Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Didáctica da lingua galega Código 652G01015
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Coordinación
Sobrino Freire, Iria
Correo electrónico
iria.sobrino@udc.es
Profesorado
Sobrino Freire, Iria
Correo electrónico
iria.sobrino@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo da materia é proporcionar un marco teórico e metodolóxico para o traballo da lingua galega na aula. Trátase, en primeiro lugar, de facer consciente o alumnado do carácter transversal do ensino lingüístico e da responsabilidade das mestras e mestres como modelos de lingua. Incidirase, neste sentido, na importancia de adquirir unha competencia lingüística e comunicativa suficiente en lingua galega. Estudaranse, de modo xeral, os condicionamentos do ensino en contextos de contacto lingüístico e, máis especificamente, as características do caso galego. Esta análise servirá para fundamentar as estratexias que se poñan en práctica na aula de Educación Infantil para o ensino-aprendizaxe da lingua. A materia introducirá cuestións curriculares que atinxen a todo o bloque de Linguaxe Verbal e tentará familiarizar as alumnas e alumnos coa programación didáctica neste ámbito. Afondarase en particular no traballo para o desenvolvemento das habilidades lingüísticas orais, a través de prácticas como a asemblea ou o conto contado.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A4 Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas.
A5 Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico.
A13 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A19 Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.
A22 Atender as necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto.
A23 Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.
A25 Abordar análises de campo mediante metodoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais.
A26 Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.
A29 Valorar a importancia do traballo en equipo.
A31 Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización.
A42 Coñecer o currículo de lingua e lectoescritura desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
A43 Favorecer as capacidades da fala e da escritura.
A44 Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.
A45 Coñecer a tradición oral e o folclore.
A46 Comprender o paso da oralidade á escritura e coñecer os diferentes rexistros e usos da lingua.
A47 Coñecer o proceso de aprendizaxe da lectura e a escritura e o seu ensino.
A48 Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
A49 Recoñecer e valorar o uso adecuado da linguaxe verbal e non verbal.
A50 Coñecer e utilizar adecuadamente recursos para a animación á lectura e á escritura.
A51 Adquirir formación literaria e en especial coñecer a literatura infantil.
A52 Ser capaz de fomentar unha primeira aproximación a unha lingua estranxeira.
A59 Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión da mesma.
A60 Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula, así como dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
A62 Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
A63 Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica.
A65 Regular os procesos de interacción e comunicación en grupos de estudantes de 0-3 anos e de 3-6 anos.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B8 Capacidade de adaptación a situacións novidosas.
B9 Autonomía na aprendizaxe.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B14 Capacidade para detectar as súas propias necesidades de aprendizaxe ao longo da vida.
B15 Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica.
B17 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B18 Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
B19 Comunicación oral e escrita na lingua materna.
B22 Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
B23 Habilidades sociais para exercer o liderado na aula.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Tomar conciencia do papel do profesorado como modelo lingüístico A48
B6
B24
Acadar un dominio axeitado da expresión oral e escrita en lingua galega A43
A44
A46
B14
B19
C1
Coñecer os principais recursos bibliográficos e dixitais para o ensino-aprendizaxe da lingua galega A42
A45
A50
A51
B11
C6
C7
C8
Coñecer o marco xurídico polo que se rexe a utilización das linguas no sistema educativo galego A31
Coñecer os fundamentos do currículo de lingua da etapa de Educación Infantil en Galiza A31
Aprender a desenvolver a programación didáctica na área lingüística A4
A5
A42
A43
A44
A45
A46
A47
A48
A49
A50
A51
A52
Coñecer as metodoloxías para o ensino da lingua en contextos multilingües A48
Coñecer as particularidades da situación sociolingüística galega A13
A23
A26
B24
C4
Saber deseñar estratexias para a aprendizaxe da lingua galega do alumnado galego-falante e non galego-falante A42
A43
A44
A46
A47
A48
A49
A63
Saber transmitir actitudes e valores positivos en relación coa lingua e cultura galega A48
B24
Saber programar actividades para o desenvolvemento das habilidades lingüísticas orais A43
A44
A46
A49
A60
A65
B8
B18
B23
C1
Ser capaces de contar un conto nunha aula de Educación Infantil. A22
A29
A44
A45
A49
A50
A51
A62
A63
B1
B2
B4
B5
B8
B9
B19
C1
Ser capaces de reflexionar sobre a propia práctica A19
A23
A25
A26
A29
A44
A45
A49
A50
A51
A59
A60
A62
A63
B3
B10
B12
B14
B15
B17
B19
B22
C1

Contidos
Temas Subtemas
1. Fundamentos do ensino lingüístico 1.1. Que é ensinar lingua?
1.2. A competencia lingüística e comunicativa do profesorado
2. O ensino-aprendizaxe da lingua en contextos de contacto lingüístico: o caso galego 2.1. Conceptos básicos de Sociolingüística e Planificación Lingüística
2.2. Achegamento á situación sociolingüística galega
2.3. As linguas no sistema educativo galego: marco xurídico
2.4. Pautas para a planificación lingüística nos centros educativos galegos
3. A lingua na escola infantil (I): do currículo á programación didáctica 3.1. A linguaxe verbal no currículo da Educación Infantil: a Área de Linguaxes: Comunicación e Representación
3.2. A programación didáctica no eido lingüístico
4. A lingua na escola infantil (II): o traballo da comunicación oral 4.1. O conto contado
4.2. A asemblea
4.3. Os xogos de linguaxe

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais 0 8 8
Aprendizaxe colaborativa 4 12 16
Discusión dirixida 2 0 2
Estudo de casos 4 4 8
Lecturas 0 10 10
Obradoiro 6 10 16
Presentación oral 1 3 4
Traballos tutelados 0 28 28
Saídas de campo 0 5 5
Proba mixta 2 28 30
Sesión maxistral 21 0 21
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Utilización de documentos bibliográficos e audiovisuais para a reflexión e crítica.
Aprendizaxe colaborativa Traballo en pequenos grupos para resolver tarefas propostas polo profesorado.
Discusión dirixida Debate en grupos.
Estudo de casos Presentación de situacións educativas concretas para a análise e discusión en grupos.
Lecturas Documentos para a ampliación dos contidos traballados na aula.
Obradoiro Resolución de tarefas prácticas a través de diversas metodoloxías (exposicións, simulacións, debates, prácticas guiadas, etc.), co apoio e supervisión do profesorado.
Presentación oral Exposición verbal na que se abordan contidos da materia de forma dinámica.
Traballos tutelados Traballo en grupo que consistirá na elaboración dunha proposta didáctica para levar a cabo nunha aula de Educación Infantil.
Saídas de campo Visitas a centros escolares para realizar actividades de observación e/ou intervención.
Proba mixta Proba que integra preguntas dunha certa amplitude e preguntas de resposta breve.
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia por parte do profesorado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Discusión dirixida
Obradoiro
Presentación oral
Traballos tutelados
Descrición
A organización en grupos pequenos das sesións interactivas permitirá á profesora trabar coñecemento co alumnado e realizar o seguimento dos seus progresos.
As titorías constituirán, así mesmo, un espazo para a consulta e a resolución de diferentes dificultades que poidan xurdirlle a cada grupo ou alumno/a. O atendemento ao alumnado realizarase de modo presencial no horario marcado ao comezo do curso.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Traballo en grupo que consistirá nunha proposta didáctica para levar a cabo nunha aula de Educación Infantil. 50
Proba mixta Proba que integra preguntas de certa amplitude e preguntas de resposta breve. Valórase o coñecemento dos contidos, a capacidade de síntese, a claridade expositiva e a corrección expresiva. 50
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é preciso ter aprobadas as dúas probas. O estudantado que concorra á oportunidade de xullo só repetirá a parte suspensa. 

Os grupos deberán estar formados por un mínimo de catro persoas. Aquelas persoas que non constitúan grupo ou non asistan regularmente ás clases serán avaliadas unicamente a través da proba mixta, que suporá o 100% da cualificación.

O alumnado debe ser capaz de se expresar correctamente en lingua galega, tanto oralmente como por escrito. O dominio destas destrezas é preceptivo para aprobar a materia.


Fontes de información
Bibliografía básica

Álvarez Blanco, R. & Xove, X. (2002). Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.

Barragán, C. et al. (2005). Hablar en clase. Cómo trabajar la lengua oral en el centro escolar. Caracas e Barcelona: Laboratorio Educativo e Graó.

Barrio, M. & Harguindey, E. (1983). Lerias e enredos para os máis pequenos. Vigo: Galaxia.

Bigas, M. & Correig, M. (eds.) (2000). Didáctica de la lengua en la educación infantil. Madrid: Síntesis.

Boullosa, P. G. (1997). Cando o rei por aquí pasou. Libro do folclore infantil galego. Vigo: Xerais.

Bryant, S. C. (2003). El arte de contar cuentos. Barcelona: Biblaria.

Calvet, L.-J. (1998). A (socio)lingüística. Santiago de Compostela: Laiovento.

Carballeira Anllo, X. M. (coord.) (2009). Gran dicionario Xerais da lingua. Vigo: Xerais.

Cassany, D., Luna, M. & Sanz, G. (2003). Enseñar lengua. Barcelona: Graó.

Crystal, D. (2003). A morte das linguas. Vigo: Galaxia.

Díaz García, M. T., Mas Álvarez, I., Zas Varela, L. (coords.) (2008). Integración lingüística e inmigración. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.

Feixó Cid, X. G. (2006). Gramática da lingua galega: síntese práctica. Vigo: Xerais.

Fernández Paz, A., Lorenzo Suárez, A. M. & Ramallo, F. (s.d.). A planificación lingüística nos centros educativos. (S. l.): Xunta de Galicia.

Formoso Gosende, V. (2013). Do estigma á estima: propostas para un novo discurso lingüístico. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2013.

Freixeiro Mato, X. R. (2007). Gramática da lingua galega. Vigo: A Nosa Terra.

Freixeiro Mato, X. R. (2013). Estilística da lingua galega. Vigo: Xerais.

Gugenberger, E., Monteagudo, H., Rei-Doval G. (eds.) (2013). Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.

López Viñas, X. (2011). Gramática práctica da lingua galega: comunicación e expresión. A Coruña: Baía Edicións.

Martínez Lema, P., Sanmartín Rei, G. (eds.) (2011). Unha outra guía para a intervención lingüística. A Coruña: Universidade da Coruña.

Marzábal Expósito, F., López Barreiro, M.B. (2008). Profesionaliza a túa lingua: ciencias da educación. A Coruña: Universidade da Coruña.

Harguindey, E. (2009). Desaprenda a falar galego en 15 días cos erros dun tradutor automático ___ e reaprenda noutros 15. Bertamiráns (Ames): Laiovento.

Harguindey, H. & Barrio, M. (1994). Antoloxía do conto popular galego. Vigo: Galaxia.

Martín, P. (1985). ¿Que cousa é cousa? O libro das adiviñas. Vigo: Galaxia.

Noia Campos, C. (2002). Contos galegos de tradición oral. Vigo: Nigratea.

Núñez Singala, M. C. [2009]. En galego, por que non?: contra os prexuízos e as simplificacións sobre a lingua. Vigo: Galaxia.

Medrano, C. L. (1994). 50 xogos de lingua. Vigo: Xerais.

Medrano, C. L. (1998). Outros 50 xogos de lingua. Vigo: Xerais.

Monfort, M. & Juárez Sánchez, A. (1999). El niño que habla. El lenguaje oral en el preescolar. Madrid: CEPE.

Mosquera Carregal, X. M. & Pino Ramos, S. (2008). Síntese gramatical. A Coruña: Universidade da Coruña. Recuperado de http://www.udc.es/snl/documentospdf/Sintese_gramatical.pdf.

Observatorio da Cultura Galega (2011a). As Lingua(s) a debate: inquérito sobre opinións, actitudes e expectativas da sociedade galega.Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.

Observatorio da Cultura Galega (2011b). O idioma galego na sociedade: a evolución sociolingüística 1992-2008. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.

Orella pendella. Ditos, recitados e cancións infantís. <www.orellapendella.org>

Pablo Sánchez, M. J. & Pérez Montero, C. (1995). El taller de lenguaje oral en la Escuela Infantil. Baúl de recursos. Madrid: Siglo Veintiuno de España Editores.

Palou, J. & Bosch, C. (coords.) (2005). La lengua oral en la escuela. 10 experiencias didácticas. Barcelona: Graó.

Ponte... nas ondas! <www.pontenasondas.org>

Ramallo, F., Rei-Doval, G. & Rodríguez Yáñez, X. P. (eds.) (2000). Manual de Ciencias da Linguaxe. Vigo: Xerais.

Revista Galega de Educación, 41 (monográfico: Literatura oral e educación), xuño 2008.

Rodari, G. (1999). Gramática da fantasía. Introducción á arte de contar historias. Pontevedra: Kalandraka.

Sánchez-Cano, M. (coord.) (2009). La conversación en pequeños grupos en el aula. Barcelona: Graó.

Sanmartín Rei, G. (coord.) (2010). Lingua e futuro. A Coruña: Laiovento.

Sanmartín Rei, G. (coord..) (2012a). Criterios para o uso da lingua. A Coruña: Universidade da Coruña. Recuperado de http://www.udc.es/snl/documentospdf/Libro_Criterios_lingua.pdf.

Sanmartín Rei, G. (coord..) (2012b). Sobre a calidade da nosa lingua. A Coruña: Universidade da Coruña. Recuperado de http://www.udc.es/snl/documentospdf/Libro_Calidade_Lingua.pdf.

Silva-Valdivia, B. (coord.) (1994). Didáctica da lingua en situacións de contacto lingüístico. Santiago de Compostela: Universidade.

Silva Valdivia, B., Rodríguez Rodríguez, X., Vaquero Quintela, I. (coords.) (2010). Educación e linguas en Galicia. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.

Silva Valdivia, B., Rodríguez Rodríguez, X., Vaquero Quintela, I. (coords.) (2011). A planificación para a normalización lingüística nos centros de ensino non universitarios: actas das II Xornadas “Educación e linguas en Galicia” . Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías