Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Investigación e avaliación da calidade de proxectos educativos Código 652G01010
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Coordinación
Muñoz Cantero, Jesus Miguel
Correo electrónico
jesus.miguel.munoz@udc.es
Profesorado
Espiñeira Bellon, Eva Maria
Muñoz Cantero, Jesus Miguel
Correo electrónico
eva.espineira@udc.es
jesus.miguel.munoz@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=asignatura&codigo=652G01010&grupo=B
Descrición xeral A investigación e a avaliación en Educación empeza a orientarse cara un coñecemento más amplo sobre o descubrimento das posibilidade dos procesos de ensino e aprendizaxe para os/as investigadores/as, convertíndose nunha ferramenta para a formación permanente e autónoma dos/das docentes. Convertindo, desta maneira, aos/ás docentes en axentes investigadores e avaliadores.

O propósito formativo básico desta materia céntrase nun coñecemento do ámbito da investigación e avaliación educativa desde tres vertentes; teórica, metodolóxica e instrumental.

A proposta que se plantexa neste programa vai dirixida a que o alumnado teña unha panorámica xeral destes campos disciplinares, así como a que se vaian exercitando en prácticas específicas de investigación e avaliación, que supoñen un control da calidade dos procesos e dos produtos que conducirán a mellorar a calidade do ensino. Estas prácticas concrétanse ou precísanse no marco deste programa e se desenvolverán de forma paralela aos contidos teóricos.

Precísase, polo tanto, un/unha mestre/a investigador/a cuxo papel sexa fundamentalmente crítico e reflexivo, que centre a súa actividade cara un coñecemento directo do contexto onde actúa para dirixilo cara a consecución dun cambio.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A23 Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.
A24 Dominar as técnicas de observación e rexistro.
A25 Abordar análises de campo mediante metodoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais.
A26 Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.
A29 Valorar a importancia do traballo en equipo.
A30 Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais.
B2 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B13 Capacidade para actuar de maneira sustentable na defensa do medio ambiente.
B16 Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
A23 Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil. A24 Dominar as técnicas de observación e rexistro. A25 Abordar análises de campo mediante metodoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais. A26 Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións. A29 Valorar a importancia do traballo en equipo. A30 Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais. A23
A24
A25
A26
A29
A30
B2 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva. B5 Traballar de forma colaborativa. B10 Capacidade de análise e síntese. B11 Capacidade de busca e manexo de información. B12 Capacidade de organización e planificación. B13 Capacidade para actuar de maneira sustentable na defensa do medio ambiente. B16 Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes. B2
B5
B10
B11
B12
B13
B16
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C1
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
1.- A calidade nos centros educativos. 1.1. Historia da calidade.
1.2. A calidade na Educación Infantil.
2.- Investigación e avaliación da calidade dos proxectos educativos. 2.1. Investigación.
2.2. Avaliación.
2.3. Calidade.
3.- Modelos de avaliación da calidade de proxectos educativos. 3.1. Modelos de calidade.
3.2. Modelos de avaliación de proxectos educativos.
4.- Técnicas e instrumentos para a recollida de información da avaliación de proxectos educativos. 4.1. Tipoloxías de avaliación.
4.2. Criterios, ámbitos e indicadores.
4.3. Instrumentos de recollida de información.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 17 42 59
Estudo de casos 17 21 38
Eventos científicos e/ou divulgativos 8 0 8
Proba mixta 2 24 26
 
Atención personalizada 19 0 19
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Algúns contidos do programa precisan unha exposición maxistral por parte do profesorado para centrar o proceso de ensino-aprendizaxe.

Por iso, as clases expositivas, céntranse na exposición oral dos ditos contidos, complementada co emprego de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Estudo de casos As clases expositivas combinaranse con clases interactivas guiadas polo profesorado e no que o alumnado cobra un papel importante.

Nas clases interactivas, empregaranse metodoloxías onde o suxeito se enfrente ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumnado situarase ante un problema concreto (práctica), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, para chegar a unha decisión razonada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.

Os contidos desenvolvidos nestas charlas, conferencias,.... formarán parte da proba mixta.
Proba mixta A exame final fixada pola Xunta de Facultade realizarase mediante unha proba mixta. Esta proba, integrará preguntas tipo de probas de ensaio (abertas e de desenvolvemento) e preguntas tipo de probas obxectivas, que poderán combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Sesión maxistral
Descrición
O profesorado realizará un seguimento do traballo que vaia realizando o alumnado asistente a través das prácticas que vaia realizando.

É importante que o alumnado realice as súas prácticas desde o primeiro día e acuda ás titorías de maneira asidua co fin de resolver as dúbidas que estime oportunas.

As titorías desenvolveranse, polo tanto, na aula, durante as clases e no despacho do profesorado, da seguinte forma:

* No caso de indicacións xerais a todo o grupo (realizaranse nas clases expositivas).

* A grupos de traballo pequeno (realizaranse nas clases interactivas -prácticas- ou no despacho).

* Individuais (realizaranse no despacho e versarán sobre o progreso do alumnado).


Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Estudo de casos A metodoloxía de estudo de casos porase en práctica nas clases interactivas. Para a realización do estudo de casos é preciso formar pequenos grupos de traballo e débese ter en conta o seguinte:

- Formaranse grupos pequenos (non máis de 4 persoas).

- Cada grupo elixirá unha persona coordinadora, encargada de presentar e defender as ideas do seu grupo de traballo, no caso en que se lle solicite, que será rotativa en cada práctica.

- Estos grupos formaranse o primeiro día de clase polo profesorado.

O profesorado realizará un seguimento das prácticas que se vain elaborando por cada grupo e lle asignará unha cualificación. Non é necesario entregar as prácticas realizadas senón que o profesorado irá realizando o seguimento partindo do que se expoña na aula.

O profesorado indicará propostas de mellora de cada práctica a cada grupo co fin de que na proba mixta da materia o alumnado sepa realizar as prácticas sen problema. Son, por tanto, materia de exame.

10
Proba mixta
A exame final fixada pola Xunta de Facultade realizarase mediante unha proba mixta na que entrará toda a materia (clases expositivas + clases interactivas).

O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Para preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Para preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - erros/nº alternativas - 1.
90
 
Observacións avaliación

ALUMNADO ASISTENTE: As condicións da avaliación sinaladas, fíxanse para o alumnado asistente a clase.

- Considerarase alumnado asistente a aquel que presente, como máximo un 20% de faltas de asistencia durante o curso; por iso, o profesorado poderá solicitarlle ao alumnado que asine unha folla tanto á entrada como á salida.

- Ata un 20% das clases poderán
desenvolverse mediante charlas, conferencias, asistencia a seminarios
que non teñen por que coincidir co horario habitual das clases,
pero que será necesaria a asistencia para alumnado considerado como
presencial. En todo caso, o contido das charlas formará
parte da proba de avaliación para ambas modalidades de asistencia.

- O alumnado poderá xustificar as súas faltas de asistencia.

ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que non forme parte de ningún grupo, non realice as prácticas correspondentes (estudo de casos) ou non asista regularmente ás clases, considerase alumnado non asistente.

- O alumnado non asistente terá que presentar unha reflexión final (individual) que será valorada co 10% da cualificación final da materia. Esta reflexión final deberá constar de:

* Reflexión persoal sobre os contidos desenvolvidos: qué aprendín, qué sei facer agora,...

* Reflexión persoal sobre as competencias adquiridas con respecto ás indicadas na Guía Docente (da materia).

* Valoración persoal con respecto á práctica profesional: aplicacións prácticas dos contidos ao mundo da educación infantil, qué aprendín para o meu futuro profesional,...

* Apreciacións persoais sobre as titorías realizadas.

* Análise das prácticas realizadas ao longo das clases interactivas (deberanse incorporar neste apartado os resultados das ditas prácticas).

* Valoración da temporalización da materia.

* Outros aspectos: materiales elaborados a maiores polo alumnado co fin de completar os contidos, referencias bibliográficas ou webs consultadas,...

- A reflexión final debe ser a valoración final
froito do traballo do curso completo (material de clases expositivas +
prácticas -estudo de casos- das clases interactivas). O exemplar da dita reflexión entregarase impreso e encuadernado, sen tapas de
plástico e en papel reciclado, co obxectivo de traballar a
competencia "Capacidade para actuar de maneira sostible na defensa
do medio ambiente" e de acordo co recollido no Plan de Acción do
Programa Green Campus UDC".

- O prazo
máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases.

- A puntuación deste traballo é de 1 punto pero é necesario acadar a mitade da puntuación (é dicir, 0.5 puntos) para poder aprobar a materia.

NOTA: A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios que tamén serán tidos en conta polo profesorado, polo que será necesario que o alumnado con este tipo de réxime de dedicación, o informe ao profesorado e concerten a maneira na que se desenvolverá o proceso de ensino-aprendizaxe.


Fontes de información
Bibliografía básica Ruíz Olabuénaga, J.I. (2003). Técnicas de triangulación y control de calidad en la investigación educativa. Bilbao: Fundación Horreum
Gil Pascual, J.A. (2010). Bases metodológicas de la investigación educativa : (análisis de datos). Madrid: UNED
Rubio,M.J. y Varas, J. (2004). El Análisis de la realidad en la intervención social : métodos y técnicas de investigación. Madrid: CCS
Castillo Arredondo,S. y Cabrerizo Diago, J. (2011). Evaluación de la intervención socioeducativa : Agentes, ámbitos y proyectos. Madrid: Pearson Educación
Martínez Mediano, C. (2007). Evaluación de programas educativos : investigación evaluativa, modelos de evaluación de programas.. Madrid: UNED
Fernández-Ballesteros, R. (2006). Evaluación psicológica : conceptos, métodos y estudio de casos. Madrid: Pirámide
McMillan, J.H. e Schumacher, S. (2005 (2011 reimp.)). Investigación educativa una introducción conceptual. Madridd: Pearson Educación
Corbetta, P. (2007 (2010 reimp).). Metodología y técnicas de investigación social. Madrid: McGraw-Hill
Cubo Delgado,S., Martín Marín, B.e Ramos Sánchez, J.L. (2011). Métodos de investigación y análisis de datos en ciencias sociales y de la salud. Madrid: Pirámide
Bernardo Carrasco, J. e Calderero Hernández, J.F. (2000). Aprendo a investigar en educación. Madrid: Rialp
Pérez Juste, R. (2006). Evaluación de programas educativos. Madrid: La Muralla
Mateo, J. e Martínez, F. (2008). Medición y evaluación educativa. Madrid: La Muralla

Bibliografía complementaria García Sanz, M.P. e Martínez Clares, P.ords.) (2012). Guía práctica para la realización de trabajos fin de grado y trabajos fin de máster. Madrid: Universidad de Murcia
Buendía Eisman,L., González González, D. y Pozo Llorente, T. (2004). Temas fundamentales en la investigación educativa. Madrid: La Muralla
Fondevila Gascón, J. F. (2013). El trabajo de fin de grado en Ciencias Sociales y Jurídicas : guía metodológica. Madrid : Ediciones Internacionales Universitarias


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías