Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Didáctica da lingua castelán Código 652G01018
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Coordinación
Cano López, Pablo
Correo electrónico
pablo.cano@udc.es
Profesorado
Cano López, Pablo
Correo electrónico
pablo.cano@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/doc_profesor.php?id=203
Descrición xeral Didáctica da lingua castelá (cód. 652G01018) é unha materia obrigatoria do 2º curso dos estudos do Grao en Educación Infantil. En colaboración con Didáctica da lingua galega (cód. 652G01015), contribúe a capacitar o/a futuro/a docente para perseguir e conseguir os obxectivos formativos propios da área de coñecemento «Linguaxes: comunicación e representación», terceira e derradeira das que constitúen o currículo da Educación Infantil.

Apenas é necesario ponderar a importancia que a Didáctica da lingua reviste para quen aspira a exercer a profesión docente. Abondará con advertir que é proporcional á que para o/a neno/a encerra o pleno desenvolvemento das súas habilidades lingüísticas. Nacida como instrumento para a exteriorización das necesidades do organismo, a linguaxe medra no neno ata se transformar en porta de entrada a un mundo intelectual que se superpón ao mundo material en que os seres humanos asentamos os nosos pés. Os humanos non vivimos soamente no universo físico, senón tamén, como dixo o filósofo Ernst Cassirer, nun universo simbólico. O noso medio ambiente non está constituído de xeito exclusivo por obxectos físicos, senón tamén por obxectos culturais —se así se pode dicir— que «viven» na linguaxe, a aos que só podemos acceder por medio da linguaxe: os costumes, as leis, os mitos, as lendas, os saberes científicos... A non ser pola conquista da palabra, o/a neno/a viviría nun perpetuo desterro, por sempre á marxe de todas esas realidades especificamente humanas (ou, mellor dito, das dimensións especificamente humanas da realidade). O/a docente debe, como é obvio, acompañalo na súa loita; debe ser para el un modelo e un acicate. Ora ben, non pode cumprir ese papel se non está dotado da formación necesaria; de aí que a presenza da glotodidáctica nos estudos de Maxisterio sexa unha necesidade universalmente recoñecida.

Logo destas consideracións preliminares (que poderían, de facto, encabezar a guía de calquera materia da área de didáctica da lingua), cabe xa detallar os obxectivos específicos de Didáctica da lingua castelá. A fin de non alongar en exceso a listaxe, sinalaranse soamente tres, cada un dos cales corresponde —como máis adiante se verá— a un bloque de contido:

1. Garantir que o alumnado posúe as ferramentas conceptuais necesarias para describir tanto os produtos da actividade verbal (isto é, os textos) como as habilidades que subxacen a toda manifestación de dita actividade (isto é, as competencias «gramatical», «sociolingüística», «discursiva» e «estratéxica»).
2. Ofrecer ao alumnado unha vista panorámica do proceso de adquisición da primeira lingua, con atención especial ás fases que se desenvolven entre o nacemento e os tres anos de idade (momento en que adoita producirse a incorporación dos/as nenos/as aos colexios, e que coincide con inicio do segundo ciclo da Educación Infantil).
3. Contribuír á preparación do alumnado para o desempeño dos seus futuros labores profesionais. Evidentemente, este obxectivo é común a todas as materias do plan de estudos do Grado, se ben cunha tradución diferentre en cada unha delas. No caso de «Didáctica de la Lengua Castellana», o que implica é:
a) Iniciar o alumnado no coñecemento dos obxectivos que, segundo a lexislación sobre a Educación Infantil, corresponden á área de coñecemento «Linguaxes: comunicación e representación» (mellor dito: ao primeiro dos bloques en que tal área se divide, correspondente á chamada linguaxe verbal, é dicir, á linguaxe propiamente dita).
b) Iniciar o alumnado no coñecemento dalgunhas das estratexias que cabe aplicar con vistas á consecución dos devanditos obxectivos, reparando tamén nos atrancos que poden xurdir durante a súa utilización, e dexergando posibles vías de solución.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
A2 Coñecer os desenvolvementos da psicoloxía evolutiva da infancia nos períodos 0-3 e 3-6.
A42 Coñecer o currículo de lingua e lectoescritura desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
A43 Favorecer as capacidades da fala e da escritura.
A44 Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.
A46 Comprender o paso da oralidade á escritura e coñecer os diferentes rexistros e usos da lingua.
A47 Coñecer o proceso de aprendizaxe da lectura e a escritura e o seu ensino.
A49 Recoñecer e valorar o uso adecuado da linguaxe verbal e non verbal.
A50 Coñecer e utilizar adecuadamente recursos para a animación á lectura e á escritura.
A65 Regular os procesos de interacción e comunicación en grupos de estudantes de 0-3 anos e de 3-6 anos.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B15 Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica.
B19 Comunicación oral e escrita na lingua materna.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Adquirir as ferramentas conceptuais necesarias para describir tanto os produtos da actividade verbal (é dicir, os textos) como as habilidades que subxacen a toda manifestación de dita actividade (é dicir, as competencias «gramatical», «sociolingüística», «discursiva» e «estratéxica»). A42
A49
Coñecer as liñas mestras do proceso de adquisición da primeira lingua, prestando especial atención ás fases que se desenvolven entre o nacemento e os tres anos de idade (momento en que adoita producirse a incorporacións dos/as nenos/as aos colexios, e que coincide con inicio do segundo ciclo da Educación Infantil). A1
A2
A42
A49
Coñecer os obxectivos que, segundo a lexislación sobre a Educación Infantil, corresponden á área de coñecemento “Linguaxes: comunicación e representación” (mellor dito: ao primeiro dos bloques en que se divide, correspondente á chamada linguaxe verba). A42
A43
A44
A46
A47
A49
Coñecer algunhas das estratexias que cabe aplicar con vistas á consecución dos obxectivos da área de coñecemento “Linguaxes: comunicación e representación” (mellor dito: do primeiro dos bloques en que se divide, correspondente á linguaxe verbal), reparando tamén nos atrancos que poden xurdir durante a súa utilización, e dexergando posibles vías de solución. A42
A43
A44
A46
A47
A49
A50
A65
Ser quen a ler, comprender e resumir textos cuxo contido se relacione con calquera dos apartados do temario. B10
B12
B19
C1
Ser quen a expoñer (oralmente ou por escrito, e sempre cunha linguaxe correcta, adecuada e precisa) unha opinión informada verbo de calquera das cuestións que se recollen no temario. B10
B12
B19
C1
Ser quen a utilizar criticamente as diversas fontes de información dispoñibles, dende as máis tradicionais (artigos de prensa ou de revistas científicas, libros de divulgación ou para especialistas, etc.) ata as máis recentes (bibliotecas dixitais, páxinas web institucionais ou de investigadores...) B10
B11
B12
C3
C6
Decatarse da necesidade de se expresar con propiedade, servíndose da variedade lingüística máis axeitada para cada tipo de situación. A44
A46
B19
C1
Decatarse de que tódalas linguas son igualmente valiosas como ferramentas para a expresión e a comunicación, de tal xeito que non poden ser xerarquizadas en función das súas propiedades estruturais. B24
Decatarse das responsabilidades que o/a docente de Educación Infantil ten verbo do desenvolvemento lingüístico do seu alumnado, e tomar conciencia dos compromisos que implican. B6
B15
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Mínima introdución á linguaxe e á lingüística 1. 1. Que é a linguaxe?
1. 1. 1. Lugar da linguaxe no conxunto dos fenómenos comunicativos
1. 1. 2. Dous aspectos da linguaxe: «acto lingüístico» (produción e comprensión das mensaxes verbais) e «saber idiomático» (coñecemento intuitivo do código verbal)
1. 1. 3. A organización interna dos códigos verbais: caracteres fundamentais

1. 2. Que é falar?
1. 2. 1. O acto lingüístico como manifestación do saber idiomático
1. 2. 2. O acto lingüístico como superación do saber idiomático: o papel das competencias «sociolingüística», «discursiva» e «estratéxica» na produción e comprensión da fala
1. 2. 3. Texto e contexto: cómo as circunstancias que rodean o acto lingüístico inflúen sobre os procesos de elaboración e interpretación das mensaxes

1. 3. Qué é a lingüística?
1. 3. 1. Obxecto complexo, ciencia complexa
1. 3. 2. A lingüística teórica: disciplinas «micro» (Fonoloxía, Gramática, Lexicoloxía) fronte a disciplinas «macro» (Neuro- e Psicolingüística, Socio- e Etnolingüística)
1. 3. 3. A Lingüística aplicada
1. 3. 4. A Didáctica da lingua: o seu lugar no conxunto das ciencias da linguaxe
2. Os primeiros pasos no camiño cara o dominio da primeira lingua (0-3 anos) 2. 1. Que? Cando? Como? As grandes preguntas no eido dos estudos sobre o desenvolvemento lingüístico do neno

2. 2. Feitos xa comprobados:
2. 2. 1. A etapa prelingüística (0-9 meses, aprox.)
2. 2. 2. A aparición do signo (9-12 meses, aprox.)
2. 2. 3. A evolución dos sistema fonemático (a partir dos 12 meses)
2. 2. 4. A evolución dos sistemas léxico e gramatical (a partir dos 12 meses)

2. 3. Cuestións aínda abertas: a controversia sobre as achegas da herdanza (nature) e da crianza (nurture)
2. 3. 1. A aproximación «condutista»: propostas de Charles E. Osgood e Burrhus F. Skinner
2. 3. 2. A aproximación «innatista» (ou «nativista») de Noam Chomsky: o que é e o que non é
2. 3. 3. Máis aló de Chomsky e de Osgood e Skinner: esterilidade da controversia entre condutismo e innatismo
2. 3. 4. Un enfoque diferente: a proposta de Jerome S. Bruner
3. O desenvolvemento das habilidades lingüísticas na escola infantil (3-6 anos) 3. 1. A oralidade
3. 1. 1. Caracteres distintivos da comunicación oral
3. 1. 2. Valoremos a oralidade nos seus xustos termos: presentación e crítica dos dogmas «normativista» e «espontaneísta»
3. 1. 3. A miraxe da «naturalidade»: necesidade de traballar a linguaxe oral nas aulas
3. 1. 4. Algunhas pautas e estratexias para o «cultivo» da oralidade na escola infantil

3. 2. A lectoescritura
3. 1. 1. Caracteres distintivos da comunicación escrita
3. 1. 2. Orixe, desenvolvemento e natureza dos sistemas de escrita de carácter alfabético
3. 1. 3. O ensino da escrita onte: o conflito entre «métodos analíticos» e «métodos sintéticos».
3. 1. 4. O ensino da escrita hoxe: promesas e riscos da «linguaxe integrada»
3. 1. 4. Algunhas pautas e estratexias para o «cultivo» da escrita na escola infantil

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 42 63
Obradoiro 21 21 42
Lecturas 0 21 21
Proba obxectiva 2 0 2
Traballos tutelados 0 22 22
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas aulas expositivas, o profesor presentará as liñas mestras dos diferentes puntos do temario. Farao, obviamente, por medio da palabra falada, mais tamén botará man (cando semellar conveniente) dos medios audiovisuais que a Facultade pon ao seu dispor. Cando o profesor fale, o alumnado debe adoptar unha actitude atenta e respectuosa, absténdose de interromper ou perturbar a marcha da exposición. O que si pode e debe facer é participar na sesión (con preguntas, con respostas, con conxecturas, etc.) sempre que lle sexa requirido, e mesmo por propia iniciativa.
Obradoiro Nas aulas interactivas, demandarase a participación do alumnado (individualmente ou en grupos) en actividades de diversa índole: debates, exercicios de solución de problemas, exercicios de comentario de texto, etc. As tarefas que se leven a cabo responderán a unha dupla finalidade: por unha banda, verificar a asimilación das nocións teóricas presentadas nas sesións expositivas; por outra banda, explorar a proxección que tales nocións poidan ter no eido da práctica docente.
Lecturas O alumnado universitario non debe contentarse con estudar por medio das notas que toma á presas na aula, pois tales documentos adoitan ser pouco satisfactorios no que toca á forma e pouco fiábeis no que toca ao contido. Cómpre que adquira, en troques, o costume de consultar bibliografía científica, isto é, textos de autor coñecido e acreditado, publicados a través de canles que conten con filtros de acceso. Co propósito de contribuír a consolidación deste hábito tan saudábel, disponse que a preparación dos tres bloques temáticos de que consta a materia pase pola lectura de varios textos (non máis de dous por bloque) nos que se acharán desenvolvidos as correspondentes cuestións de teoría.
Proba obxectiva Para superar a materia, o alumnado deberá someterse a un exame escrito de tipo test no que deberá acreditar que leu e comprendeu os textos de lectura obrigatoria. Este exame (cuxo peso na cualificación será máis que considerábel) celebrarase en data e hora aprobadas pola Xunta de Facultade e publicitadas a través dos condutos habituais (taboleiros de anuncios e/ou páxina web do centro). Trátase, xa que logo, dun «exame final».
Traballos tutelados Ademais de tomar parte nas actividades que se leven a cabo nas sesións interactivas, o alumnado deberá realizar un breve traballo que consistirá na resolución dun ou varios problemas de carácter teórico ou práctico, ou no comentario crítico dunha fonte documental (impresa ou audiovisual) que achegue información sobre algún dos puntos do temario. Durante o primeiro mes lectivo forneceranse pautas e directrices para a confección do traballo, que farán referencia a aspectos de contido (tema sobre o que versará) e de forma (normas de presentación). Axustarse ás instrucións non será unha opción, senón unha obriga. O seu incumprimento terá, pois, consecuencias moi graves a efectos de cualificación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Durante o horario de titorías, o profesor encontrarase no seu despacho, disposto a responder calquera pregunta verbo dos contidos teóricos da materia, da marcha das sesións interactivas, do proceso de avaliación, etc. Cómpre advertir, porén, que o diálogo co profesor non é unha obriga, senón un dereito: a porta do despacho está aberta, mais é o/a estudante quen debe petar (por propia vontade e iniciativa).

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro As tarefas realizadas nas sesións interactivas supoñerán un 10% da cualificación da materia; con outras palabras: a súa execución (e maila súa entrega, cando for o caso) achegará un punto, como máximo, á conta de resultados do estudante. 10
Proba obxectiva Esta actividade suporá un 60% da cualificación; con outras palabras: achegará un máximo de seis puntos á conta de resultados do estudante. Nótese que, para superar a materia, é necesario obter cando menos tres dos seis puntos que están en xogo. 60
Traballos tutelados Esta actividade, que se realizará en grupo, suporá un 30% da cualificación; con outras palabras: achegará un máximo de tres puntos á conta de resultados do estudante. Nótese que, para superar a materia, é necesario obter cando menos un dos tres puntos que están en xogo. 30
 
Observacións avaliación
  1. O punto correspondente ás sesións interactivas non é un agasallo colectivo. Non o obterán, polo tanto, os estudantes que non asistan con regularidade.
  2. O plaxio castigarase coa máxima severidade. Abonda cun so caso de corta-e-pega para que un traballo fique descualificado. Nótese que a descualificación equivale a un cero, conque implica o suspenso na asignatura.
  3. Se un/unha estudante non supera a materia en maio-xuño, ten, como é sabido, a posibilidade de o facer en xullo. Nótese que, en tal caso,
    terá que se enfrontar novamente ás actividades de avaliación en que obtivese unha puntuación inferior ao mínimo estipulado (tres puntos na proba obxectiva; un punto no traballo tutelado).
  4. Se un/unha estudante non se presenta en maio-junio, pode facelo en xullo, ben entendido que terá que superar as mesmas actividades de avaliación que os restantes membros do grupo: a proba obxectiva e o traballo tutelado. 

Fontes de información
Bibliografía básica

1. Elementos de lingüística xeral

Alarcos Llorach, Emilio (1971): «Lingüística estructural y funcional», en Comunicación y lenguaje [pp. 47-61], coord. por Rafael Lapesa, Madrid: Karpos.

Alarcos Llorach, Emilio (1977): «Metodología estructural y funcional en lingüística», Revista Española de Lingüística, 7/2, pp. 1-16.

Cenoz Iragui, Jasone (2008): «El concepto de competencia comunicativa», en Vademécum para la formación de profesores. Enseñar español como segunda lengua / lengua extranjera [pp. 449-465], coord. por Jesús Sánchez Lobato e Isabel Santos Gargallo, Madrid: Sociedad General Española de Librería.

2. Adquisición da primeira lingua

Berko Gleason, Jean e Nan Bernstein Ratner (1999[19982]): «La adquisición del lenguaje» [tradución de Ana M.ª Esquinas Rychen], en Psicolingüística [pp. 369-432], coord. por Jean Berko Gleason e Nan Bernstein Ratner, Madrid: McGraw-Hill.

Bohannon III, John N. e John D. Bonvillian (2010[20107]): «Enfoques teóricos sobre la adquisición del lenguaje» [tradución de Yago Moreno López], en El desarrollo del lenguaje [pp. 239-299], coord. por Jean Berko Gleason e Nan Bernstein Ratner, Madrid: Pearson.

Vas, Mariana (2009): Mi niño no habla bien: guía para conocer y solucionar los problemas del lenguaje infantil, Madrid: La Esfera de los Libros.

3. Ensinanza da lingua e a literatura

3. 1. Marco legal

Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación.

[Consultábel en liña: http://www.boe.es/boe/dias/2006/05/04/pdfs/A17158-17207.pdf]

Real Decreto 1630/2006, de 29 de diciembre, por el que se establecen las enseñanzas mínimas del segundo ciclo de Educación Infantil.

[Consultábel en liña: http://www.boe.es/boe/dias/2007/01/04/pdfs/A00474-00482.pdf]

Lexislación da Educación Infantil en Galicia. Santiago de Compostela: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 2009.

[Consultábel en liña: http://www.edu.xunta.es/web/node/2643.pdf]

Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa.

[Consultábel en liña: http://www.boe.es/boe/dias/2013/12/10/pdfs/BOE-A-2013-12886.pdf]

3. 2. Obras xerais (compendios, manuais e tratados)

Bigas, Montserrat e Montserrat Correig (eds.) (2007): Didáctica de la lengua en la educación infantil, Madrid: Síntesis.

Mendoza Fillola, Antonio (coord.) (1998): Conceptos clave en didáctica de la lengua y la literatura, Barcelona: S. E. D. L. L. / UB – I. C. E. / Horsori.

Mendoza Fillola, Antonio (coord.) (2003): Didáctica de la lengua y la literatura para Educación Primaria, Madrid: Pearson Educación.

Prado Aragonés, Josefina (20112): Didáctica de la lengua y la literatura para educar en el siglo XXI, Madrid: La Muralla.

3. 3. Lectoescritura

Clemente Linuesa, María (2004): Lectura y cultura escrita, Madrid: Morata.

Clemente Linuesa, María (2008): Enseñar a leer: bases teóricas y propuestas prácticas, Madrid: Pirámide.

Domínguez Chillón, Gloria e J. Lino Barrio Valencia (1997): Los primeros pasos hacia el lenguaje escrito: una mirada al aula, Madrid: La Muralla.

Fons, Montserrat (2007): «Aprender a leer y escribir», en Didáctica de la lengua en la educación infantil [pp. 157-178-155], ed. por Montserrat Bigas e Montserrat Correig, Madrid: Síntesis.

Fons, Montserrat (2007): «Enseñar a leer y escribir», en Didáctica de la lengua en la educación infantil [pp. 157-179-212], ed. por Montserrat Bigas e Montserrat Correig, Madrid: Síntesis.

Morais, José (1998[1994]): El arte de leer [tradución de Sylvia Defior Citoler], Madrid: Visor

Suárez Yáñez, Andrés (2000): Iniciación escolar a la escritura y la lectura: diseño de programas adaptados a la diversidad, Madrid: Pirámide.

3. 4. Oralidade

Quiles Cabrera, M.ª del Carmen (2006): La comunicación oral: propuestas didácticas para la Educación Primaria, Barcelona: Octaedro.

Reyzábal, María Victoria (1993): La comunicación oral y su didáctica, Madrid: La Muralla.

5. Lingua española

Alarcos Llorach, Emilio (1994): Gramática de la lengua española, Madrid: Espasa.

Asociación de Academias de la lengua española (2005): Diccionario panhispánico de dudas, Madrid: Santillana.

[Consultábel en liña:http://www.rae.es/dpd/]

Asociación de Academias de la Lengua Española (2011): Nueva gramática básica de la lengua española, Madrid: Espasa.

Asociación de Academias de la Lengua Española (2012): Ortografía básica de la lengua española, Madrid: Espasa.

Seco, Manuel (19944): Gramática esencial del español: introducción al estudio de la lengua, Madrid: Espasa.

Seco, Manuel (19929): Diccionario de dudas y dificultades de la lengua española, Madrid: Espasa.

Real Academia Española (200122): Diccionario de la lengua española, Madrid: Espasa.

[Consultábel en liña: http://www.rae.es/drae/]

Bibliografía complementaria

Sección de lingua e literatura castelá (Prof. Pablo Cano López)

Lomas, Carlos (19992): Cómo enseñar a hacer cosas con las palabras: teoría y práctica de la educación lingüística, Barcelona: Paidós.

Lomas, Carlos e Andrés Osoro (comps.) (1993): El enfoque comunicativo en la enseñanza de la lengua, Barcelona: Paidós.

Lomas, Carlos et alii (1993): Ciencias del lenguaje, competencia comunicativa y enseñanza de la lengua, Barcelona: Paidós.

López Valero, Armando e Eduardo Encabo Fernández (2001): El desarrollo de habilidades lingüísticas: una perspectiva crítica, Granada: Grupo Editorial Universitario.

López Valero, Armando e Eduardo Encabo Fernández (2002): Introducción a la didáctica de la lengua y la literatura: un enfoque sociocrítico, Barcelona: Octaedro.

Martín Vegas, Rosa Ana (2009): Manual de didáctica de la lengua y la literatura, Madrid: Síntesis.

Mendoza Fillola, Antonio et alii (1996): Didáctica de la lengua para la Enseñanza Primaria y Secundaria, Madrid: Akal.

Mendoza Fillola, Antonio (coord.) (1998): Conceptos clave en didáctica de la lengua y la literatura, Barcelona: S. E. D. L. L. / UB – I. C. E. / Horsori.

Mendoza Fillola, Antonio (coord.) (2003): Didáctica de la lengua y la literatura para Educación Primaria, Madrid: Pearson Educación.

Pérez Esteve, Pilar e Felipe Zayas (2007): Competencia en comunicación lingüística, Madrid: Alianza Editorial.

Prado Aragonés, Josefina (2011): Didáctica de la lengua y la literatura para educar en el siglo XXI, Madrid: La Muralla [2ª edición].

Serrano, Joaquín e José Enrique Martínez (coords.) (1997): Didáctica de la lengua y la literatura, Barcelona: Oikos-Tau.

Unamuno, Virginia (2003): Lengua, escuela y diversidad sociocultural: hacia una educación lingüística crítica, Barcelona: Graó.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Didáctica da lingua estranxeira/652G01026
Literatura infantil e a súa didáctica/652G01024

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Didáctica da lingua galega/652G01015

Observacións

Observacións

Malia achárense implícitas no enunciado das competencias da materia, convén poñer por escrito algunhas advertencias ás que debe atender quen queira superala sen atrancos:

  1. Os erros na grafía das palabras, o desleixo no emprego dos signos de puntuación, a carencia das ferramentas léxicas e gramaticais necesarias para se elevar por riba do estilo conversacional, a incapacidade de artellar textos extensos sen mingua da cohesión e da coherencia, etc., non son chatas ante as cales caiba pechar os ollos. Nunha aula universitaria, constitúen faltas graves e deben, xa que logo, penalizarse con rigor: o correcto dos «contidos» non é circunstancia atenuante.
  2. Entre as habilidades que o estudantado universitario debe adquirir, ocupa unha posición destacada a de recoller información con bo siso e empregala con honradez:
    • Dicir que o/a estudante debe recoller información bo siso é tanto como dicir que debe recollela selectivamente. Entre a morea de fontes de información que Internet lle brinda, debe saber elixir as de augas máis limpas, e afastarse dos mananciais avoltos (v. gr., a célebre Wikipedia) e das pozas de augas lamacentas (v. gr., Buenas tareas ou El rincón del vago). Así mesmo, debe ser quen a explorar e utilizar os fondos biblio- e hemerográficos da Biblioteca Universitaria.
    • Dicir que o/a estudante debe empregar información con honradez é tanto como dicir que debe declarar abertamente todas as súas débedas intelectuais. Quen reproduce palabras alleas está obrigado a indicar onde as atopou e quen as escribiu. A infracción desta norma será castigada con dureza: un so caso de corta-e-pega nun traballo supón un suspenso inmediato (coa cualificación de cero).
  3. Os Estatutos da Universidade da Coruña dispoñen que a asistencia ás aulas é, ante todo, un dereito que se lle recoñece ao estudantado (art. 66). O Estatuto do estudantado inclúe entre os seus deberes, porén, o de «cumprir coa actividade académica específica dos estudos en que se matriculen, participando nas clases, teóricas e prácticas, así como en todas as actividades previstas na programación docente de cada unha das materias» (art. 44; cursivas engadidas). Existe, pois, un conflito normativo. Cando este se resolva, caberá tomar decisións no tocante ao peso da asistencia na avaliación e cualificación das materias. Entrementres, semella razoábel absterse de penalizar as faltas de asistencia, agás cando entrañen o deixamento de actividades de carácter obrigatorio: exercicios escritos, exposicións orais, exames, etc.

Aclaración

O idioma vehicular da materia Didáctica da lingua castelá será, por suposto, o castelán. Se esta guía docente se escribe en galego, é consonte as prescricións do Regulamento de usos da lingua galega na Universidade da Coruña, cuxo artigo 2.4 reza:

Os centros e departamentos da Universidade da Coruña, da mesma maneira que as dependencias administrativas e de servizos, terán como lingua de uso o galego. Así mesmo, os documentos que os departamentos e as entidades institucionais elaboren: as memorias, as actas, as comunicacións oficiais para os taboleiros de anuncios, os programas das materias, etc., redactaranse en galego.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías