Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Educación inclusiva e multicultural Código 652G01011
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Depalma Ungaro, Renee
Correo electrónico
r.depalma@udc.es
Profesorado
Depalma Ungaro, Renee
Correo electrónico
r.depalma@udc.es
Web
Descrición xeral A materia enfócase na construción crítica dunha educación xusta e igualitaria para os membros máis novos da nosa sociedade e os que representan unha diversidade posteriormente excluida dos espazos educativos.
As grandes liñas de estudo inclúen:
- Formas de representación e participación igualitaria na etapa de Infantil
- Prexuízos, estereotipos, racismo, xenofobia, homofobia, ableismo, e outros tipos de discriminación e exclusión nas institucións escolares
- Modelos de educación multicultural e intercultural
-O modelo social de discapacidade
-Conceptos de inclusión e integración, incluíndo unha análise critica dos discursos oficiais e públicos sobre ditos procesos
- Atención á diversidade cultural e funcional, visións comunitarias fronte as deficitarias
- Estratexias didácticas de educación inclusiva e multicultural na etapa de Educación Infantil

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A4 Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas.
A5 Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico.
A6 Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual.
A8 Saber informar a outros profesionais especialistas para abordar a colaboración do centro e do mestre na atención ás necesidades educativas especiais que se propoñan.
A9 Adquirir recursos para favorecer a integración educativa de estudantes con dificultades.
A12 Promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá.
A13 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A14 Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar.
A16 Identificar trastornos no sono, a alimentación, o desenvolvemento psicomotor, a atención e a percepción auditiva e visual.
A19 Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.
A28 Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas de innovadoras en educación infantil.
A32 Valorar a relación persoal con cada estudante e a súa familia como factor de calidade da educación.
A37 Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia.
A39 Elaborar propostas didácticas en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sustentable.
A43 Favorecer as capacidades da fala e da escritura.
A44 Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.
A48 Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
A55 Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
A56 Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade.
A62 Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
A63 Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B8 Capacidade de adaptación a situacións novidosas.
B9 Autonomía na aprendizaxe.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B17 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B18 Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
- Situará estas tradicións na evolución das múltiples expresións históricas da mestizaxe, hibridación e porosidade transculturais, por unha banda, e por outra banda, o peche cultural mediante o racismo, o etnocentrismo, a dominanción lingüística, a xenofobia, o clasismo, o sexismo, a homofobia e outras expresións de discriminación, opresión e marxinación, até o actual momento histórico do mundo globalizado. A13
A14
A37
B3
B17
C6
C8
O alumnado: - Familiarizarase coas das diversas tradicións intelectuais da Educación Inclusiva e Multicultural, e os aspectos máis relevantes destes campos de investigación para a etapa de Educación Infantil, ao entrar en contacto coas fontes bibliográficas, audiovisuais e informativas fundamentais. A8
A16
A28
A43
A44
B1
B11
C1
- Comprenderá que a Educación Inclusiva e Multicultural supón un corpo de coñecementos inacabados, mutábeis, e continuamente negociados, non un paradigma pechado ou monolítico, polo que debe derivar no desenvolvemento dun xuízo (ou disposición) profesional flexíbel e crítico. A19
B8
B9
- Apreciará a importancia tanto profesional como social dos aspectos ético-axiolóxicos da Educación Inclusiva e Multicultural para a etapa de Educación Infantil, ao desenvolver actitudes á vez críticas e solidarias fronte á diversidade humana nas comunidades educativas, e ao adquirir e fomentar valores tanto universais como particulares relacionados con: a empatía, o respecto, a dignidade humana e os dereitos humanos, o apoio mutuo, a reciprocidade, a colaboración, a inclusión dos excluídos, a participación igualitaria e democráticas na vida pública do centro. A14
A32
B18
C4
- Comprenderá, analízará e avaliará os principais contidos, recursos, estratexias e ámbitos de intervención abordados desde a Educación Inclusiva e Multicultural: contidos culturalmente inclusivos e interculturais, a organización democrática da aula e do centro, a inclusión e promoción das perspectivas e voces minoritarias e/ou desfavorecidas socialmente, a análise crítica dos documentos e medios de comunicación-aprendizaxe. A4
A6
A12
A48
A62
B24
- Iniciarase na aplicación crítica dos coñecementos pedagóxicos e das principais estratexias e recursos didácticos (curriculares, metodolóxicos, organizativos e dinamizadores) desenvolvidos desde a Educación Inclusiva e Multicultural para a etapa de Educación Infantil. A5
A9
A39
A55
A56
A63
B5
C1
C2

Contidos
Temas Subtemas
Estratexias didácticas na atención á diversidade e a educación inclusiva na etapa de Educación Infantil
A educación como práctica cultural
Modelos de Educación Multicultural
Procesos da marxinazatión nos espazos escolares

Pedagoxía crítica e xustiza social
Atención á diversidade cultural e funcional, discapacidade e inclusión na escolaridade temperán: minorías étnicas, inmigrantes, emigrantes, persoas con discapacidade

Diversidade funcional: “a diferenza que fai unha diferenza”

A construción social do éxito e do fracaso escolar

Asimilación, integración, e “Atención á diversidade”
Multiculturalismo, prexuízos, estereotipos, racismo, xenofobia e outros tipos de discriminación e exclusión nas institucións escolares Construíndo o Outro- racismo e xenofobia

Sexo, xénero, e heteronormatividade

Minorización de linguas e variacións dialectais
Globalización e curriculum na Educación Infantil, formas interculturais de representación e participación na etapa de Infantil Representación, recognición, e participación

Procesos de reflexión, investigación, e innovación

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa 20 0 20
Lecturas 0 30 30
Sesión maxistral 22 40 62
Proba mixta 2 4 6
Traballos tutelados 0 30 30
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Os traballos tutelados (ver descrición abaixo) e as actividades puntuais que se levan a cabo nas clases interactivas
Lecturas Lecturas obrigatorias que se len fora da aula e que se poden clarificar durante as clases expositivas, e lecturas adicionais que apoian a información presentada nas clases expositivas e que forman a base bibliográfica para os traballos.
Sesión maxistral Exploracións e explicacións baseadas tanto nas lecturas básicas da materia como noutras que complementan e enriquecen as básicas
Proba mixta Exame final enfocado nos apuntes das clases expositivas, nas actividades nas clases interactivas, e nas lecturas obrigatórias
Traballos tutelados Traballos colaborativos que se levan a cabo en grupos de 3-5 e que se entregan de forma escrita e de forma dunha presentación oral. As datas limites serán especificadas no primeiro día de clase, xunto coas pautas para seguir co cumprimento de cada traballo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Recíbese unha atención personalizada, ao nivel do grupo de traballo, durante as clases interactivas e as titorías (por iniciativa do alumnado). Pódese recibir unha atención personalizado ao nivel individual durante as titorías.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Traballos colaborativos que se levan a cabo en grupos de 3-5 e que se entregan de forma escrita e de forma dunha presentación oral. As datas limites serán especificadas no primeiro día de clase, xunto coas pautas para seguir co cumprimento de cada traballo. 50
Proba mixta Exame final enfocado nos apuntes das clases expositivas, nas actividades nas clases interactivas, e nas lecturas obrigatórias 50
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o
alumnado terá que acadar unha nota mínima de 3,5 tanto na proba mixta (exame)
como nos traballos tutelados.

A materia é presencial. As faltas
de asistencia deberían ser xustificadas por informe medico ou laboral.

De forma excepcional, pode haber
poñentes invitados fora do horario programado da materia, pero dentro do
horario lectivo xeral. Neste caso, o alumnado será avisado o antes posible, e a
política de asistencia aplicarase de igual forma.


Fontes de información
Bibliografía básica

Unha lista de lecturas obrigatorias, máis os documentos ou enlaces aos documentos, atópanse no Moodle.

Bibliografía complementaria

Unha lista de lecturas complementarias, máis algúns documentos ou enlaces aos documentos, atópanse no Moodle.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías