para después de leer. Sevilla. Quercus
Rodríguez Fer, C. (1991 ). Arte literaria . Vigo. Xerais
Pozuelo Yvancos, J.M. (2007). Desafíos de la Teoría. Literatura y géneros. Mérida. Venezuela. El otro@el mismo
García Padrino, J. / Medina Padilla , A. (dirs.) (1988). Didáctica de la lengua y la literatura. Madrid: Síntesis
García Rivera, G. (1995). Didáctica de la literatura en la Enseñanza Primaria y Secundaria. Madrid. Akal
Bordons, G e A. Díaz-Plaja (2006). Enseñar literatura en secundaria. Barcelona. Graó
Sánchez Miguel, E. (2010). La lectura en el aula: qué se hace, qué se debe hacer y qué se puede hacer. Barcelona. Graó
Navarro Durán, R. (1995). La Mirada al texto : comentario de textos literarios. Barcelona: Ariel
Fernández Paz, A. (2004). Lingua e literatura: educación secundaria obrigatoria. Vigo. Xerais
Marco López, A. (1997 ). Lingua, literatura e arte: aspectos didácticos. Santiago: USC
Rodríguez, F. (1990). Literatura galega. Problemas de método e interpretación. Vilaboa-Pontevedra. O Cumio
Martín Vegas, R.A. (2009). Manual de didáctica de la lengua y la literatura. Madrid. Síntesis
García Negro, P. / Costa Casas, X. (1995). O ensino da lingua: por un cambio de rumo. Introdución teórica e Unidades didácticas. A Coruña: AS-PG
Silva Valdivia, B. (dir.) (2008). Situación do ensino da da lingua e da literatura na educación secundaria obrigatoria . Santiago: Consello da Cultura Galega

Bibliografía complementaria Reyes, G. (ed.) (1989). Teorías literarias en la actualidad . Madrid. Ediciones el arquero
Vázquez Cuesta, P. (1980). "Literatura gallega", in Díez Borque. J. Mª. (ed.), Historia de las literaturas hispánicas no castellanas, pp. 621-896. Taurus: Madrid
Abuín, A. / Tarrío, A. (eds.) (2004). Bases metodolóxicas para unha historia comparada das literaturas da península Ibérica. Santiago: Servizo de Publicacións USC
(). Bibliografía Española, Madrid, Servicio Nacional de Información Bibliográfica (luego Instituto Bibliográfico Hispánico, luego Biblioteca Nacional), 1959 y ss. Refundición anual del Boletín del Depósit.
Vilavedra, D. (coord.) (1995-2004). Diccionario da literatura galeg, a4 vols. Vigo: Galaxia
Marchese, A. / Forradellas, J.& (1991). Diccionario de retórica, crítica y terminología literaria. Barcelona. Ariel
VV.AA. (2000). Galicia. Literatura, vols. 31-34. A Coruña: Hércules de Edicións
Vilavedra, D. (1999). Historia da literatura galega. Vigo: Galaxia
Carballo Calero, R. (1981). Historia da Literatura Galega Contemporánea. Vigo. Galaxia
VV.AA. (1996-1998 ). Historia da Literatura Galega, 5 vol. . Vigo. A Nosa Terra
Viñas Piquer, D. (2002 ). Historia de la crítica literaria . Barcelona. Ariel
Mainer, J. C. (2010-2012). Historia de la Lliteratura española, 9 vols.. Barcelona: Crítica
Rico, F. (1979-1999). Historia y crítica de la Lliteratura española, 18 vols. . Barcelona: Crítica
Tarrío, A. (1994). Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica. Vigo: Xerais
VV.AA. (2001). Literatura galega. Século XX. Vigo:. A Nosa Terra
Rodríguez Cacho, L. (2009). Manual de historia de la literatura española. Madrid. Castalia
Aguiar e Silva, V.M. de (1993 ). Teoria da Literatura. Coimbra. Livraria Almedina

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Bases epistemolóxicas para o ensino das linguas e literaturas galega e castelá/652608821
Metodoloxía do ensino das linguas e literaturas galega e castelá en educación secundaria/652608822
Fundamentos metodolóxicos e profesionais do ensino das linguas e literaturas galega e castelá en educación secundaria/652608823
Proxectos de innovación e investigación educativa en língua e literatura galega e língua e literatura castelá/652608E31
Contidos complementarios para o ensino das linguas galega e castelá/652608811

Materias que continúan o temario

Observacións
Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coas profesoras, persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa nos enderezos electrónicos: carme@udc.es / pilary@udc.es.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías