Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Avaliación do ensino-aprendizaxe da lingua estranxeira Código 652609924
Titulación
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Coordinación
Bobadilla Pérez, María
Correo electrónico
m.bobadilla@udc.es
Profesorado
Bobadilla Pérez, María
Correo electrónico
m.bobadilla@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da teoría e a posta en práctica da avaliación en lingua estranxeira nos niveis do ensino secundario, formación profesional e escolas oficiais de idioma.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A2 Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A3 Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A4 Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
A5 Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A6 Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A7 Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A8 Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
A9 Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A10 Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A11 Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A12 Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A13 Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
A14 Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer as diferentes teorías e estratexias referentes a avaliación, tanto en ensino secundario como en formación profesional e escolas de idiomas. AP2
AP3
AP4
AP5
AP11
CM2
CM6
Coñecer a terminoloxía e as diferentes características do proceso avaliador. AP2
AP5
AP7
AP11
AP12
CM4
CM6
Coñecer e aplicar a natureza da autoavaliación nun proceso de avaliación continuada e apredizaxe autónomo. AP4
AP5
AP10
AP11
CM2
CM3
CM6
Coñecer e poñer en práctica o papel do profesor como formador e facilitador nas tarefas susceptibles de seren avaliadas. AP4
AP5
AP7
AP10
AP11
AP12
CM2
CM3
CM6
CM8
Comprender e aplicar os criterios competenciais dunha lingua estranxeira para facer unha avaliación por competencias. AP2
AP4
AP5
AP7
AP9
AP10
AP11
CM2
CM3
CM4
CM6
Identificar e analizar situaciones educativas que requiren diferentes estratexias avaliadoras, en función dos estudiantes con diferentes capacidades, aptitudes, e diferentes ritmos no desenvolvemento educativo. AP2
AP4
AP5
AP7
AP8
AP9
AP10
AP11
AP13
AP14
CM2
CM3
CM4
CM6
Coñecer e poñer en práctica a avaliación de alumnos con necesidades educativas especiais. AP2
AP4
AP5
AP7
AP8
AP9
AP10
AP14
CM2
CM4
CM8
Coñecer e poñer en práctica a avaliación atendendo aos criterios de diversidade e igualdade. AP1
AP2
AP4
AP5
AP7
AP8
AP9
AP11
AP13
AP14
CM2
CM3
CM4
CM6
CM8
Aplicación de diferentes modelos de actividades de avaliación tendo en conta as caracteristicas do alumnado. AP4
AP8
AP9
AP13
AP14
CM4
CM6
CM8
Coñecer e analizar as relacións entre os procesos de avaliación e o fracaso escolar. AP5
AP10
AP14
CM3
CM4
CM8
Saber utilizar as ferramentas tecnolóxicas de xestion utilizadas para avaliación dos alumnos polo Ministerio de Educación. Outras ferramentas. AP2
AP4
AP7
AP9
AP10
AP12
AP13
AP14
CM3
CM4
Coñecer e extraer conclusións das avaliacións internacionais e externas do proceso educativo do estado. AP2
AP4
AP5
AP10
AP12
AP14
CM3
CM4
CM6
Ser capaz de convertir as indicacions curriculares en actividades avaliadoras de diferente natureza. AP2
AP4
AP5
AP7
AP9
AP10
AP13
AP14
CM2
CM3
CM6
CM8
Deseñar e poñer en práctica propostas avaliativas seguindo os diferentes enfoques metodolóxicos. AP2
AP4
AP5
AP6
AP7
AP10
AP11
AP14
CM2
CM3
CM4
CM6
Seleccionar técnicas e instrumentos de avaliación axeitados e graduados para o tipo de obxecto que se quere avaliar. AP2
AP5
AP9
AP10
AP12
AP14
CM2
CM3
CM4
CM6
CM8
Saber comunicar os resultados dun proceso de avaliación salientando as partes positivas susceptibles de derivar en unha mellora do alumnado o dos axentes avaliados. AP2
AP4
AP10
AP11
AP12
AP14
CM2
CM3
CM5
CM6
Interpretar a avaliación cun sentido crítico no contexto educativo e no contexto xeral, tentando de preparar aos alumnos para a vida. AP2
AP10
AP13
AP14
CM5
CM6
CM7
Aplicar o autoavaliación e a avaliación dos alumnos a tarefa do profesor. AP2
AP8
AP9
AP10
AP11
AP13
AP14
CM2
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1.-A Avaliación Concepto e terminoloxía. Avaliación e cualificacions. Elementos que deben terse en conta na avaliación. Funcións da avaliación. Otros aspectos referentes ao concepto da avaliación. O concepto de pre-avaliación nos centros de ensino secundario. A avaliación como método de mellora do ensino e como elemento para evitar o fracaso escolar. O concepto de proceso evaluativo. O papel do avaliador.
2.-Modelos de avaliación. Estudo das diferentes teorías e escolas sobre a avaliación e a súa posta en práctica.
3.-Estratexias de avaliación A diversidade. As necesidades especiais. Avaliando un 'mixed-ability group'. A adaptación da avaliación as tarefas e contidos. A adaptación da avaliación ao proxecto curricular. A trasformación de curriculo en actividades. A gradación de dificultade na avaliación.
4.Criterios de avaliación.
Procedimientos de avaliación curricular. Avaliación da práctica docente. Criterios para a avaliación na aula. Análise do erro como elemento constructivo na aprendizaxe. Criterios de avaliación por ciclos e niveles.
5.-A avaliación continuada e sumativa. Concepto e deseño de tarefas. Deseño dun sistema de avaliación continuada.
6.-Autoavaliación e 'autonomous learning' Tests de autoavaliación, técnicas de autocorrección, avaliación a través das plataformas das TICs.
7.-Avaliación por competencias na lingua estranxeira. Avaliación por competencias. A competencia lingüística e a competencia comunicativa en lingua estranxeira. Deseño de actividades e tarefas.
8.-Outros procedimentos de avaliación da lingua estranxeira. Deseño de actividades. One-minute paper, portafolios, mapas conceptuais,role play, tests, xeración de tests por hot potatoes, avaliación por proxectos.
9. A integración das TICs no proceso de avaliación. Deseño de tarefas. Avaliación e plataformas de ensino virtual.
10.-A Avaliación de diagnóstico. As avaliacións externas e internacionais. A avaliación aplicada a centros e a sistemas educativos completos, dentro do marco da Unión Europea. O Modelo Europeo de
excelencia, no apartado de linguas estranxeiras, e a súa implantación nos centros
educativos en Galicia. International Student Assessment (PISA). As seccións bilingües no desenvolvemento da competencia lingüística.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Presentación oral 2 4 6
Proba obxectiva 1 3 4
Proba mixta 2 2 4
Análise de fontes documentais 0 6 6
Prácticas a través de TIC 2 4 6
Aprendizaxe colaborativa 1 2 3
Portafolios do alumno 0 4 4
Lecturas 0 4 4
Estudo de casos 0 1 1
Sesión maxistral 12 24 36
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Prueba oral, individual ou grupal (3 alumnos por grupo, máximo), que forma parte da avaliación final da materia. Deberá ser en inglés e ter o apoio dun sistema de exposición en pantalla, por exemplo, Powerpoint, ou as presentacións de prezi.com
Proba obxectiva Proba obxectiva sobre os contidos da materia. Forma parte da avaliación final.
Proba mixta Proba o probas que combinan o traballo en clase e as actividades prácticas sobre os contidos aprendidos. Forma parte da avaliación final.
Análise de fontes documentais Lectura e estudo de textos relevantes para a materia.
Prácticas a través de TIC Traballo coa plataforma UDC Moodle, que pode ter compoñentes prácticos e actividades engadidas.
Aprendizaxe colaborativa Traballo grupal na aula ou fóra dela. Tamén, no entorno virtual.
Portafolios do alumno Apuntamentos dos alumnos sobre as clases ou actividades reflectidas no portafolios.
Lecturas Lecturas diversas, obrigatorios ou voluntarias (indicarase no seu momento) que deben ou poden facer os alumnos fóra da aula.
Estudo de casos Análise dalgunhas probas de avaliación concretas deseñadas para programas concretos e auténticos.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos teóricos do libro e de actividades de avaliación de exemplo para os alumnos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Aprendizaxe colaborativa
Estudo de casos
Descrición
O profesor atenderá persoalmente, e tamén por correo electónico, as dúbidas que os alumnos podan ter. Asemade, dirixirá dun xeito persoal as prácticas coas novas tecnoloxías de comunicación e información, no contexto da construcción de probas de avaliación para a lingua estranxeira. Igualmente, deberá exercer atención personalizada no traballo grupal na aula e no estudo documental o de casos concretos relativos a avaliación que integran o programa.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Presentación oral dun tema relativo a avaliación (actividades ou tarefas de avaliación, teorías, investigación, aspectos prácticos, simulacións, deseño de actividades...). 40
Proba obxectiva Preguntas concretas sobre os contidos explicados nas clases maxistrais. 30
Proba mixta Preguntas breves e preguntas prácticas (actividades de avaliación) feitas e recollidas na clase. 30
 
Observacións avaliación

No caso de facer a presentación oral dun xeito individualizado, as porcentaxes cambiarían: Presentación 50, Proba obxectiva 30, Proba mixta 20.


Fontes de información
Bibliografía básica PÉREZ TORRES, I (2006). Diseño de Webquests para la enseñanza/aprendizaje del inglés como lengua extranjera:. Tesis. Granada: Editorial
ALDERSON, J.C. & BERETTA, A. (1992). Evaluating Second Language Education. Cambridge: CUP
Ministerio de Educación (2002). Ley Orgánica de las Cualificaciones y la formación Profesional.. http://www.boe.es/boe/dias/2002/06/20/pdfs/A22437-22442.pdf Ministerio de Educación Madrid
RICHARDS, J., (2001). Approaches and Methods in Language Teaching. Cambridge: CUP
MARTIN GIMENO, S (1961). La Enseñanza del Inglés en España. Madrid: Ediciones Gredos
Ministerio de Educación (2006). Ley Orgánica de Educación.. http://www.boe.es/boe/dias/2006/05/04/pdfs/A17158-17207.pdf
LONG, Michael & Jack C. Richards (2000). Methodology in TESOL. Boston: H&H
EURYDICE (2009). Organización del sistema educativo español. Bruselas Unión Europea
LEE MCKAY, S., (1992). Teaching English Overseas: An Introduction. Oxford: OUP

Bibliografía complementaria

Páxinas web de utilidade

http://bbc.learner.com

http://teachingenglish.org.uk

http://dictionary.cambridge.org/activity.htm

http://www.yourdictionary.com


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Deseño curricular e didáctica da lingua estranxeira/652609921

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

É recomendable ter un nivel alto de coñecemento de inglés.

As probas da materia faranse en lingua inglesa.

O enderezo electrónico preferente para o atendemento continuado por parte do profesor é: giral@udc.es



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías