Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal no Adulto con Discapacidade Física Código 653G01303
Titulación
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 7.5
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Medicina
Coordinación
Pousada Garcia, Thais
Correo electrónico
thais.pousada.garcia@udc.es
Profesorado
Pousada Garcia, Thais
Correo electrónico
thais.pousada.garcia@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ten como obxectivo achegar ao alumno/a ao proceso de intervención de Terapia Ocupacional, no adulto con discapacidade física, proporcionando para iso os principios teóricos e filosóficos que sosteñen e fundamentan a práctica profesional do terapeuta ocupacional neste ámbito.
Descritor:
Fundamentos da promoción da autonomía persoal e valoración da dependencia nas actividades da vida diaria con e sen adaptacións e/ou productos de apoio. Análise da ocupación en Terapia Ocupacional e a súa utilización terapéutica. Terapia Ocupacional para a integración do adulto con discapacidade física. Aplicación da actividade ocupacional.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A6 Trabajar en la sociedad con individuos y grupos para fomentar la promoción de la salud, la prevención, la rehabilitación y el tratamiento.
A7 Escoger, modificar y aplicar teorías apropiadas, modelos y métodos de la práctica para encontrar la ocupación según las necesidades de salud de individuos/poblaciones.
A8 Uso profesional y ético del razonamiento efectivo en todas las partes del proceso de terapia ocupacional.
A9 Utilizar el potencial terapéutico de la ocupación a través del uso de la actividad y el análisis y síntesis ocupacional.
A10 Adaptar y aplicar el proceso de terapia ocupacional en estrecha colaboración de individuos/población.
A11 Trabajar para facilitar entornos accesibles y adaptados y promover la justicia ocupacional.
A13 Buscar activamente, evaluar críticamente y aplicar los rangos de información y de evidencia para asegurar que la práctica es actualizada y relevante al cliente.
A14 Valorar críticamente la práctica de la terapia ocupacional para asegurar que el foco está sobre la ocupación y el funcionamiento ocupacional.
A15 Trabajar según los principios de la práctica centrada en el cliente.
A16 Construir una relación terapéutica como base del proceso de la terapia ocupacional.
A17 Establecer sociedades de colaboración, consultar y aconsejar a clientes, trabajadores sociales, miembros de equipo y otros en la práctica de la ocupación y la participación.
A18 Colaborar con clientes para abogar al derecho de tener sus necesidades ocupacionales satisfechas.
A19 Apreciar y respetar las diferencias individuales, creencias culturales, costumbres y su influencia sobre la ocupación y la participación.
A20 Preparar, mantener y revisar la documentación de los procesos de terapia ocupacional.
A23 Practicar de manera ética, respetando a los clientes, teniendo en cuenta los códigos profesionales de conducta para terapeutas ocupacionales.
A24 Demostrar seguridad, autoconocimiento, autocrítica y conocimientos de sus propias limitaciones como terapeuta ocupacional.
A29 Desarrollar el conocimiento de ocupación y de la práctica de la terapia ocupacional.
B3 Aplicar un pensamiento crítico, lógico y creativo.
B4 Trabajar de forma autónoma con iniciativa.
B9 Capacidad de aplicar los conocimientos a la práctica.
B24 Habilidades de gestión de la información (habilidad para buscar y analizar información proveniente de diversas fuentes).
C4 Desarrollarse para el ejercicio de una ciudadanía abierta, culta, crítica, comprometida, democrática y solidaria, capaz de analizar la realidad, diagnosticar problemas, formular e implantar soluciones basadas en el conocimiento y orientadas al bien común.
C7 Asumir como profesional y ciudadano la importancia del aprendizaje a lo largo de la vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Promover a autonomía persoal e valorar a dependencia do usuario nas áreas de desempeño ocupacional (Actividades da Vida Diaria, Actividades Instrumentais da Vida Diaria, Traballo Educación, Ocio e Tempo libre e participación social), baseándose nos seus diferentes contextos (físico, cultural, social, persoal, virtual, espiritual). En definitiva, coñecementos e capacidade para aplicar a teoría e a práctica de Terapia Ocupacional. A9
A10
B3
B9
C7
Manter e mellorar a calidade de vida dos usuarios. A15
A20
A24
B9
C7
Desenvolver coñecemento e capacidade para aplicar as ocupacións terapeuticamente e coñecemento e capacidade para aplicar as Actividades da Vida Diaria terapeuticamente en todas as áreas de desempeño ocupacional. A6
A9
A11
A13
A14
A23
B24
C4
Capacidade para identificar e anticipar situacións de risco no adulto con posibilidade de presentar disfunción ocupacional debido ás condicións contextuais. A20
A29
B3
B9
C7
Intervir no adulto con discapacidade física coas patoloxías incidentes nesa etapa vital que ocasionan unha mingua do seu desempeño ocupacional e, polo tanto, da autonomía persoal. A7
A8
A17
A18
A19
A29
B3
B9
B24
C7
Adquirir destrezas na implementación do programa terapéutico personalizado (segundo o usuario, en función da súa historia persoal, da patoloxía que presenta e do período evolutivo desta). E adquirir a capacidade de establecer unha relación terapéutica apropiada aos diferentes momentos do ciclo vital da persoa. A10
A16
B4
B9
C7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1.- Marco conceptual: Contextualización e razoamento introdutorio desde Terapia Ocupacional ó ciclo vital
(Tema transversal do nivel intermedio do Título. Impartido pola Profa. Inés Viana Moldes)
1.1 Análise das necesidades de saúde e benestar
1.2 Análise das principais ocupacións no adulto
1.3 Análise dos recursos comunitarios
1.4 Análise dos medios de comunicación e valores

Tema 2.- Calidade de vida
(Tema transversal do nivel intermedio do Título. Impartido pola Profa. Adriana Ávila Álvarez)

2.1 Aproximación desde Terapia Ocupacional
2.2 Historia de vida
Tema 3.- Autores de referencia en Terapia Ocupacional: Adulto I 3.1 Comprensión do desenvolvemento teórico
3.2 Análisis y reflexión de los contextos históricos y socioculturales
Tema 4.-Rede de servizos: recursos existentes (ou por desenvolver) para o Adulto I
4.1 Características e enfoques dos diferentes dispositivos
4.2 Lexislación que afecta ó servizo e á súa práctica
4.3 Habilidades, funcións e rol do terapeuta ocupacional
4.4 Relación co equipo interdisciplinar
4.5 Perfil dos usuarios
Tema 5.- Proceso de Terapia Ocupacional no Adulto I: Autonomía persoal e Participación Social
(Tema transversal do nivel intermedio do título. Impartido pola *Profa. Nereida Canosa Domínguez e **Profa. Thais Pousada García)

5.1 Derivación
5.2 Screening e valoración inicial
5.3 Modelos de Práctica de Terapia Ocupacional aplicados ao eido de adultos I: Modelo Canadiense do Desempeño Ocupacional, Modelo de Ocupación Humana, Modelo Kawa, Modelo de adaptación a través da ocupación, Modelo Cognitivo Perceptual. Marco de Traballo para a Práctica de Terapia Ocupacional: Dominio e Proceso; Integración sensorial*
5.4 Avaliación ocupacional: usuarios, institucións e poboacións
5.5 Avaliación dos contornos significativos: domicilio
centro de formación, centro laboral, centro de ocio e tempo libre y demais recursos comunitarios
5.6 Planificación de metas e obxectivos coa persoa e coordinación co equipo interdisciplinar
5.7 Intervención desde Terapia Ocupacional.
Consenso co usuario/familia/profesionais, tendo en consideración os contornos significativos, as características e as prioridades do usuario, así como as patoloxías de maior incidencia que poden causar disfunción ocupacional (enfermidades neurolóxicas, enfermidades dexenerativas, afectacións osteoarticulares, afectacións sensoriais)
5.8 Os produtos de apoio: factores ambientais que actúan como facilitadores/barreiras de participación en ocupacións do adulto I**
5.9 Asesoría de terapia ocupacional cos adultos: demais profesionais, familiares, amigos e outros.
5.10 Planificación da alta, seguimento e derivación
Tema 6.- Deseño, xestión, planificación e avaliación da Calidade do servizo de Terapia Ocupacional: Adulto I 6.1 Dirección de recursos, estudos de custo, administración e coidado dos servizos e equipamentos nos eidos sanitarios e comunitarios (domiciliario, formativo, laboral, entre outros)
6.2 Actualización permanente do profesional

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos 13 15 28
Prácticas de laboratorio 16 33 49
Proba mixta 2 30 32
Saídas de campo 1 24.5 25.5
Proba oral 1 15 16
Sesión maxistral 25 10 35
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.

Permite adquirir as competencias específicas reverenciadas nesta materia.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.

Permite adquirir as competencias específicas reverenciadas nesta materia.


Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Permite adquirir as competencias específicas reverenciadas nesta materia.
Saídas de campo Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc.

Permite adquirir as competencias específicas reverenciadas nesta materia.
Proba oral Proba na que se busca responder, de forma oral, a preguntas cortas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Permite adquirir as competencias específicas reverenciadas nesta materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Saídas de campo
Prácticas de laboratorio
Estudo de casos
Descrición
A atención personalizada farase, globalmente, mediante titorías personalizadas directas e virtuais, individuais e grupais.

O docente responsable da materia estará dispoñible no despacho do centro segundo o horario de titoría, establecido ó inicio da materia.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Saídas de campo Valorarase a capacidade de análise do ámbito e a descrición escrita realizada polo alumno (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), así como a aplicación dos coñecementos teórico-prácticas e a capacidade de síntese. 15
Proba mixta Se valorará, además de los conocimientos adquiridos, la capacidad de expresión escrita del alumno (evaluando de forma negativa los errores gramaticales y ortográficos), y la integración de conceptos. 25
Prácticas de laboratorio Valorarase: a puntualidade, a asistencia obrigatoria, a responsabilidade, a iniciativa, o interese, a actitude ante as normas, a relación co equipo de compañeiros, a integración e a aplicación de conceptos teóricos-prácticos adquiridos previamente, as destrezas, a aprendizaxe colaboradora e os coñecementos adquiridos. A presentación oral dos traballos e a realización dos exercicios. 20
Estudo de casos Valorarase, ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumno (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a integración de conceptos e a capacidade de resolución de problemas. Para iso, terase en conta a aplicación dos modelos de práctica de terapia ocupacional específicos: Modelo Canadense do Desempeño, Modelo de Ocupación Humana, Modelo do Desempeño Ocupacional, Modelo Kawa, Modelo da adaptación a través da ocupación, Modelo australiano de terapia ocupacional, Modelo do déficit cognitivo, Modelo de habilidades adaptativas, Modelo da saúde a través das actividades 30
Proba oral Valoraranse os coñecementos adquiridos referentes ó contido da materia, as habilidades e destrezas para a práctica da Terapia ocupacional neste ámbito. Así mesmo será avaliada a actitude crítica, a capacidade de razoamento e a argumentación ofrecida nas respostas. 10
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións
expresarase mediante cualificación numérica acordo co establecido no art. 5 do Real
Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece
o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións
universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional
Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable
9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honor (Graciable).

 







Para aprobar a materia, o alumno debe entregar todos os traballos,
participar no laboratorio e ter unha cualificación mínima de 1.25 puntos na
proba mixta e de 0.5 na proba oral. É dicir, só se terán en conta para a
cualificación final da materia todas as notas dos traballos de Estudo de Casos,
Laboratorios e Saída de campo, se o alumno ten unha puntuación mínima de 1.75
nas probas (suma da proba mixta e proba oral). En caso contrario, a nota da
convocatoria corresponderá á nota acadada nas probas e as notas dos demais
traballos se terán en conta para a cualificación do alumno na segunda
oportunidade (xullo).


Fontes de información
Bibliografía básica

Abreu, B.C. y Toglia, J.R. Cognitive rehabilitation: A model for occupational therapy. En American Journal of Occupational Therapy,1987: 41, 439-448.

American Occupational Therapy Association. Occupational Therapy practice framework: Domian and process. Am J Occu Ther, 2008;62:625-683.

Chapinal Jiménez, A. Rehabilitación de las manos con artritis y artrosis en la terapia ocupacional. Barcelona: Masson, 2001-2008.

Christensen, A. L., Uzzeli, B. Brain injury and neuropsychological rehabilitation. Hillsdale, N.J.: Lawrence Erlbaum Associates;1994.

Christiansen, Ch., Baum, C. Occupational therapy: performance, participation, and well-being. Thorofare, NJ: Slack, 2005.

Grieve, J. Neuropsicología para terapeutas ocupacionales: cognición en el desempeño ocupacional. Madrid: Panamericana; 2009.

Hagedorn, R. Foundations for practice in occupational therapy. Edinburgh : Churchill Livingstone; 1997

Blesedell Crepeau E, Cohn E.S., Boyt Schell, BA. Willard & Spackman, Terapia ocupacional. Buenos Aires : Médica Panamericana, 2011

Itzkovich, M. Loewenstein Occupational Therapy Cognitive Assessment (LOTCA) manual. Pequannock, N.J. : Maddak Inc.;2000

Law M et al. Medida canadiense de rendimiento ocupacional, (COPM). Ottawa: CAOT; 2005.

Muñoz Céspedes, J.M. Rehabilitación neuropsicológica. Madrid: Síntesis;2001

Neistadt, ME. Occupational therapy evaluation for adults a pocket guide Baltimore: Lippincott Williams & Wilkins; 2000.

Organización Mundial de la Salud. Clasificación internacional del funcionamiento, de la discapacidad y de la salud. Madrid: Instituto de Migraciones y Servicios Sociales; 2001.

Paeth Rohlfs, B. Experiencias con el concepto Bobath: fundamentos, tratamiento, casos. Madrid: Médica Panamericana; 2007.

Paget, SA. Reumatología y ortopedia ambulatoria.M adrid: Marbán; 2001.

Pedretti, L.W., Zoltan, B. Occupational therapy practice skills for physical dysfunction. St. Louis: Mosby; 2001.

Pelegrín, C., Muñoz Céspedes, J.M. y Quemada, J.I. Daño cerebral traumático: Aspectos clínicos y terapéuticos. Barcelona. Prous Science; 1997

Perfetti,C. El ejercicio terapéutico cognoscitivo para la reeducación motora del hemipléjico adulto. Barcelona: Edika-Med; 1998.

Polonio López, B; Durante Molina, P. Terapia ocupacional aplicada al daño cerebral adquirido. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2010.

Polonio López, B.Terapia ocupacional en discapacitados físicos teoría y práctica. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2004.

Radomski, MV. Occupational therapy practice guidelines for adults with traumatic brain injury. Bethesda, Md.: American Occupational Therapy Association; 1999.

Reed, K. Quick reference to occupational therapy. Gaithersburg, MD : Aspen, 2001

Rodríguez LP. Medida de la Independencia Funcional. Guía para la utilización del sistema de datos uniformes para Medicina Física y Rehabilitación. New York: Research Foundation State University of New York, 1991.

Rodrigues de Prado de Carlo MM, de Miranda Luzo, MC. Terapia ocupacional reabilitação física e contextos hospitalares. São Paulo: Roca; 2004.

Sebastián Herranz, M; Noya Arnáiz, R. Adaptación de puestos de trabajo. Guía de referencia. Madrid: CEAPAT; 2009.

Sebastián Herranz, M; Valle Gallego, I; Vigara Cerrato, A.Guía de orientación en la práctica profesional de la valoración reglamentaria de la situación de dependencia: productos de apoyo para la autonomía personal. Madrid: CEAPAT; 2012.

Scheiman, M. Low vision rehabilitation: a practical guide for occupational therapists. Thorofare: Slack; 2007.

Shacklock, M. Neurodinámica clínica: un nuevo sistema de tratamiento musculoesquelético. Barcelona: Elsevier; 2007.

Trombly, C.A. Terapia ocupacional para enfermos incapacitados físicamente. México : La Prensa médica mexicana;1990

Turner, A.; Foster, M.; Johnson, S.E. Terapia ocupacional y disfunción física principios, técnicas y práctica. New York: Churchill Livingstone; 2002.

Tyerman, R. The Chessington O.T. neurological assessment battery. Leicestershire: Nottingham Rehab Supplies;1986.

Bibliografía complementaria

Esclarín de Ruiz. Lesión medular: enfoque multidisciplinario. Madrid: Paramericana; 2009.

Gómez Tolón. J. Fundamentos metodológicos de la terapia ocupacional. Zaragoza: Mira;1997.

González Mas, R. Rehabilitación médica. Barcelona: Masson; 1997.

Hazel, MC. Proceso evaluativo musculoesquelético amplitud del movimiento articular y test manual de fuerza muscular. Barcelona: Paidotribo; 2003.

Iwama, MK. The Kawa model: culturally relevant occupational therapy. Edinburgh: Churchill Livingstone Elsevier; 2006.

Kielhofner,G. Modelo de ocupación humana: teoría y aplicación. Buenos Aires : Médica Panamericana; 2011.

MacDonald, E. M. Terapéutica Ocupacional en Rehabilitación. Barcelona: Editorial Salvat; 1979.

Reed, K. Models of Practice in Occupational Therapy. Editorial Williams and Wilkins; 1984.

Reed, K. L. Concepts of Occupational Therapy. Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins; 1999.

Viladot Voegeni, A. Lecciones básicas de biomecánica del aparato locomotor. Barcelona: Springer;2000.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1.- Para axudar a conseguir un contorno inmediato sostible e cumprir co obxectivo estratéxico 9 do" I Plan de Sostenibilidade Medio-ambiental Green Campus FCS", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. - Na súa maioría solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- O profesor responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías