Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Inglés I Código 653491019
Titulación
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Inglesa
Coordinación
Floyd Moore, Alan
Correo electrónico
alan.floyd@udc.es
Profesorado
Floyd Moore, Alan
Correo electrónico
alan.floyd@udc.es
Web http://gerontologia.udc.es/docenciaL/postgrado_oficial/ingles1.php
Descrición xeral Esta materia pretende cubrir as necesidades dos profesionais da saúde cuxa especialidade se relaciona coas persoas maiores, en canto ao seu contacto coa lingua inglesa, sexa con textos escritos ou con situacións onde necesitan falar e entender inglés. Trata tamén algunhas cuestións teóricas relacionadas co léxico e a sintaxe.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A5 Saber realizar procuras en bases de datos científicas, así como aplicar os resultados das mesmas na consecución de proxectos de investigación.
A7 Ter os coñecementos suficientes para incorporarse como investigador en actividades de I+D+i.
A11 Saber difundir os resultados obtidos na actividade asistencial a través das diferentes fontes de información xerontolóxicas e xeriátricas.
B6 Ser capaz de incorporarse a calquera equipo de I+D+i.
B7 Estar en disposición de realizar actividades asistenciais e investigadoras de xeito integral nos campos social, sanitario e sociosanitario.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Os alumnos deberían poder ler e entender textos en inglés de nivel intermedio que traten de temas relacionados co campo da Fisioterapia. AI1
AM2
BM1
CM2
CM3
CM4
CM6
CM8
Os alumnos deberían poder escribir textos sinxelos acerca da súa especialidade, e resumir textos e artigos. CM1
CM2
CM3
Os alumnos deberían poder falar con certa facilidade acerca de temas relacionados coa súa especialidade en situacións cotiás, con compañeiros de traballo ou con pacientes. AI1
CM2
Os alumnos deberían poder realizar presentacións orais en inglés relacionadas co campo da Fisioterapia. AI3
BI2
CM2

Contidos
Temas Subtemas
Introducción. O Inglés nas Ciencias da Saúde Características léxicas e sintácticas (nivel elemental).
Tempos e formas verbais.
"Unha Persoa Maior que Coñezo": Práctica en composicións. Análise e corrección de erros.
A Miña Especialidade Práctica en presentacións e composicións. "My Speciality". Estratexias na realización de presentacións.
Secretos de unha Larga Vida A xenética, estilo de vida e factores ambientais. Texto (lectura e preguntas): "An Overview of Geriatric Care".
Onde e Cando? A colocación e os tempos na vida das persoas maiores.
Os coidados familiares e profesionais.
Residencias e coidados no fogar.
A Práctica Diaria coas Persoas Maiores. As tarefas, a medicación e aparellos útiles. Características léxicas e sintácticas (nivel intermedio).
A Vellez e o Cerebro. A Demencia e a Enfermidade de Alzheimer. Situacións e Problemas prácticos.
Cando porlle fin á vida? Re-considerando o final da vida. A eutanasia e outras cuestións éticas e prácticas.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas 0 8 8
Aprendizaxe colaborativa 3 0 3
Presentación oral 8 10 18
Proba obxectiva 0 6 6
Sesión maxistral 10 10 20
Portafolios do alumno 0 13 13
Traballos tutelados 0 6 6
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Artigos, textos e diversos 'hand outs' ao longo do curso. Vídeos e outros materiais audiovisuais.
Aprendizaxe colaborativa Traballo colaborativo en parellas ou grupos, co uso de TIC's cando sexa necesario.
Presentación oral Presentacións en clase, sen utilizar apuntamentos escritos, apoiadas por PowerPoint ou similar. Un ensaio durante o curso: a presentación final terá lugar cara ao final do cuadrimestre. Estrutura: TÍTULO, CONTIDO, CORPO DA PRESENTACIÓN, RESUMO E CONCLUSIÓN.
Proba obxectiva Exame escrito que pode incluír exercicios, composicións, comentarios acerca de textos escritos (reading comprehension). Proba de audición.
Sesión maxistral Clases semanais impartidas por ambos os profesores.
Portafolios do alumno Traballos escritos en casa, asistencia e participación.
Traballos tutelados Traballo escrito, (para ver detalles: "Atención Personalizada")

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Traballo escrito, con seguimento do profesor titular da materia. Consiste nun traballo escrito de 5 - 10 páxinas, Times New Roman 12, dobre espazo. Tema no campo da xeriatría e xerontoloxía. Os alumnos poden elixir o título, pero débese consultar co profesor encargado da materia antes de realizar o traballo.
Este traballo probablemente será a base da presentación, a menos que se pida permiso expresamente.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Exame escrito: lectura con preguntas e comentario, exercicios, redacción, etc. 30
Presentación oral Presentación en clase, cara ao final de cuadrimestre, utilizando un software específico do tipo Power Point ou Prezi. O tema será algo relacionado coa especialidade da xerontoloxía, elixido polo propio alumno. 25
Traballos tutelados Traballo fin de materia 25
Portafolios do alumno Outros traballos realizados ao longo do curso para ambos os profesores. Participación e asistencia. 20
 
Observacións avaliación

O profesor, en contacto cos alumnos, poderá considerar situacións especiais, referidas á participación dos alumnos en clase,á porcentaxe das probas realizadas e á realización do resto das probas finais. Os alumnos que non cumpliron as esixencias da sección "participación e asistencia" terán que realizar unha composición, suxo contido terán que consultar có profesor.


Fontes de información
Bibliografía básica Grice, Tony (2007). Nursing 1 (Students' book) . Oxford University Press ISBN: 978-0-19-456977-4
NON HAI UN LIBRO QUE SE TEÑA QUE COMPRAR OBRIGATORIAMENTE. O LIBRO DE GRICE PODE SER ÚTIL Á HORA DE REPASAR E PREPARAR A MATERIA. Os LIBROS DA LISTA QUE VÉN A CONTINUACIÓN PODEN SER ÚTILES PARA CONSULTA Ou PREPARACIÓN.

Baker, Ann. Introducing english pronunciation a teacher’s guide to: tree or three? and ship or sheep? Cambridge [etc.]: Cambridge University Press, 1982.
Birren, James E. Encyclopedia of gerontology. 2nd ed. Oxford: Elsevier, 2007.
Bond, John. Ageing in society an introduction to social gerontology. 2nd ed. London: Sage, 1994.

Bradley, Robin A. English for nursing and health care a course in general and professional English. Milano: McGraw-Hill, 2005.
Brocklehurst·s textbook of geriatric medicine and gerontology. 6th edition. London: Churchill Livingstone, 2003.
Diccionario de términos y frases médicas inglés-español, español-inglés. Madrid: Paraninfo, 1996.
Edo Marzá, Nuria. English for patient-administration and non-clinical hospital staff. Alcalá la Real (Jaén): Formación Alcalá, 2011.
Fitzgerald, Patrick. English for medicine in higher education studies: coursebook. Reading, UK: Garnet Education, 2010.
Greenhalgh, Trisha. English for physicians english for medical conferences & presentations = inglés para médicos: inglés para congresosy presentaciones médicas. Madrid: Churchill Livingstone España, 1995.
Moody, Harry R. Aging: concepts and controversies. 6th ed. Thousand Oaks (California): Pine Forge Press, 2010.
Worsfold, Brian. Acculturating age: approaches to cultural gerontology. Lleida: Edicions i Publicacions de la Universitat de Lleida, 2011. Print. Dedal-Lit (Universitat de Lleida) 7.


Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías