Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Bases epistemolóxicas para o ensino das linguas e literaturas galega e castelá Código 652608821
Titulación
6 Mestrado Universitario de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Coordinación
Rodriguez Lopez-Vazquez, Alfredo
Correo electrónico
alfredo.lopez-vazquez@udc.es
Profesorado
Pardo de Neyra Fernández-Couso, Xulio
Rodriguez Lopez-Vazquez, Alfredo
Correo electrónico
xulio.pardodeneyra@udc.es
alfredo.lopez-vazquez@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A2 Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A3 Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A4 Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
A7 Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A13 Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
AP1
AP2
AP3
AP4
AP7
AP13
CM1
CM4
CM6
CM8

Contidos
Temas Subtemas
LINGUA

I. Antigos e novos focamentos no ensino da lingua




LITERATURA

I Teorías máis relevantes
II. A Literatura no Ensino Secundario
III. Materiais didácticos no ensino da Literatura
1. Ensinar gramática /vs/ coñecer lingua
2. Ensinar lingua hoxe
2.1. A reflexión sobre o uso da lingua
2.2. Novas tecnoloxías e ensino da lingua
2.3. O desenvolvemento da competencia lingüística: estratexias, habilidades e avaliación.



1. Historicismo, formalismo, estruturalismo, New Criticism, estilística, estudos culturais...
2. Aportacións desas teorías ao Ensino Secundario
3. Lecturas, obradoiros, TICs.
LINGUA E LITERATURA GALEGAS
1. Tratamento didáctico do ensino da lingua e a literatura galegas
2. Lingua Galega e Ensino Secundario
3. Literatura Galega e Ensino Secundario
4. Materiais e tratamento didáctico
1. 1. Ensino e coñecemento da lingua e a literatura galegas
2. 1. Lingua Galega e ensino. Reflexións
2. 2. Novas habilidades no ensino da lingua
3. 1. Literatura Galega e ensino. Reflexións
3. 2. Novas habilidades no ensino da literatura
4. 1. Traxectoria histórica dos materiais didácticos
4. 2. Novas aportacións e achegamentos

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 4 2 6
Lecturas 0 20 20
Aprendizaxe colaborativa 4 2 6
Discusión dirixida 2 2 4
Estudo de casos 6 6 12
Mesa redonda 4 4 8
Prácticas a través de TIC 2 2 4
Recensión bilbiográfica 4 8 12
Traballos tutelados 2 20 22
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A xeito de introducións ou visións esquemáticas e sintéticas dirixidas ao conxunto da aula, desenvolveranse unhas sesións nas que o profersor exporá o método expositivo.
Lecturas Formando parte do seu traballo autónomo, o alumno debe ler algúns textos que o profesor lle facilitará, especialmnete para a confección do traballo tutelado, mais tamén para algunhas actividades que se desenvolverán ao longos das distintas sesións.
Aprendizaxe colaborativa Co obxectivo de fomentar o traballo en equipo, os alumnos fomarán pequenos grupos de traballo e realizarán diversas tarefas colectivas.
Discusión dirixida Realizarase sobre algunha das tarefas ou actividades desenvolvidas na aprendizaxe colaborativa e dos materiais empregados para levala a término: estes serán a base da discusión.
Estudo de casos Os alumnos elaborarán, por escrito, comentarios que deben entregar ao profesor coa finalidade de proceder á súa revisión.
Mesa redonda Coa fin de que se familiaricen coa intervención en público e en grupo realizarase unha mesa redonda que teña como tema o fundamento da materia.
Prácticas a través de TIC Coa finalidade de que o alumno se familiarice coas novas tecnoloxías e as poidan empregar no seu traballo de curso, recorrerase ás TIC.
Recensión bilbiográfica O profesor procederá a comentar a bibliografía, á fin de que o alumno poida centarse sobre aqueles libros que considere máis achegados ás súas liñas de interese e poida, á súa vez, abrirse a outras informacións escritas.
Traballos tutelados Durante o curso, o alumno debe elaborar un traballo sobre algún aspecto que verse sobre a epistemoloxía das linguas e das literaturas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Estudo de casos
Mesa redonda
Prácticas a través de TIC
Recensión bilbiográfica
Traballos tutelados
Descrición
O feito de contar con poucos alumnos e alumnas vainos permitir facer un seguimento personalizado de cada un e unha das estudantes, mesmo cando se tratar de actividades realizadas en grupo. Do mesmo xeito, o profesor titorizará a realización do traballo que cada alumno ou alumna, individualmente, debe presentar ao remate do curso, asesorando no enfoque e na bibliografía

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Estudo de casos Teranse ben en conta as distintas probas, comentarios e exercicios que se realicen durante o transcurso das correspondentes sesións. 20
Prácticas a través de TIC Valorararase o esforzo da cada alumno por se familirizar coas TIC e mais o resultado do traballo 10
Recensión bilbiográfica Hase terr moi en conta o interese e utilidade que o alumno faga da información do profesor para a realización do seu traballo tutelado. 10
Traballos tutelados Os traballos tutelados, submetidos á guía e orientación do profesor durante o curso, de forma que profesor e alumno manterán diversas entrevistas ( ao menos unha delas despois de telo rematado). No traballo darán conta dalgúns aspecto relacionado co temario, ao mesmo tempo que irán incorporando as distintas suxestións e aportación feitas nas sesións presencias realizadas con este propósuito. 60
 
Observacións avaliación

As porcentraxes indicadas máis arriba son orientativas, e se se especifican é porque así o require o deseño de guía docente que aplica a UDC. De feito a información que imos dar ten maior relevancia a este respecto da realidade da avaliación:
A. A cualificación final terá o seguinte reparto porcentual:
a.1. Un 50% procederá do traballo titorizado, amais de outras actividades realizadas ao longo do curso. NO traballo, a alumna e o alumno deberá obter unha puntuación de 4 sobre 10 (cunha nota inferior non superaría a cadeira)
A.2. Un 40% resultará das actividades e tarefas (grupais ou individuais): exercicios, comentarios, debates, etc.
A.3. O 10% restante derivará da asistencia e da participación na aula.

   A parte da cadeira impartida en galego tamén será avaliada obligatoriamente por medio dun exame no que serán tidas en conta as metodoloxías arriba expostas.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
Pozuelo Yvancos, José María (2008). Desafíos de la teoría. Literatura y géneros. Mérida, Venezuela. El otro@el mismo
Acosta, L. (1989). El lector y la obra. Teoría de la recepción literaria. Madrid. Gredos
Mignolo, W. (1978). Elementos para una teoría del texto literario. Barcelona. Crítica
Lotman, I. (1978). Estructura del texto artístico. Madrid. Istmo
Martínez Bonati, F. ((1960) 1983). La estrutura de la obra literaria. Barcelona. Ariel
López-Casanova, Arcadio (2007). Macrotexto poético y estructuras de sentido. Análisis de modelos líricos modernos. Valencia. tirant lo blanch

Crystal, D. (2001): La muerte de las lenguas, Cambridge: Cambridge U.P. Martín Vegas, R. A. (2009): Manual de Didáctica de la Lengua y la Literatura, Madrid: Síntesis. Pardo de Neyra (2006): As orixes da literatura infantil galega, Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Souto Presedo, E. (1993): Socio-didáctica lingüística, Compostela: Laiovento. Bibliografía complementaria Cassany, D. (1993): Reparar la escritura. Didáctica de la corrección de lo escrito, Barcelona: Graó. _____, M. Luna e G. Sanz (1994): Enseñar lengua, Barcelona: Graó. García Rivera, G. (1995): Didáctica de la literatura para la enseñanza Primaria y Secundaria, Madrid: Akal. García, J. e A. Medina [eds.] (1988): Didáctica de la lengua y la literatura, Madrid: Anaya. Giménez, G. et alii (1985): Aspectos didácticos de lengua española. Bachillerato, Zaragoza: ICE, Universidad de Zaragoza. Gómez, M. T. et alii (1990): Propuestas de interacción en el aula. Técnicas para lograr un clima favorable en la clase, Madrid: Narcea. Gonzáles Las, C. (1999): La lengua instrumento de comunicación, Granada: Grupo Editorial Universitario. Lomas, C. (1999): Cómo enseñar a hacer cosas con las palabras, Barcelona: Paidós, 2 vols. _____ e A. Osoro (1991): “Modelos teóricos y enfoques didácticos en la enseñanza de la lengua”, Signos, 4, Xixón: 22-29. _____ e A. Osoro [comps.] (1993): El enfoque comunicativo de la enseñanza de la lengua, Barcelona: Paidós. _____ e A. Osoro (1996 a): “Los objetivos de la educación Lingüística y el currículum de Lengua Castellana y Literatura”, in C. Lomas (coord.), La educación lingüística y literaria en la enseñanza secundaria, Barcelona: ICE, Universitat de Barcelona – Horsori Editorial. _____ e A. Osoro (1996 b): “Enseñar Lengua y Literatura en la educación secundaria. Orientaciones para la elaboración de proyectos curriculares y programaciones de aula”, in C. Lomas (coord.), La educación lingüística y literaria en la enseñanza secundaria, Barcelona: ICE, Universitat de Barcelona – Horsori Editorial. _____ e A. Osoro (2001): “De la lingüística aplicada a la educación lingüística implicada. Formación del profesorado y cambios in las aulas de lengua”, Textos, 27, Barcelona: 8-27. _____, A. Osoro e A. Tusón (1992): “Ciencias del lenguaje, competencia comunicativa y enseñanza de la lengua”, Signos, 7, Xixón: 26-53. _____, A. Osoro e A. Tusón (1993): Ciencias del lenguaje, competencia comunicativa y enseñanza de la lengua, Barcelona: Paidós. Lombraña, J. (1997): “El marco normativo y curricular de la lengua y literatura”, in J. Serrano e J. E. Martínez (coords.), Didáctica de la lengua y literatura, Barcelona: Oikos-Tau. Medina Rivilla, A. (1988): “Didáctica de la Lengua”, in J. García Padrino e A. Medina (dirs.), Didáctica de la Lengua y la Literatura, Madrid: Anaya. Medina Rivilla, A. (1989): Didáctica e interacción en el aula, Madrid: Cincel. Meix, F. (1994): “Teorías literarias y enseñanza de la literatura”, Textos, 1, Barcelona: 53-64. Mendoza Fillola, A. (1994): Literatura comparada e intertextualidad, Madrid: La Muralla. _____ [coord.] (1998): Conceptos clave en Didáctica de la Lengua y la Literatura, Barcelona: SEDLL – ICE, Universitat de Barcelona – Horsori Ediciones. _____ [coord.] (2003): Didáctica de la Lengua y la Literatura para Primaria, Madrid: Prentice Hall. _____ e A. López Valero (2000): “Didáctica de la Lengua y Literatura Españolas”, in L. Rico e D. Madrid (coords.), Fundamentos didácticos de las áreas curriculares, Madrid: Síntesis. _____, A. López Valero e E. Martos Núñez (1996): Didáctica de la Lengua para la Enseñanza Primaria y Secundaria, Madrid: Akal. Pardo de Neyra, X. (2005): Aproximación a la poesía. Consideraciones y metodología crítico-didáctica sobre comentario de textos, Mérida: Rox Ediciones. Rodríguez López-Vázquez, A. (1997): “Problemas didácticos en torno al mito de Don Juan”, in VV.AA., Actas das I Xornadas de Didáctica da Literatura, Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela: 31-40. Searle, J. R. (1980): Actos de habla, Madrid: Cátedra. Seco, M. (1963): El comentario de textos, Madrid: MEN.
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Non se admitirán traballos enviados por correo electrónico.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías