Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica Código 652G02040
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Coordinación
Bas López, María Begoña
Correo electrónico
begona.bas@udc.es
Profesorado
Bas López, María Begoña
Correo electrónico
begona.bas@udc.es
Web
Descrición xeral A materia está orientada ao traballo experimental, activo e vivencial, de cara a descubrir e comprender o medio galego, como un recurso didáctico e como unha fonte versátil de aprendizaxe. Preténdese que o alumnado coñeza, deseñe e experimente con recursos, ferramentas e materiais didácticos que lle sexan de utilidade para a súa formación e para a aplicación no currículo de Educación Primaria.
Preténdese fomentar a creatividade e a autonomía.

Ensáiase, de maneira experimental, a metodoloxía de traballo por proxectos. Asi, a materia vana definindo a propia dinámica do curso e os centros de interese do alumnado, polo que se trata dun programa flexible e aberto.
Realízanse actividades interdisciplinares, obradoiros, saídas culturais, construción activa de temas, etc.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A4 Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento.
A5 Coñecer as propostas e desenvolvementos actuais baseado na aprendizaxe de competencias.
A14 Promover accións de educación en valores orientadas á preparación dunha cidadanía activa e democrática.
A16 Deseñar, planificar e avaliar a actividade docente e a aprendizaxe na aula.
A17 Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria.
A31 Comprender os principios básicos das ciencias sociais.
A32 Coñecer o currículo escolar das ciencias sociais.
A33 Integrar o estudo histórico e xeográfico desde unha orientación instrutiva e cultural.
A34 Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico.
A35 Valorar a relevancia das institucións públicas e privadas para a convivencia pacífica entre os pobos.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B8 Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente.
B9 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Recoñecer no entorno xeográfico, histórico e cultural galego aqueles recursos metodolóxicos e didácticos mais axeitados para traballar a área do entorno social e cultural galego. B1
B3
B15
Deseñar propostas didácticas sobre o contorno galego dende as perspectivas xeográfica, histórica e/ou cultural, de maneira interrelacionada. A4
A5
A16
A17
B8
B9
Coñecer e comprender algúns temas e momentos principais da evolución histórica de Galicia e a súa relación coa didáctica na Educación Primaria. A31
A32
A33
A34
Coñecer e analizar os contidos referidos ao coñecemento do contorno do currículo de Educación Primaria: a realidade xeográfica, histórica, social e cultural de Galicia como un espazo dinámico. A32
A33
Fomentar actitudes de valoración, respeto e conservación do patrimonio natural, cultural e histórico de Galicia A14
A34
A35
B6

Contidos
Temas Subtemas
Unidade 1: Introdución. - Fundamentos da materia: que obxectivos nos marcamos? cales son os centros de interese?.
- Contidos e metodoloxías: propostas.
- A interdisciplinariedade e o traballo por proxectos na didáctica do medio xeográfico e histórico de Galicia.
Unidade 2. Temas de xeografía física e humana. - O clima, o relevo, a auga, a flora, a fauna.
- A poboación.
- Acción humana no medio.

Unidade 3. Paisaxes naturais, históricas e culturais. - Quue é a paisaxe?
- Iniciación á recolleita de información sobre a paisaxe a partir de imaxes, restos e reconstrucións arqueolóxicas, obras de arte e textos escritos.
- Observacións e análise de paisaxes naturais, históricas e culturais.
- As fontes de información e documentación no entorno.
Unidade 4. Evolución dende os primeiros poboadores de Galicia e as súa relacións noutros contextos universais. - Construíndo a prehistoria e historia de Galicia a través dalgúns períodos seleccionados dende os primeiros poboadores ate a actualidade.
- A vida cotiá dende os primeiros poboadores.
- A Arte e outras manifestacións da comunicación e da creatividade.
Unidade 6. Temas monográficos. - Temas monográficos no discurso da historia e recursos para a didáctica. Nesta unidade trataranse cuestións concretas que ao longo do curso vaian xurdindo, motivadas polo interese que esperten os temas traballados, con especial atención ás propostas didácticas.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 1 6 7
Aprendizaxe colaborativa 3 9 12
Eventos científicos e/ou divulgativos 3 9 12
Saídas de campo 6 18 24
Proba obxectiva 1 3 4
Obradoiro 15 30 45
Sesión maxistral 6 0 6
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Periodica e sistematicamente faranse debates e discusións de ideas previas sobre a motivación, interese e coñecementos con respecto á planificación e desenvolvemento da materia.
Aprendizaxe colaborativa Organización en pequenos grupos para traballar conxuntamente na resolución de tarefas sobre temas que xordan da dinámica da propia materia e temas propostos pola profesora.
Eventos científicos e/ou divulgativos Realizarase algunha actividade tipo encontro, conferencia, charla, pequeno curso nas que o alumnado terá a oportunidade de actualizar os seus coñecementos e coñecer experiencias relacionadas co ámbito da materia.
Saídas de campo Estas actividades permiten desenvolver as capacidades relacionadas coa observación directa cara á recollida de información do medio xeográfico e histórico galego para a percepción do seu potencial educativo e formador.
Son saídas concibidas para o coñecemento do medio cultural no seu máis amplo ámbito, por medio da aprendizaxe directa.
As saídas poderán ser a contornos naturais de interese xeográfico, exposicións, museos, xacementos e centros do patrimonio, e teranse en conta as posibilidades e oportunidade para a súa realización.
Proba obxectiva Ao ser unha materia de marcado carácter experimental, didáctico e de traballo colaborativo, realizarase un exercicio simple para que cada alumna/o responda de maneira individual a cuestións traballadas.
Obradoiro Están concebidos como ensaios de experimentación de traballo por proxectos.
Dado o carácter didáctico da materia, os obradoiros son de grande interese e son o núcleo central. Materialízanse en debates, exposicións, etc., deseñados e desenvolvidos polo alumnado guiado pola profesora.
Sesión maxistral As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema, cunha orientación didáctica principalmente. Realizarase co apoio de documentación específica e terá especial incidencia na metodoloxía e na práctica para a didáctica do medio histórico e xeográfico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Obradoiro
Descrición
O traballo colaborativo e os obradoiros terán un seguimento personalizado para garantir o cumprimento dos obxectivos e prazos así como para resolver dúbidas.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa Ao longo do curso realizaranse actividades e traballos que serán avaliados como grupo e individualmente. 20
Eventos científicos e/ou divulgativos A asistencia será obrigatoria e as alumnas e alumnos realizarán comentarios escritos acerca das actividades. 10
Proba obxectiva Ao ser unha materia flexible que se vai construíndo segundo os centros de interese do alumnado guiado pola profesora, e de marcado carácter experimental, esta proba é un exercicio simple a modo de resumo individual do traballado durante o curso. 10
Obradoiro O deseño, planificación e desenvolvemento dos obradoiros requiren unha participación activa do alumnado.
Valorarase a actitude, dedicación, implicación e creatividade.
30
Saídas de campo A asistencia será obrigatoria e puntuará a participación activa, así como nas tarefas previas e posteriores ás mesmas. 30
 
Observacións avaliación

Terase en conta a actitude, participación activa, e dedicación.


Fontes de información
Bibliografía básica Carballo, X. ((2007)). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado.. Vigo: Nigra Trea
AA.VV. ((1999)). Atlas histórico de Galicia.. Vigo: Nigra Trea
Aldrey Vázquez, J.A., Lois González, R.C. ((2010)). Breve Xeografía de Galicia. Vigo: A Nosa Terra
Mariño, X.R. & González, X.M. ((2010)). Diccionario de etnografía e antropoloxía de Galiza.. Vigo: Nigratrea.
Cooper, H. ((2002)). Didáctica de la historia en la enseñanza infantil y primaria. Madrid: MEC-Morata
Andrade Cernadas, J.M. ((1995)). Didáctica de la Hª de Galicia. Tosoxoutos
Armas Castro, X. coord. ((2002)). Ensinar Historia de Galicia.. Santiago: ICE
Torres Santomé, J. et al., ((2002)). Ensinar historia de Galicia. Aspectos historiográficos e didácticos.. Santiago: Universidade
Pérez Alberti, A. ((2008)). Espacios naturales de Galicia.. Lundwerg
AA.VV. ((1991-2008)). Galicia. Proxecto Hércules.. A Coruña: Hércules Editorial.
Castro, X. ((2007)). Historia da vida cotiá en Galicia. Vigo: NigraTrea
Villares, R. ((2004)). Historia de Galicia.. Vigo: Galaxia
Villares, R., Armas, J., et al ((1990)). Historia de Galicia. Textos y materiales para su historia.. Barcelona: Crítica
Rodríguez Troncoso, M. ((2005)). Historia dunha aldea galega. Coas mans encol do lume.. Vigo: Ir Indo
Egan, K. ((1991)). La comprensión de la realidad en la educacióninfantil y primaria.. Madrid: Morata
Pazo Labrador, A. X. ((2007)). Nocións básicas de xeografía xeral física para mestres: as consecuencias xeográficas dos procesos naturais.. Vigo: Universidade
Méndez Fernández, L. ((2000)). Por que se chama así este sitio. Santiago: Lea

Segundo avance o curso, iranse proporcionando outras fontes de información, ademais das bibliográficas que se irán incrementando.

Iranse incorporando artigos de revistas de autores como J. Prats, J. Santacana, J.M. Cuenca, F.X. Hernàndez, etc., publicados en revistas de didáctica das ciencias sociais e revistas de experiencias didácticas.



Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

  Trátase dunha materia que se realizará principalmente cunha metodoloxía activa, na que a propia dinámica do curso irá sinalando os centros de interese do alumnado e, en base a estes, iranse concretando temáticas e actividades a realizar. Así, é necesaria a asistencia e participación activa tanto nas sesións maxistrais como nas sesións interactivas e en todas as actividades desenvolvidas no contexto da materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías