Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Teoría da educación Código 652G02001
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Zapico Barbeito, Mª Helena
Correo electrónico
helena.zapico@udc.es
Profesorado
Zapico Barbeito, Mª Helena
Correo electrónico
helena.zapico@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período de 6-12, no contexto familiar, social e escolar.
A7 Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fóra de ela relativos ao período 6-12.
A8 Coñecer os fundamentos da educación primaria.
A9 Analizar a práctica docente e as condicións institucionais que a enmarcan.
A10 Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e lexislativos da actividade educativa.
A17 Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria.
A22 Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade.
A34 Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico.
A64 Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B8 Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente.
B9 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita.
B14 Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
B16 Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente.
B17 Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo.
B18 Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes.
B19 Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período de 6-12, no contexto familiar, social e escolar. A1
Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fóra de ela relativos ao período 6-12. A7
Coñecer os fundamentos da educación primaria. A8
Analizar a práctica docente e as condicións institucionais que a enmarcan. A9
Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e lexislativos da actualidade educativa A10
Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria A17
Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade A22
Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico A34
Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro A64
Aprender a aprender B1
Resolver problemas de forma efectiva B2
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. B3
Traballar de forma autónoma con iniciativa. Traballar de forma colaborativa. B4
B5
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. B7
Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente B8
Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita. B9
Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual. B14
Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información. B15
Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente. B16
Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo B17
Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes. B18
Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural. B19
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Explicación e comprensión do feito educativo. 1.1. A Teoría da Educación: niveis de análise e planos explicativos.
1.2. Ámbito conceptual: caracterización científica da educación.
1.3. Natureza e funcións sociais da educación.

2. Dimensións, fins e principios da educación. 2.1. Dimensións presentes en toda práctica educativa.
2.2 Fins, valores e principios deontolóxicos da educación.
2.3. Relacións estruturais entre educación e sociedade. A institución escolar como produto social.
2.4. Aproximación aos paradigmas en educación e movementos pedagóxicos contemporáneos.
3. O dereito á educación. 3.1. Educación e Estado Social: aspectos xerais do dereito á educación.
3.2. Lexislación e dereito á educación: perspectiva nacional e internacional.
3.3. Dereito á educación: igualdade, liberdade e calidade.
3.4. A institucionalización da educación: os sistemas educativos nacionais.
4. A educación como proceso de comunicación interpersoal. 4.1. Comunicación e educación.
4.2. A mediación pedagóxica: sentido, tipoloxía e significados.
4.3. Comunicación e saber profesional: O educador/a como profesional. Tensións e incertidumes do profesorado actual.
5. Educación ao longo da vida e sociedade educativa. 5.1. A educación ao longo da vida: concepto, necesidade e evolución histórica.
5.2. Sociedade educativa: proxecto educativo de cidade; cidades amigas da infancia; etc.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 3 0 3
Sesión maxistral 15 0 15
Análise de fontes documentais 12 26 38
Recensión bilbiográfica 0 20 20
Estudo de casos 3 10 13
Presentación oral 4 5 9
Traballos tutelados 0 10 10
Portafolios do alumno 0 10 10
Proba de ensaio 0 10 10
Discusión dirixida 6 0 6
Eventos científicos e/ou divulgativos 2 4 6
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Nas primeiras sesións de clase levaranse a cabo actividades de carácter expositivo, por parte do/a profesor/a, nas que se presentará o programa da materia e a dinámica metodolóxica establecida para o mellor desenvolvemento da mesma.
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos da materia diante do alumnado, complementada co uso dos recursos pertinentes (textuais e/ou audiovisuais) e a introdución de preguntas dirixidas ao alumnado para motivar a reflexión e o diálogo aberto. A obxectivo final pasa pola transmisión de coñecementos e ao tempo facilitar a súa aprendizaxe, potenciando a participación dos/as estudantes na construción significativa do coñecemento.
Análise de fontes documentais Análise crítica e reflexiva de documentos e fontes relevantes (bibliográficos, lexislativos, audiovisuais, xornalísticos...), o que implica a identificación e comprensión dos aspectos clave en relacións cos contidos da materia, co fin de interpretar e cuestionar a realidade que se nos amosa.
Recensión bilbiográfica Proceso de lectura crítica dun libro, artigo ou calquera outro documento escrito. Comprende ademais da lectura da obra en cuestión, a análise do seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza.
Estudo de casos Consiste na procura e/ou achegamento dunha serie de casos ou experiencias educativas para o seu estudo, análise e discusión á luz dos referentes teóricos da materia.
Presentación oral Exposicións de traballos realizados tanto de xeito individual como colectivo, diante do grupo de referencia, procurando tirar algunhas conclusións sobre o problema de investigación, documento ou experiencia abordada.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela e seguimento por parte da/o docente. Tendo como referencia os contidos e a bibliografía da materia, e coas orientacións que a profesora estime oportunas, realizarase en grupo (4-5 persoas) un traballo de ampliación sobre un dos 5 bloques temáticos, que contemplará a recensión dun libro, a busca e análise de novas de prensa, e/ou un estudo de caso sobre unha experiencia, un programa ou recurso relacionado.
Será preciso desenvolver, como mínimo, dúas sesións de titoría nas que presentar o guión do traballo e facer o seguimento do mesmo. As datas serán acordadas na aula.
Ademais de ser incluído no cartafol, cada grupo expoñerá nunha sesión interactiva, o seu traballo, co obxecto de compartilo e sometelo a debate e valoración.
A súa entrega e avaliación terá lugar ao finalizar o cuadrimestre, sendo un traballo final de curso, que require dunha abordaxe completa e holística da materia.
Portafolios do alumno Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas e paxinadas, no que se recollen os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado. Realizarase a nivel grupal (entre 4-5 integrantes) e incluiranse aquelas actividades indicadas pola/o docente, referentes tanto ás sesións expositivas como interactivas, e que poden abranguer: notas de clase, mapas conceptuais, glosarios, recensións de fontes documentais, resumo de eventos científicos e/ou divulgativos... De cada actividade recollerase ademais unha valoración sobre a práctica desenvolvida (contidos abordados, competencias adquiridas, metodoloxía aplicada...). Así mesmo, presentarase ao final unha autoavaliación individual do proceso de aprendizaxe, das competencias adquiridas, do grao de participación e implicación, do tempo dedicado...
O cartafol é froito do traballo tutelado e continuo en torno aos diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado –previo e posterior–, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada da profesora, na aula e no horario de titorías.
Ao igual que acontece cos traballos tutelados e por formar estes parte do propio cartafol, a súa entrega e avaliación terá lugar igualmente ao finalizar o cuadrimestre, sendo por tanto un traballo final de curso, que require dunha abordaxe global e integral dos contidos da materia.
Proba de ensaio Pretende determinar os logros do alumnado en termos de obxectivos. Procura avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia.
Valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
A súa realización terá lugar na data oficial establecida para o exame da materia.
Discusión dirixida En base a lecturas previas de carácter obrigatorio, a través das que recoller diferentes argumentacións sobre unha temática, favorecendo o debate e contraste de opinións fundamentadas, coa finalidade de que o alumnado constrúa unha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade socioeducativa.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e participación en actividades de carácter científico e/ou divulgativo (congresos, xornadas, simposios, cursos, conferencias, exposicións...), que teñan relación coa materia. Deben entenderse como unha estratexia complementaria de formación e nunca como substitutiva de outras.

Atención personalizada
Metodoloxías
Recensión bilbiográfica
Portafolios do alumno
Traballos tutelados
Presentación oral
Estudo de casos
Descrición
Para o desenvolvemento do traballo tutelado (no que se inclúe unha recensión bibliográfica e estudo de casos), para a súa presentación oral e para a realización do portafolios (no que se integrarán diversas prácticas desenvolvidas nas sesións expositivas e interactivas), será preciso acudir, como mínimo, a dúas sesións de titoría, nas que facer o seguimento por parte da docente. Estas sesións serán indicadas na aula.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Portafolios do alumno Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas e paxinadas, no que se recollerán os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado. Recolleranse, como mínimo, o rexistro dunha sesión expositiva (mapa conceptual, glosario, reflexión grupal sobre os contidos, aplicación á Educación Primaria...) e de tres prácticas de sesións interactivas (discusión dirixida, análise de fontes documentais, presentación oral, estudo de caso...), e unha autoavaliación individual en relación ás aprendizaxes e competencias desenvolvidas na materia, o grao de implicación persoal nas actividades e traballos grupais...
Na cualificación do cartafol, contémplase o traballo final (20 pto.) e a asistencia a clase (10 pto.).
Valorarase a capacidade reflexiva en relación á propia aprendizaxe; a evolución da aprendizaxe reflectida nas prácticas recollidas en relación ao grao de profundidade do contido; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; a presentación; entre outros.
Ao igual que acontece cos traballos tutelados e por formar estes parte do propio cartafol, a súa entrega e avaliación terá lugar igualmente ao finalizar o cuadrimestre, sendo por tanto un traballo final de curso, que require dunha abordaxe global e integral dos contidos da materia.
25
Traballos tutelados Deberá incluír unha recensión sobre un libro relacionado coa temática, a análise de novas de prensa, así como o estudo de caso sobre unha experiencia, programa, recurso...
Valorarase especialmente: a coherencia interna; a profundidade do contido; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; a presentación; entre outros.
A súa entrega e avaliación terá lugar ao finalizar o cuadrimestre, sendo un traballo final de curso, que require dunha abordaxe completa e holística da materia.
25
Presentación oral A valoración do traballo presentado terá carácter grupal. Será por elo preciso que cada grupo estableza unhas normas de autorregulamento mínimas que faciliten a dinámica de traballo en tódolos casos.
Valorarase: a orde na exposición; a claridade e corrección lingüística; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; o nivel de profundidade na abordaxe da temática que amose a súa comprensión; a linguaxe non verbal e utilización do espazo; a creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...); o uso de recursos...
10
Proba de ensaio Pretende determinar os logros do alumnado en termos de obxectivos. Procura avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia.
Valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
A súa realización terá lugar na data oficial establecida para o exame da materia.
40
 
Observacións avaliación

1.- Para superar a materia é imprescindible ter superadas todas e cada unha das actividades de avaliación. En caso contrario a cualificación será de suspenso. Gardaranse as partes aprobadas durante a convocatoria anual.

2.- A asistencia e participación activa e esixente nas dinámicas de aula será considerada de forma positiva no proceso de avaliación.

3.- Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada para a súa oportuna e axeitada consideración. Para o alumnado que, por razóns debidamente acreditadas, non teña unha asistencia sistemática, establécense os seguintes criterios de avaliación:

  • Recensión e exposición oral dun dos libros da bibliografía básica, que deberá ser acordado coa profesora a principio de curso para a convocatoria de xaneiro, e no comezo do segundo cuadrimestre para a convocatoria de xullo (30%).
  • Proba de ensaio (70%).
  • 4.- Para acollerse á modalidade presencial, cómpre ter unha asistencia mínima do 85%.


    Fontes de información
    Bibliografía básica Candedo, Mª Dolores (coord.) (2013). A educación: dereito ou mercadoría?. Santiago de Compostela: Laiovento
    Vecchi, Vea (2013). Arte y creatividad en Reggio Emilia. Madrid: Morata
    Asociación Internacional de Ciudades Educadoras (2004). Carta de Ciudades Educadoras.. http://www.bcn.es/edcities/aice/adjunts/Carta%20Ciudades%20Educadoras%20%202004.pdf
    Dirección General de Educación y Cultura (2004). Competencias para un aprendizaje a lo largo de la vida de 2005. Un marco de referencia europeo. . Comisión Europea.
    Dewey, Jonh (1995). Democracia y educación.. Madrid: Morata.
    Fernández Enguita, Mariano (2001). Educar en tiempos inciertos. . Madrid: Morata.
    Gimeno, José (2003). El alumno como invención. . Madrid: Morata.
    Freire, Paulo (2006). El grito manso.. Buenos Aires: Siglo XXI.
    Trilla, Jaume (coord.) (2001). El legado pedagógico del siglo XX para la escuela del siglo XXI.. Barcelona: Graó.
    Esteve, J. Manuel (1994). El malestar docente.. Barcelona: Paidós.
    Trillo, Felipe (1994). El profesorado y el desarrollo curricular: tres estilos de hacer escuela.. Cuadernos de Pedagogía, 228, 70-74.
    Gimeno, José e Carbonell, Jaume (coords.) (2003). El sistema educativo. Una mirada crítica.. Barcelona: CISS-Praxis.
    Apple, Michael e Beane, James A. (1999). Escuelas democráticas.. Madrid: Morata-Paideia.
    Cuesta, Raimundo (2005). Felices y escolarizados. Crítica de la escuela en la era del capitalismo.. Barcelona: Octaedro.
    Fernández, Mariano; Mena, Luis e Riviere, Jaime (2010). Fracaso y abandono escolar en España.. Barcelona: Obra Social Fundación “La Caixa”.
    Merieu, Philippe (1998). Frankenstein educador.. Barcelona: Laertes.
    Tiana, Alejandro; Ossenbach, Gabriela e Sanz, Florentino (coords.) (2002). Historia de la educación (Edad Contemporánea).. Madrid: UNED.
    Filho, Lourenço (1992). Introducción al estudio de la Escuela Nueva. . Buenos Aires: Kapelusz.
    Carbonell, Jaume (2001). La aventura de innovar. El cambio en la escuela.. Madrid: Morata.
    Tonucci, Francesco (1997). La ciudad de los niños. Un modo nuevo de pensar la ciudad.. Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
    Imbernon, Francisco (coord.) (1999). La educación en el siglo XXI. Los retos del futuro inmediato. . Barcelona: Graó.
    Delors, Jacques (1996). La educación encierra un tesoro. . Madrid: Santillana. Ediciones UNESCO.
    Malaguzzi, Loris (2011). La educación infantil en Reggio Emilia. Barcelona: Octaedro
    Fernández Enguita, Mariano (1999). La escuela a examen. . Madrid: Psicología Pirámide.
    Dubet, François (2005). La escuela de las oportunidades. ¿Qué es una escuela justa? . Barcelona: Gedisa.
    Carbonell, Jaume (1996). La escuela entre la utopía y la realidad.. Barcelona: Euma-Octaedro.
    Delval, Juan (2002). La escuela posible. . Barcelona: Ariel.
    Torres, Jurjo (2011). La justicia curricular. El caballo de Troya de la cultura escolar. . Madrid: Morata.
    Merieu, Philippe (2001). La opción de educar. Ética y pedagogía.. Madrid: Octaedro.
    Martín Rodríguez, Eustaquio (1988). La supervisión educativa a la luz de las tradiciones y teorías científicas de la organización escolar. En Supervisión educativa (pp.47-67). . Madrid: Uned.
    Alonso, Alicia (2008). Las leyes educativas de la democracia. Descripción y contraste 1985-2006.. Acción educativa y Ministerio de Educación, Política Social y Deporte.
    Varela, Julia (2007). Las reformas educativas a debate. . Madrid: Morata.
    Delval, Juan (1990). Los fines de la educación. . Madrid: Siglo XXI.
    Torreblanca, José (coord.) (2002). Los fines de la educación. Una reflexión desde la Izquierda.. Madrid: Biblioteca Nueva.
    Morin, Edgar (2001). Los siete saberes necesarios para la educación del futuro.. Barcelona: Paidós.
    Guerrero, Antonio (1996). Manual de sociología de la educación.. Madrid: Síntesis.
    Caride, J. Antonio e Meira, Pablo A. (1996). O diálogo paradigmático na Educación Social. Revista Galega de Educación, 27, 16-20.
    VV. AA. (2000). Pedagogías del siglo XX. . Barcelona: CISS-Praxis.
    Ayuste, Ana et al. (2005). Planteamientos de la Pedagogía Crítica: comunicar y transformar.. Barcelona: Graó.
    Makarenko, Antón S. (1967). Poema pedagógico.. Barcelona: Planeta.
    De Puelles, Manuel (2006). Problemas actuales de política educativa.. Madrid: Morata.
    Neill, Alexander S. (1974). Summerhill. Un punto de vista radical en la educación de los niños. . México: FCE.
    Freinet, Célestin (1992). Técnicas Freinet de la Escuela Moderna.. Madrid: Siglo XXI.
    Colom, Antoni J. e Núñez, Luis (2001). Teoría de la Educación. . Madrid: Síntesis.
    Negrín, Olegario e Vergara, Javier (2003). Teorías e Instituciones Contemporáneas de educación. . Madrid: ICE y Ramón Areces.
    Carbonell, Jaume (2008). Una educación para mañana.. Barcelona: Octaedro.
    Kaplún, Mario (1998). Una pedagogía de la comunicación. . Madrid: Ediciones de la Torre.
    Carr, Wilfred (1995). Una teoría para la educación. Hacia una investigación educativa crítica.. Madrid: Morata.
    VV. AA. (1995). Volver a pensar la educación. . Madrid: Morata e A Coruña: Paideia.

    Lexislación básica:

    - Declaración Universal dos Dereitos Humanos, 10 de decembro de 1948.

    - Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos da Infancia (1989).

    - Lei Orgánica 1/1990, de 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo.

    - Lei Orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de Calidade da Educación.

    - Lei Orgánica 2/2006, de 3 de Ma¡o, de Educación.

    - Lei Orgánica 8/2013, de 10 de Decembro, para a Mellora da Calidade Educativa.

    Bibliografía complementaria

    Adorno, Theodor W. (1998). Educación para la emancipación. Madrid: Morata.

    Aldecoa, J. (1991). Historia de una maestra. Madrid: Anagrama.

    Almeida, J. (1995). Sociología de la educación. Notas para un curso. Barcelona: Ariel.

    Alumnos de la Escuela de Barbiana (1982). Carta a una maestra .Barcelona: Hogar del Libro.

    Álvarez-Uría, Fernando e Varela, Julia (1991). Arqueología de la escuela. Madrid: La Piqueta.

    Álvarez-Uría, Fernández e Varela, Julia (2009). Sociología de las instituciones: bases sociales y culturales de la conducta. Madrid: Morata.

    Apple, M. W (1996). Política cultural y educación. Madrid: Dykinson.

    Aubert, Adriana (2004). Dialogar y transformar. Pedagogía crítica del siglo XXI . Barcelona: Graó.

    Ball, Stephen J. (comp.) (2001). Foucault y la educación . Madrid: Morata, 4ª ed.

    Barreiro, H. e Terrón, A. (2005). La institución escolar: una creación del estado moderno. Barcelona: Octaedro.

    Bauman, Zygmunt (2007). Los retos de la educación en la modernidad líquida. Barcelona: Gedisa.

    Benner, D. (1998). Pedagogía como ciencia. Teoría reflexiva de la acción y reforma de la praxis. Barcelona: Pomares-Corredor.

    Carreño, M.; Colmenar, C.; Egido, I. e Sanz, F. (2000). Teorías e instituciones contemporáneas de educación. Madrid: Síntesis.

    Casas, M. e Botella, J. (2003). La democracia y sus retos en elsiglo XXI. Elementos para la formación democrática de los jóvenes. Barcelona: Praxis.

    Castillejo, J. L.; Vazquez, G.; Colom, A. J. e Sarramona, J.(1993). Teoría de la educación. Barcelona: Taurus.

    Cela, J. e Palou, J. (1994). Con voz de maestro. Madrid: Celeste.

    Colom, A. J. (1997). Teorías e instituciones contemporáneas de laeducación. Barcelona: Ariel.

    Costa, A. (2009). A construción do coñecemento pedagóxico: antecedentes e desenvovementos no século XX. Santiago de Compostela: Universidade, Sevizo de Publicacións e Intercambio Científico.

    De la Garza,Mª Teresa (1995). Educación y democracia. Aplicación de la teoría de lacomunicación a la construcción del conocimiento en el aula . Madrid, Visor.

    De Puelles, M. (1991). Educación e ideología en la España Contemporánea (1767-1975). Barcelona: Editorial Labor.

    Delgado, B. (1998). Historia de la infancia. Barcelona: Ariel.

    Delval, J. (2000). Aprender en la vida y en la escuela . Madrid: Morata.

    Díez, C. (2002). El piso de abajo de la escuela: los afectos y lasemociones en el día a día de la escuela infantil. Barcelona: Graó.

    Escolano, A. (2002). La educación en la España contemporánea. Políticas educativas, escolarización y culturas pedagógicas. Madrid: Biblioteca Nueva.

    Fernández Soria, J. M. (1996). Educación y Estado en la España contemporánea. Madrid: Síntesis

    Ferrer i Guardia, F. (1976). La Escuela Moderna . Madrid: Júcar.

    Ferrero, J. J. (1994). Teoría de la educación: Lecciones y lecturas. Bilbao: Universidad de Deusto

    Freire, P. (1970). Pedagogía del oprimido. Madrid: S.XXI.

    Freire, P. (1997). A la sombra de este árbol. Barcelona: El Roure.

    García Aretio, L. (1998). La Educación. Teorías y conceptos. Perspectiva integradora . Madrid: Paraninfo.

    García, J. e García, A. (1996). Teoría de la educación. Salamanca: Universidad de Salamanca.

    Gimeno, J. (2005). La educación obligatoria: su sentido educativo y social. Madrid: Morata.

    Gómez Rodríguez De Castro, F. e outros (1998). Génesis de los sistemas educativos nacionales. Madrid: UNED.

    Guttman, Amy (2001). La educación democrática. Una teoría política de la educación. Barcelona: Paidós.

    Halliday, J. (1995). Educación, gerencialismo y mercado. Madrid: Morata.

    Hargreaves, A. (1996). Profesorado, cultura y posmodernidad. Madrid: Morata.

    Illich, I. (1974). La sociedad desescolarizada. Barcelona: SeixBarral.

    Llopis, R. (2005). La revolución en la escuela. Dos años en la Dirección General de Primera Enseñanza. Madrid: Biblioteca Nueva.

    McCourt, F. (2006). El profesor. Madrid: Maeva.

    Medina, R.; Rodríguez, T.; García, L. (1992). Teoría de la educación. Madrid: UNED.

    Moore, T. W. (1987). Introducción a la teoría de la educación. Madrid, Alianza.

    Negrín, O. e Vergara, J. (2005). Antología de textos de Teorías eInstituciones Contemporáneas de educación. Madrid, Ramón Areces.

    Neill, A.S. (1994). El nuevo Summerhill. México, FCE.

    Palacios, Jesús (1988). La cuestión escolar. Críticas y alternativas. Barcelona: Laia.

    Pennac, Daniel (2008). Mal de escuela. Barcellona: Mondadori.

    Popkewitz, Th. S (1994). Sociología política de las reformaseducativas. Madrid, Morata.

    Porto, A.S. (1986). La Institución Libre de Enseñanza en Galicia. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro.

    Pozo, Mª M (2004). Teorías e Instituciones contemporáneas de educación. Madrid: Biblioteca Nueva.

    Rousseau,J.J. (1984). Emilio o de la educación. México, Porrúa. 9º edic.

    Ruiz, A. (2002). La escuela pública. El papel del Estado en la educación. Madrid: Biblioteca Nueva.

    Savater, F. (1997). El valor de educar. Barcelona: Ariel.

    Santos Rego, M. A. (ed.) (2009). Políticas educativas y compromiso social. El progreso de la equidad y la calidad. Barcelona: Octaedro.

    SánchezArbós, M. (2005). Mi diario. Zaragoza: Diputación General de Aragón y Caja de Ahorros de la Inmaculada.

    Sánchez Arbós, M. (2007). Una escuela soñada. Textos. Madrid: Biblioteca Nueva.

    Sarramona, J. (2000). Teoría de la educación. Reflexión y normativa pedagógica. Barcelona: Ariel.

    Sarramona,J.; Colom, A.J.; Vázquez, G. (1998). Educación no formal. Barcelona: Ariel.

    Skinner, B.F. (1985). Walden Dos . Barcelona, Martínez Roca.

    Subirats, M.- Brullet, C. (1988). Rosa y azul. La transmisión delos géneros en la escuela mixta. Madrid, Instituto de la Mujer.

    Taibo, Carlos (dir) (2010). Decrecimientos. Sobre lo que hay que cambiar en la vida cotidiana. Madrid: Catarata.

    Torres, J. (2006). La desmotivación del profesorado. Madrid: Morata.

    Trilla, J. (1993). La educación fuera de la escuela. Barcelona: Ariel.

    Viñao, A. (2004). Escuela para todos. Educación y modernidad en la España del siglo XX. Madrid: Marcial Pons.

    VV.AA. (2003). La participación de los padres y madres en la escuela . Barcelona: Graó.


    Recomendacións
    Materias que se recomenda ter cursado previamente

    Materias que se recomenda cursar simultaneamente

    Materias que continúan o temario

    Observacións

    1.- É obrigatoria a entrega da ficha de identificación persoal para todo o alumnado antes do 1 de outubro do ano en curso.

    2.- Non se admitirán traballos dos que a profesora non teña constancia da súa realización.

    3.- Os traballos, tanto en formato impreso coma dixital, presentaranse ben identificados (nome do alumno/alumna, curso, grupo, materia e nome do profesor/profesora). É aconsellable facer copia do orixinal que se entrega.



    (*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías