Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Recoñecer no entorno xeográfico, histórico e cultural galego aqueles recursos metodolóxicos e didácticos mais axeitados para traballar a área do entorno social e cultural galego. |
|
B1 B3 B15
|
|
Deseñar propostas didácticas sobre o contorno galego dende as perspectivas xeográfica, histórica e/ou cultural, de maneira interrelacionada. |
A4 A5 A16 A17
|
B8 B9
|
|
Coñecer e comprender algúns temas e momentos principais da evolución histórica de Galicia e a súa relación coa didáctica na Educación Primaria. |
A31 A32 A33 A34
|
|
|
Coñecer e analizar os contidos referidos ao coñecemento do contorno do currículo de Educación Primaria: a realidade xeográfica, histórica, social e cultural de Galicia como un espazo dinámico. |
A32 A33
|
|
|
Fomentar actitudes de valoración, respeto e conservación do patrimonio natural, cultural e histórico de Galicia |
A14 A34 A35
|
B6
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Unidade 1: Introdución. |
- Fundamentos da materia: que obxectivos nos marcamos? cales son os centros de interese?.
- Contidos e metodoloxías: propostas.
- A interdisciplinariedade e o traballo por proxectos na didáctica do medio xeográfico e histórico de Galicia.
|
Unidade 2. Temas de xeografía física e humana. |
- O clima, o relevo, a auga, a flora, a fauna.
- A poboación.
- Acción humana no medio.
|
Unidade 3. Paisaxes naturais, históricas e culturais. |
- Quue é a paisaxe?
- Iniciación á recolleita de información sobre a paisaxe a partir de imaxes, restos e reconstrucións arqueolóxicas, obras de arte e textos escritos.
- Observacións e análise de paisaxes naturais, históricas e culturais.
- As fontes de información e documentación no entorno. |
Unidade 4. Evolución dende os primeiros poboadores de Galicia e as súa relacións noutros contextos universais. |
- Construíndo a prehistoria e historia de Galicia a través dalgúns períodos seleccionados dende os primeiros poboadores ate a actualidade.
- A vida cotiá dende os primeiros poboadores.
- A Arte e outras manifestacións da comunicación e da creatividade.
|
Unidade 6. Temas monográficos. |
- Temas monográficos no discurso da historia e recursos para a didáctica. Nesta unidade trataranse cuestións concretas que ao longo do curso vaian xurdindo, motivadas polo interese que esperten os temas traballados, con especial atención ás propostas didácticas. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
1 |
6 |
7 |
Aprendizaxe colaborativa |
3 |
9 |
12 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
3 |
9 |
12 |
Saídas de campo |
6 |
18 |
24 |
Proba obxectiva |
1 |
3 |
4 |
Obradoiro |
15 |
30 |
45 |
Sesión maxistral |
6 |
0 |
6 |
|
Atención personalizada |
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Periodica e sistematicamente faranse debates e discusións de ideas previas sobre a motivación, interese e coñecementos con respecto á planificación e desenvolvemento da materia. |
Aprendizaxe colaborativa |
Organización en pequenos grupos para traballar conxuntamente na resolución de tarefas sobre temas que xordan da dinámica da propia materia e temas propostos pola profesora. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Realizarase algunha actividade tipo encontro, conferencia, charla, pequeno curso nas que o alumnado terá a oportunidade de actualizar os seus coñecementos e coñecer experiencias relacionadas co ámbito da materia. |
Saídas de campo |
Estas actividades permiten desenvolver as capacidades relacionadas coa observación directa cara á recollida de información do medio xeográfico e histórico galego para a percepción do seu potencial educativo e formador.
Son saídas concibidas para o coñecemento do medio cultural no seu máis amplo ámbito, por medio da aprendizaxe directa.
As saídas poderán ser a contornos naturais de interese xeográfico, exposicións, museos, xacementos e centros do patrimonio, e teranse en conta as posibilidades e oportunidade para a súa realización. |
Proba obxectiva |
Ao ser unha materia de marcado carácter experimental, didáctico e de traballo colaborativo, realizarase un exercicio simple para que cada alumna/o responda de maneira individual a cuestións traballadas. |
Obradoiro |
Están concebidos como ensaios de experimentación de traballo por proxectos.
Dado o carácter didáctico da materia, os obradoiros son de grande interese e son o núcleo central. Materialízanse en debates, exposicións, etc., deseñados e desenvolvidos polo alumnado guiado pola profesora. |
Sesión maxistral |
As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema, cunha orientación didáctica principalmente. Realizarase co apoio de documentación específica e terá especial incidencia na metodoloxía e na práctica para a didáctica do medio histórico e xeográfico. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Aprendizaxe colaborativa |
Obradoiro |
|
Descrición |
O traballo colaborativo e os obradoiros terán un seguimento personalizado para garantir o cumprimento dos obxectivos e prazos así como para resolver dúbidas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Aprendizaxe colaborativa |
Ao longo do curso realizaranse actividades e traballos que serán avaliados como grupo e individualmente. |
20 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A asistencia será obrigatoria e as alumnas e alumnos realizarán comentarios escritos acerca das actividades. |
10 |
Proba obxectiva |
Ao ser unha materia flexible que se vai construíndo segundo os centros de interese do alumnado guiado pola profesora, e de marcado carácter experimental, esta proba é un exercicio simple a modo de resumo individual do traballado durante o curso. |
10 |
Obradoiro |
O deseño, planificación e desenvolvemento dos obradoiros requiren unha participación activa do alumnado.
Valorarase a actitude, dedicación, implicación e creatividade. |
30 |
Saídas de campo |
A asistencia será obrigatoria e puntuará a participación activa, así como nas tarefas previas e posteriores ás mesmas. |
30 |
|
Observacións avaliación |
Terase en conta a actitude, participación activa, e dedicación.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Carballo, X. ((2007)). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado.. Vigo: Nigra Trea
AA.VV. ((1999)). Atlas histórico de Galicia.. Vigo: Nigra Trea
Aldrey Vázquez, J.A., Lois González, R.C. ((2010)). Breve Xeografía de Galicia. Vigo: A Nosa Terra
Mariño, X.R. & González, X.M. ((2010)). Diccionario de etnografía e antropoloxía de Galiza.. Vigo: Nigratrea.
Cooper, H. ((2002)). Didáctica de la historia en la enseñanza infantil y primaria. Madrid: MEC-Morata
Andrade Cernadas, J.M. ((1995)). Didáctica de la Hª de Galicia. Tosoxoutos
Armas Castro, X. coord. ((2002)). Ensinar Historia de Galicia.. Santiago: ICE
Torres Santomé, J. et al., ((2002)). Ensinar historia de Galicia. Aspectos historiográficos e didácticos.. Santiago: Universidade
Pérez Alberti, A. ((2008)). Espacios naturales de Galicia.. Lundwerg
AA.VV. ((1991-2008)). Galicia. Proxecto Hércules.. A Coruña: Hércules Editorial.
Castro, X. ((2007)). Historia da vida cotiá en Galicia. Vigo: NigraTrea
Villares, R. ((2004)). Historia de Galicia.. Vigo: Galaxia
Villares, R., Armas, J., et al ((1990)). Historia de Galicia. Textos y materiales para su historia.. Barcelona: Crítica
Rodríguez Troncoso, M. ((2005)). Historia dunha aldea galega. Coas mans encol do lume.. Vigo: Ir Indo
Egan, K. ((1991)). La comprensión de la realidad en la educacióninfantil y primaria.. Madrid: Morata
Pazo Labrador, A. X. ((2007)). Nocións básicas de xeografía xeral física para mestres: as consecuencias xeográficas dos procesos naturais.. Vigo: Universidade
Méndez Fernández, L. ((2000)). Por que se chama así este sitio. Santiago: Lea |
Segundo avance o curso, iranse proporcionando outras fontes de información, ademais das bibliográficas que se irán incrementando. Iranse incorporando artigos de revistas de autores como J. Prats, J. Santacana, J.M. Cuenca, F.X. Hernàndez, etc., publicados en revistas de didáctica das ciencias sociais e revistas de experiencias didácticas.
|
|